3 sept 2007

Portuñol, de Luís González Tosar
("Extramuros", El Correo Gallego, 21 agosto 07)

Despois do xantar, tomo o café na taberna da Isaura, na Pedriña, a 50 metros da miña casa de Guimarás - O Irixo. Sempre os mesmos siareiros, agora aumentados cos traballadores das obras do ferrocarril de alta velocidade. Reparo nun deles, portugués norteño, trasmontano de Sao Martinho de Anta, orgulloso veciño e admirador de Miguel Torga, aínda que nunca leu nada del. É un rapaz de vinte poucos anos que en nada se distingue dos outros operarios, todos galegos. O chocante está na fala; o portugués non apea, por nada do mundo, o seu español chapurreado. Non se trata dun caso raro, a grande maioría dos nosos veciños cando se lles fala en galego contestan no seu peculiar castelhano.
Non nos enganemos. As voces ibéricas, encabezadas polo Nóbel Saramago, que hoxe reivindican a unión ibérica, ignoran intencionadamente a Galicia. Desprézannos, agás excepcións, porque para eles, fascinados pola España progre e moderna, representamos os avós pobres, aldeáns, cheos de miseria, falantes dun portugués arcaico que eles nunca quixeron nin queren entender. O galego segue a ser o espectro do aguador-aguadeiro brután e analfabeto. O guay, o espantoso -marabilloso- é o Corte Inglés, as grandes superficies e o bacallau a bo prezo. Todo moi uniforme, todo moi español. Pautas de comportamento cultural tan arraizadas, resultan de difícil mudanza. Recentemente, 150 estudantes de Valladolid, Zamora, Salamanca, Coímbra e Lisboa, realizaron unha experiencia de integración. O programa dos ruteros ibéricos resultou ben, agás na lingua. Os españois falaron decote no seu, os portugueses adaptáronse en portuñol. Nada disto ten interese para os meus amigos reintegracionistas que levitan ao pisaren terra lusa. Pretenden que os tomen por falantes de portugués, mais, pobretes, sempre son descubertos por un cheirinho español. As sibilantes non perdoan.

20 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Recupero este artigo de Luís González Tosar, publicado en agosto, por varias razóns: polo interese do tema, pola mención a Torga e porque LGT contounos onte esta historia con detalle en Celanova. Por certo, o artigo xenerou unha certa polémica, por parte de internautas portugueses, na web de ECG: vexan a data do 21 de agosto.

Anónimo dijo...

A miña experiencia particular é que ós portugueses non lles gusta nada que lles fales en galego.Valoran que trates de falar portugués,pero sinon,prefiren que lles fales directamente en castelán.Na zoa do sur,onde moitos nin coñecen a existencia do galego,dícenche se falas galego:Falas un español moi raro.

Anónimo dijo...

Eu non discutirei as experiencias dos demais nin a súa expresión; son deles. Direi, iso si, que sen negar sentimentos de inferioridade, descoñecemento da nosa orixe común -xunto con outras comunidades- nin afán de lucir o español máis ou menos fraco que se posúe (igual ca, por certo, as tres ou catro palabras que un dá articulado en francés ou inglés) estes comentarios sobre Portugal e portugueses adoitan traerme bastante gusto de tópico.

Parece existir unha certa tendencia a considerar como algo natural (ou tendencia histórica inapelable) a forza centrípeta de "España" e o idioma castelán; visto doutra maneira, a sensación e sentimento de que todo está perdido. Xaora, tamén hai que dicilo, tan complexo sensible e sentimental adoita encontrar ateadores entre quen quere simplificar o mercado -en propio beneficio, nin que dicilo hai- e os que nunca perdoarán Aljubarrota, esa anomalía.

