7 sept 2007

O BIPARTITO E O BIPOLAR (Manuel Rivas, "Escoitar e a Galicia Borrosa", EL País, 7 setembro)
En que se nota que lle está a fallar a Escoita a este goberno?
O que une a un goberno de dous e un relato común. Cada quen ten a súa propia lenda, mais o relato, na práctica de goberno, ten que ser común. Un relato popular, dirixido á xente, comprensíbel. O proceso da coalición ten sido bastante razoábel, mais nos últimos tempos ten habido unha deriva bipolar. Unha cousa é o bipartidismo e outra a esquizofrenia. Que ninguén se engane. En cada liorta, perden dous. Canto máis nimia sexa a causa da crise, máis danosa será, como ocorre cos púxiles que abrazados castigan os cadrís.
A sociedade é consciente de que este goberno se atopou con herdos diabólicos. A maldición da Cidade da Cultura e a chantaxe catastral da planta de gas en Mugardos. Só con coraxe, proxectos e relatos comúns pode saír airoso o bipartito. Mais hai outros erros de Escoita inexplicábeis. Non hai relato que sosteña o Plus dos 15.000 euros para altos cargos e funcionarios nunha sociedade onde para unha maioría onde esa cantidade equivale a todo un salario anual. Trátase de algo moralmente insostíbel. E algo que non é explicábel dende a ética, non pode ter tampouco un sentido práctico. En Galicia non só hai que cambiar o futuro, senón cambiar o pasado. Esa prebenda do Plus dos 15.000 fede a pasado. A corporativismo de Antigo Réxime. Hai unha saída que reforzaría a dimensión moral do cambio en Galicia. O anuncio público da anulación desa medida, máis propia dun réxime de faccións que de partidos que defenden os intereses xerais.
O bipartito vai durar, mais pode acabar como un principio ou como un final. Como un fracaso irreversíbel ou como rexo alicerce da redención galega. Pode facer fuxir á xente nova cara a unha estrondosa abstención ou pode reavivar a esperanza. O que é imprescindíbel é desenvolver o don da Escoita.


(Na nosa "Guía de Boa Lecturas" de hoxe é imprescindible esta cita de Manuel Rivas. Recomendo tamén a reportaxe de Daniel Salgado sobre os 30 anos do fin de TEIMA, coa opinión de moitos dos seus xornalistas daquela hora. Por certo, a conclusión que alí se deita, que Teima morreu polo radicalismo das súas posicións naquel contexto político tan difícil, é a mesma que fixera, xa en 1977, Carlos Casares nunha das súas entregas de "A ledicia de ler" na Voz).

46 comentarios:

Anónimo dijo...

Suliña vostede, amigo Valcárcel, o do sobresoldo; a mín gústame a crítica sobre a deriva bipolar. Unha cousa é o partidismo e outra a esquizofrenia. Eu teño que confesar, aínda que creo que xa o dixen nalgures, que o modelo de reparto (distribución, perdón) de poder non me gusta. O de dialogar, transaccionar, está ben, pero o de repartir, en compartimentos estancos, patipamín (cada un para si e a gol porteiro), non é o máis idóneo. Pero, esa foi a experiencia aquí en Vigo e como a alguén lle pareceu ben (polo que vin noutros posts a moitos) pois repiten. Pois non é o máis axeitado. E se están descontentos, moi fácil: aproveiten as eleccións xerais de primavera para convocar outras autonómicas. A medio camiño esto parece un pouco esgotado.

Anónimo dijo...

Tén razón,arume dos piñeiros.Esa maneira de proceder parece máis o reparto dún botín de guerra que unha asunción de responsabilidades de goberno.

Anónimo dijo...

Xa o dí o refrán galego.Vacas de dous,ben muxida e mal mantida...

Anónimo dijo...

O Santiago Lamas tén que reescribir o libro "Galicia Borosa" i engadir o capítulo "goberno borroso".
(Aproveito pra lembrar unha frase do libro:"Son os nacionalismos os que fan as naciós,e non ó revés...")

Anónimo dijo...

Subscribo palabra por palabra o escrito por Manuel Rivas en "El País". O peor de todo é que eu creo que o "relato común" existe (modernización económica, sociedade do benestar, democratización, transparencia, galeguismo)e corremos o risco de desaproveitalo enzarzándonos na discusión das notas a pé de páxina. Agardo que a desaparición de Antón Losada da Xunta axude á volta ao rego. Pero tampouco creo que estea aí a panacea. A relación entre PSdeG e BNG empezou a crisparse a raíz das eleccións municipais. Á volta de seis meses temos unhas eleccións xerais e quince meses despois unhas autonómicas decisivas. Parece lóxico prever que as tensións van seguir vivas ata que finalice a lexislatura. O que fai falta, xa que logo, é contención, prudencia e sensatez. Por parte de uns e outros. Pero sobre todo por parte dos que tenden a poñerse máis nerviosos por causa de desempeñar nesta historia un papel politicamente máis inseguro.

Anónimo dijo...

Máis "efecto volvoreta": Releeo o meu último escrito no post e detecto o erro "Galicia Borosa" ,que o asocio a "Galicia Clorosa" e agora a "Galicia Chorosa".E agora lembro que fai anos,un amigo madrileño me dixo que Rosalía lle fixera un dano irreparable ós galegos ó inculcarlles no corazón esa autoimaxe arquetípica de homes chorós e autocompadecidos que (según él)é a causa do seu atraso...E agora...

Xaime dijo...

Quizabes son un pesado, e está claro que non son do réxime, pero o Goberno de Progreso, conlevará a volta da dereita o poder a curto prazo.
Quen non se decate que o PSOE non ten proxecto de país o só de poder, está cego, e que direi do BNG, que aínda que me doa, seguen a pensar en Galicia como un laboratorio de probas, de consignas, de pancartas que o pais, a cidadanía, en fin todos nós,somos un suxeto da súa revclución, e o obxetivo e levar a vangarda o poder.
Poderìavos dicir que estamos sin AVE e sen completar as grandes infraestructuras que comunican o pais con Europa, por que no seu día non se fixo nada para pactar co PP de Aznar e Alvarez Cascos unhos presupostos, que agora se tragan por que son de esquerdas.
Blanco, de esquerdas, non me fagades rir.

