19 sept 2007




Un conto triste.
Andoliña venres 21 set. Foto de Jorge Ruiz.

Nos arredores do Liceo Maribel Verdú asina autógrafos. Mozas e nenos vestidos como campesiños de hai 60 anos. No medio da Praza Maior espera un burro cargado de fardos, con toda a paciencia do mundo ás súas costas: ó escoitar o berro de “Acción” todos se poñen en movemento, tamén o burro. A xente de Auria está contenta porque poden ver anaquiños dunha rodaxe en vivo: hai que agradecerlle a José Luis Cuerda o feito de escoller Ourense para a súa versión de Los girasoles ciegos, obra moi excepcional de Alberto Méndez. Oxalá faga unha gran película: o guión de Azcona é unha garantía, dende logo.

Chámame unha xornalista para preguntarme polo Ourense dos anos 40: cóntolle unhas cantas cousas que sei ou estudei desa etapa. A cidade da época, máis pequeniña (a metade de poboación que hoxe), vivía días de miseria, de represión e de fame. Por se non fosen poucas as desgrazas, ata o Barbaña se rebelaba contra a natureza e saía das súas canles levando por diante animais e persoas. Aló por 1945.

Medo bendicido pola Igrexa: velaí o conto de Blanco Amor, Primeira Comunión: o aceno terrorífico metido ata o fondo dos ósos. Foi como en toda España: un conto triste, iso foi a nosa posguerra.

(Recollido en La Voz de Galicia, entrevista de Cándida Andaluz)
Unha cidade de provincias pequena con gran peso da Igrexa e dos militares

A partir da visión da película Os girasoles cegos moitos ourensáns pararanse a pensar como era realmente a cidade de Ourense naqueles anos. O historiador ourensán Marcos Valcárcel asegura que a obra de Alberto Méndez (na que se basea a película) reflexa á perfección como era naquela época a vida en calquera cidade parecida á ourensá.
Valcárcel indica que Ourense nos anos corenta era unha cidade de provincias pequena -de ao redor de 50.000 habitantes- na que existía pobreza e a represión era moi grande, do mesmo xeito que a propaganda franquista e o poder da igrexa. Destaca para ilustrar o grao de represión que aínda en 1945 tiveron lugar detencións, mortos e fusilados. é naquela época cando a algunhas rúas da cidade dáselles nome militares: Xeneral Franco, José Antonio, Calvo Sotelo. A pesar da situación pobreza, a cidade conta nesa época con tres xornais, todos pertencentes á falanxe.
Nestes anos prepárase o monumento aos Caídos, fronte á subdelegación do goberno -que aínda existe hoxe- e é entre 1943 e 1944 cando o Concello de Canedo da Ponte fusiónase co de Ourense. En 1945, a cidade sofre unha das súas traxedias máis grandes, o desbordamento do río Barbaña, no que morren varias persoas. Marcos Valcárcel subliña dúas obras de Blanco Amor ilustrativas daquela época. Por unha banda unha fotografía realizada polo autor na que se mostra a baixada en procesión duns nenos desde a catedral de Ourense e por outra banda o conto Primeira Comuñón que aparece na obra Os Biosbardos .

108 comentarios:

Anónimo dijo...

Non ven vostedes ultimamente a Maribel Verdú un tanto desmellorada, demasiado delgada e como avellentada? Coido que melloraría moito se engordase uns quiliños.

(A ver se non me chaman machista por este comentario)

torredebabel dijo...

faime ilusión que a pelicula chegue a esta beira (ou ao Emule, o que pase antes) para ver esa Ourense na que os meus viviron e a que os meus deixaron e tamén trouxeron no corpo e na alma. Apuntada queda.

Anónimo dijo...

¿Como que machista?
Cuns quiliños máis tería onde agarrar sen petar en óso.

Anónimo dijo...

Seica van facer de Ourense o Madrid da novela que se, non lembro mal, era bastante claustrofóbica, polo que pouco exterior, temo, vai haber. En todo caso, haberá esa fotografía, eses vestiarios con ese ar correcto anos 40 que lle dá a modesta industria española ás películas de época e polo tanto ese mundo de miseria e fame non vai quedar reflictido. Creo.

Anónimo dijo...

Estaba xa o bispo Blanco Nágera? Alguén pode falar dese personaxe?
Perdoen se non vén a conto.

Anónimo dijo...

Como hai tempo que non sigo o cinema español, vexo poucas interpretacións da Maribel Verdú, e é unha das perdas conseguintes. Con todo, o dos quiliños é de libro, se ben respecto a súa vontade e sométome a eventual proceso.

Anónimo dijo...

Eu falaba moito a fináis dos setenta cun velliño que se sentaba s no Parque de San Lázaro ,a carón do "monumento ós caídos",de Asorey.Falabame do Ourense dos anos 20,30,e 40 (maxino que a súa xuventude).Cómo ese parque era noutro tempo o campo da feira,cómo o lugar da fonte eran onde bebían as "bestas"...
Un día soupen por qué se sentaba sempre alí.Ó parecer,durante a erección da estatua,dirixida por Asorey,houbo un problema có andamio, i estivo a piques de caer todo,con moito risco de vidas humáns.Il,que estaba alí de mero espectador, votóulle man á estructura con gran esforzo,hasta que os demáis,escultor incluido,puderon axudalo e solucionar o problema sen consecuencias.Sentíase orguloso de lembrar cómo Asorey e as autoridades presentes o felicitaran.Por eso,cada vez que se sentaba alí,tantos anos despóis,pensaría:"se non fora por mín,esto non estaba eiquí"

Anónimo dijo...

Conta unhas historias fabilosas, amigo XDC.

González, iso de non seguir o cinema non será por ser "español"? (É brincadeira, ho).

Anónimo dijo...

Fabulosas, of course.

Anónimo dijo...

Se non segue o cinema español, podía seguir o mexicano e así mirar (viguesismo aparte) "Y tu mamá también" de Alfonso Cuarón.
Sobre os comentarios (masculinos), qué me din dos artigos de Javier Marías e Arturo Pérez Reverte sobre o concepto de muller bandeira?
E, nesa mesma liña e despois dunha discusión de findesemana sobre o concepto de home relamido, excesivamente cuidado (que eu encomio, non así as mulleres que interlocuaban), demando: cómo debe ser o home bandeira?

