21 sept. 2007

Miniconcurso
Hoxe doulles por adiantado a imaxe do "Pan por Pan" de mañá en La Región. Da súa demostrada sagacidade, permítomes convocalos a un miniconcurso: de que falará ese Pan por Pan de mañá? Teñen ata as doce da noite para acertar. Os/as que acerten teñen comprometida unha caña en canto nos vexamos.

(Ben, vexo que a pregunta do miniconcurso era moito máis difícil do que eu pensaba. O "Pan" vai embaixo e saiu dunhas declaracións que veñen hoxe en El País. Pero grazas porque tamén me suxeriron unha chea de temas posibles e de interese para tratar).

Bailes e compostura.
Pan por Pan 22 setembro

Mohamed Hosein Zafra-Harandi é o ministro de cultura de Irán. Un país que, se os mulás o permitisen, camiñaría cara a modernidade co alento dos seus cidadáns e das mulleres iranianas. Este ministro di nunha entrevista que se opón á “música que fai perder a compostura” e cita en concreto o rock heavy metal que xunto coas drogas provoca, di el, que os mozos conduzan a toda velocidade e se tiren polas portas e ventás dos automóbiles. Tamén xustifica a persecución pola policía das mozas que non visten de acordo ós designios do réxime e que, engade, están pagadas cada mes polas potencias estranxeiras. Tales disparates lembran as consignas da prensa española no primeiro franquismo contra os bailes e as modas non recatadas: aquel cartel dunha parella bailando e o mozo convertido en demo. Si, todos os integrismos son semellantes ata o aburrimento.

44 comentarios:

apicultor dijo...

Creo que vai ir do uso das frases subornidadas nos latinistas italianos do século XVI, ou quizais das metáforas militares na linguaxe do racionalismo arquitectónico. Trabúcome?

marcos valcarcel dijo...

Frío, frío, frío... Esperaba máis da súa intuición, amigo Apicultor agora tan irónico. Ten aínda seis horas para dar co tema. E non é difícil.

apicultor dijo...

Haberá, pois, que devanarse os sesos para dar co enigmático tema.

Xaime dijo...

Non me diga que tamén lle encargaron na UPG, un traballo sobor da malignidade de bailar e divertirse e vaino facer público. Don Perfecto Conde estara frotándose as máns

Xoan da Coba dijo...

O botellón

Anónimo dijo...

Ou dos tempos de Monseñor Temiño

Xoan da Coba dijo...

Eu,como fun tanto á misa de neno,aínda hoxe,cando vou,rezo "...por nuestro Papa Pablo,por nuestro obispo Ángel..." non se me foi máis da cabeza ningún dos dous.
Por certo,estarán todos contentos de que se volvan facer as misas en latín.Sí,señor.Como é debido.

hormiga dijo...

A min tamén se me ocurre que vai ir do botellón e senón como segunda opción elixo o tema de como pasaban o tempo de ocio os mozos noutros tempos.Espera, igual vai tratar sobre a evolución hitórica das relacións amatorias entre a xuventude...mellor non penso máis.

Xaime dijo...

Amigo Xoan da Coba, pregunto, nunca escoitou unha misa en galego ?

Xoan da Coba dijo...

Si,pero cóstame seguila.Memoricéína en castelán de novo.Fun a un colexio de monxas. Eliminaron o galego da miña cabeciña de bén noviño ("Estos que vienen de los pueblos,qué salvajes,hablando gallego...")

Anónimo dijo...

sóname moito ao pai Venancio Marcos, difinido el mesmo como de "absoluta y totalmente de extrema derecha". Un gicho que tiña un programa na SER aló polo ano 45 e que promulgaba cousas como estas...

Xoan da Coba dijo...

Se non vai do botellón,vai do auge dos bailes latinos asociado ó incremento de poboación inmigrante.

jimy de rairo dijo...

Para min que vai do ben e do mal.
Por certo Marcos, dixeronme que hoxe nun congreso sobre critica literiaria celebrado no Consello da Cultura, citouse en varias ocasións a Solaina.

apicultor dijo...

E dixéronlle en que sentido se citou? É dicir, que se dixo exactamente? Só é por saber.

jimy de rairo dijo...

Foi citado como Blog ao que acudian criticos literarios, porque as veces insería noticias sobre literatura.

apicultor dijo...

Horror, isto está cheo de críticos literarios!

marcel swann dijo...

