6 sept. 2007



FOTOTECA

Esoutro día en Trasalba déronos dúas fotos de Virxilio con Celso Emilio. Esta é a máis interesante. Están, de dereita a esquerda, Carlos Casares, Virxilio, Celso Emilio e a súa dona (Moraima), Pilar Vázquez Cuesta e a filla desta. Nunha feira, pero non sei onde nin cando: polas trazas a principios dos 70. Se alguén ten máis datos ó respecto, agradécense. Se non estou errado, na beira dereita está a filla de Pilar Vázquez Cuesta, a que coñecimos nunhas das primeiras Xornadas do Ensino. Daquela chamara a atención pola súa beleza entre a militancia bloqueira da época (escoitei logo que anos despois morrera?, pero quizais estou errado).


Engadido
Engado esta foto, do mesmo día, supomos que na Saínza e mediados os 70, con Virxilio e Celso Emilio (alguén identifica a moza sentada que se ve de fronte?).

52 comentarios:

apicultor dijo...

Vaia, xa antes de rematar de ler o post xa se me ocurrira a min tamén preguntar pola filla de Pilar Vázquez Cuesta. Que, en efecto, era moi fermosa. Esperemos que non sexa certo iso que escoitou, amigo Valcárcel.

Xoan dijo...

Boeno,Marcos.Igual sáe algunha noticia na prensa ourensá que che fai graza...

Xoan da Coba dijo...

Fagan as súas apostas.Eu digo que a foto é na Saínza,en Rairiz de Veiga...

marcos valcarcel dijo...

SUPOÑO QUE XOAN SE REFIRE A ISTO:
Dos ourensanos detenidos por emitir en la ciudad programas pirateados de televisión
viernes, 07 de septiembre de 2007
LR- La Policía detuvo ayer en Ourense a dos responsables de ‘Auria TV’ después de que Digital Plus hubiera denunciado que esta cadena supuestamente pirata emitía programas cuyos derechos de explotación pertenecen al grupo Sogecable. Los agentes rea lizaron un registro en el lugar de emisión, del que se llevaron diverso material, como un receptor del canal de pago. Los detenidos, Gonzalo Pérez Jácome y Luis Pérez, quedaron en libertad y podrían ser juzgados por defraudación en las comunicaciones. Un registro en el lugar de emisión de ‘Auria TV’ acabó con la detención de Gonzalo Pérez Jácome, de 39 años y candidato a la alcaldía en dos ocasiones por Democracia Ourensana, y Luis Pérez Fitela, de 40 años, como presuntos autores de un delito de defraudación en las telecomunicaciones, por emitir sin autorización programas de canales cuyos derechos de explotación son propiedad de Digital Plus. Precisamente fue una denuncia de la empresa pirateada la que inició la investigación.

La Policía pudo comprobar que ‘Auria TV’ estaba emitiendo sin permiso programas de canales como Eurosport, Documanía y Canal Odisea. Con el apoyo técnico de un perito judicial adscrito a la Comisión Antipiratería del Ministerio de Cultura y dos delegados de Sogecable (que realizaron las comprobaciones y mediciones de la señal), se constató que el lugar de emisión era un inmueble situado en el número 140 de la avenida de Buenos Aires, propiedad de Jolper (una conocida tienda de música, ubicada en la calle Capitán Eloy), cuyo dueño es Pérez Jácome.

El contrato con Digital Plus, con fines particulares y domésticos y no para su emisión, estaba también a nombre de esta empresa. Estos datos fueron decisivos para identificar a los posibles responsables más allá de las personas que salían en antena. No en vano, ‘Auria TV’ nunca ha tenido programación propia regular o continuada, salvo escasos meses en los que operó con dos trabajadores, una relación que concluyó en un conflicto laboral.