Anónimo dijo...

Coincidiendo plenamente con el Sr Rivas, lo que más me ha sorprendido de esta entrada es que alguno de los intervinientes se haya descolgado con una intervención plana y standard más en línea de los panfletillos de los jefes de prensa de cualquier gabinete que con los análisis finos y lúcidos a los que nos tiene acostumbrados. Personalmente creo que la relación entre el BNG y el PSOE lleva crispada muchos (tal vez ya demasiados) años, bastante antes de la perdida de la mayoría absoluta por el PpdeG en el año 2005, y que los problemas en el gobierno bipartito de la Xunta de Galicia existen desde su propia configuración.

Ya desde el principio, el PSOE y sus negociadores del pacto de gobierno fueron incapaces de aprender del gobierno Maragall y de entender que lo realmente relevante era que el nuevo gobierno de Galicia tuviera un único presidente y que fuera el quien dirigiese/coordinase la acción de gobierno, siendo totalmente secundario el numero de Consellerías que le correspondieran a cada quien (y si lo vieron no fueron los suficientemente valientes para ponerlo como condición nuclear del pacto). Por su parte el BNG, además de confiar en exceso en que las fotos y la creación de noticias menores en los medios de comunicación llegarían para fortalecer la figura de Quintana, fue demasiado ingenuo al pensar que, una vez negociado “bien” el pacto de gobierno, el PSOE admitiría sin más que había perdido en ese proceso y que, asumiendo lo acordado (y por tanto la existencia de una clara bicefalia) cumpliría el reparto acordado desde la lealtad al mismo (resulta curioso que el BNG no se plantase con firmeza cuando se boicotearon, muchas veces de manera burda, fundamentalmente desde la Asesoría Jurídica y desde la Consellería de Economía, proyectos estratégicos en la acción de gobierno de la Vicepresidencia y de “sus” consellerías, o cuando surgieron creaciones tan esperpénticas como la Fundación para el Conocimiento, destinada a acaparar fondos y fotos en el ámbito de la I+D+I, y con ella la aparición en escena de gente como el Sr Riera; la esperpéntica rueda de prensa de Touriño y Eisenman en torno al “nuevo enfoque” de la Ciudad de la Cultura alejado del concepto de mausoleo o determinadas intervenciones de personas con altas responsabilidades en la COTOP o …).

Todo ello, además se ve incrementado por lo poco que ayuda la forma de ser, no entraremos en detalles y la dejaremos en difícil, del nuevo presidente de la Xunta de Galicia (de la que seguro podrían hablar muchas de las personas que entran en este blog) y la obsesión de ambos por los medios de comunicación: recordemos que el primer gran enfrentamiento a cielo abierto se produce, hace algo más de un año, a propósito de las adjudicaciones de las licencias de las TDT´s donde el Conselleiro responsable, por ordenes de superiores, hace trampa en la reunión de Secretarios y luego los conselleiros de BNG votan en contra en la reunión del Consello de la Xunta (episodio que hizo que se separaran la políticas de comunicación que se reflejó claramente en los contenidos informativos de la página web de la XG y en el envión de las previsiones por separado); poco después surgen problemas a partir de la “ayuda” recibida por El PAIS para poner en marcha su edición en Galicia con claras ventajas “partidarias” y continuas fricciones por la TVG (especialmente por los informativos) y la RG

No se como, llegados a este punto, puede extrañarle a alguien la inexistencia de espacios comunes; no podría ser de otro modo si tenemos en cuenta que, desde el principio, ambas organizaciones actuaron de forma que fuera imposible la existencia de los mismos y los dos confiaron en que serían más listos que el contrincante en esta partida (juego de tahúres...) estos espacios que ya parecen muy difíciles, serán si se confirman las dificultades en las cifras macro y micro económicas que se prevén para los próximos meses.

Para que no todo sean discrepancias, coincido en que las elecciones añaden ruido a esta relación y que el resultado de las generales marcará mucho que las relaciones en el gobierno bipartito sigan siendo solo malas y no pasen a ser muy malas. Pongámonos en el caso de que al previsible triunfo, en minoría, del PSOE se sume el hecho de que el BNG gane algún diputado y tenga grupo parlamentario propio, el BNG se entenderá directamente con el Sr Zapatero y Ferraz y la situación del PSdG y de su líder será muy muy precaria.

Como ya me he extendido demasiado, dejo para otro momento mi opinión sobre el cese del Sr Losada (por cierto me llama la atención que todas las referencias sean a su forma de ser como persona y a sus relaciones con los medios y no a otras de sus facetas desarrolladas e impulsada desde su responsabilidad... la visión del medio rosa se extiende...).

Anónimo dijo...

Critica o anónimo anterior no último parágrafo a visión do medio rosa que se extende polas análises políticas, mais cae nesa mesma tentación ao enxuiciar uns parágrafos máis arriba a "forma de ser", "difífil" de Toruiño.
Non sabía eu que o goberno galego (perdón, o sr Touriño) lle concedeu unha "ayuda" a "El Impaís" para poñer en marcha a súa edición en Galicia. Eu supoñía, esperaba, que todo iso das subvencións encubertas ía acabar con este novo goberno, pero xa ven os contertulios que hai cousas que non cambian. Por exemplo, o sectarismo de teletouriño.
Que existen dous gobernos, está máis que claro. Isto non sería tan negativo se non proliferasen os cargos de libre designación.

Anónimo dijo...

