21 sept. 2007

Libro de visitas
Nesta nova sección recollerei algunhas cartas que falan do blog. Esta ademais informa do cambio de enderezo da páxina Ourense Natural: broma ou realidade.

Noraboa polo blog sensacional.
Ola Marcos, chámome Secundino e dende fai uns anos sei que visitas as miñas páxinas web. Fun profesor nas Lagoas, de matemáticas, durante 27 anos e como sabrás levo dous prexubilado. Nestos últimos anos mantiven varias páxinas web a maioría defendendo a nosa natureza, de feito nas túas recomendacións figuran dúas "A vida nos ríos galegos" que estos días, a xunta me cambiou totalmente agora o link é http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/webantiga/slorenf/vidario0.htm , este é un dos motivos de este email, para que cambies o link, parece que vou ter problemas para ubicar esta páxina web no Hosting da Xunta, espero resposta a esa pregunta que fixen estos días.
A páxina Ourense natural: broma ou realidade está noutro proveedor e non está afectada.
Tamén manteño unha páxina de investigación histórica sobre un pobo da provincia de Ourense que quedou asolagado por un encoro no ano 1958 chamábase Alberguería e estaba no Concello de A Veiga, tiña naquil intre 103 veciños e actualmente a xente vive no Barco, en Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid e moita emigrou a Arxentina, Venezuela, Francia, Suiza e Alemania.
De forma que explico na web son o webmaster da páxina sin ter nada que ver coa zona. Esta páxina tamén na teño na Xunta de Galicia, no servidor da Xunta, e pasou o mismo que a dos ríos, de repente desaparece e ven a ameaza de desaparecer definitivamente.
A páxina éntrase con
http://www.albergueria.es xa que fai pouco merquei o dominio. En realidade o link é http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/webantiga/slorenf/Umia/index.htm
Esperarei a ver como remata o conto, pero estas páxinas, si a Xunta non fai algo por elas pasarán a peor vida.
Espero que o feito de estar prexubilado e non ser actualmente profesor en ningún centro non sexa impedimento para que poida seguir manteñendo as páxinas. Por suposto estou autorizado polo Director do Centro, neste caso, o compañeiro Monxardín, ademais as páxinas non teñen propaganda nin pretendo facer negocio con elas.
Perdona o rollo,pero necesitaba comentar estos puntos xa que estou bastante preocupado xa que é un labor de case 10 anos.
Un saúdo e repito enhoraboa polo teu blog.
Secundino Lorenzo

1 comentario:

Xoan da Coba dijo...

Secundino,sempre fuches un artista.Pioneiro en tantas cousas,entre outras da informática en Ourense có teu amigo e compañeiro Amorín.Na defensa dos ríos galegos,ahora neso de Alberguería...Eu son un gran amante de toda a comarca da Veiga,e de Xares.Mantiña certa amizade con Vicente G.Carrasco,tamén.Se repetides a festa da Alberguería o ano que ven,estaréi alá.Saúdos,campión.