1 sept 2007

Manuel Lourenzo Pérez
Andoliña 1 setembro


Nas miñas terras ourensás, o ano cultural, tralas vacacións de agosto, empeza sempre en Celanova. Na vila de Curros e Celso Emilio mañá recibirá o premio Casa dos Poetas o escritor Manuel Lourenzo Pérez, autor de teatro, tradutor, versionador, director, actor, profesor e tamén ensaísta, poeta e narrador. A longa traxectoria na nosa cultura do autor de Ferreira de Valadouro enche de xustiza este premio: dende os anos 60 (a súa primeira obra, O moucho, publicouse en 1960) Manuel Lourenzo estivo na cabeza do teatro independente galego e formou na Xeración Abrente, xa nos 70, con nomes como Roberto Vidal Bolaño, Euloxio Ruibal ou Francisco Taxes. O gran público coñeceuno logo dende a TVG e o Melghacho de Mareas Vivas (na foto).

Autor dun cento de textos teatrais, a súa man está por tras de moitas das iniciativas dramáticas do país nos últimos anos: O Facho, Teatro Circo, Escola Dramatica Galega, Compañía Luís Seoane, Casahamlet, os Cadernos da Escola Dramática Galega e un longo etcétera. Con Francisco Pillado Maior fixo ademais un labor impagable de historiografía do noso teatro: O teatro galego, Antoloxía do teatro galego, Dicionário do teatro galego. Noraboa polo merecido galardón.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Saudos amigos, feliz reencontro para o novo curso-concerto, adicolle este tema de Bill frisel a toda a Solaina

http://www.youtube.com/results?search_query=bill+frisel&search=Search
Jimy de Rairo

paideleo dijo...

Benvido de novo.

lourixe dijo...

ReBenvido! Os que non feriamos tiñamos saudades de culturización sabrosona, as cumbias das verbenas non enchen igual!

Anónimo dijo...

Aínda non escrebín nadiña sobor do "desperta do teu sono,blog de Breogán"...
Boeno,como os comentarios son as uvas,que o blog sexa o carro e Marcos o carreteiro pra poder cantar:
Carreteiriño das uvas
lévame no carro,leva,
comeréi das máis maduras.


(Qué lembranzas da nenez,subido no carro,na aldeia.Os nenos non podiamos ir "diante da roda",por se caíamos e nos pasaba o carro porriba..Adoecíamos por sermos mozos,e poder ir,de pé,diante da roda,agarrados a un sólo estadullo,tangendo ás vacas coa aguillada dende atrás...)

Anónimo dijo...

Vóu seguer falando do carro,aínda que deseguro non pinta moito no post.Pero como hai tanto interesado na cultura popular galega no blog...
Teño lido moito sobor do carro galego,pero hai algúns detalles que,polo menos eu,non os lín en ningures.
Por exemplo: a utilidade do "canto do carro".O carro "cantaba" sólo cargado,isto é,cando viña de volta prá casa.Naqueles camiños estreitos non cabían dous carros que se atopasen de fronte.Por tanto,se un marchaba cun carro valeiro prós eidos,os "cantos" dos outros carros dábanlle información de por qué camiño viñan,e o carro valeiro debía coller un canmiño alternativo pra non atoparse có outro,cargado,que sempre tiña preferencia...