8 sept. 2007


Párame un amigo na rúa
Pan por pan sábado 8 set.

Párame un amigo na rúa a propósito do PAN de onte, no que falaba da aerofobia e daquela película co monstro a estragar os motores dun avión en voo. Titulábase “Nos límites da realidade” e estaba inspirada nunha serie fantástica de TV dos anos 60 nos Estados Unidos, “The twilight zone”. Spielberg, un dos admiradores de mozo da serie, foi productor da película e codirector con John Landis, Joe Dante e George Miller. Este último dirixiu o mellor episodio, o do viaxeiro con aerofobia, para esmendrellarse de risa. Leo na rede a historia interna da rodaxe da película e xa non ten tanta graza: na rodaxe do primeiro episodio, dirixido por John Landis, este infrinxiu a lei para rodar unha escena cuns nenos escapando dun helicóptero entre explosións. Houbo un accidente e morreron decapitados un actor e dous nenos. O equipo de rodaxe, xulgado por homicidio accidental , foi absolto.

19 comentarios:

Xoan da Coba dijo...

Lástima que en vez de ser unha película non fora unha obra de teatro.Pasaría a engrosar o catálogo de "obras malditas",que cada vez que se representan acontece algunha desgracia.A xente do teatro sabe bén cales son...

Xoan da Coba dijo...

Procurando en google algo que garde relación có que veño de escribir,atopo algo interesante:

Xoan da Coba dijo...

a ver

Xoan da Coba dijo...

Non séi que pasa .E esto:

http://buscadoresdelaverdadteatro.blog.com/2024682/

Xoan da Coba dijo...

Qué desastre.Polo que se ve,hai tamén post malditos...

marcel swann dijo...

Onte vin un filme que me puxo os pelos de punta. Rodouse naquela época de cine de catástrofes tan en boga nos anos 70. É "La invasión de los ladrones de cuerpos". Xa se fixera unha versión nos anos 50, dirixida por Don Siegel. Se non lles soa o título, pensen nunha película sobre "vainas" e repolos dos que saen copias de seres humanos.
(Estes días creo que hai unha terceira versión nos cines, con Carol Kidman, pero parece que está tendo malas críticas)
É curioso como estas películas responden a unha serie de medos contemporáneos. A de 1956, a paranoia da invasión comunista. A de 1978, a descofianza dos profresitas fronte aos conservadores que queren acabar co estado intervencionista.

marcel swann dijo...

Que azul está quedando todo? Non será unha conspiración juancarlista agora que falei de películas de video...?

marcos valcarcel dijo...

M.Swan, está vostede falando dun dos grandes clásicos do cine fantástico, A INVASIÓN DOS LADRÓNS DE CORPOS, de D. Siegel. Efectivamente en clave anticomunista como a maioría do cine norteamericano dos 50 e os inicios da guerra fría.

marcel swann dijo...

Pois esta de 1978 (director Philip Kaufman) non lle ten nada que envexar ao filme orixinal. Para empezar, é en certa medida unha historia distinta, cun final que... é o final que quería Siegel en 1956.
Destacan no reparto Donald Sutherland e Leonard Nimoy (o Mr Spock de Star Trek!). Moito medo e moito para que a cabeza barrene días e días...

Xoan da Coba dijo...

A mín a que me quitóu noites de sono foi "planeta sangrento"...
Ahí vai o trailer:

planeta sangrento

marcel swann dijo...

Xa vin o tráiler de "Planeta sanguento". Parece unnha película serie Z, con moita señora turxente, imaxes de arquivo, e efectos especiais do máis perralleiro. E pensar que nesas datas estaba Kubrik a rodar "2001 Unha Odisea do Espazo"?

marcel swann dijo...

Unha marciana vampira devora homes! Desde logo, que cousas ve vostede nas súas horas de lecer, señor xoan...

apicultor dijo...

Deliciosa esa Raíña do Sangue, amigo Xan da Cova. Ten vostede un gusto "retro-pop" que eu comparto.

Claro que "A invasión dos ladróns de corpos", a de Siegel, é insuperable.

Xoan da Coba dijo...

Vexan de novo o trailer de "planeta sanguento" e,cando se lle encenden os ollos � "vampira",d�nlle � stop e analicen eses ollos.A m�n par�ceme unha superposici�n dos ollos sen p�rpados dunha serpente...que � algo � que tememos de maneira innata.

marcos valcarcel dijo...

Dende logo teñen o seu engado estas películas de serie B a Z. Cantas verían, estudiarían (e plaxiarían logo, os creadores de cousas como "Alien" ou a serie aquela de "V" das mulleres lagarto e comeratas?

Xoan da Coba dijo...

A mín,Odisea 2001,con todo o boa que é decepcionóume por que xa lera o libro de Arthur Clarke,que me impactóu moitísimo,sobor de todo o derradeiro capítulo...

Xoan da Coba dijo...

Na industra editorial tamén estaban de moda daquela os Fulcanelli,os Erik von Däniken,os Pawles-Bergier,etc...moito extraterrestre e moita civilización superior extimguida.E algún pelma incombustible e infumable có seu "Cabalo de Troya MCLLI"...

marcos valcarcel dijo...

2001. Odisea no espazo, gustounos a moitos, aínda que eu non lin a novela de Clarke: entendo que paga a pena, polo seu comentario. Lembro que Luís Álvarez Pousa publicara un breve e interesante ensaio en LVG sobre este film (debo telo gardado).
Dos Von Daniken e demáis, eu tiven un compañeiro na mili (no campamento) obsesionado con estes temas: entereime entón de todo o submundo que se move arredor, revistas, libros, etc. E supoño que isto, aínda que esteamos á marxe, segue existindo: de aí o éxito de programas como o Milenio ese e outros. A xente quere crer en algo: o que sexa, como sexa...Á marxe da razón.

Xoan da Coba dijo...

Boeno,temos en Ourense unha autoridade mundial neses temas:Salvador Freixedo.Haberá que consideralo prá lista do outro post.