Anónimo dijo...

Esquecín lembrar sobre este particular o artigo de hoxe de Alfredo Conde, o noso admirador incondicional, sobre a arxentina Neumann.

Marcos Valcárcel López dijo...

DO OURENSE DOS ANOS 40:
Creo que escribirei nestes días sobre este tema. Para avanzar algo, na liña de cousas que se apuntaron, Blanco Nájera creo que chegou ó bispado ourensán no 1945. A escultura dos caídos de Asorey empeza a planificarse nos 40 e inauguraríase no 51. Alí se celebraron ata a morte de Franco os actos do Día dos Caídos, de madrugada, cos uniformes falanxistas e saúdos de rigor.

bouzafria dijo...

Desexo que a película sexa tan boa coma os contos nos que se basea. As historias de "Los girasoles ciegos" son á vez estarrecedoras e soberbias, magnificamente escritas. Contos tristes en branco e negro. Probablemente o mellor que eu lin nos últimos meses.
Por outra banda, a beleza de Maribel Verdú pódea perxudicar na súa valoración como actriz. A min paréceme excelente, e xa así dende moi nova. Lembro "Amantes" ou "El año de las luces", como excelentes películas e excelentes interpretacións súas.

Anónimo dijo...

Ten moita miga o que di Arume. Xa falaremos, xa falaremos.

Polo pronto teño que dicir que concordo co amigo Conde verbo da Neumann. Vin uns retratos seus no blog de Perfecto Conde (de visita tamén obrigada, coido) e digo: canto sabe vostede, don Alfredo, canto sabe.

Anónimo dijo...

Perdín a práctica de ir ao cinema hai ben anos. Primeiro foron condicionantes familiares e máis tarde volveu simple perda de práctica; non é para ben, xaora.

Daquela, a industria videográfica -en diferentes formatos- e a TV -polas diferentes canles- non favorece demasiado ver cinema español. Con todo, adoita non compracerme o que vexo cando accedo a unha produción desas, obviamente con excepcións. Fóra do feito de sermos todos fillos ou habitantes desa época, nin o ambiente social, nin o humor nin certos aspectos da cultura conectan ben comigo; probablemente herdo un preconcepto adquirido cando os boom de Almodóvar, que a min particularmente me poñían ao bordo dun ataque de nervios, ou algo así.

Ou sexa, que debe ser por ser español, en efecto. Pero as calidades escénicas de Maribel Verdú, onde claro que usa as condiciñons físicas, quedan absolutamente fóra de tal desapego.

Anónimo dijo...

Para que nos poidamos facer unha composición de lugar os homes despistados nesta modernidade flácida (ou líquida, ou...), pode dicirnos, amigo Arume, que argumentos esgrimían esas mulleres coa que interlocutaba? Tirou vostede algunha conclusión en limpo?

(Obsérvese o uso aposta de flácido, esgrimir e limpo)

Anónimo dijo...

Repoño, corrixido, o impresentable e inintelixible envío anterior:



Perdín a práctica de ir ao cinema hai ben anos. Primeiro foron condicionantes familiares e máis tarde volveuse simple perda de práctica; non é para ben, xaora.

E desde logo, a industria videográfica -en diferentes formatos- e a TV -polas diferentes canles- non favorecen demasiado ver cinema español. Con todo, adoita non compracerme o que vexo cando accedo a unha produción desas, obviamente con excepcións. Fóra do feito de sermos todos fillos ou habitantes desta época, nin o ambiente social, nin o humor nin certos aspectos da cultura conectan ben comigo; probablemente herdo un preconcepto adquirido cando os boom de Almodóvar, que a min particularmente me poñían ao bordo dun ataque de nervios, ou algo así.

Ou sexa, que debe ser por ser español, en efecto. Pero as calidades escénicas de Maribel Verdú, onde claro que usa as condicións físicas, quedan absolutamente fóra de tal desapego.

Anónimo dijo...

Os nervios, amigo González, a excitación conmove a sintaxe, o léxico, a lingua.

Anónimo dijo...

¿Foi nesa riada do 45 da que fala,Sr.Valcárcel,cando o río dérrubóu a Ponte Pelamios?.Nunca foi reconstruido e que,se non me falla a memoria, estaba no camiño que unía a cidade con Castelo Ramiro.Foi derrubado polos irmandiños ¿non sí?.A cidadanía ourensá coñece(mos) pouco a historia dese Castelo e os líos que tivo o seu señor có marqués de Benavente,que chegóu a entrar cós seus cabalos na catedral ourensá.Falo de memoria...

Anónimo dijo...

Pois si que coñecemos pouco, ou non vivenciamos o suficiente o que coñecimos, señor Da Cova. Eu lembro algo, até se me une cun vispo botado polo pobo ao miño que morreu afogado.
SIgo con interés informativo todo o que vostede din, porque non teño moita idea de actrices nin de cine último español, por coñecer, non coñezo nin a esa tal Neuman, na pantallla quero dicir.

Anónimo dijo...

Xa lle pasou o enfado, amigo Jimmy?

Anónimo dijo...

Que enfado apicultor?

Anónimo dijo...

De cando eu lle fixera aquela broma sobre o "oficialismo". Parceume que non lle sentara ben.

Anónimo dijo...

Aquí é cando se bota de menos o sentidiño dalgunha muller que, por favor, interveña no blogue e atempere as neuronas descocadas desta gavilla de boysescauts en pos do psicalíptico

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

As mulleres con quen parolei o outro día viñan de saír de noite por algúns pubs da localidade. E comentaban o noxiño ("asquito", foi a palabra) que lle daban os mozos que frecuentaban as entradas dos locais aderezados da seguinte guisa, segundo as súas extraordinarias descripcións:
1) pelo corto engominado, lixeiramente encrespado polo centro.
2) pel morena, claramente procedente de bombilla ou de fatigosos paseos por praias e ribeiras
3) barba afeitada, con nivel de apurado -1.
4) ocasional pespunteado capilar de patilis ou do bico ou queixelo
5) peito aberto ata quizáis o terceiro botón, con correspondente colarciño ou de cunchas ou prateado ou dourado
6) músculos sobranceiros, ornados con convenientes trazos de tatoo, un peu canailles, ma non troppo
7) full depilation e unto profumado pola epiderme sobrante que ven sendo moita e planísima
8) pantalóns vaqueiros algo esvaídos, dinque pasados pola pedra.
Ese conxunto depara decepción en mulleres que prefiren, ao xeito de Aznar, o home home, "arregladito, limpito, afeitadito, claro, pero bueno, ya sabes" e neste punto facían xestos (educadamente obscenos, por suposto) para substituir os termos que non saían.