O caracter de Touriño pode ser mais ou menos confiado, mais ou menos "paranoico" mais ou menos difícil, pero o que lle imputaba onte Caetano Diaz (no Galicia-Hoxe) é, cando menos, preocupante...

AS CLOACAS DO PODER

CAETANO DÍAZ

Non aprender das leccións da Historia é un dos erros máis graves que pode cometer un gobernante. Emilio Pérez Touriño acaba de ceder, na cacería desatada contra Antón Losada, á tentación escandalosa de consentir a utilización do arsenal que se agocha baixo sete chaves nas irrespirables cloacas do poder. A filtración a ‘El País’ da transcripción dunha conversa do ex secretario xeral da Vicepresidencia con un profesional sen identificar de Televisión de Galicia moi ben podería rematar nun Watergate á galega, e non é esaxeración, ademais de envelenar definitivamente as atípicas relacións entre os socios do bipartito.

A cuestión fundamental neste novo e brutal desencontro non é se a conversa existiu, senón que esa conversa foi gravada desde un despacho dun medio de comunicación, público sen advertir a un dos interlocutores e, polo tanto, sen o seu consentimento. É dicir, os directivos da TVG cruzaron varias fronteiras e entraron con plena consciencia no escuro e pantanosa territorio da ilegalidade.

Se no plano xudicial hai moita tela que cortar -se Losada, o único que o pode facer, decide dar o paso-, no político a gravación ilegal pode ser unha auténtica bomba que esnaquice as xa debilitadísimas pontes entre socialistas e nacionalistas. As preguntas son inquietantes: cómo é posible que unha canle pública consinta este tipo de prácticas? cómo chega a cheirenta transcropción a poder do presidente da Xunta?, por que a pon Touriño enriba da mesa no tenso cumio desta semana, no seu despacho oficial en San Caetano?, quen autoriza a filtración dun material contaminado ética e xa veremos se tamén legalmente?

Talvez alguén se queira escudar en que Anxo Quintana esgrimiu nesa cita unha delirante carta de Benigno Sánchez, director xeral da Compañía, ó mesmísimo vicepresidente. Pódese discutir a oportunidade de facer uso deste tipo de ‘armas’, pero o escrito que hoxe reproduce GH ten data e hora de entrada no Rexistro da Vicepresidencia; é dicir, é un documento o ficial que nada ten que ver cunha gravación roubada con aleivosía.

Hai tempo que saltaron as alarmas no bipartito e alguén debería liderar o esforzo por recuperar o sentidiño. Traballan nos equipos de Touriño e de Quintana profesionais con sensatez e con experiencia para saír dunha crise cociñada nas cloacas do poder. É a hora de escoitar os homes tranquilos. É o minuto no que Fernando Salgado, líder do núcleo duro que asesora a Touriño en Monte Pío, ten que utilizar a súa man esquerda para desactivar esta espiral de despropósitos. Polo ben do Goberno. Polo ben de Galicia.

Anónimo dijo...

O que critiquei aquí de Touriño e da súa relación con "El País" e a TVG, tamén o digo de Quintana e a súa relación con "Galicia Hoxe". Acábome de enteirar por Chuza de que no xornal subvencionado "Galicia Hoxe" existe unha "Canle Vicepresidencia"

http://www.galicia-hoxe.com/indexCanales.php?idMenu=455

Insisto: isto é unha vergoña. Realmente, xa non confío nestes gobernantes. Dixeron que ían promover a transparencia informativa e evitar o desplifarro. Por min como se montan cen mil galescolas: perderon para min todo o creto que tiñan. Ou moito cambian as cousas ou os que lles demos o voto votaremos en branco nas próximas.

Anónimo dijo...

Xa empezo a estar un chisco precupado, porque coincido con monsieur Swann unha vez máis.

Pero eu, máis que votar en branco, estou a pensar seriamente en votar nulo, co detalle de incluír dentro do sobre, non unha papeleta en branco, senón un texto escrito e anónimo que relate sinteticamente as miñas queixas e decepcións, cada vez máis profundas.

Anónimo dijo...

A interesante reportaxe sobre Teima contaba unha anécdota sobre Beiras e Fraga que sería conveniente completar con máis datos. Se houber.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hai en Italia un fenómeno moi singular estes días: a convocatoria feita por Beppe Grillo, un cómico moi famoso, de rexeitamento da clase política. A chamada, baixo o nome de Vaffanculo Day (que obviamente todo o mundo entende), logrou encher a Piazza Maggiore di Bologna e noutras plazas conseguiu unha certa resposta. Pretende Grillo (acusado de populismo e de qualunquismo, que non sei traducir con rigor) levar adiante unha lei con estes supostos:
1 Non á presencia de condeados no Parlamento.
2. Imposibilidade de presentarse despois de dúas lexislaturas.
3. Elección directa de todos os candidatos.
Como pode verse, a fartura da xente vai en aumento. E pode resultar unha deriva perigosa.

O comentario de Michele Serra é moi interesante:
http://www.repubblica.it/2007/08/sezioni/cronaca/grillo-v-day/serra-commento/serra-commento.html

Anónimo dijo...

Máis falcatruadas. Agora de man da conselleira de cultura, que un amigo meu alcumou como "A Diva".
Cito de Chuza a noticia que sae na Voz:
"La Voz" informa da ampliación pola consellería de cultura do número de altos directivos da xestora da cidade da cultura. O sistema de contratación foi o mesmo que o empregado por Pérez Varela, e que foi censurado polo consello de contas. Son cinco postos directivos dixitais que custan case 300.000 euros anuais.
El bipartito amplió la gestora del Gaiás contratando fijos a cinco altos directivos

Anónimo dijo...

Escribe hoxe Suso de Toro un artigo sobre os que protestan polo depilfarro do monte Gaiás. Alcúmaos de "señoritos voraces". Engade ademais que "desde luego parece evidente que se pretende destruir la gobernabilidad."
Non-señorito e non-voraz, quen te viu e quen te ve.

