LIBRO DE VISITAS.
PEZAS EN FUGA, de A. Bahamonde
(la opinion. coruña. 20-7-07)
As uvas na solaina
Se hai un blog en Galicia que é imprescindible visitar ese é As uvas na solaina. Agora cumpre mil entradas, que digo eu que debe de ser como a maioría de idade para un blog, nun medio, a rede, no que cada día nacen e morren miles de botellas enviadas ao mar. Internet fai dos blogs un espazo e unha esperanza da comunicación que son consustanciais á natureza humana.
Dende marzo de 2006, en que botou a andar, é posible atopar cada día en As uvas na solaina unha imaxe feliz, un texto afortunado, unha discusión viva e libre. O historiador Marcos Válcarcel coidao con paixón de orfebre e ten conseguido facer del un punto de referencia ao que moitos acudimos para experimentar un momento de pracer literario e intelectual. Marcos é, ademais, unha personaxe única en Galicia. Se hai alguén no que a Xeración Nós sobrevive é el. Respirou o seu aire, tomou por propias as súas referencias. Otero Pedrayo ou Xocas sobreviven un pouquiño nel.
Ese blog é, ademais, un instrumento para a Historia Cultural de Galicia. A capacidade de Marcos Válcarcel de ir historiando o día a día, de entender como o tempo fugaz do presente tamén é materia da historia futura, lle ten permitido facerse cun arquivo personal poderoso e significativo do que dalgún modo "as uvas na solaina" é unha versión electrónica. Quedémonos hoxe cun só argumento dos que se pode ler en as uvas...: "A crise da nosa paisaxe dos últimos anos moito ten que ver coa crise cultural e de identidade que sofreu o noso país nos tempos máis modernos. Nas últimas sete decádas Galicia perdeu case un millón de familias campesiñas. Despois de séculos de convivencia entre o home e a paisaxe, algo terá que ver esta realidade coa ruptura desa mutua interrelacion".
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
17 comentarios:
E por mil entradas tanto rebumbio? Mil entradas tenas cada día calquera blog que se precie algo.
Ademais, as entradas deste blog son sempre as dos mesmos amiguentes. Reprodúcense cada día coma os limacos.
Se a envexa fose tiña...
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
O que di o anónimo nin é vero nin é ben trobato. En todo caso, queremos ver o blog do anónimo a ver cantas entradas ten. Se cadra tamén ten publicidade e vive disto.
Se di, ademais, que aquí escriben os de sempre (e aí non lle falta un algo razón pero nós non lle temos culpa) tamén pode pasar por aquí e escribir máis a miúdo. Iso si, sen a careta ou carauta.
Se todo isto lla "suda", pois bloguee ceibemente por aí noutros sitios con máis público, e morra o conto.
Que quede claro que boto de menos ler voces e opinións máis diversas. Pero por favor, utilicen un alcume.
Concordo con Swann na avaliación das mensaxes do xeneroso anónimo. Se lle dá igual, a quen ven vir de augafestas? Semella que algúns só desfrutan minusvalorando o labor dos demais.
Deporte nacional (galego): a envexa dos éxitos ou melloras dos demais. Solución á galega: con tal de que che corten un brazo non me importa que me corten a min dous.
E por aí vaise moi mal.
O anónimo das dúas primeiras entradas ten todo o dereito a disentir: aquí non buscamos unanimidades fáciles. Tamén é certo que este blog ten un núcleo duro, chamémoslle así, de 10-12 persoas moi fieis participando. Como ademais teñen cadanseu alcume, podemos ver a evolución das súas posicións e manter un diálogo fluído e coherente. Poderían ser máis e se aparecen serán benvidas, sempre que respeten as normas de cortesía e educación da casa.
Tamén se podería pensar que este anónimo e outros que se teñen manifestado noutras ocasións, dado que non teñen nick recoñecible, ó mellor son sempre a mesma persoa ou poucas persoas en todo caso, cunha constancia meritoria, iso si, nas súas críticas.
Concordo co dito por A. Bahamonde e quero enviar moitos parabéns para As uvas e o seu vendimador. Pode ser que eu forme parte do grupo dos "amiguetes", non me corresponbde a min dicir se o son ou non, pero si que podo asegurar que son dos que visitan a acolledora morada de MV cada día, onde tanto encontro e aprendo...
Amiguetes si, pero, como din os castizos, a fuer de polemizar e disentir a todas horas.
Polémicas e disentimentos nas que, obviamente, tamén poderían participar moito máis todos os "famosos" que visitan este blog.
Anímense máis, señores famosos. Elixan un nick para idenficarse, non lle digan a ninguén quen son se non queren, e opinen libremente e sen ataduras. Xa verán o agustiño que quedan.
Porque opinar libremente e sen ataduras é un dos sinais de identidade que caracterizan este blog de Marcos Valcárcel, e que, como non podía ser doutro xeito, Antón Baamonde -sempre atento aos "sinais da rúa"- soubo ver tan ben no seu escrito.
Como lle teñamos que convidar a unhas cañas a todos os que falan tan ben do blo, imos ter que contratar un Estrella Galicia (dígoo sen afán publicitario, só por aquilo de que hai un en cada esquina deste país) enteiro. En todo caso, sempre nos queda o Seixo de Vilalba para celebralo. Ou non, A. Baamonde?
Veña, menos perder o tempiño en autobombo e vaian facer a cea ou (seguramente mellor para vostedes) vaian convencer a alguén para que llela faga...
Noraboa Marcos e tamén merecidos parabens para os comentaristas que son autores e visitantes os que fan un blog. Eu, ben sabido é, concordo co dito no artigo. Estas uvas son clases de luxo que nin imaxinar podía ata que as descubrin. Apertas!
Graciñas a todos/as polos vosos comentarios (tamén ó anónimo crítico, por suposto). En realidade, como moi ben di Torre de Babel, son vostedes os comentaristas os que lle dan corpo, vida e sangue a este blog. Eu coma moito son o encargado de aguilloar o debate e sacar temas de discusión: vostedes fan o resto.
Evidentemente felicidades polo blog e pola eficacísima xestión cotiá de liberdade e elegancia. Aínda así e aínda que de pequeno vise a secar os acios de moscatel colgados en fios suxeitos con puntas nas trabes da casa petrucial... teño qeu recoñecer que me gusta máis o viño... Só me gustan as uvas desta solaina aberta a sur.
As uvas esmágoas eu na cuba que levo entre os ombreiros.Férveme de carallo.
Publicar un comentario