Una vez constatada la emisión ‘pirateada’, los policías realizaron el registro e intervinieron un receptor de Digital Plus conectado a una mesa de mezclas y al sistema de emisión. Los detenidos fueron trasladados a la Comisaría para declarar ante los agentes. Quedaron en libertad a la espera de que el Juzgado los cite para que respondan a nuevos interrogatorios.

La cadena intervenida no podrá seguir emitiendo la programación pirateada. Además de éste, otros canales emiten en la ciudad, de forma irregular, con un amplio contenido pornográfico en su oferta.
Comentarios (6)

Anónimo dijo...

Ese Jácome foi o que lle fixera unha encerrona a Marcos, colocándoo sen avisar nunha mesma mesa cun falanxista nun programa, e que logo colgara a entrevista na rede chamándolle "comunista".

Agora leva o seu merecido. Vaille caer o pouco pelo que lle quedaba.

Leituga 1 dijo...

Esa rapaza, a filla de Pilar Vázquez Cuesta, en efecto, morreu haberá cousa duns cinco ou seis anos, víctima dun cancro. Eu coñecina unha noite no Teatro Principal de Santiago, cando xa estaba atacada pola enfermidade. Presentouma a nai, que quedou desfeitiña coa desgracia. Non sei se non se chamaba Pomba...

marcel swann dijo...

Sobre a evolución estética e mesmo gastronómica do nacionalismo, resulta moi cómico este vídeo
Evolució dels militants d'ERC!

marcos valcarcel dijo...

En efecto, POMBA, ese era o seu nome: quizais a memoria de Leituga funciona mellor que a miña, aínda que eu falo de moitos máis anos atrás. Si nos sorprendera a todos pola súa beleza e quizais presentara tamén unha comunicación naquelas xornadas. Por desgraza, eu non estaba errado.

marcos valcarcel dijo...

Simpatiquísimo o video que colgou M.SWAN: non deixen de velo. Viva o sentido do humor!!! (Na versión galega, os primeiros levarían a pegatina do BNG e os últimos de AMI, p.ex. Do resto, vale perfectamente).

Anónimo dijo...

É na Saínza como di Swan. A que está a dereita do Virxilio e Ana a súa muller.

Anónimo dijo...

Perdon. Como di Xan da Coba

jimy de rairo dijo...

para min que o entorno ten un aire da Limia

jimy de rairo dijo...

para min que o entorno ten un aire da Limia

Xoan da Coba dijo...

Se estóu no certo,tal e como dí o anónimo máis arriba,o primeiro sorprendido sono eu.Foi ver a foto,e dicir:" A Sainza ",pero non é máis ca unha corazoada.O Sol está a esquerda dos posantes,e o tipo de luz parece do atardecer,pero tamén pode ser pola mañá.Paréceme tomada en dirección nor-este polo color do ceo,pero pode ser calquer outra.Ademáis,hai contradicción entre certos datos.Eu qué seí....

Xoan da Coba dijo...

¿Non estará revelada a foto ó revés?.Os zurdos,cruzan os brazos colocando o esquerdo porriba,cáseque sempre (tamén poñen o pulgar da esquerda sobre a dereita cando entrecruzan os dedos das máus).Casares apoya o seu peso na esquerda,Celso Emilio sostén algo coa esquerda,e Virxilio abraza á súa muller coa dereita.Algunha señora,sostén o bolso coa esquerda e outra,cólgao na dereita.De seguro que un experto policial,coñecendo a distribución estadística destros-xordos e o comportamento de cada ún fronte a eses aspectos,podería decir se ha foto foi proyectada ço revés durante o revelado...

(O de "xordo" por "zurdo" non séi se é correcto,pero o meu abó decíao así...)

Xoan da Coba dijo...

