Gustando (Bieito Iglesias, "Fío e Coitelo", El Correo Gallego, 6 setembro)
Imaxe: Jean-Leon Gêrome, Mercando escravas en Roma, 1886.
Non sei se os lingüistas tomaron nota dos novos usos do xerundio nos anuncios por palabras. Velaquí algúns exemplos de avisos xerundíficos extraídos dun deses diarios que reparten de balde: "Separada de 60 anos, gustando pasear, bailar e conversar, desexa intimar con cabaleiro educado e bo muchacho"; "Moza de 31 anos, 1,72, gustando animais, campo, natureza mar, etc, procura home compatible e sincero"; "Señor de 63, de clase media-alta, gustando música e falar, querería coñecer muller intelixente de características similares ou moi parecidas". Por parte do abuso do xerundio e da redundancia, este xénero de publicidade revela certa tendencia contemporánea a medir os afectos ao peso: "Solteiro, 35 anos, 1,67 e 70 kg, busca relación estable"; "Chico de 40 con tipo fino e sen experiencia procura mozo (absterse obesos)"; "Casado, sentíndose só, xubilado por problemas de lombo, desexa relacionarse con persoa grosa". Outro trazo significativo detectable nos reclamos é a alta opinión que a xente ten de si propia:"Viúva de 53, atractiva, simpática, xovial, doce, busca cabaleiro bo mozo"; "Muller de 45, alegre, divertida, optimista e positiva procura homes para amizade". En xeral, as cualidades máis cotizadas parecen ser a sinceridade, a estatura e a delgadez, non necesariamente por esta orde. Apurando os indicios sociolóxicos, diríamos que emerxen novos xeitos de convivio diversos e promiscuos, pois, a carón dos tradicionais chico busca chica e ao revés, abundan os suxeitos interesados en ligacións co mesmo sexo e as parellas con ansia de formar tríos de distinta composición (dúas contra un ou viceversa).
Agora que se abre un novo curso político, as páxinas de respecto dos xornais pretenderán que os cidadáns andan preocupados polas hipotecas, pero moito receo que as verdadeiras coitas da ordinary people se expresen nesas breves peticións de auxilio que integran a sección de contactos. Visto que existe un excedente sentimental de moi difícil saída no mercado erótico, tal vez de aquí a pouco nos vendan os xaponeses agarimosos robots, androides esveltos e sinceros.

20 comentarios:
Algúns anuncios, como o da viúva de 53, máis parecen amenazas. Parece o comezo dun relato de medo.
Eu como debo de ser o que menos entendo de galego dos que andan por eiquí (por eso ando por eiquí) teño que preguntar cousas...
Moitas veces oímos frases coma estas:
-Dámelle sáludos a Fulano (Dá-ME-lle)
-DaréiCHEllos( Daréi-che-llos)
Non seí se é oficialmenta correcto.Noutros idiomas sí que existe.Chámase "benefactivo" (facer algo á beneficio de alguén),e a verba usada é a mesma que prós pronombres,coma nos casos anteriores...
Fai un tempo lín un relato moi cómico.
Unha muller puña un deses anúncios por palabras,con todas as súas características físicas e psíquicas, e un teléfono de contacto.Chámaa un home interesado,en conveñen en atoparse na sala dun aeroporto.Él debe levar un determinado periódico pra que ela o identifique.Pero ó chegar alá,a muller ve que hai varios homes có mesmo periódico.Como non sabe cal é o bó,dríxese a ventanilla de información pra que lean polos altavoces,o mesmo anuncio do periódico,engadindo que a muller en cuestión espera na cabina de información.Aparecen un montón de homes interesados,entre eles seguramente o que a esperaba.Fórmase tal barullo,que ó final a muller tén que renunciar a todos...
Os anuncios por palabras darían para más dunha novela.Este ano, cando estaba de vacacións leín un relato sobre un anuncio (este, de megafonía nunha praia)do más tenro. Un día destos , se teño tempo, teño que traducilo.
E come lle oín a una señora moi fina: "Vamos, que es gerundio!"
Un saúdo.
Tu séi per meeee
la piú bela dil mondooo
e un amore profondooooo
mi lega a teeee
Ti séi per meeeee
una cara bambinaaaaa
prinavera divinaaaa
per il mio cuooorrrr
(Desculpen,estóu ledo, recén saído da ducha,e gostóume o corpo da muller do cuadro que encabeza o post...)
Este cadro, de alto contido erótico, é un típico exemplo de construción pictórica dalgún xeito emparentada co "orientalismo".
