14 oct 2007




Como galegos (épica de supermercado)
Pan por Pan domingo 14 outubro

Arrasa no You Tube, nos blogs e en todas as webs de Internet: o anuncio da cadea Gadis titulado Vivamos como galegos”. Dende logo os publicistas acertaron: eu diría que é o anuncio necesario neste momento. Iso debe explicar que xa houbese máis de 170.00 descargas na rede dunha simple mensaxe en principio comercial. O anuncio subliña todos os xeitos de ser máis positivos do galego (relativismo, comidas e festas, sociabilidade común, etc.) e mesmo se permite unha gran arenga épica final estilo “Braveheart”. Remarca a imaxe galega da empresa e despide optimismo por todos os poros: “como aquí en ningún sitio, a xente aínda é amable”; “onde a xente non é fea, é riquiña”, etc. E esa é a función principal da publicidade: vender unha imaxe amable. Neste país, tan necesitado de lecturas en positivo, unha dose de hiperoptimismo tampouco sobra.

Que falen de un...
Pan por Pan 16 outubro

Sigamos coa épica do supermercado, pois así lle chamei no meu blog ó anuncio de Gadis. Moita xente está entusiasmada con esta campaña e seica o vicepresidente da Xunta falou dela esoutro día. Hai, con todo, obxeccións. Algúns lembran que o empresario que está detrás, Tojeiro, é o mesmo da polémica Reganosa e insinúan que estamos ante un lavado de imaxe da empresa. Outros apuntan posibles pegadas doutros anuncios semellantes: son evidentes as coincidencias da segunda parte coa publicidade dunha cervexa arxentina (Schneider), por non falar do espírito próximo doutro spot canadiano. A arenga a cabalo do heroe, inspirada en Braveheart, ten tamén antecedentes no Espartaco de Kubrick: Kirk Douglas dirixíndose ó seu exército de escravos. En calquera caso, os publicistas conseguiron un éxito indiscutible: aquilo de “Que falen de nós, aínda que sexa ben”.

90 comentarios:

Anónimo dijo...

Tamén anda por ahí unha campaña de ¡Quero se galego!,creo que de cervexa...Teréi que fixarme pra ver qué información suliminal sobor da nosa identidade,real ou arquetípica ,manexa...

Anónimo dijo...

Gadis é, seica, de Tojeiro, o dono de Reganosa. Quizais estea a pagar unha contrapartida patriótica ("facer país" co anuncio) ao conselleiro de insdustria:

- Non che poñemos inconveniente á planta de gas, pero ti fas un anuncio que eleve a nosa autoestima.
- Feito.

Anónimo dijo...

É que hai empresarios e políticos que son moi cucos.

O país tenlles que estar moi agradecido.

Anónimo dijo...

O pertinente comentario e as fotos comprometidas no blog de Perfecto Conde:

Blanco e Tojeiro en amor e compaña

Anónimo dijo...

Unha de cal e outra de area. Estes da UPG non saben a que carta quedarse:

"... tamén se referiu ao traballo do bipartito. Rodríguez considera que o cambio política “vai lento”. Segundo o líder da UPG, isto débese a que hai procesos como o das políticas agrarias que son “longos” pero advertiu que noutros casos débese a que “non se sabe a onde se quere ir”.

Anónimo dijo...

E isto outro de que vai? Alguén o podería explicar?

Desfase orzamentario (novo) na Cidade da Cultura

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tojeiro foi nomeado fillo predilecto da vila de As Pontes polo alcalde nacionalista, varios anos despois de levar para Betanzos a loxística toda de Alimentación Tojeiro, despois Aldi e finalmente Gadis (ou distribucións Gadisa) que fixera nacer en As Pontes con todo o seu "esforzo persoal" naquelas épocas douradas do franquismo non sociolóxico precisamente.
Non sei se hai connivencia, pero, desde logo, os cartos gastados polo Estado en infraestructuras industriais nesa zona (con Reganosa, a gasificadora de As Pontes e o ciclo combinado para a central térmica, co carbón de Wisconsin que chega pola autoestrada recén construida no horizonte) nos últimos anos pode explicar a relación tan estreita (eu engadiría obrigatoria) entre Tojeiro e calquera conselleiro de industria que por alí apareza. A cambio dun anuncio? Paréceme brincadeira inxeniosa, pero pouco máis.

Anónimo dijo...