Anónimo dijo...

Arume creo que se trata de homes obxecto que comezan a proliferar. Pode que sexa un resultado perverso do feminismo.
Apicultor, sentoume ao final estupendamente, pero non se trataba dunha broma, ao menos no princio.
Xa teño dito que a nosa edade, o matrimonio, paseos longos e os desencontros intelectuais, son os nosos mellores medicamentos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A mín o de home obxecto, que queren que lles diga, vaime ben. E se é como resultado dunha perversión do feminismo moito mellor. Viva o feminismo, pois.

Anónimo dijo...

Presénteme a esas amigas súas,arume dos pinheiros.EU son o HOME que elas buscan.Un camionero sudado.

Anónimo dijo...

Se non se lembran de mín,son

o da dereita

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Limpito, limpito. Os sudados non valen.

Anónimo dijo...

Pois, visto lo visto, algúns estamos de parabéns, amigo Arume, dado que non cumprimos ningunha desas condicións que anoxan ás damas e, ademais, somos do tipo "arregladito, limpito, afeitadito, claro, pero bueno, ya sabes".

Por certo, pódelle dicir a esas damas que veñan dar unha volta por aquí, que andamos algo faltos de persoal feminino?

Anónimo dijo...

Aquí algúns afinan de oídas, pero cada dona é un mundo. Destas materias nin os politólogos máis sobresaintes deste blogue teñen puñeteira idea. E efectivamente, aquí o que faltan son donas que lles dean a réplica a todos estes mangallóns..

Que idade (quer provecta quer pubescente) tiñan as donas coas que parolou, sr piñeiro dos arumes?

Anónimo dijo...

V�xoo moi interesado, amigo Swann. Que cada dona � un mundo � unha verdade coma un templo: non � necesario que as propias mulleres ve�an decilo. Pero eu non estou falando en xeral: eu falo dunhas mulleres en concreto, amigas que fixeron ese comentario motu proprio, � vista do que eles xulgaban moda pouco aca�da. Te�o para m�n que os seus respectivos gal�ns cumpren eses preceptos, pero non sei ata onde, polo que tam�n pode ser interpretado como unha apolox�a pro domo sua. Non sei: o certo � que non son poucas as mulleres que afean a conducta excesivamente vixiante coa beleza exterior dos homes. E a m�n que me gusta tanto ir acicalado por a� e presumir de apa�ao.
Sobre a idade das damas, convir� conmigo que non � de cabaleiros andar propagando semellante especie.

Anónimo dijo...

pero vostede ten ollos na súa cara de vostede, e pódenos dicir máis ou menos a idade das doas. é por pura cuestión estatística. se total... isto non o le ninguén...

Anónimo dijo...

¿Peinaditos? ¿Limpitos? ¡Quén os vería a vostedes cunhas melenas greñudas, pantalóns de campana e botas camperas! ¡E barbas (non barba)! XDD

Anónimo dijo...

Aquí poño o trapo por se queren entrar:
Se han cabreado ciertas erizas por mi artículo del otro día, quejándome de que apenas se ven señoras como las de antes: mozas de bandera a cuyo paso temblaba el suelo y se cortaban las respiraciones masculinas. Decía yo que, en vez de Sophías Lorenes, Graces Kellys y otras espléndidas hembras homologadas como tales, lo habitual hoy es toparse con adefesios patosos, lorzas sudorosas y fulanas ordinarias, espatarradas y con chanclas. Y a mis primas les ha sentado mal, sobre todo lo de las lorzas. Además de llamarme machista, neonazi, cabrón con pintas y ciscarse en mis muertos, alguna pregunta qué tengo contra las gordas. Etcétera. Eso me lleva a la conclusión de que no han captado el fondo del asunto, así que voy a explicarlo más claro, por si catorce años de perífrasis y circunloquios impiden entenderme cuando cuento algo. Más que nada, por mi lenguaje oscuro. Además, Javier Marías, a quien mencionaba en el artículo, cuenta que a él también lo están inflando a hostias, sin comerlo ni beberlo. Y pide una rectificación: está de acuerdo con toda la nómina de señoras citadas, incluidas Kim Novak, Donna Reed y Rhonda Fleming; pero él nunca habló de Jane Rusell.

El error básico está en considerar que, cuando describo a una morsa con pantalón pirata ceñido, lorzas relucientes de grasa y camiseta sudada, me refiero al contenido, y no al continente. Quien deduzca burla o desprecio hacia las individuas abundantes es, literalmente, tonto del haba. De entrada, se equivocan las mujeres seguras de que a los hombres nos gustan las churris esmirriadas, tipo Calista Floja o Paulina Rubio. A ver si no confundimos las cosas. Ésas le gustan a Galiano –que se viste de torero–, al simpático muchacho Lagerfeld y a alguno más, hipócritas aparte. En materia carnal –lo intelectual y lo afectivo son otra cosa–, la mayor parte de los varones normalmente constituidos, por mucha literatura y mucho alpiste que echen al canario, prefiere una señora de rompe y rasga, en cuyas gloriosas caderas no se ponga el sol. Y es lógico. También, a fin de cuentas, lo que de verdad hace que a una hembra le tiemblen las piernas –se pongan las feministas como se pongan– no son los quesitos desnatados que van de malotes, ni los charlatanes lánguidos, sino los hombres cuajados con resabios del cazador y el guerrero que fueron hace siglos. Los que dejan las sábanas arrugadas debajo de una.

No se trata, por tanto, de gordas y flacas. Como afirma el título de una película, las mujeres de verdad tienen curvas. La cuestión reside en el empaquetado. Lo que no puede pretender una pava metida en kilos –y conozco a algunas que son señoras espléndidas– es meterse en una camiseta tres tallas más pequeña, ponerse un pantalón pirata que deje la raja del tanga al descubierto y rebose chicha por los flancos, no ducharse en dos días, y que encima la llamen guapa. Y si a eso añadimos la ordinariez que tanto abunda, la mala educación, la ausencia absoluta de maneras y la imitación de cuanta retrasada mental aparece en la tele dándoselas de señora, el resultado es inevitable: desagradables tocinos sin fronteras que se creen divinas de la muerte, marmotas domingueras que no saben ponerse tacones cuando lo intentan, y tías vestidas, los días de boda, con vestido largo a las diez de la mañana, como si vinieran de cerrar un puticlub de los de antes.