Apicultor, tan atento á difusión do blogue (con "gue")...

jimy de rairo dijo...

e de abellas.

apicultor dijo...

Non me cite polo alcume nin faga xuízos de intención sobre quen está detrás, xa llo dixen unha vez. Limítese a discutir e comentar -se quere- as miñas opinións ou ideas. Ningunha outra cousa máis, por favor.

apicultor dijo...

Ten razón, Jimmy. E de tabaos, e de ornitorrincos, e de exploradores do Pacífico, e de xente divertida, que é o máis importante.

apicultor dijo...

Obviamente, a miña observación precedente non ía por vostede, Jimmy.

apicultor dijo...

Quero dicir a precedente da precedente. Ui, que lío!

Xoan da Coba dijo...

¡Xa séi! vai do Demo.Estes días falóu de santos,e Marcos sabe repartir os cirios .Déus é bó e o Demo non é malo...

Ana Bande dijo...

Pois pode ser que vai voster falar dos antigos locais de ocio e diversión desa nosa Auria querida...o que hai que facer para tomar unha caña nos viños...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Para Apicultor:
I Xornada da Crítica Galega
10.00 Inauguración e presentación das Xornadas:

Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega

Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG

Xosé Manuel Eyré, Integrante da Comisión Xestora da Sección de Crítica Galega da Aelg


10.30 Conferencia-coloquio: "A crítica literaria xornalística da literatura galega".
Ramón Nicolás Rodríguez
Presenta Mª Xesús Nogueira

11.30 Café

12.00 Conferencia-coloquio: "A crítica literaria académica da literatura galega".
Arturo Casas Vales
Presenta Xosé Manuel Eyré

13.00 Debate: "A crítica literaria galega", a cargo de todos os presentes.
Modera: Mª Xesús Nogueira

14.30 Xantar

17.00-19.00 Mesa Redonda:

"A crítica literaria fóra de Galicia. Os casos portugués, catalán, vasco e español".

Joan Josep Isern, da Asociación Críticos Literarios Cataláns

Iratxe Retolaza. Profesora da EHU-UPV

Ángel Basanta, da Asociación Española de Críticos Literarios

Abel Barros Baptista, profesor da Universidade Nova de Lisboa

Modera: Olivia Rodríguez.

Anónimo dijo...

Moito crítico amigo dos seus amigos.

jimy de rairo dijo...

Aos criticos, dende que hai crítica non lles está prohibido ter amigos.

marcos valcarcel dijo...

Das xornadas de Compostela (pensei en ir, pero despois se me puxo moi complicado e non tiña automóbil: déronmo esta tarde), supoño que a cita proviña de Ramón Nicolás, que é unha excelente persoa e bon amigo e creo que asiduo lector desta casa. Para os que se extrañan, dicirlles que por aquí andan críticos literarios, escritores, artistas, lectores, profesores universitarios, historiadores, galegos da emigración e moita máis xente "de malvivir". O milagre é que convivimos todos e todas e non é doado: en moitos destes "corpos" hai navalladas a tutiplé. Cando menos que este sexa un espazo de paz e sosego.

jimy de rairo dijo...

Efectivamente a cita foi obra de Ramón Nicolás que segundo me contan, fixo unha estupenda intervención.

arume dos piñeiros dijo...

A mín paréceme moi pertinente a división entre crítica xornalística e académica (que fixo o meu grande amigo en horas baixas don Arturo Casas, unha eminencia e un poeta extraordinario), que non convén confundir, aínda que as canles de relacións están medianamente abertas. Maxino que na derradeira sesión da mañán, ao xuntarense, chegou a discusión.
De todas formas, estrana que aínda ninguén comentase o interesante artigo de onte de Loli Vilavedra en EL PAÍS sobre as relacións da literatura galega co que ela chama con letras maiúsculas Letras Españolas, sobre todo porque procede dunha persoa moi competente en literatura galega e traductora ao español da obra de Rivas, un dos nosos bestsellers mundiais, probablemente descoñecido máis alá dos pirineus como escritor en galego.

jimy de rairo dijo...

Pois se alguén fose tan amabel e colgase o artigo aquí podería incitarnos a unha proveitosa polémica.
As funcións entre a critica xornalistica e a académica quedaron claras, quizais do mais claro que quedou.
O que non quedou tan claro foron uns apuntamentos que se fixeron polo crítico Manuel Forcadela respecto da crítica creativa, ou das lindes entre crítico e autor.
Unha xornada non da para moito, pero o contacto foi interesante.

marcos valcarcel dijo...