Vale, Arume, pero vostede a quen apoia no caso da gasificadora? É que non entendo ben a súa exposición.

Anónimo dijo...

O que eu quero dicir é que as relacións estreitas entre Tojeiro e o conselleiro de Industria, de habelas, proceden da alta inversión que tanto o Estado como o propio Tojeiro teñen comprometida e realizada naquela zona de Ferrolterra.
Estamos a fixar o branco en Reganosa porque evidentemente a ubicación da planta non pode ser pior, tendo en conta ademáis que non moi lonxe o porto exterior de Ferrol podería albergar tal industria. Pero é que a construcción en Ferrol da gasificadora sempre estivo en relación coa construcción simultánea nas Pontes dun ciclo combinado para suministrar enerxía á central térmica. Esta, despois do peche da mina, estaba sendo alimentada por carbón de Wisconsin que viña por barco ata Ferrol e dalí á central de As Pontes. Para iso tamén se construiu unha autostrada, que, coa idea de desenrolar o corredor cantábrico (ollo: a case 40 kilómetros do mar), agora vai dar a Vilalba desde Ferrol. Todos estes investimentos, que dependían da decisión de Tojeiro de crear esa planta en Ferrol (non en Mugardos, pero parece ser que logo sí), foron premiados e/ou agradecidos ao tempo pola vila de As Pontes co nomeamento de fillo predilecto por parte do alcalde á sazón nacionalista. Por tanto, que o conselleiro de Industria e Tojeiro podan levarse ben non é máis ca un froito das estratexias empresariais e industriais daquela zona.
E, agora con alcalde socialista, as propostas inclúen mesmo o traslado de Ence para aquel Springfield sen Simpson que o conte. Sen contarmos ese lago artificial e outras miles de cousas (refugallos) que queren para alí.

Anónimo dijo...

verdade é que este anuncio tal como denuncia un blogueiro no Croques de Conde é un plaxio dun anuncio da cerveza schneider arxentina.. Pódese ver en http://es.youtube.com/watch?v=qMp-8TA_FFc

Anónimo dijo...

Aínda ben, Arume, que de vez en cando alguén conta as cousas todas e non a cuarta parte.

Xaime dijo...

...Bueno...

Anónimo dijo...

Ou sexa, que a política do conselleiro de industria (da UPG) é a correcta verbo da planta de gas. E que todas as demais persoas que están en contra -incluídos moitos membros do BNG e moitos veciños- están errados e quéixanse por vicio.

Está ben que llo expliquen a un, porque sempre lle contan a cuarta parte e, claro, ten unha visión nesgada, interesada e incompleta das cousas.

Non hai nada como a obxectividade.

Marcos Valcárcel López dijo...

Sobre o anuncio, xa está en todos os blogs un comentario de alguén sinalando as súas evidentes influencias (quizais alguén da competencia?): é evidente o paralelismo na segunda parte co anuncio da cervexa chile. E algo ten do espírito do anuncio canadiano. Outros remiten a cousa á campaña optimista e festeira dos "festorros" de Estrella Galicia. Tamén é evidente, aínda que o negue a empresa publicitaria, a fortísima pegada do Braveheart ó cabalo, pero aínda se podería engadir que o Mel Gibson ó cabalo tamén se parece moito a aquel Espartaco de Kubrick e Kirk Douglas arengando os escravos. Todo comunicado: plaxio? Supoño que na publicidade estas cousas son moi comúns, non?

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor: non sei por que quita das miñas verbas semellante conclusión. Eu trato de contextualizar as especiais relacións de boa parte da militancia ferrolá do BNG (non UPG, ollo, máis ben a CIG metal) con respecto a Tojeiro. En As Pontes, concretamente, onde o poder da CIG e BNG é moi notable e notorio, pode un preguntar en calquera lugar a calquera pola gasificadora (tanto a de Ferrol como a de As Pontes) e pode levar por resposta a defensa dos postos de traballo malia todo. Un destacado membro da executiva do BNG, non da UPG, senón camilista, razonaba así: "Agora que está feito, haberá que apandar con eso: o importante é que Reganosa ten capital galego". Nin se lle ocurra, por suposto, amigo Apicultor, insinuar por aqueles pagos calquera impedimento ou obstáculo para que traballe Reganosa. Augúrolle unha ollada incómoda como mínimo.
O Director de Reganosa, de orixe bilbaino, foi anteriormente director da mina de Endesa. Por tanto, é home vencellado a As Pontes e á Ferrolterra desde hai moito tempo. Coñece ben a bisbarra e creo que coñece moi ben aos cadros sindicais da CIG (case hexemónica en As Pontes) desde hai moito tempo.