Para acabar, otro argumento: el de la eriza que escribe preguntando por qué diablos, si pasa el día en el curro, vuelve hecha polvo y trae a los niños del cole, tiene que vestirse de Ava Gardner en vez de ir cómoda. Aparte de la dudosa comodidad de vestir embutida como una morcilla, la respuesta es simple: no tiene por qué. Nadie la obliga, y lo de doña Ava es sólo una forma de hablar. Pero que no me exija respeto con su camiseta ceñida y sucia, su tripa al aire, su impúdico mal gusto y su desvergüenza, como tampoco me gusta el fulano de axilas sudadas, piernas peludas y chanclas que encuentro en la calle. Vestidos para matar o para ver la tele en casa, se trata de buenas maneras, nada más. En varones o hembras, esas maneras sólo pueden darse por tres motivos: genética, educación o esfuerzo personal. La plataforma Ava Gardner Nunca Mais permitirá, al menos, que quienes conocemos a mujeres capaces de combinar trabajo, casa y cole de los niños con saber cruzar las piernas, usar tacones cuando se tercia, llevar un vestido, o quitárselo, las prefiramos al resto. A una señora digna de ese tratamiento debería bastarle una tarjeta de boda como la que una amiga mía envió este verano a sus invitados: «Caballeros, sin corbata. Señoras, como Dios manda».

Anónimo dijo...

Arturo, claro está.

Anónimo dijo...

Ningún dos machiños que hai por estas terras se vai atrever a opinar sobre o texto de Pérez Reverte. Tempo ó tempo.

Anónimo dijo...

De tanta jilipollez (así dito, en moruno, que é no que escribe este fulano) rescato esta pérola:

“La plataforma Ava Gardner Nunca Mais permitirá, al menos, que quienes conocemos a mujeres capaces de combinar trabajo, casa y cole de los niños con saber cruzar las piernas, usar tacones cuando se tercia, llevar un vestido, o quitárselo, las prefiramos al resto”

Olé sus güevos españoles.


Habería que dicirlle a este caballero que Nunca Máis os seus espadachíns toledanos con mozos gallegos, os seus reis Felipes, as súas guerras nos Países Baixos, a súa santa inquisición, a historia de España en cromos ilustrados, o imperio onde non se pon o sol, e, sobre todo, este machismo reseso, de país latino, que vostede tan ben representa.

Este era o que lle pagaba aos bosnios para que pegasen uns tiros e logo saír en directo desde primeira liña de fogo.

Anónimo dijo...

¡Reverte for president!

Anónimo dijo...

Limítarse ó contido do texto e non comentar cousas que non saen nel.

Anónimo dijo...

Eu ó Reverte débolle tantas boas horas de leitura,que lle perdoo todo.

Anónimo dijo...

L´as cagao, de la Cueva.

Anónimo dijo...

A mí el rollito políticamente correto y progre me la menea por tiempos,anónimo

Anónimo dijo...

Pra non mancillar o nome de Xoan da Coba,que supoño mellor falado,supoñer que o comentario foi firmado por este outro nick

Anónimo dijo...

Baax na.Ma ngi dem.Basuba ak jàmm.Waxtu nelaw jot na.Wor naa suba.Ramadán na.

(Ben.Vóume.Ata mañán con paz.É hora de dormir.Mañá non como.É Ramadán)

Anónimo dijo...

Sorprende a evolución do parámetro rexistral na casa grande da Rúa de D. Felipe IV. O demais é materia opinable, persoal e intransferible; limpia la gorda, fixa la norma, finca la pica en esplendor pretérito. Medre o quídam no seu hábitat e evítese o abuso, sexa de vista ou expresión columnaria. Evoco a Vizcaíno Casas, que non falaba mal.

(Un que por veces mostra a axila).

Anónimo dijo...

Como siga así vostede, amigo González, para o caserón vai tamén. A fe mía, lugués.

Anónimo dijo...

O texto de Reverte está na liña archicoñecida das súas colaboraciós nun suplemento semanal dende fai ben anos.Sempre parecen duros á primeira vistapero non ven al rascar un pouco máis fondo no que dí.É o único que leo dese suplemento,por que "o perro inglés" , o Coelho,e os outros fai anos que non me ensinan ren de ren.

Anónimo dijo...

O momento e o contexto favorecen, Arume; sempre vde. tan favorable coma hiperbólico. Coincido co da Coba en que estes textos do Reverte merecen unhs lectura demorada, pero dan pé tamén, por veces, a unha irritación de sabor vello. Esperemos evolución, por moito que o camiño que leva ben se ve.

Marcos Valcárcel López dijo...

Sinto non coincidir con XDC pero teño unha aversión case natural por Pérez Reverte: quizais dende que lle escoitei unha conferencia en Ourense. Chegou, ante un público nutrido de universitarios, ríndose de todos e sobre todo do galego: dicía que case se perdía para chegar a Ourense porque non entendía os letreiros en galego e cousas así. Cunha actitude chula, pero totalmente baleira: o que lle teño lido, só na prensa, é do mesmo estilo.

Anónimo dijo...

Sí,home,sí.Claro que no trato persoal é un chulito de carallo.E a aversión que tén polos nacionalismos é coñecida de vello.E a linguaxe cacelaria que utiliza en moitos dos seus artigos,tamén.Non é un tipo pra irse de vacaciós con él.Pero eu non teño pensado casarme con él,e moitas veces os seus artigos,pra mín supoñen aire fresco entre tanto políticamente correcto,e,aínda que sexa pasándose da ralla,agradézollo.Os extremos cumplen unha función,tanto os de un signo,coma os do outro.Moitos libros del,fascináronme.Cando facía aquel programa de TV,fai anos,eu facía zapping ó momento.Ou sexa,controvertido o fulano.A mín o artigo deste post soabame a "déjà vu" por todolos lados,por eso non lle dín maior importanza.Pido desculpas se molestéi a alguén.