NOn dimendicaaaar
que ti he voluto tanto beneee
ti he saputo amaaar
Non dimendicaaaarrr
Eso.Que neste blog sempre estamos comentando escritos,obras etc.O cadro é claramente unha subasta.Gostaríame saber qué pensa a rapaza sentada.Penso que é moi amiga da outra,e que lle gostaría que a comprase o mesmo que á outra,pra poder ir xuntas.Ou cicáis a odia e gostaríalle que deran por ela máis que pola outra,pra darlle nos morros por lle decir sempre que era máis guapa que ela.Ou igual están ambas conchabadas có vendedor pra escaparen logo de ser vendidas,e son unha rede de estafadores.Ou...
Por certo,as columnas son estilo ¿Jónico? O malo de ser de Cencias...Curiosa a linguaxe das máus.Os chinos teñen complexas posturas das máus pra expresar os números.As maus abertas do vendedor pretenden convencer de que dí a verdade acerca do bó estado de saúde,a obediencia e a capacidade de traballo das rapazas.
O mellor de todo é a utilización dos xerundios. Por exemplo, "muller gustando natureza" ou "home gustando animais". Arrepían...
Os anuncios por palabras é o que teñen: que cada palabra costa. Debería ser así para a boa literatura. Eso sí: sen xerundios, nin adverbios en mente.
Pois máis que arrepiar, danlle un aire de misterio e atemporalidade.
Ten razón arume dos piñeiros.Nos anuncios por palabras págase por cada palabra,por eso aparecen esas formas.Como sucedía nos telegramas.Tamén os mensaxes dos móviles,dos que temos recente exemplo noutro post son unha forma de aforrar tempo e golpes de tecla.Non sei se vostedes coñecen a taquigrafía martiniana das antigas secretarias.Primeiro aprendias unhas formas moi simplies pra cada letra (en realidad fonemas),e logo simplificábase o texto de forma prácticamente igual a como se fai nos móviles...
Hai pouco tiven unha interesante conversa sobre a linguaxe sms que empregan os adolescentes para se comunicaren nos seus fotologs persoais. A miña interlocutora estaba admirada de que os filólogos discutan ainda entre isolacionismo e reintegracionismo, cando o futuro da grafía do galego parece que se orienta por outras vías!
O futuro é a implantación do chip telefónico no propio cerebro e mixturar os circuitos digitales coas neuronas.Marcaxe do número por mero pensamento,conexión biónica cos nervios que controlan as cordas vocáis pra que ,imaxinando que falas,transmitas a mesaxe.Diseño do chip con material biolóxico e alteración mediante enxeñería xenética pra que esa mellora se trasmita á propia descendancia.Netos telépatas de nacimento,é,dende logo,control total do pensamento desde o Poder,sexa cal sexa...E non vos riades moito,por se acaso.
Máis a curto plazo.Habendo xa como hai bós programas de recoñecemento de voz,non entendo cómo non estan xa integrados no "hardware" do telemóbil pra que,dictándolle a mesaxe de viva voz,trasmítaa xa en formato sms ¡e sen faltas ortográficas!
Cuarentón versátil busca uno parecido y con sitio.
Velliño con Párkinson ofrécese a orquesta pra tocas as maracas.
¿Cómo compones? Leyendo,/ y lo que leo imitando,/ y lo que imito escribiendo,/ y lo que escribo borrando,/ de lo borrado escogiendo’. ‘¿Cómo vives? Aprendiendo,/ y lo que aprendo emulando,/ y lo que emulo mejorando,/ y lo que mejoro perfeccionando,/ de lo perfeccionado eligiendo’.
Vaia.Qué raro que ninguén fixera referencia ós anuncios por palabras que trasmiten mesaxes secretas entre espías e gobernos,etc etc.Hasta creo recordar que unha obra de Borges falaba de algo así.¿Ou era máis complexo? ¿Alguén cometía un acto extraño nun lontano país pra crear unha noticia coa que trasmitir unha mesaxe...?
¿O desembarco de Normandia non fora ordeado mediante un anuncio por palabras?.¡A saber cantos textos con tanto gerundio e tantos centímetros de esto e de aquelo non poden ser...!
Te�o na casa un xornal do d�a do refrendum proestatuto de Galicia do 36. Os anuncios por palabras son impresionantes. Especialmente un que di
"Caballero formal llevar�a relaciones serias con se�orita o viuda en �sta, que cuente con peque�o capital. No importa defecto f�sico. Reserva, seriedad. Por carta a A.M.Fern�ndez.Lista de Correos. La Coru�a".
Inda hai outros m�is bestas. Se se atreve o Sr. Valc�rcel env�olle un que se titula "El triunfo de la belleza sobre la inteligencia..." que anuncia non sei que potingue.
Publicar un comentario