Anónimo dijo...

McFerrin, Vigo Lighthouse, today:
Hai unha semana lía no grande xornal madrileñista de Arteixo unha noticia de oito ou dez liñas nas que se daba conta de que un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos e que, en consecuencia, trescentas persoas, ben contadas ao parecer polo corresponsal anónimo, nin unha máis nin unha menos, se manifestaron contra tal tránsito e contra tal actividade insalubre e perigosa para a seguridade dos seres humanos. Estas poucas liñas facían mención lacónica de que un grupo de veciños (non mencionaba o protagonismo dos de Meá ou Mehá) leva 76 días de encerramento na casa do concello de Mugardos en protesta contra a emprazamento da planta regasificadora do, ao parecer todopoderoso, señor Tojeiro dentro da Ría. Parco pero certo.
Ora si, no mesmo número do mesmo xornal coruñés de que falamos, vimos que a información de poucas liñas sobre a planta de REGANOSA viña seguida de oito ou dez páxinas completas, entre as cales unha de publicidade aberta da citada REGANOSA, pre-enchidas de brillante prosa e brillante despregue fotográfico sobre a candidatura da parte dazaoitesca de Ferrol á condición de Patrimonio da Humanidade, que é cousa que nunca certei a saber en que consista. (Deixemos, por hoxe, sen considerar o desprezo que os políticos de Ferrol demostran, desde sempre, polo seu casco histórico medieval, máis ben invilecido, e que só teñan ollos para o Ferrol militar borbónico e producto do Despotismo Ilustrado).
Tamén eu gosto do Ferrol do século XVIII, home non. Pro iso non me impide observar que o xornal de que falamos utilizou a imaxe e o esplendor da enxeñaría e a arquitectura neoclásica emanada da razón cesarista borbónica para ocultar que o medio ambiente, a salubridade e a vida das persoas están ameazadas realmente pola planta regasificadora de REGANOSA dentro da Ría cando onda no Prioiriño Pequeno (o de "Chico" vén do Ministerio da Mariña, Madrid tamén) hai sitio dabondo para a súa instalación. A beleza, a proporción, a severidade, a grandeza do espírito militar neoclásico constituiron no seu día atributos a un tempo utilitarios e belos, por non dicer funcionais, dunha cidade-enclave estretéxico do Despotismo absolutista. Hoxe, ese Ferrol de pedra clasicista está a servir como pantalla de distracción destinada a ocultar o Ferrol e os núcleos de poboación da ría que leva o seu nome onde que viven seres humanos que se sinten ameazados por unha fábrica de gas que pode ocasionar unha catástrofe. Se eu fose profesor de xornalismo, sen dúbida daría unha clase práctica sobre manipulación da opinión baseándome nas páxinas do xornal que provocaron esta columna. A Historia da Arte ao servizo da ocultación da realidade, titularíase a lección.
Lean o libro Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol, por Enrique Barrera Beitia e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. Procúrenno na Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol porque é duro de o atopar por aí xa que, dalgunha maneira, é un libro prohibido polo poder realmente existente. Demasiados intereses políticos e económicos pesan sobre o asunto da gaseira de Mugardos. De momento, a colusión entre PP, PSOE e BNG coincide en todo co espírito demostrado no Hórreo por estas tres forzas para designar un Valedor do Pobo de quen imos ter que velarnos.

Anónimo dijo...

Ata o punto en que poida dicilo eu (que sei algo, intúo outro pouco e ignoro bastante) coas súas achegas de primeira man sobre As Pontes, Arume, favorece noutro cuarto a consecución dunha cabal avaliación global sobre Reganosa, Ferrol, Mugardos, a política enerxética, as responsabilidades políticas e resto da guedella. Claro que tales "relativizacións" nunca as podería facer eu, que como nacionalista convicto e confeso resultaría sempre sospeitoso.

E é que é abrir a boca e saltar o incomodo.

Anónimo dijo...

Até onde eu sei, que é pouco e nesgado, inclínome pola postura expresada por Méndez Ferrín e polos veciños que se opoñen á planta regasificadora tal como está deseñada.

Mais non por iso descarto que sexa como di vostede, Arume, e que unha máis ampla porcentaxe de xente da comarca aposte polo "pan para hoxe e plausible desastre para mañá". Posición farto habitual e non só nos da ría ferrolá.