Anónimo dijo...

Copio e colo este atinado e sensato artigo de Manolo Bragado publicado hoxe en "Faro de Vigo":

Recuperar o vieiro

MANUEL BRAGADO

Tras a crise aberta pola demisión do polémico Antón Losada, como secretario xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, ábrese para o Bipartito outra oportunidade de recuperar o vieiro da súa acción política rexeneradora. Tras a constitución dos novos gobernos locais, os numerosos trasacordos políticos e as polémicas mediáticas entre socialistas e nacionalistas danaron a posta en marcha dos proxectos da Xunta e desluciron moitas das súas iniciativas. Polémicas como as do perímetro da área metropolitana ou do prazo de aprobación do PXOM, no caso do sempre conflitivo concello de Vigo ou fracasos na constitución dalgúns gobernos locais de coalición (como sucede en Lugo, en Gondomar ou en Mos, onde, alén de intereses persoais, non se coñecen outros condicionantes programáticos obxectivos que impidan o peche dos pactos) son síntomas de que a "síndrome do receo" entre socialistas e nacionalistas volveuse patolóxica e non afecta só aos membros da Xunta, estendéndose como perigoso andazo paralizante entre os integrantes dos seus partidos. Se a isto engadimos erros de vulto cometidos polos coaligados, como o continuismo da política conservadora sobre Reganosa (a planta de gas no corazón da ría de Ferrol da que se sinte orgulloso Manuel Fraga, á que o actual Goberno Galego non intenta poñer remedio); a aprobación de privilexios económicos para os altos cargos funcionarios (ese sobre vitalicio do que falamos a pasada semana) ou a moi desafortunada elección do Valedor do Pobo (quen amosou con sinceridade asombrosa toda a restra de prexuízos e tópicos sobre o uso do galego), podemos entender as voces cidadás reclamando que o PSdeG-PSOE e o BNG recuperen os compromisos e o espírito de traballo compartido acordados no seu pacto de goberno (que eles quixeron tamén coa cidadanía).
Tras dezaseis anos de goberno conservador e prácticas clientelistas, os compromisos de rexeneración democrática e de mudanza da cultura política do Goberno Galego e da súa administración, asumidos como eixos do Bipartito, multiplicaron as esperanzas e as expectativas de milleiros de cidadáns de participar nun tempo político que se pretendía novo. Mais xa tras dous anos, é innegable que moitas daquelas esperanzas se esvaeron, algúns deses compromisos programáticos murcharon e outros aínda nin se encetaron. O máis incomprensible do caso é que os membros dos dous partidos -quizais debido a fráxil oposición que teñen no Parlamento e á consolidación do panorama político a tres bandas debuxado nas últimas municipais (que pouco lle chista ao PSdeG-PSOE)- semellan moito máis preocupados en desgastar ao seu coaligado ou en competir por saír máis e mellor ca el nos medios de comunicación ca en acometer as profundas reformas nas que se comprometeron.
Só así se pode explicar o desinterese de ambas as dúas gallas do Goberno de reformar o estatuto dos medios de comunicación públicos de xeito que garanta a autonomía e o carácter de servizo público da CRTVG e o nomeamento do seu director xeral por maioría cualificada no Parlamento (como xa fixo o Goberno de España). Reforma urxentísima para uns medios públicos (que sabemos funcionan hoxe por un mero reparto de influencias informativas entre os dous partidos) nos que até agora foi imposible chegar a consensuar un modelo de xestión baseado na profesionalización, o pluralismo e a independencia con respecto ao Executivo. Ou tamén pola continuidade da política dos gobernos conservadores con respecto aos medios impresos privados e a utilización da publicidade institucional con carácter abertamente partidista ou polo adiamento da reforma da Administración Autonómica e do seu funcionamento baixo os criterios de profesionalización, modernización e proximidade aos administrados (outro compromiso do pacto de goberno).
O Bipartito -a pesar de entrar no período preelectoral das Xerais no que cada un dos dous partidos ten dereito a singularizarse- precisa recuperar o vieiro rexenerador sinalado polo seu programa, onde, como sinalamos no caso da CRTVG ou da reforma da Administración, queda moito por camiñar. Porén, quizais, como sinalaba estes días atrás Manuel Rivas, a tarefa primeira sexa a de recuperar o seu relato, unha peza homoxénea e transformadora na que se poida identificar a maior parte da sociedade galega. Para reescribir esta obra colectiva e tratar de incorrer no menor número de grallas posible (erros hai en todos os textos) debe recuperar os seus útiles iniciais de escritura: o programa de goberno común, a transparencia e austeridade na xestión e a comunicación compartida e conxunta. Poderíase así recuperar de vez o tempo perdido estes meses explorando vieiros que só levan ao desencanto da cidadanía.
bretemas@gmail.com

Anónimo dijo...

Do Blog de Perfecto Conde:

O Losadagate non
para de medrar

O Losadagate non para de medrar. Á escandalosa demostración de como trataba de intervir e censurar Antón Losada os contidos informativos da TVG, dada a coñecer por El País o venres, súmase agora a carta que lle envíou Benigno Sánchez García, director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o 29 de agosto, para poñelo ao corrente "dunha situación que entorpece, ata límites dificilmente soportables, o traballo que veñen realizando os profesionais dos Servizos Informativos da Televisión de Galicia que afecta aos criterios de profesionalidade, pluralismo, equidade e independencia que deben presidir a actuación dos medios públicos de comunicación".
Esta carta, publicada hoxe polos xornais composteláns El Correo Gallego e Galicia Hoxe, considera "anómala a situación xerada, fundamentalmente, pola actitude do secretario xeral e de relacións institucionais desa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, D. Antonio Losada, que constantemente e con malas formas salpicadas de insultos, atribuíndose funcións que non lle competen, pretende decidir determinados contidos informativos dos telexornais, establecer cales son os temas que deben ser tratados e incluso en que orde de prioridade, presionando a diferentes profesionais desta casa".
Benigno Sánchez tamén lle fixo saber a Quintana que a situación agravouse "ao esixirlle Antonio Losada á Dirección de Informativos que se abstivese de cubrir informativamente os actos públicos programados pola Vicepresidencia da Xunta. De feito, o pasado lúns, día 27, os profesionais que acudiron a informar sobre un acto público convocado por ese departamento en Santiago de Compostela foron 'convidados' a abandonar o recinto por responsables de comunicación da Vicepresidencia. Como non o fixeron, dende a Vicepresidencia chegouse a insinuar que se recorrería ante os tribunais de xustiza por gravar e emitirmos imaxes do vicepresidente sen o seu consentimento".
Á vista desta carta, é evidente que Anxo Quintana era coñecedor da impresentábel política de censura que viña levando a cabo o seu segundo da Vicepresidencia. ¿Sabía tamén que Antón Losada, cando estourou a polémica do Himno Galego, chamou por teléfono a algún que outro secterario xeral da Xunta para ameazalo dicíndolle que "agora imos ir a pola túa conslleira"? Non resulta doado entender, polo tanto, que agora diga Quintana que nunca lles vai dicir aos xornalistas o que teñen que facer (ver declaración súa en EL País de hoxe). Se se refire ao futuro, pódeselle aceptar, pero non é de recibo que o diga en referencia ao pasado no preciso momento en que se está descobrindo o que parece un alarmante aparato de intervencionismo e censura política desenvolvido dende a secretaría xeral que ocupou o segundo do vicepresidente. Está ben que pida para Losada o mesmo respecto que puido haber nos anteriores ceses da Xunta, pero tampouco estaría mal que o pedira para os xornalistas que exercen nos medios públicos e que foron gravemente humillados polo túzaro desfenestrado. Polo que se ve, non acaba Quintana de entender como deberían ser as súas relacións cun mundo, o da comunicación, respecto ao que se mostra absolutamente dependente pero moi desconfiado e intranquilo. Quizais isto é unha vella rémora dos dirixentes nacionalistas galegos, sempre dados a cazar meigas aínda que só haxa volvoretas enriba das vasoiras.
Do que non hai dúbida é de que Alberto Núñez Feixóo e o PP que herdou de Fraga están refregando as mans de satisfacción. E hai que recoñecerlles aos dous, á persoa e á organización, que non están aproveitando a ocasión para facer leña doada da árvore machetada. Dificilmente lles podían tocar unha lotería mellor ca de ver como as dúas forzas políticas do Goberno foron capaces de encerellarse neste Losadagate que xa está pendindo que Befa e Mofa fagan sobre el unha Castañola 07, con permiso de Moncho Alpuente.


Losada debería irse a Bímini

Hai que dicilo dunha vez e claramente. O bochornoso espectáculo no que acaba de derivar o affaire Atón Losada é digno dun Watergate á galega, é dicir, constitúe un Losadagate, palabro que non cómpre traducilo por porta lousada senón mellor por osadía dos gatos ou algo así.
Logo de ler hoxe en El Pais o extracto das sucesivas chamadas telefónicas que fixo o agora ex secretario xeral da Vicepresidencia a profesionais e responsábeis da redacción da TVG, entre o 17 e o 19 de agosto pasados, o único que se lle ocorre a un é levar as mans á cabeza malia a que o xornal independente da mañá suprimíu, polo visto, as expresións malsoantes deste Hugo Chávez de licor café. ¿Pero en que cabeza andivemos os xornalistas durante estes dous anos en que, polo que agora se descobre, Quintana promoveu o túzaro capaz de dicirlle a alguén o que lles dixo Losada aos da telegaita? A quen lle poda parecer esaxerado o que estou dicindo aconséllolle ler de vagar a transcripción das palabras pronunciadas polo alto cargo que agardou a que pasaran catro días da entrada en vigor do aguinaldo quince veces milenario en euros para que se formalizara o seu cesamento-dimisión.
Un pensaba que xa estaba curado de espantos dende que se vivíu a tormentosa etapa de Goebbels-Pérez Varela e Strauss-Fraga, pero demóstrase unha vez máis que a realidade supera sempre a imaxinación e que a historia volve a repetirse cando non se lle presta a atención debida. De quen é capaz de dicirlle aos xornalistas dunha televisión pública, dende a poltrona que lle pagabamos os contribuíntes, que non estaban autorizados a utilizar a imaxe do vicepresidente da Xunta, sendo como é profesor de Dereito (Losada, non Quintana), só cómpre pensar que ou acababa de fartarse de licor café, bebida horripilante, por certo, e da que só fan alto consumo os plays-boys que levan o alcume desa brebaxe, ou é alguén que tén nos seus miolos a mesma imaxe do xornalismo e dos xornalistas que tiña o ex director do xornal fascista El Imparcial. Sendo isto moi grave de por si, éo aínda maís se no arguído, palabra que tomo do procedemento civil portugués, coinciden as circunstancias de ser algunha vez egrexio predicador de progresismo en tribunas cacarexantes da modernidade e alma mater do pretendido –e cada vez máis esquencido– cambio político galego. O aceno de censura e humillación co que quixo someter Antón Losada a un grupo de xornalistas da televisión pública só é propio dunha ditadura bananeira que non teña só perdido o norte senón tamén a propia brúxula.
Dito isto, tamén hai que considerar as cisrcunstancias nas que se produce o fenómeno, que non son unicamente as que corresponden a catro días despois da entrada en vigor do aguinaldo funcionarial. Pregunto, por exemplo, ¿sabía Quintana da existencia e do contido deste intervencionismo telefónico? ¿Coñecíao Touriño? Se a resposta fora que si, ¿por que non cesaron inmediatamente a autoridade deste Pérez Varela de esquerdas? E no tocante a TVG, ¿por que non denunciaron antes os xornalistas e responábeis da televisión pública o atropelo a que foron sometidos? E, antes mesmo, ¿por que grabaron o que lles dicía un compoñente do Goberno galego e gardaron a proba para sacala cando máis lles cumpríu? ¿Está habendo espionaxe entre as dúas patas do Goberno galego? Posto a preguntar tamén me gustaría saber se o xornal que agora fixo esta importante labor de hixiene política, dando a coñecer as conversacións de Losada coa TVG, agardou a que este caera en desgraza para darlle no lombo ou sucede simplemente que as publicou cando tivo coñecemento delas. Sabendo como sei da respectábel profesionalidade do xornalista que dirixe a edición galega de El País, Félix Monteira, e sen que aínda llo preguntara, atrévome a soster que só pode ser real a segunda hipótese.
Vaia, que se eu fora Antón Losada, procuraría atopar unha noiva no Caribe para desaparecer con ela varios meses. Recoméndolle a illa de Bimini. Só hai pescadores e algún contrabandista, e está a vinte minutos de vó de Miami. As praias son paradisíacas, a langosta está comestíbel e o meu amigo Luigi, que rexenta un dos mellores restaurantes, sabe de viños e ofrece conversación agradábel e intelixente. Podo recomendalo. Non tén maís ca chamarme.


