29 sept 2007


Sánchez Dragó e Ana Botella
Andoliña sábado 29 setembro.
Imaxe: O neno de Vallecas, de Velázquez.


Desaparecidos Cela e Umbral, queda Dragó coroando o Olimpo de curiosos personaxes literarios. E Sánchez Dragó, que acadou a popularidade con Gárgoris y Habidis, una historia mágica de España, libro que tanto lle debía ó noso Vicente Risco, volve ser noticia coa chegada a Youtube dun vídeo onde entrevista a Ana Botella en Telemadrid. Antes de empezar a gravación formal, Dragó recoñece que non escribiu o seu último libro: "Es un libro que me han preparado. Una entrevista imaginaria de un colaborador mío. Y entonces se contesta con trozos de mi obra. Yo no he hecho nada".
Pode parecer escandaloso un recoñecemento tan obvio, pero o certo é que hai moitos outros que cultivan o xénero de escribir sen escribir: hoxe en día, quen non ten un "negro", é un ninguén. A min aínda me parece moito máis humillante o "pelotilleo" que demostra con Ana Botella: "Estás muy guapa. Como don Alberto salte a la política nacional, vas para alcaldesa". Neste momento por instinto lembro o papel clásico dos antigos bufóns. Por certo, Ana Botella, aínda co sorriso na boca e diante dun amigo, pois así se presenta Dragó, mantén un rictus de frialdade e distanciamento que, de verdade, mete medo.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois se che parece pelotillero agora deberias escoitar as vellas gravaccións de antes incluso de que Aznar chegase o goberno. Lembro que nos programas de La radio de Julia deses anos o pelotilleo que facía Dragó de Aznar e Ana (así a secas) era nauseabundo. Por certo, paréceme ter escoitado que Julia Otero voltara a onda cero, esa radio da que a votaran por presións entre outros do grupo telefonica.

Anónimo dijo...

Este libro en concreto, penso, non é exactamente de negros, dado que estes non inventan propiamente nada e só se limitan a reordenar e reutilizar textos vellos do propio autor. Axudante, neste caso, sería máis acaído.

E falando de negros, que me din dos "negros de si mesmos", que, nesta era da computadora, reciclan e reelaboran os propios textos? Isto faino o 90% dos que hoxe escriben, tanto no eido do xornalismo como do ensaísmo ou da investigación. Ou non?

Anónimo dijo...

aiiii, por favor,ponme ben gravación e botar. Vaiseme o dedo moi rápido para o enter. E son algo talibana da linguaxe.

Anónimo dijo...

EStou co apicultor. Neste caso o corta e pega so é unha forma de sacar máis cartos dalgo xa publicado, dándolle unha presentación e orde diferente. Eu so vin un libro de Dragó na miña vida. Empezaba coa historia dund tipos na praia, e non fun capaz de rematalo.
E sobre os que sempre reelaboran os propios textos temos o exemplo de moitos profesores universitarios. Polo menos, no caso da Historia, que se pasan toda a súa vida académica a falar do mesmo (supoño que precisan puntos e por iso publican sempre o mesmo).

Anónimo dijo...

O traslado de osos dun cemiterio a outro é ben vello.Na literatura,na investigación...

Anónimo dijo...

Por favor, don Marcos, como me pode equiparar a ese Dragó? Iso non se fai, non se fai. Eu son un bufón. Non me compare, por favor.

Xosé Manuel Carreira dijo...

A figura do negro existiu desde os tempos de Afonso X. Agora na universidade chámanlles bolseiros (cast. becarios) e axudantes de investigación. No mundo latino o plaxio non está de feito tan mal visto coma no anglosaxón onde o "plagiarism", mesmo un simple copiar maliciosamente sen citar, implica a expulsión do alumno ou profesor da institución académica.

Comentaba hai tempo un divertido caso de plaxio periodístico

Marcos Valcárcel López dijo...

Ten razón o niño de Vallecas: a foto do bufón de Velázquez quédalle moi grande a S.D. Pero eu non quería poñer aquí a foto do escritor...
E benvida a X.M.Carreira: canto tempo!!

Anónimo dijo...

¿Vostedes pensan que a difusión dese vídeo incidirá negativamente na venta do libro,ou será publicidade gratuita,ou non influirá nese aspecto?
Por que nese mundillo hai moito xedrecista...

Anónimo dijo...

Vou facer o mesmo.Vou facer un libro-entrevista sobre algún de vostedes.Hai material suficiente no blog.P.ex.,calquera dos que firma con nome real.Vouno pensar...

Marcos Valcárcel López dijo...

E se foi o mesmo DRAGÓ quen facilitou a difusión do video. Non me atrevín a poñelo no artigo, pero penseino. Porque, ó cabo, mellor que falen de un, aínda que sexa mal... mentres vaise vendendo o libro e deixa beneficios.

Anónimo dijo...

Ten razón,Marcos.Pero a frase mellorada é: Que falen de ún aínda que sexa ben...XDDD

Anónimo dijo...

Esa frase "mellorada", que Saavedra atribuía a un seu superior, está atribuida xeralmente a Oscar WIlde. Pero ben pode ser apócrifa.

Anónimo dijo...

Fai tempo,o noso controvertido Pérez Reverte sacóu un artigo sobre eso.Cómo evoluían os comentarios acerca de alguén:namentras falaban ben dél,a cousa non lle iba moi alá.Ó final do artigo,có triunfo do protagonista,o comentario foi:"Si ó final vai ser certo o que dín da súa muller..."

Anónimo dijo...

Eu coñecer coñecina de fonte do meu primeiro contacto político na UPG, a quen non lle coñecía -por certo- tales lecturas. Ora que quen sabe cal sería a súa fonte, que os apócifos alónganse ata o infinito...