O problema de efectuar determinadas contextualizacións é que, moitas veces sen que o pretendamos, damos os seguintes pasos: primeiro "contextualizamos", logo "comprendemos" e, finalmente, avalamos as políticas de "feitos consumados", cuxo prinipal problema é, precisamente, o alcance deses feitos consumados. E a min -repito: cos datos escasos de que dispoño- o asunto non me pinta nada ben.

Daquela, relativicemos todo o que queiramos (quer sexa desde a pureza incontaminada, desde o intento de entendelo todo globalmente -por convictos ou non-, ou desde intereses espúreos), pero o que eu pregunto é ben sinxelo aínda que de non doada resposta: deixámolo estar como está (e fiamos todo ao deus dirá) ou é xusta e necesaria a loita actual dos opositores?

Agradecería esforzos para respostar a esta incómoda pero inaprazable pregunta.

Anónimo dijo...

A secuencia desde a contextualización ata o aval non é forzosa. Eu, desde logo, fixen explicación ou descripción do panorama.
Agora ben, os opositores, entendo, son de dúas categorías: os que non queren gasificadora e os que non queren gasificadora en frente de Ferrol, en Mugardos. Entendo que son maioritarios os que entenden que debe (e pode) ir emprazada a pranta no porto exterior, lugar que carece das infraestructuras que para o de Mugardos foron feitas con dilixencia extrema. Non creo que tal lugar molestase demasiado, pero está por ver tamén. Polo menos eu non teño datos de que poida ou non contaminar ou resultar perigosa. Dame que perigo sempre vai haber. (Entre paréntese direi que para Xixón hai prevista unha semellante, causa da celeridade co que goberno Fraga adiantou prazos).
A loita, creo eu, que levan en Mugardos é fundamentalmente para que a pranta lisque dalí para fóra da ría. Pero non sei se tamén queren que non exista tal opción. Non o sei. Para mín é razonabilísima; non me cabe ningunha dúbida, sobre todo para os que coñecen a zona ou queiran ilustrarse cun pequeno click sobre Google Earth. Eu creo que están a tempo para mudar de lugar.
Outra cousa é que His master's Voice tome a decisión de emprendela como coa cidade da cultura. Pa mín que non. O dos caderniños dos que fala o amigo Ferrín vale tamén para consellerías que enchen xornais que son unha marabilla.
De todas formas, amigo Apicultor, creo que deixei algúns comentarios ao fío da descripción que podían ser interpretados neste senso, sobre todo a alusión a ese amigo pontés que cifraba todo na galeguidade do capital, ou máis ben na galeguidade ou aspontesidade do dono do capital maioritario da empresa, de curiosa e galeguísima terminación "Rega, a nosa".

Anónimo dijo...

Quixen dicir razonabilísima a loita, non a opción de levalo todo para fóra da ría.

Anónimo dijo...

E sobre a campaña de Gadis, se se demostra que é un plaxio e, polo que se comenta, advírtense a cada paso as "influencias", quere dicir iso que o anuncio vale para toda circunstancia e para todo país?

Anónimo dijo...

Non séi se é plaxio ou sinxelamente o equivalente audiovisual de certos recursos literarios:parodias,práfrases,etc...

Anónimo dijo...

É que a publicidade, amigo Arume, non ten patria.

Ou dito doutro xeito: para a publicidade todo é patria.

(Enténdase figuradamente).

Anónimo dijo...

Eu teño, en efecto, opinión sobre Reganosa. Por ese e outros motivos, un cansa xa no papel de sospeitoso habitual, aquí coma noutros lugares.

O tema Reganosa ten un aspecto social-ambiental e un aspecto político. Calquera pode considerar os dous ou prescindir dalgún deles; mesmo pode descualificar o que opta pola postura que é diferente á da del. Eu pretendo ter en conta as dúas.

Reganosa está en moi mal lugar; Reganosa é -parece ser, polos datos que me chegan- moi conveniente en termos económicos, necesaria incluso para o desenvolvemento do país, a competitividade. O Arume volve ofrecer datos substantivos ao respecto. Reganosa estaba mellor en Caneliñas, é máis, algún día terá que estar ou iso espero. Os veciños de Meá, os habitantes da Ría de Ferrol deben estar razoablemente alarmados coa actual situación da planta; as súas mobilizacións serán calquera cousa menos mobilización sen sentido.