Bye, bye, Antón Losada!

Seguimos coa rentrée política que anunciei hai unha semana. Antón Losada, secretario xeral da Vicepresidencia de Anxo Quinatana, foi en bora como din os portugueses. Algúns din que xa era tempo, e outros que nin fu nin fa. Tampouco falta o grupiño de amigos do afectado que, segundo os casos, aproveitan para facer mutis polo foro ou para seguiren botándolle fume aromático ao primeiro alto cargo que se vai da Xunta poucos días despois de entrar en vigor a Lei da Función Pública que legalizou o polémico aguinaldo dos 15.000 euros.
Un amigo meu que ás veces tén bos arranques de humor xa fixo o chiste. "Agora Quintana vai aparecer nas viñetas co bocadillo valeiro ou cheo de burbullas", díxome. ¿E iso por que? pregunteille. "Porque xa non tén quen lle escriba", respondeume. Se cadra é o mellor que lles pode pasar aos dous, a Losada e máis a Quintana, que a súa relación remate sendo interpretada só en clave humorística.
O primeiro alto cargo da Xunta bipartita que sae pola fenestra, por moito que se disfrace a súa saída de demisión voluntaria por asuntos persoais, deixa tras de si unha ampla estela de navegante político estrafalario que foi capaz de afrontar as maiores tempestades de paso que contribuía a que as ondas acadaran cada vez maior altura. Salvouse de milagre dalgúns enfrontamentos protagonizados por el entre os funcionarios da Xunta, Policía Autonómica incluída, e engrosou excepcionalmente o seu curriculum de agit-prop case ata o punto de rematar semellándose, no papel que desempeñou na Xunta, ao que protanonizou Xesús Pérez Varela a carón de Manuel Fraga. Loxicamente sen cidades da cultura incluídas, pero con listas de xornalistas e de medios partidarios e contrarios comprendidas.
Non será Losada o alto cargo que deixa na Xunta a memoria do profesor universitario estilo british que se mete a político. Polo contrario, as súas maneiras rozando decote a grosería e as súas manifestacións de prepotencia marcaron unha parte do desenvolvemento autonómico dos dous últimos anos. ¿Onde irá parar agora este alevín de tiburón? Segundo parece, na Administración non queda sitio para el polo momento. É de supoñer que regrese á súa praza de profesor de Política na USC ou mesmo que se encarame á posta en marcha dalgún dos proxectos de medios de comunicación privados nos que vén traballando o BNG dende hai tempo.
O seu substituto, Xavier Ferreira, tamén é profesor da USC. Neste caso, de Dereito Administrativo. Outra vez, a herencia de Fonseca como subministración de cargos públicos. Nisto accionan igual Touriño que Quintana. A falta dunha escola de alto estudos administrativos tipo París, aquí é a Universidade a que nos vén dotando de "pedegés". Logo saen adiante as leis que saen. A endogamia universitaria comenza a reproducirse fora do campus.

Anónimo dijo...

Boeno Marcos,veño de ler con atención o seu artigo na Rexión sobor de que hai que engrasar os engranaxes...Sen intención de facerlle a pelota,disfrutéi da mixtura café-cortado-artigo-marcos-valcárcel.E non son do PP,certo...

Anónimo dijo...

Verbo de "Teima" non deixa de ser significativa a censura exercida por Beiras para impedir a publicación dunha entrevista con Fraga.

E a Marcel Swann direille que entendeu mal o artigo de Suso de Toro. De quen fala non é dos opositores "comúns" ao proxecto de Gaiás, senón da campaña de La Voz de Galicia contra este, utilizando o asunto como xeito de atacar ao bipartito. É o inconveniente de vivir fóra do país, que un se entera a medias das cousas.

Anónimo dijo...

Non é un paradoxo que quén lle dá a puntilla a Losada é o Grupo Prisa co que mantivo sempre boas relaccións e incluso colaboracións ?.
Os camiños dos medios ,como os de Deus,son inescrutabeis!.

Anónimo dijo...

Observo como o Goberno que tiña que ter ilusionada a xente da cultura, se vai alonxando dos intelectuais. Agora esta certeira critica de Manolo Rivas agranda a distancia, a que eles mesmos contribuen pondo marcas distintivas de corpo ou clase, como os sobresoldos.

Anónimo dijo...

Máis que ilusionar, nestes "tempos mínimos" chegaría con non defraudar, o que xa non sería pouco.

Anónimo dijo...