Nin debería dicilo: non vai por vdes., estimados contertulios, nin polo articulista; déixenme, con todo, falar doutra maneira. Citarei aquel rapaz, no ano 2002, que no vestiario do Cámping da Guarda lle preguntou á miña muller de onde eramos, sen dúbida pola fala, e o escoitar "galegos" seica dixo "eses cáenme ben"; o do guindastre que sacou o meu coche dun areeiro -noutro cámping, en Mira, distrito de Coimbra-: "Os galegos falam quase português; o senhor, quase português portugués" (moito llo agradecín); que no meu cámping (o de Praia América) case todos os portugueses -grande cantidade, moitos siareiros fixos- falan a súa lingua connosco, aínda cos que non cortan moito ou ningún galego; como Mísia, xa hai ben anos, cantara aquí polo San Froilán logo de longa xira peninsular, e empezou "É para mim un descanso poder falar a minha língua" (é ben aclarar que ela é filla de española, asturiana seica, e o seu castelán totalmente fluído); como Jorge Sampaio, que tamén fala español, déralle unha entrevista á TVG en galego; como Saramago dera un artigo para a revista de Nunca Máis e comezaba (non será literal) "Como portugués, tamén son galego".

A que tamén os señores as teñen destas? Non notaron mudanza ningunha de vinte anos para aquí? Cómpre seguir perpetuamente a bater naquela bigorna? Comigo non conten, e motivos teño, porque os vexo; por certo, e para nada é cambiar de tema, a segunda semana de agosto paseina en Lisboa.

Anónimo dijo...

Espero ser capaz de escribir con certo decoro de aquí en diante; fago, por outra banda, propósito de corrixir antes de publicar comentarios, e espero cumprilo. En fin, aparte das moi diversas grallas que contén o anterior, aclaro que na entrevista do TVG o presidente Sampaio -que aludira ás relacións históricas entre os nosos países- lle contestara en portugués ao entrevistador que lle falaba, ese si, en galego.

Anónimo dijo...

Vóulles propoñer un exercicio ós que (pensen que) non entenden bén o portugués: Graben calquer programa da radio portuguesa,preferiblemente "do corazón" pra que non conteña vocabulario técnico, nunha desas gravadoras nas que se pode regular a velocidade de arrastre.Reproduzan despóis à unha velocidade un pouquiño máis lenta.O resultado é asombroso.Calquer galego enténdeo á primeira,mesmo sen hábito de escoitar portugués.Se son de aldea,recoñecerán moitas expresiós daquelas que só se lle oían ós máis vellos,sempre analfabetos...Todo parece vir de moi adentro,do bulbo raquídeo do cerebro.Moitas verbas nunca oídas enténdese igual.O significado é calculado polo subconscente en base a complexas regularidades detectadas nunha zona remota da mente.

E ahora unha pergunta,aproveitando que esto está cheo de expertos:
Cando se pregunta en galego de aldea,moitas veces anteponse a verba "il" ,de maneira parecida ó "Est-ce que...?" do francés:

¿Il fúches á feira?
¿Il viches a fulano?

Véume a cabeza esto cando atopéi esta mesma partícula cun senso similar ¡no rumano!

Anónimo dijo...

A pregunta,feita por quén non estudóu galego (cousas do tempo que tén un):¿cómo ve o uso desa partícula o galego normativo?

Anónimo dijo...

Concordo con xosé m. gonzález.
Interesantes os comentario de xoan da coba. Se alguén ten interés en saber como era o galego no século XV-XVI, recoméndolle escoitar a estes galegos (?), portugueses (?) que vaian a este enderezo:
http://www.instituto-camoes.pt/cvc/hlp/geografia/mapa06.html

e logo cliquen en "Castro Laboreiro", "Outeiro" ou "Perafita"

Anónimo dijo...

I eu recoméndolle a todo aquel que non coñeza Castro Leboreiro,localidade portuguesa fronteriza co Concello ourensán de Entrimo (vaian por A Illa),que a visiten en canto pódian.E maravilloso.Por certo,dalle nome a unha raza de cás originaria de alá...

Isabela Figueiredo dijo...