Anónimo dijo...

Ó mellor,dentro duns anos,enterámonos de que ten un "negro" que lle escribíu os bós libros que tén...

Anónimo dijo...

Tamén lembro que un dos seus artigos,fai anos ,foi un verdadeiro panexírico de "O lapis do carpinteiro".Se o Rivas anda por eiquí,a ver se opina sobre ese señor.

Unknown dijo...

"El escritor con agallas ha conseguido un doble milagro. Que los personajes hablen como nosotros y nosotros leamos como ellos hablaban. Larga vida al capitán Alatriste."
MANUEL RIVAS. La Vanguardia.
Así abotepronto.

Anónimo dijo...

Estou na mesma liña que XDC.

O tipo é un "comecuras" (de toda clase) e gástase unha mala hostia considerable. E por suposto que lle ten tirria aos nacionalismos subestatais e ás linguas que non son o castelán.

En efecto, é un chuletas e un nostálxico do imperio español. E que? A min dame igual. Pero gusto do seu ton polémico, provocador e politicamente incorrecto, aínda que eu non coincida moitas veces co que di.

Que queremos? Que todos os columnistas digan sempre o que nós quixeramos que dixesen? Si? Pois vaia aburrimento mortal! Non lles arrendo a gañancia aos que así pensen.

Xaime dijo...

Imos ver, non tíñamos todos claro, que unha cousa é o autor, outra a obra, e outra as persoaxes e todo o que se move arredor destes.
Aínda que Pérez Reverte seña como ben dice Marcos Válcarcel, un chulo, certamente algúns episodios das súas novelas son recomendables, xa que deambulan por lugares pouco tratados ou inxustamente tratados.
O imperio español, sempre foi maltratado, pero recoñecerán conmigo que algúns "españois" ou o que sexa o servizo do Emperador Español eran xente de principios, loitaban e alistabánse por combater o infiel. ¿sóalles?, ou para non morrer de fame en terra e adquirir, nome e fidalguía co que eso supuña.
Tiven a ben seguir unha recomendación que deu Perez Reverte nun artigo de consultar un libro dun mariño español, e era realmente apasionante constatar que o orgullo de ser mariño da flota máis importante do mundo no século XVII e XVIII non era por ser hispano senón por ser os millores, ante os ingleses e holandeses, e máis tarde os americanos, e moitos deles galegos, grandes navegantes que sempres tiveron a gala ser de orixe galego. ( Monxardín e o Betis)
Viña esto, polo artigo que Arume achegou, e un pode ler ruborizándose un pouco, pero que como Xan da Coba dí, eu cos anos xa non me caso con nin Dios, e se me gusta me gusta e os que opinen o contrario, ala eles.
Quén non mirou para outro lado cando viu a esa muller que describe o Arturo, máis que nada para non contaminarse, e sobor de todo cando é unha amiga- ou a muller dun amigo- , que tés por unha persoa normal e pudorosa.
Pois é certo, eu non preciso escribir sobre as focas e Pérez Reverte sí, por que vive deso.

Marcos Valcárcel López dijo...

A miña opinión sobre P.Reverte refírese só ó seu estilo chulesco (naquela conferencia) e en moitos artigos. Non lin ningunha das súas obras e, xa que logo, non podo opinar delas.
E, cambiando de tercio, que pensan vostedes do seu compañeiro de suplemento JUAN M. DE PRADA? Escoiteille hai moitos anos unha conferencia, cando menos ben preparada tecnicamente (cousa pouco habitual: os de fóra veñen "a provincias" sen preparar nada; se son xenios, ben, pero cando non...). Era na súa época de "Coños". Despois converteuse nun dos columnistas da prensa de dereitas (ABC) e dos intereses católicos. Nunha ocasión pregunteille a Casares por el, co que coincidira nalgunha cita literaria, e Casares, que raramente falaba mal de ninguén, dixo: "Ese é un tipo de coidado". Pero non insistín e non sei moi ben o por qué das súas prevencións. Despois souben, aínda hai pouco (por outro escritor non galego nin sequera español) que lle quixo facer a pelota a Zapatero e este pasou literalmente del...

Marcos Valcárcel López dijo...

E si, é certo, esquecín dicilio, Rivas e P.Reverte gábanse mutuamente e supoño que se levarán ben: ó mellor o PR non é tan mal bicho, digho eu .-..

Anónimo dijo...

En cuanto a Alatriste, lo acompañaban Mendieta, Copons, Garrote, el gallego Rivas y los dos hermanos Olivares. Manuel Rivas era un buen mozo rubio y de ojos azules, muy de fiar y muy valiente, que hablaba un pésimo castellano con fuerte acento del Finisterre.

Sus imprecaciones cesaron cuando Rivas asomó la cabeza por la boca del túnel, trayendo a rastras al otro Olivares, medio sofocado pero vivo. Los ojos azules del gallego estaban rojos, inyectados en sangre.
-Ay, carallo.
Su pelo rubio humeaba de azufre. De un manotazo se arrancó el lienzo de la cara, tosiendo tierra.
-Gracias a Dios -dijo, llenándose los pulmones de aire limpio.
Uno de los tudescos trajo un zaque de agua, y los hombres bebieron con avidez, uno tras otro.
-Aunque fuera orín de asno -murmuraba Garrote, derramándosele el líquido por la barbilla y el pecho.
Recostado en la trinchera y sintiendo en él los ojos de Bragado, Alatriste le quitaba la tierra y la sangre a su vizcaína.
-¿Cómo queda el túnel? -preguntó por fin el oficial.
-Limpio como esta daga.
Sin añadir nada más, Alatriste envainó el acero. Luego le retiró el cebo al pistolete que no había llegado a usar.
-Gracias a Dios -repetía Rivas una y otra vez persignándose. Los ojos azules le lloraban tierra
EL SOL DE BREDA

Anónimo dijo...

Unha das cousas que mais ataca Reverte nas entrevistas que lle fan é o "buenismo", tan extendido. En fin, vostedes saberán o que fan.

Anónimo dijo...

