30 sept 2007


Hazañas Bélicas.
Pan por Pan domingo 30 set.
Lembran vostedes “Hazañas Bélicas”? A historieta saíu á rúa dez anos antes de nacer eu, pero era das de maior éxito nos días da miña infancia. En “Los comics del franquismo” Salvador Vázquez de Parga sinala que era un de tantos tebeos fieis á liña oficial do réxime: racismo, belicismo e anticomunismo radical. Os xaponeses eran presentados como “simios amarillos” e “sabandijas color de plátano”: o guionista debía ser un bo colorista. Os malos eran sempre os comunistas rusos e os bos os heroes os americanos, pero á vez tamén se defendía a Alemaña nazi, que estaba entre os amigos de Franco. A guerra aparece idealizada nunha cita como esta: “La guerra es uno de los azotes de la humanidad, pero en ella cristalizan los mejores valores humanos”: Iso si que era Educación para a Cidadanía! Por certo, sobre a guerra dixo babecadas maiores o poeta Marinetti.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Cada actividade concreta moldea a preparación psicolóxica axeitada.Un médico mira prá xente e ve enfermos.Un abogado ve pleitos.Un soldado,"sabandijas color plátano"...

Anónimo dijo...

Agora os malos son os árabes, ou para ser máis exactos os musulmáns, especialmente os iranianos.

Anónimo dijo...

Eu colecionaba os soldados que viñan nas bolsiñas dos chicles "Dunkin".Facía cada guerra máis boa....Cando tiña poucos,completaba o reximento militar dos malos cunhos indios doutra coleción,que eran máis grandes.E si non chegaban,metíalle un cocodrilo e unhos leós doutra.

Anónimo dijo...

Mirade os soldados,arriba á esquerda.Pero eran moitos máis que esos...
figuras

Anónimo dijo...

Boas noites,mesmo se dormides no metro coma estes

Sangre,Sudor,Lágrimas e moito Insomnio


Era dunha vez un camiño pra voltar a casa...

Oscar Grillo dijo...

Yo aprendi mas sobre el honor viril leyendo estas joyas que de ninguna otra cosa...Vivan Clark Carrados, Jorge Longaron y Alex Symonds!!!