Ata aquí, a parte socio-ambiental; ao mellor ata salvei parte da miña presumible mala cara. A segunda, que posiblemente non a mellore, irá máis tarde, co seu permiso.

Anónimo dijo...

Home, Saavedra, non abunde máis nesa idea (convicto, mala cara, ...), que despois veñen as acusacións de vitimismo, e xa se sabe o que pasa.

Francamente lle digo que no discurso actual do nacionalismo semella que se instalou unha sorte de oriental "harmonía dos contrarios". Ou dito dun modo máis enxebre: que quere estar en misa e repenicando.

E vostede -pero non sempre- non é alleo a esa dinámica bifronte. Por exemplo, leo no seu artigo un cántico á produtividade, pero despois noutras ocasións defende as subvencións a pequenas empresas das que se pode dicir de todo... menos que sexan produtivas.

Na miña falible opinión, nisto de Reganosa o nacionalismo está a facer seu unha sorte de nova versión do ambiguo lema do PSOE verbo da OTAN: De entrada, non. E que vén a dicir algo así como: Deixémolo estar, pero agardemos a un futuro mellor. Ou quizais todo non sexa máis que un aggiornamento do vello dito tan caro a don Vicente: Deus é bo, pero o Demo non é malo.

E non mo tome a mal, que é dialéctica... de contrarios.

Anónimo dijo...

Non me digan que esta non é unha noticia "extraordinaria".

El tratarase dun exemplo da "santa desvergüenza" da que falaba Monseñor como característica dos opusinos?


A web do Opus Dei galeguízase

O portal oficial da entidade católica está dispoñíbel en 25 linguas e ten versións de 61 países.

A web da prelatura católica Opus Dei conta dende este mes cunha versión na nosa lingua. Con esta incorporación, a páxina xa conta con textos en 25 linguas e contidos de 61 países. A iniciativa coincidiu co quinto aniversario da canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá.

Segundo indica a súa delegación en Galiza, o portal en galego inclúe unhas seccións fixas e outras que se renovan, como a actualidade da Prelatura e testemuños. Na web pódense ver vídeos, cartas do prelado, a historia do Opus Dei en Galiza e un servizo de información e resolución de dúbidas.

Marcos Valcárcel López dijo...

E sacará unha nota de apoio a Mesa N.L. sobre esta galeguización, como se fixo outras veces?
é brincadeira, aínda que...
na galeguización do país entra tamén o Opus Dei? Significa isto que avanzamos quizais?

Anónimo dijo...

Eiquí está o enlace

Anónimo dijo...

Nos séi se o fixen bén:

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois creo que non, sr. XDC. Pode intentalo de novo...

Anónimo dijo...

A ver se estes do OPUS teñen algún sistema pra neutralizar estes enlaces,que esto xa parece cousa do Demo...

Anónimo dijo...

Pois non hai maneira

A ver así:

http://galego.opusdei.org/

Anónimo dijo...

Pero opusdei non era primeira persoa do pasado do verbo opusdar? Pero si xa estaba en galego. Claro que polo Salnés din opusdin.

Anónimo dijo...

Deixemos aparte a miña presunta inconsistencia, que humanos somos e polo camiño nos aclararemos, se hai ocasión. Teño pendente unha segunda parte, e non quería deixar a cousa a medias.

O aspecto político dos conflitos sociais é sempre relevante, aínda que sempre todos parezan dispostos a telo en conta. O asunto Reganosa, en tal sentido, é ben interesante.

Xa dixen que o meu coñecemento do caso non é completo. Do que leo, deduzo o seguinte: cando o proxecto para dentro da ría se materializa, un grupo lidera politicamente a oposición; ese grupo, o BNG, ostenta a alcaldía ferrolá e é o único en interesarse pola cuestión -mediante mocións reais e efectivizadas- no ámnito das Cortes Estatais.

Ao pouco, o BNG experimenta no seu corpo orgánico unha desas contradicións inherentes a, parece, todo grupo político que acada dimensión relevante: entra en conflito a lóxica opositora (de base social, ambiental e a máis consoante coa filosofía política da organización) cos intereses que asumen dúas localidades cuxo alcalde tamén é nacionalista, Mugardos e As Pontes. No debate interno prevalece a posición dos "industriais" -onde a prioridade é outorgada ao emprego, á ameaza de precarización laboral-, de resultas a oposición á regasificadora dilúese e a organización nacionalista na cidade de Ferrol queda non escindida, pero si esgazada.