"Como buen gallego, [Benito] Soto se dejó ahorcar sin aspavientos, mostrándose, cuentan, arrepentido, resignado y también algo chulito. Que me quiten lo bailado, debió de decir. O algo así."
http://www.xlsemanal.com/web/firma.php?id_firma=1950&id_edicion=707

"Pérez Reverte, como buen español eres muy muy muy chulo, y muy nacionalista español"

Anónimo dijo...

Paréceme un pouco absurdo dirixirse personalmente a Pérez Reverte, como se andivese por aquí. Teño a intuición de que non le este blog.

Xaime dijo...

Do J.M. Prada podo aportar que estiven nunha conferencia que deu en Lugo, organizada e financiada polos famosos actos de Caixanova fai agora dous anos.
Fálabase do autor e a obra, fixo unha conferencia explicando a súa vida literaria, o seu amor por Baudeleire e Joyce, e tratou (?) de xustificar que escribía por que decidira vivir de eso.
Moi novo, gañou un premio, como lle pasou a Murado, e pasou a integrar o planeta dos elexidos e cando cae nas miñas máns El Mundo, aproveito para lelo, por ser un autor novo, aínda que non logro recordar, pola súa insipidade, ningún artigo nin opinión.
Non lembro ben, pero fai meses, puidera ser quen leeu o comunicado fai un ano, nunha das concentracións que organizaron as víctimas do terrorismo
Comentoume Marta Rivera de la Cruz, concordando con Casares adívinase un tipo co que había que ter certas prevencións.

Marcos Valcárcel López dijo...

PÉREZ REVERTE. A IMAXE DOS GALEGOS nas letras españolas:
Pois vai ti saber, apicultor, igual alguén lle manda un aviso e se digna intervir con capa e espada (se nos le P. Conde e outra xente, por que non Pérez Reverte?).
A propósito da cita de M. Swan:
xa noutro fío falamos da imaxe da literatura galega nos escritores españois do Século de Ouro. Eu teño usado moito o libro de Xesús CARAMÉS MARTÍNEZ, A imaxe dos galegos na literatura castelá (Galaxia). Pero sería tamén moi útil que alguén se puxese a estudar esa IMAXE DOS GALEGOS HOXE MESMO, a través dos artigos dos xornais e dos libros dos escritores de moda. Por ex., como este dato negativo de P. Reverte (como buen gallego...), eu teño encontrado outros positivos en traballos (para o xornal) de Umbral ou de Trapiello. Cal é a liña dominante? Que pensan de nós máis aló do Padornelo?
Sería un traballo apaixonante para quen o colla con paixón, claro.

Marcos Valcárcel López dijo...

pARA Xaime: teño entendido que J.M. Prada ten columna no ABC, ademais da semanal no suplemento, e non en El Mundo: eu cando menos non lembro artigos seus, habituais, no xornal de Pedro J.

Anónimo dijo...

Eu véxoo máis ben navegando polo Mediterráneo nese veleiro tan chulo que comprou mercé aos millóns de exemplares vendidos das súas obras.

Xaime dijo...

Certo, por tanto deixarei de lélos dous

Anónimo dijo...

Eu coñecín a APR durante unhas horas. Acabamos amicísimos, despois de discutir largo e tendido sobre nacionalismo (a miña coñecida posición escasamente nacionalista chocou co seu nacionalismo de pro), educación (ameazoume con deixar de ser o meu amigo se falaba ben dos novos estudantes) e doutras herbas. Non sei se foi a circunstancia ou que foi, pero o certo é que foi moi agradable no que chamamos as distancias curtas. Confesoume (despois de confesarlle eu que se pasaba un pouco) que o que escribe nos xornais son exabruptos persoais, necesarios para a súa propia vida, que foron cobrando vida propia dos que difícilmente se pode desfacer. Ou sexa que admitiu certa máscara, que ten moito de medicación individual e moito tamén de convicción ao longo do tempo. Teño que recoñecer que me caeu moi ben, con todos os prexuízos que eu tiña. Vaia, pois, esta lanza por APR.
De Prada só sei que foi encumiado polo crítico do ABC hai moito tempo (o inefable Senabre, martelo de novelistas novos, e rastreador de erratas) por ser alumno seu (caso semellante, aínda que doutro tenor por suposto, entre Rico e Cercas). E que escribiu un falso eloxio (dunha ironía terrible, que creo foi incluido neste blog hai tempo) de Suso de Toro, interpretado de forma recta por algúns lectores.

Anónimo dijo...

Sobre imaxe de nós: N' "A Nosa Terra" desta semana vén un artigo interesante; segundo el, circulan actualmente máis chistes de galegos, cataláns e vascos, con moito, ca de ningún outro "cidadán autonómico" do Estado. Exemplo: -Por que los gallegos compran siempre dos billetes de avión? -Porque piensan que la estupidez es pasajera.

Sobre Pérez Reverte, penso que xa o dixen aquí: non din pasado de tres ou catro follas de Alatriste e xa non lin máis. Gústame como xornalista, ou máis ben gustoume cando a guerra de Croacia. Aquelas crónicas para TVE na liña de batalla, aquel artigo (anos despois) conmemorativo do sitio de Vukovar: "Hoy me he emborrachado con un grupo de muertos". Non é literal, pero si impresionante. Do demais, o dito, e se quere que nos lea; por menos non me vou ter, á marxe da circunstancia.

Anónimo dijo...

E de quen ven sendo ese artigo d´ANT?

Anónimo dijo...

De Ana Saá (páxina 16). Cuantifica 142.000 chistes de galegos, 81.000 de cataláns e 40.200 de vascos encontrados na rede. Indica como fontes as páxinas humor.orange.es, www.chistemania.com e a busca "chistes de gallegos" no Google.

Anónimo dijo...

Entran no cómputo as páxinas arxentinas? Parecen moitos chistes de galegos de dios.

Anónimo dijo...

"Nisto tamén ten moito que ver Sudamérica -pola histórica migración- xa que aos [sic] cidadáns españois que viven na Arxentina e Cuba reciben o xentilicio común de 'gallegos'" (id., ibidem). Pero merquen un periódico, hom, axuden a causa un pouquiño.

Anónimo dijo...

Se efectivamente computan, como vexo, parecen improcedentes os datos comparativos con outros lugares e os conseguintes comentarios. Haberá que facer outro reconto. Un pouco máis acaído.

Anónimo dijo...

Ten un erro metodolóxico básico ese traballo, tal como sinala Arume. Ou é que todo val con tal de "demostrar" a hipótese de partida?