Como neste post se fala da Saínza,lembréi que neste mes se celebra a afamada festa de moros e cristiáns.Xa coñecedes o debate que hai con este tipo de festas e a sua relación coa "guerra de civilizaciós".
Navegando entre páxinas que tratan o debate,recorto unha frase.Ahí vai:


Nos guste o no, toda sociedad humana se funda en el sacrificio... humano: en el asesinato, hablando en plata. Pero, después de haber sido crueles, los hombres no podemos aceptar la realidad y tendemos a suavizarla con los mitos. Las víctimas sobre cuya sangre se ha edificado el orden social se vuelven así menos malas, porque gracias a su derrota vivimos en paz: los malos quedan incluso dignificados.


Lembro agora un delicioso libro que trataba precisamente este tema."Veo a Satán caer como el relámpago",de René Girard.Leíno fai unhos poucos anos un delicioso día de vrao nunha sombra a carón dun río troiteiro do Saviñao.Será un deses días felices
que evocaréi na miña memoria cando,perto da morte, faga balance da vida...

(Con cada paso,un home pisa cen sendeiros que se bifurcan.A visión dunha foto lévanos por derroteiros inexcrutábels...efecto volvoreta...)

Anónimo dijo...

Sobre a foto: confirmo que foi na Saínza.Falta na foto pero estaba alí, Arturo Baltar. Celso Emilio acababa de chegar de Venezuela e todos eles atoparonse alí de xeito casual.

Xoan da Coba dijo...

Vaia.O entrañable Arturo Baltar debéu de ser o que fixo a foto.Menos mal que lle deron polo menos este ano un recoñecemento con esa institución do premio Morogo das artes.Este Catoira,hasta conseguéu un recoñecemento pra Arturo Baltar,non paróu...

Anónimo dijo...

A foto sen lugar a dúbida está tirada na Sainza no lateral esquerdo segundo se entra onde acostuma a colocarse unha tómbola dende sempre.
Para vostede XDC que sei que é o máis feisteiro do bloguue, e por supoosto para tódolos blogueiros, ¿qué lles parece mañán domingo na Armada?

Xoan da Coba dijo...

Vaia,mágoa que lea o comunicado anterior xa polo serán do domingo.Fún ós Milagres do Medo pola mañán.E fai tempo que non vóu ós de Amil,que tamén teño ganas.E que son moi devoto.Do pulpo e dos churrascos,claro.E do ambiente das romerías populares. Na Armada aínda estiven hai poucos días,en concreto o sábado de fai quince días,cando houbo un "minitornado" por aquela zoa.E sí, certa de cheo neso de que son moi festeiro.Tampouco puden ir onte ó Monte Faro,nin a Castro Caldelas a correr diante do Irrio Peliqueiro.A última capa de pintura desa careta parece que ya déu Risco e a mín góstame moito mirala,no seu expositor habitual no edificio do Concello dese Castro ó que don Vicente se refería como "o lugar ó que sempre se chega costa arriba"

Anónimo dijo...

Señor XDC:Para saber se a foto esta revelada ao revés hai que saber a que lado facía a raia do pelo Carlos Casares.

marcos valcarcel dijo...

Pois logo a foto non debe estar revelada ó revés: nas imaxes desa época Carlos Casares peiteábase de dereita á esquerda, cunha entrada de calvicie maior na súa dereita, como nesta mesma foto.

Anónimo dijo...

Aposto a que non está revelada ó reves, se mal non recordo, vin unha foto familiar nunha voda máis ou menos desa data de Carlos coese mesmo look hippie.
E XDC ainda non é tarde para coller o andante e tomarlle un algo hoxe ou mañán na Armada, se se decide pregunte no bar da comisión por un anónimo da rede, probable que nos saibamos encontrar. Senón tal vez nos queden outras oportunidades, o Cristal, A Sainza...
Saúdos.

Xoan da Coba dijo...

Estupenda observación o da raia do peiteado,asimétrica.Hoxe resultaría todo máis fácil.Todo tipo de camisetas teñen textos escritos e notaríase a diferencia.Salvo que o portador levara o seu nome na camiseta e se chamase ANA. ¡VAYA! ¡Non podía chamarse de outra maneira a muller de Virxilio!