Con todo, o BNG non apoiara que Reganosa se instalase na ría (iso fora o PP). É cando a obra está avanzada, e parala suporía atrasar a posta en marcha da regasificadora (supostamente asumindo unha perda de competitividade) cando na organización nacionalista se producen os movementos e desenlace anteriormente indicados.

O remate das obras, posta en marcha da planta e mobilización social prodúcese en precampaña e campaña electoral. O resultado das eleccións é o seguinte: o PP repite número de concelleiros, aínda que a dereita, no seu conxunto, perde tres; o PSOE, que apoia a planta, pasa de 4 a 9; IU dobra representación logo de opoñerse a Reganosa (curioso que en Xixón, presunto competidor de Ferrol ao respecto, IU apoie a regasificadora sen reparo); o BNG perde dous terzos do que tiña.

Como observador, eu podo extraer conclusións de tal proceso ao mellor un pouco sorprendente. O deterioro da dereita parece lóxico, con ou sen Reganosa: Ferrol amosa un desánimo social notable, o exercicio do poder seguramente desgasta e máis se tal poder non é novo. A caída do BNG, durísima ata extremos se cadra a priori dificilmente concibibles, tamén se pode entender bastante ben: Reganosa pesa, xaora, pero máis aínda sen dúbida a situación orgánica e un candidato cuxa idoneidade me sitúa ante un retórico mar de dúbidas; a suba de IU non deixa de poder ser comprendida, polo perfil persoal da líder e o feito de que todo neles é novo, ata que as contradicións aparezan. A proxección do PSOE, para min (non ferrolán), un misterio: de ser por Reganosa, ben claro é que non figuran precisamente entre os máis firmes opositores, sexa cal for o papel dalgún militante no proceso mobilizador.

Eu penso que, xa que do Bloque falamos -xa é costume- fundamentalmente, aquí coincidiulles a crise de madurez, unha combinación perniciosa de datas e desempeño orgánico tan deficiente que nin que llo deseñase o inimigo. Así e todo, ségueme parecendo incomprensible que apareza coma o malo máis malo de toda a película, para tanta xente. Que ata os que adoitan falar mal de Beiras -falando mesmo de oportunismo, ou case- encomien o seu desempeño neste caso. Que de todo o acontecido se infira un eixe Tojeiro-Paco Rodríguez, aludindo de paso (espero que sexa coña) á alianza histórica entre o Partido e a burguesía nacional. Mesmo que se considere sospeitosa unha aperta de mans entre empresario e conselleiro ao coincidiren nunha inauguración.

Mira que era fácil a cousa: "As relacións estreitas entre Tojeiro e o conselleiro de Industria, de habelas, proceden da alta inversión que tanto o Estado como o propio Tojeiro teñen comprometida e realizada naquela zona de Ferrolterra". Díxoo o Arume, non eu, e parece tan razoable...

Anónimo dijo...

Refago, con énfase para mellor comprensión, o segundo parágrafo da mensaxe anterior:

"O aspecto político dos conflitos sociais é sempre relevante, aínda que NON sempre todos parezan dispostos a telo en conta. O asunto Reganosa, en tal sentido, é ben interesante".

Anónimo dijo...

Está seguro que houbo tal debate interno? Quero dicir, un debate formalizado nos diferentes órganos competentes locais e nacionais, ou é que todo se resolveu -digámolo así- "informalmente"?

Anónimo dijo...

Supoño que se refire ao debate interno do Bloque en relación con Reganosa. Se tal, obviamente non lle podo dar garantías canto aos procedementos orgánicos; aínda máis, direille que non teño unha moi alta opinión sobre eles, aínda que menos democráticos cós das outras organizacións asegúrolle que penso que non son.

Pero unha cousa neste caso si que lla teño clara, Apicultor: debate hóuboo, tivo importante seguimento mediático e deu lugar á dimisión de dous concelleiros ferroláns, Xosé Lastra e María Luísa Sabio. Se pretende aludir a que todo o caciqueou Paco Rodríguez, con sinceridade lle digo que penso que o magnifican. Así se forxan certas lendas, se me desculpa unha ironía sen mala intención.

Anónimo dijo...

Comigo, amigo Saavedra, xa sabe que pode usar todas as ironías que queira, preferentemente con "mala intención", que sempre teñen máis miga.