LITERATURA SEN FRONTEIRAS.
(velaí o artigo que demandaba Jimmy de Rairo.)
TRIBUNA: LUCES DOLORES VILAVEDRA
Literatura sen fronteiras
DOLORES VILAVEDRA El País 21/09/2007

Neste momento está a celebrarse en Verines a XXIII edición dos xa tradicionais encontros de escritores e críticos das letras españolas, xusto nas vísperas de que a recén creada Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega se reúna por vez primeira, mañá sábado, nun espazo de debate e reflexión. Á marxe das consideracións que as diferencias entre ambos eventos me inspiran, e da satisfacción que me causa constatar a conciencia profesional das persoas que en Galicia exercemos a crítica literaria e que nos sentimos comprometidos exclusivamente coa nosa tradición escrita, cos lectores de hoxe e coa construción dun futuro onde a lectura no noso idioma sexa un acto cotiá e normal, hoxe quero glosar o tema do debate deste ano en Verines: Literatura sen fronteiras. A recepción das Letras Españolas actuais en Europa. Sen dúbida, a escolla do tema débese á vontade do equipo organizador de debullar algo tan complexo como é a proxección dunha arte fundamentalmente verbal -a literaria- en ámbitos lingüísticos diversos. A presenza de escritores e críticos galegos, vascos e cataláns arrequentará de certo os debates, pois a nosa problemática é ben distinta da de aqueles que exercen en ámbitos idiomáticos cuantitativamente fortes, como é o caso do castelán.

Pero a etiqueta do Encontro non deixa de intrigarme: ¿quere o devandito epígrafe dicir que as Letras Españolas (así, con maiúsculas) inclúen a actividade literaria ou metaliteraria realizada en idiomas como o galego, vasco e catalán, ademais do castelán? Se así for, teriamos que cuestionar o criterio filolóxico, altamente funcional á hora de balizar as literaturas no noso entorno cultural. Un criterio que, por outra banda, demanda ser complementado por outros dende o momento en que falamos, por exemplo, de literatura chilena, ou arxentina, ou mexicana...ou sexa, de literaturas que posúen estructuras propias, abondo autónomas e institucionalizadas como para desenvolvérense por si mesmas, superando a identificación primeira co idIoma que supón a súa materia prima: o castelán nestes casos.

No caso da literatura galega (e da vasca, e da catalana) a situación preséntase paradoxicamente á inversa, isto é, partimos dunha diferencia sustancial e primixenia -a de posuirmos ferramentas lingüísticas propias- pero estamos aínda a pelexar por acadarmos esa imprescindible autonomía, ese grao de institucionalización mínimo que garanta a nosa supervivencia, na sociedade actual, como unha oferta cultural diferenciada visible, que contribúa a facer realidade a tan cacarexada globalización. Por sorte ou por desgracia, para lograr eses obxectivos -autonomía, institucionalización- é moi convinte dispor dun Estado, algo que si teñen as Letras Españolas (de aí tamén o das maiúsculas...) e por iso poden permitirse a xenerosidade de abeirarnos a todos en Verines, de acoller baixo o seu paraugas protector escritores e obras en galego, vasco e catalán. Ou, cando menos, a aqueles que nos deixamos acoller, que xa se sabe que hai quen prefire ficar ao ventimperio.

Claro que, aceptando a xenerosidade do paraugas, ás veces temos que pagar o prezo da invisibilidade. Porque esta pode chegar a ser a consecuencia de recoñecermos que as Letras Españolas (esas que se se escriben con maiúscula) son as que se producen no Estado español, do que formamos parte e que está constitucionalmente obrigado a recoñecernos -aos que escribimos en galego, vasco e catalán- como parte delas. E isto é compatible co noso afán por xerarmos unha rede de recursos propios (docentes, mercantís, mediáticos, avaliadores, etc.) que faga posible que as nosas literaturas existan como tales. Esa rede é conditio sine qua non para que ocupemos un espazo propio no dinámico mundo da cultura, e o é, na miña opinión, tanto como o feito de que nos expresemos noutro idioma.