Xoan da Coba dijo...

Boeno,era brincadeira.O "N" é asimétrico anque sexa palíndromo.Se fora un tal OTTO...

marcel swann dijo...

De que ano pensan que é a a-foto? Polas prendas de la que se vén na foto, eu penso que debe ser do 1975 ou 76...

Xoan da Coba dijo...

Vese unha roda do que de seguro é un SIMCA 1000...

marcel swann dijo...

Parece un Seat 1500...

Xoan da Coba dijo...

Pode ter razón,swann.Ese color non era habitual nos Simca 1000,e sí nos 1500.¡sobre todo oficiales,coa súa bandeiriña!

Manel dijo...

Téñenme estupefacto.O que pode dar de sí unha foto...

marcos valcarcel dijo...

Eu estaba pensando o mesmo: O QUE PODE DAR DE SI UNHA FOTO!!! Eu calculo no período 1973-1976, pola fasquía de Casares. En fin, seguro que estes exercicios de memoria son bos para prever o alzheimer e esas cousas...

Anónimo dijo...

Parece máis un 1500 ca un sinca 1000, fíxense que a llanta da roda ten unha franxa branca, propia dunha serie de 1500, ainda que abrindo a imaxe co fotoxó parece un renault 10, fabricouse desa cor, e algunha xente "llellé" dos bien, tuneábaos naquel entón, antena esaxeradamente longa e llantas de caucho negro con franxa circular branca.(A principios dos 70).

arume dos piñeiros dijo...

E ten que ser polo outono e será aínda máis doado averiguar que feira ou romería hai por esas datas. A luz é dunha terra cha (a Limia era boa pista) e se houber un zoom poderiamos ver a hora no reloj da rapaza que está detrás á esquerda.
Tamén pode saberse en que época penduraban guitarras en plásticos.

marcel swann dijo...

Mágoa non ter un aparello que nos permitise enfocar sobre os obxectos máis alonxados, como Deckard en Blade Runner.
Querido Watson, recapitulemos:
- feira ou romaría máis ou menos importante (polo tamaño da tómbola e dos postos). Localización nun prado grande.
- Probablemente, durante a romaría de mouros e cristiáns na Saínza (Rairiz de Veiga). Iso explicaría (?) por que porta Celso Emilio brande un bastón (?) ou fusta (?) e Casares terma dun garabullo.
- Se a premisa anterior é correcta, a foto foi tomada no comezo do outono, o que vén reforzado pola roupa dos fotografados.
- Fíxense nas sombras que se proxectan. Claramente é mediodía.
- Ano? Sen dúbida, 1975. Por certo, Carlos Casares era xa flamante gañador do premio Galaxia de novela.

Herlock Sholmes dijo...

As primeiras Xornadas do Ensino ¿non foran no 75,nos Milagres (do Medo,onde estiven hoxe)? ¿Non foran disoltas pola Garda Civil?¿Non vomitara Ramón Area todo o que comera trala entrada dos picoletos? Pero non debéu ser ese ano cando coñeceron á Sra.Cuesta...
Se Casares gañara ese premio,¿É por iso que Celso mírao con orgulo non disimulado?
Meu querido Watson,Este é deses casos que me gosta investigar incluso sen cobrar un can...

Xoan da Coba dijo...

Os fotógrafos profesionáis evitan as fotos a mediodía,por que non hai contrastes (sobre todo no blanco e negro),e a intensidade do sol obriga ós protagonistas a facer "caretas",como dín en Portugal (muecas,¿mocas?).
Analizamos ónde podía ser a foto,pero só a Swann se lle ocurríu o "cando",que,tal e como razoa,garda relación e da información acerca do "ónde".
As árbores do fondo non teñen follas.Non parecen carballos.Os pinos teñen follas todo o ano.Hai un poste da luz e os correspondentes cables...
Vou ir á Sainza e localizar o punto e a dirección exacta en que se fixo a foto.A ver canto medróu o pino...Se podo,fago unha fotomontaxe...

marcos valcarcel dijo...