Anónimo dijo...

Estou seguro de que a páxina do Opus Dei en galego ten nome e apelidos. Trátase dun militante do BNg en Vigo, profesor de galego nun colexio privado, que xa era do Opus cando entrou no BNG, haberá cousa duns dez anos. Moi bo rapaz, por certo. Atribúolle a el a cousa porque é o único bloqueiro-opusdeísta que coñezo.

Anónimo dijo...

Con intervencións como esta, amigo Leituga 1, vai provocar unha rentrée furibunda do Marcel Swann.

Anónimo dijo...

Alégrome ben de saber isto por "boca" do Leituga, aparente e habitualmente tan ben informado. Hai anos (sobre doce ou así), falaba eu cun compañeiro de traballo sobre a hipótese de que no Bloque puidese haber membros do Opus Dei; non encontraba daquela (nin encontro agora) razón ningunha que o impida, sempre que nos ateñamos estritamente, dunha banda, ao aspecto confesional-devocional, e pola outra, á lectura sen máis das esixencias mínimas de adscrición partidaria.

É certo, xaora, que o tal afiliado debe resultar moi rara avis, e que igual lle é preciso tragar sapos a barullo e con frecuencia, somo mínimo, semanal. Se tal, o seu grao de identificación e compromiso coas súas dúas escollas pode resultar admirable.

Polo que sabía eu hai algún tempo, tampouco no nacionalismo vasco abundaba a xente do Opus Dei, que en Euskal Herría deben estar basicamente en ou polo PP. Con respecto a Cataluña tiña menos referencias; con todo e ser a transversalidade máis corrente alí, tampouco non me parece que a UDC deba ser a súa opción preferente.

Noutros partidos (PSOE, ERC, igual tamén IU) ha de haber así mesmo opusdeístas, á luz do día ou nas catacumbas.

Anónimo dijo...

Como dicía aquel toureiro:

¡hay gente pa tó!

Anónimo dijo...

Gustaríame pensar que o OPUS é cousa mesetaria, de xersei posto polos ombreiros, de vallisoletanismo, de josenatonismo, de josemari o do de bigote chaplinesco, de fidalgo en praza de vila castelá cun feixe de pasteis nunha mao e o ABC na outra, de migas e ajo arriero, da España cecijunta e inquisitorial, de regüeldo de viño da Mancha malo e peleón, de misa de doce e as tertulias da COPE...

Anónimo dijo...

Pero non. En Gallaecia tivemos un rector dunha certa universidade de provincias (pai, disque, putativo do Estatuto) que pertencía a esa seita. Ben arroupado pola prensa local, mesmo gañou fama de galeguista, e aí o teñen en loor de galeguidade, dando entrevistas sobre o seu sobranceiro papel na mellora do estatuto...
A verdade é que nos seus tempos como rector enchufou profes e cadeirádegos da súa secta a esgalla, e manipulou un sindicato de traballadores que lle rían as grazas... Un santo.

Anónimo dijo...

Tamén enchufou a un actual deputado nacionalista. Daquela...

Anónimo dijo...

excusatio non petita, acusatio manifesta

Anónimo dijo...

Non sei que ten que ver o do xersei polos ombreiros con ser do Opus. Eu lévoo cunha gracia natural, por todos os meus ammigos (que para iso os teño) loubada.
Ademáis hai que engadir que a cúpula e campa completa do EAJ son os que mellor levan tal prenda.
Por outra parte, as migas "al ajo arriero" (que ou era asturiano ou era galego), tomadas ao parecer por eses supostos especímes, é prato que eu valoro moi positivamente. Entre o do pulover e o allo (por non falarmos da tendencia das miñas cellas por xuntarense), a ver se me estou volvendo do opus.

Anónimo dijo...

Oh, pois eu non uso case nunca xersei, e as poucas veces que o uso nunca o poño encol dos ombreiros. Daquela, carezo desa gracia natural. Menos mal que, en contrapartida, non son do Opus. Algo é algo!

Anónimo dijo...

Non sei se o anterior anónimo insinua que o rector do Opus tamén me enchufou a min.

Pois vai ser que non.

Anónimo dijo...

Non, home, non. O que pasa é que me fai moita graza que aproveite, "como quien no quiere la cosa" o meu comentario para meter baza dicindo que ese rector enchufou a un fulano determinado partido político.
Pero, en fin: vivir para ler.

Anónimo dijo...