O da invisibilidade pode non supor un gran problema ata que chega o momento da exportación, e de aí o acertado de que en Verines se debata este asunto. Porque cómpre analizar como son exportadas a Europa (e digo Europa porque está a ser, nestes intres, a nosa principal plataforma de expansión) as literaturas que en España se escriben en idiomas que non son o castelán. A literatura galega ¿expórtase como tal? Moito me temo que non. A resposta máis realista debería ser que, cando saímos polo mundo adiante, facémolo como parte das Letras Españolas ou, no mellor dos casos, como a cuota que nestas nos corresponde, algo así como a guinda dese enorme pastel que son as devanditas Letras. Tentemos explicar como é posible que se produza tan evidente distorsión.

En primeiro lugar, e para non botar sempre balóns fóra, fagamos un chisco de autocrítica: a literatura galega carece de axentes exportadores minimamente capaces. Os sucesivos gobernos pouco teñen feito por promovelos, máis alá de posibilitar a presenza dos nosos autores e autoras nas feiras internacionais. Os editores tentan con afouteza suplir esa eiva co seu labor aínda que, claro está, cada quen levando a fariña ao seu muíño. Ao mesmo tempo, en Galicia hai nestes intres varias institucións (RAG, AELG, Consello da Cultura Galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística, etc.) que traballan nese ámbito sen que para ningunha delas sexa unha prioridade, sen planificación de ningún tipo e a miúdo colisionando entre elas.

Pero certamente hai outro factor que explica a devandita invisibilidade, e que intervén antes de que saiamos a Europa. Estou a falar da fagocitación á que, voluntaria ou involuntariamente, nos someten as Letras Españolas, cal xigantesca ameba. Cando a literatura galega sae apadriñada por estas, prodúcese unha especie de adopción das nosas obras a partir do momento en que son traducidas ao castelán. Todos podemos contar infindas anécdotas relativas a autores galegos traducidos dos que se silencia en que lingua escriben orixinalmente, de obras das que non se menta que foron creadas no noso idioma, de películas aparentemente baseadas en novelas en castelán que en realidade son traducións do galego...Pero para fuxir da casuística choromiqueira e autocompracente na que moitas veces se converte o discurso sobre a nosa literatura, déixenme rematar cunha anécdota que moito me fixo reflexionar e que hai tres semanas lle escoitei a Albert Sánchez Piñol, autor en catalán dun best seller traducido agora mesmo a máis de trinta idiomas. Contaba na Universitat Catalan d'Estiu que moitas veces lle preguntaban se non estaba farto de ter que ir polo mundo adiante explicando os motivos polos que escribía en catalán, e que el contestaba sempre o mesmo. "¿Farto? Diso nada. Nunca me preguntan cousa tal ¡Non teñen nin idea de que escribo en catalán!". E iso que é autor de best sellers. Ou, se cadra, iso pásalle xustamente por selo.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei que diría Manuel Forcadela, sobre a crítica creativa. Pero acho que é un dos velenos e un dos perigos notables que ten a crítica literaria. A crítica ten que ter un propósito científico, por suposto de orde humanístico, onde os valores obxectivos sexan medidos doutra maneira. A pretensión de aproveitar a crítica para facer creación é outra cousa: está máis próximo ás elucubracións fantasiosas (ou sexa da creación) ca outra cousa. Unha crítica creativa (unha contradictio in terminis) non vale nin para crítica nin para creación: é unha perda de tempo. Eu, desde logo, rexeito esa fórmula supostamente conciliadora. É, ao cabo, constitúe unha falaz forma de intelectualidade.

Anónimo dijo...

"Qué me quieres, Amor?" está ben traducido do galego ("Que me queres, Amor"), non? Ou é castrapo?

arume dos piñeiros dijo...

De castrapo, pouco. Lope de Vega en El perro del hortelano emprega esa expresión exacta: foi Rivas quen mirou para Lope?
Qué me quieres, Amor? Ya, ¿no tenía
olvidado a Teodoro? ¿Qué me quieres?
Pero responderás que tú no eres,
sino tu sombra, que detrás venía.
¡Oh celos! ¿Qué no hará vuestra porfía?
Malos letrados sois con las mujeres,
pues jamás os pidieron pareceres
que pudiese el honor guardarse un día.
Yo quiero a un hombre bien; mas se me acuerda
que yo soy mar y que es humilde barco,
y que es contra razón que el mar se pierda.
En gran peligro, Amor, el alma embarco;
mas si tanto el honor tira la cuerda,
por Dios, que temo que se rompa el arco.

apicultor dijo...

"Quen critica o crítico?"

Sería unha pregunta.

Bo día, señores. Hoxe estarei ausente todo o día. Que teñan un bo debate!