Anónimo dijo...

Non semellan totalmente improcedentes:

"Algunhas rexións, como Madrid, apenas contan con 580, e outras como Murcia ou a Illas Baleares carecen destes relatos nos que a sátira e a ironía cobran protagonismo" (id., ibidem).

Véxanse, con todo, as fontes achegadas.

Anónimo dijo...

Non adoito axudar á causa particular de ningún empresario da construción, amigo González, que eses xa teñen cartos de abondo.

Anónimo dijo...

Todo parece sinalar que, na mostra estatística, hai unha sobrerrepresentación dos datos dos "gallegos" e unha infrarrepresentación de datos dalgunhas outras comunidades.

Anónimo dijo...

Desculpe, Apicultor, que considere un tanto prexuizosa a súa presuposición. Engado os titulares do artigo: "Galegos, cataláns e vascos encabezan a lista. AS COMUNIDADES CON LINGUA E CULTURA PROPIA, AS PEOR PARADAS NOS CHISTES".

O dito queda dito, e as fontes a dispor. En última instancia, o que arde é a cera.

Anónimo dijo...

Desculpe, pero como que "un tanto..."? Ou é ou non o é. E, mentres outros non indiquen o contrario, os datos que vostede puxo aqui sinala que están sobrerrepresentados nuns casos e infrarrepresentados noutros.

Anónimo dijo...

Digo "un tanto" porque, segundo o meu entender, infire vde. conclusións sen consultar as fontes a dispor. Digo "un tanto", doutra banda, porque non supoño en vde. "mala" intención, senón pouca disposición ou ganas de efectuar o cotexo.

E os datos que achego indican, que vexa eu, haber máis duns ca doutros. Non lle encontro outra cousa.

Anónimo dijo...

Eu de J.M. Prada so teño lido os seus artigos en defensa do creacionismo, e con iso xa me saturei del. E de Reverte lera A tabla de flandes e Territorio Comanche. A primeira non me gustara, noteille aire snob, do segundo non soportei o tono xeral de superioridade. Curiosamente, antes de empezar a escribir, si que seguía a Reverte nun programa de radio que facía dende a carcere: moita linguaxe desa que lle gusta, moita literatura radiofónica e moita música dos chichos. Agora non o aturo.

Anónimo dijo...

Non me diga que non lle gostóu a táboa de Fallandes,home,o secreto escondido no cadro,as conexiós historicas entre un pasado medieval europeo e un presente madrileño,a soluzón escondida no tableiro de xadrez pintado no cadro,o restablacemento da xustiza tantos séculos despóis,....Estóu certo que inspiróu moitas semellantes,código da vinci incluido...(por certo,ben peor,,,)

Anónimo dijo...

Vexo nunha desas páxinas que os chistes de galegos están entre os de "espacio" e "genios y deseos"; os de "catalanes" entre "camareros" e "cielo e infierno", e os de vascos entre "varios" e "viejecitos". Non lles hai doutras "comunidades", se exceptuamos os de Lepe, claro está.
E aínda puido ser peor, porque tamén hai chistes de "mariquitas", "vagos", "borrachos", "avogados", etc.
Eu creo que o único xeito de acabar cos chistes de galegos é cinguirmonos máis a España. Primeiro, de raíz, fóra o idioma. Logo xa nos encargaremos do acento. Paco Velázquez pode ser un estímulo a este respecto. Tamén hai que queimar toda canta película fique por ai con xan das bólas.
En fin; estou desexando que chegue o AVE. Todas as nosas cuitas rematarán para entón. Por fin poderemos enchouparnos, qué digo enchouparnos, enlixarnos con toda esa literatura nacional dos prada, raúl del pozo, alatriste, e mais os epígonos de cela e umbral.
Agora en serio. Visto que nos queren nada os nosos irmáns, creo que habería que separarse, divorciarse, alonxarse, independizarse. Propoño, catalanamente, unha separación de bens, e que nos devolvan os emigrantes.

Anónimo dijo...

1.- Chiste de gallegos: "Hombre lobo"

Se encuentra un señor a las cuatro de la mañana al hombre lobo en la calle y le pregunta:

Oye, tú de donde eres? A lo que responde el hombre lobo

De OUUUUUUUUrense

[Xa ven que ouuubeamos nos chistes...]

Anónimo dijo...

Busca no google:
"chistes de gallegos": 180.000 páxinas.
"chistes de españoles": 51 páxinas.

Anónimo dijo...

Si, claro, amigo González, pero o que eu pregunto é sobre a fiabilidade dos datos usados para chegar á conclusión que se chega, no sentido de que eses datos teñan representatividade estatística e non estean nesgados, ben por estar sobrerrepresentadas algunhas comunidades (o caso de Galicia parece claro segundo a información que vostede achega aquí) e outras infrarrepresentadas (os casos de Madrid e Murcia parecen claros consonte á información que tamén achega aquí).

Como comprenderá, non vou saír agora correndo de onde estou para ir mercar ANT. Quizais mañá, se me lembro, a merque. Mirarei, daquela, a base documental e o seu tratamento, iso no caso de que o traballo mencione a metodoloxía e procedementos utilizados.

Ademais, e baseome só na intuición, non creo que en España se conten máis "piadas" dos galegos que dos habitantes de Lepe (os famosos "leperos").

As simples procuras en Google non son representativas de nada. Vostede, González, creo que entende perfectamente as miñas dúbidas metodolóxicas. Con outros xa nin vou tentar explicarlles nada.

Finalmente direi que, en todo caso, non comparto a visión vitimista -e, no fondo, acomplexada- que adoitan ter algúns nacionalistas galegos. Vostede, xaora, non é, na miña opinión, deses.

Anónimo dijo...

A mín os que me gostaban eran os do "inglés,francés e o galego".Algun deses contos usáraos no seu programa de TV,un sociólogo,non lembro o nome.O programa chamábase "Las reglas del juego",fai xa...eu qué séi...¿trinta anos?

Marcos Valcárcel López dijo...