Meus caros amigos,

há portugueses e portugueses. É natural que os portugueses de classe mais baixa sintam fascínio pelo castelhano, como sentem por uma televisão com écran lcd ou um Mercedes, embora, em casa, não tenham sequer uma casa de banho em condições. É assim em todo o lado. É verdade que as pessoas menos cultas´e mais novas também não percebam esse "espanhol esquisito" que chamam ao galego. A cultura e a língua castelhana são alvo de grande marqueting pela parte das instituições espanholas. E o castelhano é hoje uma lingua da moda, em ascensão pelo mundo inteiro.
Pela minha parte, que sou portuguesa do Sul, quase moura (vivo em Al Mada), o galego é a língua mais bela da península ibérica. Não exagero. É o que sinto. A que eu mais amo, para além da minha, que não soa tão bem como o galeguinho, mas que tem para mim um valor afectivo e identitário insubstituível.
No outro dia, um amigo meu que vive em Madrid disse qualquer coisa como "Já tenho o bandulho cheio". Os outros riram-se, porque bandulho, hoje, em português, associa-se aos animais, não aos humanos. Eu, que sempre ouvi a minha mãe, que veio do campo, dizer bandulho, e que sei exactamente o que isso significa, fiquei emocionada. O galego manteve uma autenticidade lexical que me comove, porque o reconheço nos falantes mais velhos da língua portuguesa, e, sobretudo, daqueles que vieram das zonas rurais, pobres, que trabalharam a terra e mungiram as vacas.
Tenho a ideia que os portugueses percebem perfeitamente o galego, como o castelhano ou o catalão, à excepção de uma ou outra palavra. Não tenho nada a impressão que os portugueses queiram que se lhes fale português. Os portugueses gostam de falar portunhol. Dá-lhes graça dizerem umas bacoradas em português com ritmo castelhano, até porque, para nós, o castelhano é isso: português com um ritmo diferente. Eu, em Madrid, onde tenho esse amigo galego, falo português, como na Galiza. Sinceramente, deixem que vos diga que alguns galegos detestam que se lhes fale português, e alegam nada perceber. Parece que têm vergonha da sua língua - e nesse aspecto não são melhores que os portugueses das obras que para aí vão falar portunhol. Claro que quando não me entendem em português, embora fale devagarinho, volto-me para o portunhol. E regalo-me, claro. Que português não gosta de uma boa portunholada?! Claro que a gente não se lembra de falar uma portunhogalegada porque o galego está tão próximo, tão próximo, que a gente nem sabe como.
Quando vou às regiões do Norte (Minho, Trás-os-Montes)e falo com os locais, muitas vezes nem sei que fala é aquela. É galaico-português?! Estou em crer que sim. E claro, na TV Galícia, que recebo via cabo, e que adoro ver, gosto muito de ouvir as pessoas falarem. Percebo que há diversas variantes do galego. Mas há uma, normalmente falada pelas pessoas mais velhas (há um programa muito engraçado em que o apresentador tenta arranjar casamentos para os velhotes!)que é português quase purinho, Deus me valha. E eu gosto disso, claro.
Eu sinto-me muito irmanada com os galegos. Mas devo dizer que também não tenho razões de queixa dos castelhanos. Sinto-me sempre bem tratada. Da Espanha, seja qual for a região cultural e linguística, vem-me sempre bom vento e bom casamento.
Beijos a todos.

torredebabel dijo...

A relación entre esas dúas linguas tamén existe, naturalmente, nesta beira con dúas particularidade: a primeira, trátase do portugués de Brasil que fica algo máis próximo ao castelán. A segunda, ainda sendo Brasil un país moito máis grande e poderoso ca Arxentina (de feito é o 5to. país do mundo en poboación), as relacións linguísticas non son tan desequilibradas. Así como as escolas arxentina levan anos contando entre as súas asignaturas a da lingua portuguesa, o mesmo pasa alá co castelán. Moitas veces (penso que a meirande parte das veces) tamén os turistas (os que van e os que chegan) fan o esforzo de falar a lingua allea. E tamén, claro, existe todo o lado de enemistade, de competencia e de loita que todos os irmáns teñen (tamén os países irmans). Apertas

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Mentres non pensemos que parolamos en latím, vamos ou imos mal, ou male, ou eu que sé.