Anónimo dijo...

e o resto da novela tamén vai en español do tempo de Lope? ou é un toque local para que se note un pouco que o orixinal está en galego? porque en español entendible hoxe sería "¿Qué quieres de mí, Amor?"

arume dos piñeiros dijo...

Eu pensei que preguntaba polo título. Obviamente.
E podo dicir que a expresión "¿Qué me quieres? en español está totalmente extendida y es perfectamente entendible. En español de hoxe hai miles de variantes, como en galego. Non todo o mundo fala afortunadamente igual e nin siquera sigue as reglas gramaticais. A corrección lingüística non existe. Por fortuna, repito.

Anónimo dijo...

Tamén autores tan importantes como Saramago buscaron acubillo nas Letras Españolas

Anónimo dijo...

a torre vixía

Los que más chuflan, capadores

Autor:
Xosé Luís Barreiro Rivas

Fecha
22/9/2007

Cuando llega el mes de septiembre siempre se reedita el sainete de los acuerdos presupuestarios entre Solbes y Francisco Rodríguez, en lo que, usando terminología de crítico literario, podríamos denominar «un clásico». Y por eso me van a permitir que mi protesta sobre este particular se exprese en un artículo hilvanado con argumentos repetidos que, en justa reciprocidad, se está convirtiendo en otro clásico.

Aunque el argumento del sainete representado por Solbes y Rodríguez es requetearchisabido , quizá convenga repetirlo con fines hermenéuticos. En el primer acto sale Solbes y dice que la tarta no da para más, y que las infraestructuras de Galicia no son una prioridad para el Estado, y por eso concreta su oferta inversora en una cantidad que, siendo cutre en su misma esencia, se rebaja un poco más de lo debido para darle suspense a la escena. Acto seguido, entra Francisco Rodríguez y dice que eso es intolerable, que Madrid desprecia a los gallegos y que el BNG no va a apoyar los impresentables presupuestos socialistas. En el tercer acto, el más morboso, se produce un encuentro de dimensiones bíblicas entre los dos líderes mencionados, en el que Solbes le entrega a Rodríguez un plato de lentejas, y Rodríguez le entrega a Solbes su contribución a la mayoría.

Tras el intermedio, el sainete de septiembre tiene tres actos más -del cuarto al sexto- que nos llevan al consabido desenlace. En el cuarto se ve a Solbes y a Rodríguez explicando su reunión, por separado, a sus respectivas parroquias, para que ambos puedan presumir de hábiles negociadores y para que los dos puedan calificarse mutuamente de pardillos. En el quinto acto entran en tromba los líderes de las autonomías con más peso -Madrid, Cataluña, Andalucía y otras- exigiéndole a Solbes que gobierne el país aplicando el principio de quien más chufle, capador, que consideran perfectamente legitimado por la actitud pedigüeña de los más pequeños. Y en el sexto acto se ve a Zapatero repartiendo pasta gansa a espuertas -a Cataluña, a Andalucía, a Madrid- mientras Solbes se retira cantando, como Lucky Luque, en dirección al poniente: «I'm a poor lonesome cowboy».

En el desnortado modelo de organización territorial generado por el Estatut de Cataluña, el presupuesto del Estado ha dejado de ser un instrumento de equilibrio en manos del Gobierno para convertirse en la bolsa de doblones que lleva el presidente en sus viajes a provincias. Y por eso no puede extrañarnos que el sainete de septiembre tenga siempre el mismo desenlace: después de algunas victorias pírricas de los pequeños, llegan los grandes y hacen saltar la banca. Un juego estúpido y peligroso, en el que los débiles perdemos siempre.

Xoan da Coba dijo...

Vendo de novo a ilustración.véume a memoria unha frase de Risco:"Ó Demo,néganno os homes pero afímanno os pobos".Do seu libro "Satanás.Historia do Demo"

Xoan da Coba in love dijo...

Boeno amigos,deica mañán.Vou de cea coa parienta,que me invita polo seu cumpleanos.A ver se me leva a un bó restorán.E logo ós "bailes modernos" eses....XDDDD.O mesmo hasta rematamos en Lugo,a carón da muralla...

Xosé M. González dijo...

De momento, da Coba, está unha noite que promete. Pero por se acaso traia un xersei, que despois logo enfría. Se non me dá lido, que o pase ben ben.

Xoan da Coba dijo...

Vai unha viñeta
Condolezza arrives Irak