A plataforma cidadá Cultura Si, Mausoleo Non acusou a Consellería de Cultura de "escurantismo" e "falta de transparencia" nas contratacións de persoal que asegura xa realizou a Fundación da Cidade da Cultura. Esta organización, que trasladou á Fiscalía as súas denuncias, critica a titular de Cultura e presidenta da citada Fundación, así como o seu antecesor no cargo, Xesús Pérez Varela, de non informar os sindicatos dos criterios empregados na selección do persoal, probas de acceso "se é que as houbo", salarios ou categorías do persoal contratado.

A plataforma considera que houbo "falta de criterios profesionais" e "enchufismo", razón que explica, ó seu xuízo, o "ocultamento" de información sobre a contratación dos traballadores da Fundación da Cidade da Cultura.

Tras recordar que eses postos de traballo se remuneran a partir de fondos públicos, esta asociación esíxelle, unha vez máis, á Consellería de Cultura a disolución da fundación. Critican que o modelo que pretende implantarse simboliza "a concepción elitista, vertical e mercantilista da cultura".

Nesta liña, manteñen que as instalacións do monte Gaiás se converterán en "panteón dunha cultura morta", afastada da "esencia social", "popular" e "participativa".

Anónimo dijo...

Verbo da censura de Beiras desde "Teima" non deixa de ser significativo o papel da lei Fraga na censura contra as publicacións nas que participou Beiras durante os anos da ditadura (Grial, Revista de Economía).
Recordemos tamén Fraga nunca se retractou do franquismo, nin antes nin despois del. Dúas pinceladas para recordar a súa actuación nos anos 1975-1977: "la calle es mía" e os sucesos de Montejurra. Resaltemeos tamén que o seu partido, en 1977, non era moi proclive nin unha constitución democrática nin aos estatutos de autonomía.
Este era o personaxe que nesa altura (como logo despois fixo) buscaba desesperadamente recoñecemento.
Pousa lembra que foi Beiras quen se opuxo, pero foi a redacción quen vetou a entrevista. Recordemos tamén os medios de comunicación cos que contaba Fraga e aqueles que igoraban ao PSG.
Faría ben o sr apicultor, tan dado ao revisionismo (son os tempos que corren, pero iso vende moito, e aí pode facer unha carreira) a facer unha crónica para todos nós, os lectores deste blog, da carreira xornalísitca e/ou política dalgúns dos membros daquela redacción.

Anónimo dijo...

Aclaro:
- Luís Álvarez Pousa foi un bo Director Xeral de Cultura na Xunta de Albor (o protexido de Fraga).
- Xavier Navaza (ese nachiño obsesionado con espirais e "us") tivo un cargo no gabinete de prensa e no gabinete técnico da Presidencia de Antonio Rosón, José Quiroga, aínda que logo recuncou con Albor.

Todo isto fala, e moito, a favor de Albor ou quen fora que os colocase aí.

Anónimo dijo...

Coido que aquí o verdadeiro "revisionista" (ou mellor dito: "negacionista" dos feitos) é vostede, mister Swann.

Pois non é certo que fose o "consello de redacción" quen vetase a entrevista, e non podía selo porque foron varios destes os que encantados, como bos xornalistas, lle fixeron a entrevista a Fraga.
Quen a vetou foi o "consello de administración", que é onde estaba Beiras. Son dúas cousas distintas, non cre?

Lea, logo, con máis atención o artigo e non mal interprete o seu contido, que así non vai facer carreira, mister Swann:

"O consello de administración vetou a publicación da conversa con Fraga. Pousa lembra que foi Xosé Manuel Beiras quen se opuxo..."

Anónimo dijo...

Graciñas pola aclaración, e entono o mea culpa. Pero recórdolle que esa decisión a tomou todo consello de administación.
(Por certo: chapeau para a meirande parte dos xornalistas de Teima)

Pero insito en que vostede aproveita calquera momento para focalizar as críticas sobre aspectos minúsculos do nacionalismo e deixar amplas zonas de sombra sobre temas que non lle interesan ou importan tanto. É a súa una "sa" desacralización das ideas e dos persoeiros do nacionalismo a que fai desde este foro. Por ex, os seus comentarios noutro fío sobre dous galeguistas que ían de putas. E por que non fai o mesmo sobre os socialistas galegos daqueles tempos? Ou é que non ían de putas? (Por certo, quen se acorda deses socialistas?).
E o mesmo podemos dicir sobre galeguistas que, pola razón que sexa, non son santo da sua devoción. Que se un deles falaba castelán na intimidade e era un engreído; doutro, que se era comunista e non galeguista; e o mesmo poderiamos dicir dalgúns comentarios seus sobre Castelao.
Insisto: redacte vostede, estilo Ricardo de la Cierva e en ámbito galego, unha historia heterodoxa na que desacralice as vacas sagradas todas que queira. Unha grande obra, en tapas duras, como debe de ser.

Anónimo dijo...

Ai, mi madriña, que perdidiño me anda vostede!

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, volvendo ó rego e despois do cotián "duelo dialéctico" entre Apicultor e M. Swan, dúas cousiñas:
(1) A min non me parece nada rara a censura do Cons. de Admón. de Teima a entrevistar a M. Fraga. Supoño que foi Beiras o protagonista, pero quizais puido ser outro calquera: dende logo sería pura pólvora coa imaxe que tiña Fraga no 77 e a liña da revista, con entrevistas a Ferrín e Carlos Velo, e no medio Fraga??

(2) Da xogada posibilista de Luís Álvarez Pousa con Albor creo que xa falamos aquí noutra ocasión. Creo lembrar que contou co apoio de boa parte da cultura galega e dende logo fixo cousas importantes, cando menos no cine e no audiovisual, que era o campo no que eu me movía entón (e no que colaborei no que puiden, p.ex., na magnífica revista da D.Xeral de Cultura, "Entregas de Comunicación Cultural". O maior fiasco de Pousa quizais foi aquel fallido premio a Ferrín, que este se negou a recibir para deslexitimar a Xunta e a autonomía.