Anónimo dijo...

Isabela: foi un grande placer ler o seu escrito...
A mín acontecéume de se ríren de mín en Portugal por decir "pelo" (que en Portugal é o dos animáis) por "cabelo".
Outra vez fun cunha amiga a Portugal e nunha tenda ("loja"),gustáballe moito todo e decía "mira qué mono esto" ,"mira qué mono aquello".Como via a cara que puña a muller da tenda,díxenlle: non se enfade,en español coloquial,"mono" significa "bonito".Puxo cara estrana,e dixo: obrigada por avisarme,xa estaba pensando en cambear toda a mercancía...

Anónimo dijo...

¿Quén falóu de enemistade? ¿Non víuo que pasóu no festival de Eurovisión do baile? España déulle 12 puntos a Portugal,e viceversa.¿Qué mellor proba de que a vella enemistade rematóu?

Marcos Valcárcel López dijo...

Da interesante achega de ISABELA destaco isto:
"No outro dia, um amigo meu que vive em Madrid disse qualquer coisa como "Já tenho o bandulho cheio". Os outros riram-se, porque bandulho, hoje, em português, associa-se aos animais, não aos humanos. Eu, que sempre ouvi a minha mãe, que veio do campo, dizer bandulho, e que sei exactamente o que isso significa, fiquei emocionada. O galego manteve uma autenticidade lexical que me comove, porque o reconheço nos falantes mais velhos da língua portuguesa, e, sobretudo, daqueles que vieram das zonas rurais, pobres, que trabalharam a terra e mungiram as vacas."
De feito, téñolle escoitado o mesmo comentario a algún escritor galego e non é raro que algún corrector interprete como lusismos palabras galegas de sempre, sobre todo no contexto que aquí se cita.

Marcos Valcárcel López dijo...

Benvida, Torre de Babel: sinto que non puidesemos coincidir na túa visita a Galicia deste verán. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Na aldea chamábase bandullo ó dos animáis.Tamén ó dos humáns,pero cando se lle quería dar un matiz despectivo por un motivo ou outro,por ex: "ése sólo pensa en encher o bandullo".
Tamén lembro que lle chamaban "madre" á matriz (útero).E a certa enfermedad das vacas "mal de Madrid",que seguramente confundían coas verbas do veterinario "mal de matriz"...

Anónimo dijo...

Aproveito este post tan sensato para un pequeno agasallo: Sognami, de Biagio Antonacci.

Anónimo dijo...

Moi fermosa a intervención de Isabela. Dáme o corpo que ha de ser escritora. E das boas.
A min tamén me ten pasado algo do que por aquí contan: unha moza miña de hai tempo entrou nun comercio en Caminha e preguntou se tiñan "pilas", que necesitabamos para un radio-casete. A cara do da "loja" era todo un poema cómico.

Anónimo dijo...

Obrigado, Isabela, pola túa mensaxe. Canto máis nos coñezamos galegos e portugueses, máis nos daremos conta de que temos moitas cousas en común. En Portugal NUNCA me sentín estranxeiro (doutros lugares da "Espanha" non podo dicir o mesmo). E esta percepción é compartida por moitas persoas.
O galego é unha lingua en construción, coma esas estradas que aínda estarán "en obras" por algún tempo. O galego que ti lle escoitaches aos paisáns na televisión é o galego menos mesturado: ten por debaixo a morfosintaxe, a "pragmática" e boa parte do léxico común co portugués. Na fonética, ese galego parécese moito ao minhoto. Só lle falta facer algúns axustes, sobre todo no léxico, para depurala doutra lingua coa que tivo que convivir durante séculos, o español.

Anónimo dijo...

Eu de pequeno si me sentía estranxeiro en Portugal. E ademais encantábame, por aquilo de "estar no estranxeiro". Hoxe, e talvez sexa unha perda, estranxeiro non me sinto en case ningún sitio onde deixasen a súa pegada os romanos.