Cando fora o barullo dos chistes de galegos na Arxetina, ANT sacará unha reportaxe reproducindo varios deles. Lembro un deles que dicía algo así:
"Vai unha muller a unha comisaría e denuncia que foi violada.
O policía pregúntalle se ten algunha pista de quen foi.
Ela responde: foi un galego.
Por que o sabe? Dille o policía.
Porque lle tiven que botar unha man, remata a muller".
Eran case todos tan infumables como este.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, daquela xeira MONXARDÍN sabe unha anécdota moi boa, totalmente real, de Alfonsín, os chistes de galegos e os mozos de Galiza Nova. Pero prefiro que a conte el, que o vai facer mellor ca min.

Anónimo dijo...

Aínda ninguén demostrou, metodoloxicamente, que os chistes de (léase contra) galegos existan, nin que haxa prexuízos contra os galegos. Ás probas (que de momento no aporto) me remito. Demóstrenmo. A mí la estadística: xa me van facendo a proba de Fischer, a "t" de Student e varias Anovas.
E isto non vai por ningún dos precedentes. Afortunadamente, non todos os nacionalistas son coma vostedes.

Anónimo dijo...

¡Guau! ¡a "t" de Student! Sí que é RARO eso eiquí.¡A este post habrá que aplicarlle a de Poison!XDDD

Anónimo dijo...

Poisson,mellor dito.Joer,que lapsus.Veneno x Peixe.

Anónimo dijo...

Eu cóntovos un,quizáis xa o sabedes,de matemáticos,enxeñeiros e xeógrafos.
Viaxan en tren por Escocia un xeógrafo,un matemático e un enxeñeiro.Mirando pola fiestra,ven pastando unha ovella negra.
O xeógrafo anota nun caderno:en Escocia as ovellas son negras.
O enxeñeiro,anota:en Escocia hai ovellas negras.
O matemático,anota:en Escocia,existe polo menos unha ovella que polo menos é negra por un lado.

Anónimo dijo...

A min os chistes de galego non me afectan, quero dicir que non me sinto insultada. Non me fan gracia pero tampouco me indignan. Igual é porque en Arxentina todos se empeñaban en contarmos. Quedei inmunizada daquela.
E volvendo a Reverte, o que non me gustou da Tabla de Flandes foi o ton xeral do argumento. Abúrrenme ese tipo de tramas, e as personaxes sibaritas. Non lle nego orixinalidade, so que non me atrae o argumento.

Anónimo dijo...

O artigo de ANT indica que canto a chistes, por localidades, gañan os de Lepe. Por "comunidades" ou países, di o que di e a min paréceme razoable.

Non me parece que os prexuízos sobre os alóglotas fosen a menos, sobre todo en determinados ámbitos; é máis, as tensións nacionais atizadas nos últimos tempos poden contribuír a avivalas.

Canto a América, unha boa parte dos chistes de "gallegos" débense referir a galegos propiamente ditos. Resulta demasiado obvio citar a Mafalda, pode obrar na mente de calquera. Por outra banda, no seu día (cando di o Marcos), o propio Ménem o recoñecera, indicando, por outra banda e con bastante elegancia, comprender ben a circunstancia na súa condición de árabe.

A verdade: non me parece que ultimamente predomine o vitimismo entre os favorecidos por tales simpatías. As iniciativas dos nacionalistas galegos en relación con dicionarios e outras cousas amosan, máis ben, designio de deixar de dar por boa ou inevitable tanta graza. A min persoalmente, a verdade é que, coma á Hormiga, tanto me dá; se non se lles ocorre outra cousa, é asunto deles.

Anónimo dijo...

Onte falábamos de Martí.(Martíii,no debió de moriiir...)

Martí e a patria

Anónimo dijo...

A polémica sobre este asunto xurdiu porque eu desacreditei o sistema de investigación para chegar a eses resultados. O exemplo que pon XDC sobre matemáticos, xeógrafos e enxeñeiros exímeme de maior detalle. En efecto, o único que desvela a indagación por Internet é que hai 183000 chistes de galegos (incluidos españois nas américas) nas páxinas web A e B e na busca de Google. Máis nada: a mín, como se ve, sempre me gustaron as matemáticas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Se Monxardín non conta a anécdota de Alfonsín, contoa eu... (isto era só para chegar ós 100 comentarios no post)

Anónimo dijo...

Eiquí dóulle unha idea ós guionistas dos Simpson,que tampouco me extrañaría que andiveran por eiquí.
A escena do conto anterior da ovella negra.Terminan de facer as anotacións,e os outros dous vótanse a rir do matemático e a súa tolería.Naquelo,a ovella dase a volta i resulta ser...amrilla,ou a cadros,eu que seí...

Anónimo dijo...

Sobre chistes de galegos:

http://www.elaleph.com/libros.cfm?item=7720966&style=libro_usado


http://www.deremate.com.ar/accdb/viewitem.asp?idi=16626484

http://www.celtia.info/culture/humour/gallegan/index.html#jokes

Pepe Muleiro é o seudónimo de Ricardo Parrota.

Anónimo dijo...

Aínda non tiven vagar de visitar tantas páxinas de chistes de galegos.Na maioría,pódese sustituir "galego" por calquera outra nacionalidade,profesión,etc. sin que afecte esencialmente ó chiste.Os que que resten,esto é,aqueles nos que o protagonista teña que ser expresamente un galego pra que o chiste teña senso,serán sen dúbida dignos de analisis.

Anónimo dijo...

Entre nesta e navegue pola páxina.
É sorprendente.

Anónimo dijo...

Anónimo,esquecéu especificar o enlace XDDDD

Anónimo dijo...

Perdón.

http://www.celtia.info/culture/humour/gallegan/index.html#jokes

Anónimo dijo...

Na páxina pódense ver cousas como esta:

http://www.cafepress.com/celtia_galicia

Anónimo dijo...

Vexo que ninguén me fai caso. E deberían facermo!!!!

Entrén aquí:

http://www.cafepress.com/celtia_galicia.11781337


Se alguén non entende o texto,máis ou menos é esto (perdón polos posibles erros):

Faino por Galicia !
Os panty-minimalistas aman os nosos tangas sport que cubren puntos sensibles sen cubrir os seus traseiros; O último en modelos de pantys. Esta prenda interior vese por fóra en pantalóns de cintura baixa. Guinda estas “bragas- mensaxe” ao escenario á túa estrela favorita de rock ou comparte un mensaxe sorpresa con alguén especial...máis tarde.

Ollo! son MADE IN USA