Eu non estiven nas primeiras Xornadas do Ensino dos MIlagres, disoltas pola garda civil, 1976, creo. Debeu ser pois noutras posteriores, quizais na Universidade Laboral de Ourense? Non o lembro ben.

marcos valcarcel dijo...

Visto o interese de todos vostedes polas investigacións arredor da nosa memoria fotográfica (38 entradas xa), seguro que me animo a recuperar outras imaxes semellantes para estimular a mente e a camaradería.

apicultor dijo...

Vén a propósito, coido, unha cita de Walter Benjamin: "Toda imaxe do pasado que non é recoñecida polo presente como algo que lle atinxe, está ameazada de desaparecer para sempre".

marcel swann dijo...

Iso podemos dicir dos carlistas, conservadores e liberais-republicanos do XIX e principios dos XX. O único que subsiste herdeiro daqueles movementos políticos é o galeguismo.

apicultor dijo...

Refírese ao que digo eu, mister Swann? É que non acho relación.

Aproveito a ocasión para dicirlle que, daqueles grupos e movementos da etapa que cita, tamén subsiste o socialismo.

marcel swann dijo...

Traduzo o de "socialismo": o Partido Socialista Obrero Español. Quedan as siglas, si, pero u-las ideas básicas? E a historia de honradez?

apicultor dijo...

A súa é, coma case sempre, unha interpretación, por dicilo suavemente, "moi persoal".

Porque se falamos de "ideas básicas", son as mesmas as do nacionalismo de hoxe que as do pasado? Eu coido que non. E se non me cre, bote unha ollada á estrevista con Justo Beramendi no "El País" de onte ou antronte, na que coido lembrar que dicía algo nesta mesma liña.

E o da historia de honradez, pensa que dende a chegada da democracia o socialismo (ou PSOE) ten unha sorte de maldición metahistórica que impide inexorablemente que sexa honrado?

Paréceme que, neste último punto, vostede, como tantos outros nacionalistas, son copartícipes da "narrativa ultraconservadora" que ditamina que, faga o que faga ou diga o que diga, o PSOE leva impreso no seu código xenético o estigma imborrable da corrupción, o despilfarro e o nepotismo. E así per secula seculorum.

marcel swann dijo...

Quería mencionar algúns momentos claves da historia do PSOE.

- o seu inicial xacobinismo

- o seu comportamento durante a Ditatura de Primo de Rivera

- o seu comportamento durante a insurrección do 34

- o morno apoio ao Estatuto do 36

- o terrorismo de estado e a corrupción no anos de Felipe González.

marcel swann dijo...

"Vostede terá o poder, mais eu téñolle a razón" (Castelao)

Xoan da Coba dijo...

E o patetismo de Zapatero,bastante disumulado polo patetismo aínda meirande do Rajuá

apicultor dijo...

E ademais, monsieur Swann, eran uns ateos comecuras e uns puteiros incorrixibles.

En fin, o dito.

marcel swann dijo...

Si, o dito:
"Vostede terá o poder, mais eu téñolle a razón" (Castelao)

apicultor dijo...

Non me faga rir, ande, faga o favor.

marcel swann dijo...

Eu só fixen unha cita. Tómea vostede como queira.

Xoan da Coba dijo...

Marcos de seguro que coñece moitos militantes ourensáns (ou non) históricos do PSOE que sofriron a "dentadura" e romperon o carné xa na segunda lexislatura do PSOE...Eses feitos deberian constar na historia interna do partido e ser analizados,por que "todo partido que olvida o pasado...etc..."

E ao Bloque estálle pasando tamén algo así,polo que me contan algúns...

Xoan da Coba dijo...

No PP é todo moito máis descarado.Cada vez que perde o poder,saltan do barco unha chea de ratas...