Anónimo dijo...

E que eu si que lle non teño que facer carreira coma vostede ... coma vostede me aconsella facer dous comentarios máis arriba, sr apicultor. E-i-s a diferencia.

Anónimo dijo...

A súa metodoloxía da sospeita e da desconfianza sempre á procura de escuras e espúreas intencións, monsieur Swann, tan típica do galego do rural segundo o estereotipo, lévao de cotío a errar tanto no tiro como no tino.

Esta é, evidentemente, unha desas ocasións. E haberá máis, diso non teño dúbidas.

Anónimo dijo...

Vostede está, evidentemente, vacinado contra ese defeuto, o que lle posibilita deixalas caer, como quen non quere a cousa, desde as alturas intelectuais que lle dá falar desde a cátedra.

Un petimetre coma min, ademais tan novo, pois xa se sabe...

Pois aínda que só sexa para contrarrestar algunhas das súas afirmacións fago falla aquí. E aquí seguirei, se o traballo mo permite e o moderador non o toma a mal.

Anónimo dijo...

Eu só falo desde a pantalla, monsieur Swann, non desde ningunha cátedra. E menos aínda desde ningunha atalaia, pois teño innata aversión ás alturas. Ás probas me remito.

Recoméndolle que non se flaxele innecesariamente, que a vostede ninguén o considerou aquí un petimetre nin cousa polo estilo. Esas son figuracións súas que non obedecen á realidade, pódollo asegurar.

E, polo que a min respecta, pode contrarrestrar aquí todas as afirmacións que vostede queira, sexan miñas ou doutros. Coa salvedade de que permita que tamén os demais poidan, se é mester, facer o mesmo.

Que para iso está o blog e aí reside un dos seus engados.

Boa noite, que aquí xa o é, e en Barcelona debe haber arredor dunha hora que tamén debe selo.

Inexorablemente camiñamos cara o outono...

Anónimo dijo...

Esta polémica sóame repetida. Monxardín entenderá tamén o que quero dicir. Refírome a iso de "só se pode dicir algo malo dun nacionalista se ao mesmo tempo se di algo malo dun que non é nacionalista". Francamente, señor Swann, dáme a impresión de que vostede lle dá a este blog, dende un punto de vista político-comunicacional, máis importancia da que ten, con permiso do señor Valcárcel. Isto é unha tertulia libre, non un tribunal histórico. Non se lle pode reprochar a ninguén que non diga o que non quere dicir, ou o que non lle parece pertinente, ou o que non forma parte das súas preocupacións, ou o que non sabe. Eu, cando fala vostede mal de Piñeiro, dígolle que non é así, ou que está desinformado, ou mesmo lle mando unha andanada. Pero o que non lle esixo é que conte, ao mesmo tempo, as desfeitas que facían Ferrín ou Paco Rodríguez. Diso xa me ocupo eu. Así que se vostede coñece socialistas que daquela foran de putas, pois dígao e xa está, que tampouco pasa nada. Pero non faga depender a lexitimidade do que diga o Apicultor de que este opte pola paridade putañeira entre nacionatas e sociatas. Digo eu, e rógolle que non mo tome a mal. E, por certo, o Apicultor ten xa a carreira feita e rematada. E nin se postula nin ten necesidade de facelo. Unha aperta aos dous.

Anónimo dijo...

Desculpe, sr leituga 1, pero se o sr apicultor cree que pode deixar aquí algúns dos os seus "inocentes" comentarios nun sentido anti-nacionalista sen ter unha resposta, terei que saír eu a dar. Sobre todo para que non dea a impresión de que a súa é a Santa Verdade, el que sempre pide dos comentaristas políticos un mínimo de rigor e obxectividade.

Anónimo dijo...

Por min non se prive, monsieur Swann. Se quere facer un obxectivo da súa vida virtual a denuncia e a persecución das herexías e dos que se desvíen da correcta doutrina, por min, xa digo, non hai problema. Anatemice e condee ao inferno sen piedade. Xa sabe que Satanás anda entre nós, e iso non se pode tolerar.

Anónimo dijo...

Señor Swann: eu non lle digo que deixe sen as súas atinadas e xusticeiras respostas ao españoleiro este do Apicultor. O que digo é que non debería esixirlle que fale do que a vostede lle prestaría que falase. En todo caso, se non lle convence que Apicultor se dedique a poñer de relevo en forma crítica ou xocosa "aspectos minúsculos do nacionalismo", eu permítome convidalo a que sexa vostede quen loe razonadamente os aspectos maiúsculos dese mesmo movemento.

Anónimo dijo...

Se el é feliz así, quen somos nós para chafarlle o desfrute!

Anónimo dijo...

Eu non lle pido que fale do que a min me gustaría que falase, e tampouco teño a intención de cantar as fazañas de ninguén (ou non entendeu ou, peor, non quixo entender). Que badúe todo o que queira; simplemente digo que dialecticamente terá unha resposta axeitada.

Anónimo dijo...

Faga un esforzo, señor Marcel, e intente non facer máis o ridículo con esa pose xusticiera en plan guerreiro do antifaz que teñen unha parte das súas intervencións. De corazón llelo digo.

Anónimo dijo...

Creo que aquí o único guerreiro do antifaz é vostede, anónimo.

Anónimo dijo...

Vale, veña, que faga o que queira.

Anónimo dijo...

Ninguén (incluído o anónimo apicultor) me ten que dicir o que teño que facer.

Anónimo dijo...

Aplíquese, logo, o conto: "non lle digas aos demais o que teñen que facer se non queres que che digan o que tes que facer".

Ah, e eu son tan anónimo coma vostede, a non ser que se crea que no seu DNI pon Marcel Swann.

Ala, veña, deixímonos de tonterías, que estamos aborrecendo ao persoal.

Anónimo dijo...

Pois a ver se é verdade.