(Non sei se vostede será o vello Marcel Swann esboscado nun anónimo)

Non, home, non. Non é "como quien no quiere la cousa". É porque vostede "me lo puso a güevo" e non o puiden resistir. Fíxese como deixei aberto o final a modo de parodia: Daquela...

Anónimo dijo...

Cando coñecín ao rapaz este do que lles falo (agora xa non tan rapaz), o opusdeista bloqueiro, pensei que alí só podían ocorrer dúas cousas: unha, que fose un inflitrado da secta de Escrivá para facer labor misioneira; dúas, que estivese completamente despistado. A verdade é que, sen que pasase moito tempo, tiven que recoñecer que o tal non era nin unha cousa nin outra. Está tan convencido do seu catolicismo opusdeísta como do seu nacionalismo galego, e concilia as dúas cousas sen o menor problema e coa maior convicción.
Agora as cousas xa non son como antes, que eras unha cousa ou eras outra. E cada cousa que eras incluía á súa vez unhas opcións e excluía outras. Agora vai todo á carta e misturado. A min paréceme ben. Pola variedade.

Anónimo dijo...

Menos mal que no PRISOE non hai opusinos...
Que mal o BNG... mira, até eles, que parecían tan puros, teñen sementes da ralea esa...

Marcos Valcárcel López dijo...

Para min, amigo "Hai que ver", que non é ese o espírito destes comentarios. En calquera caso, só salientar a inicial extrañeza dun militante que poida á vez estar no BNG e no Opus. En calquera caso eu teño algún amigo cristián, de forte formación intelectual, e simpatizante do nacionalismo (non militante, creo): mesmo oín comentarios de posibles pertenzas ó Opus, que descoñezo, pero iso non cambiaría o perfil que del teño. Supoño que o mundo moderno está marcado por ese tipo de contradicións: aló cadaquén coa súa conciencia. (Por certo, hai moitos, moitos anos, convidáronme de forma indirecta a asistir a uns actos do Opus, cando estaba perto da Universidade. Foron outros compañeiros meus, pero eu non acudín. Polo visto non tiña eu xa madeira de pertencer a esa caste de escollidos...)

mié oct 17, 03:32:00 PM

Anónimo dijo...

Permítame que puntualice un par de cousas. Se vostede repasa o fío completo (que, nun principio, trataba dunha campaña publicitaria da que debiamos copiar, senón a música, polo menos a idea), comprobará que certas persoas que partician aquí levan a auga ao seu muiño ideolóxico. As noticias créanse por selección e por omisión. Omítense todos os erros ENORMES da parte do goberno de Touriño e quedámnos coas anécdotas do sr Tojo e a súa connivancia cun alcalde nacionalista, os tipos feos e malos da UPG e, xa ultimamente, o tipiño do opus que seica era do Bloque.
Estan no seu dereito a levar a auga ao seu rego. E eu no meu dereito de facelo visible.

Anónimo dijo...

Tojeiro, non Tojo, pero xa me entenderon.

Anónimo dijo...

Suxírolle ao amigo anónimo que adopte un novo nick: "o desenmascarador enmascarado".

E, de paso, que explicite el mesmo todos eses erros enormes do goberno de Touriño.

Eu, desde logo, estaría encantado de lelos, e non teño ningunha dúbida de que Valcárcel lle ha permitir expoñelos aquí con total liberdade.

Así pois, ánimo e adiante, desenmarcarador enmascarado, leve ao seu rego toda a auga que queira.

Que polo líquido elemento non ha quedar a cousa, ho.

Anónimo dijo...

Moitas grazas por concederme a liberdade de intervir neste foro no que, polo que parece, vostede ten tanto que dicir. E tamén non xa só por me suxerir un "nick" senón por alcumarme con el e todo.

Anónimo dijo...

Non, home, non. Non me entende. Eu non lle concedo ningunha liberdade. O único que lle digo é que vostede mesmo a tome e a utilice. E santas pascuas.

Que sexa, en definitiva, un máis. Nin máis nin menos.

Anónimo dijo...

De calquera maneira, a min gustaríame saber,

se alguén do Opus Dei cre na xustiza social e loita por ela segundo entende;

e/ou pensa que Galicia, Euskal Herría ou os Països Catalans é/son nación/s e ten/teñen dereito á soberanía;

e/ou lle parece que o capitalismo é un sistema profundamente inxusto, aínda contra o criterio e actuación da (gran) maioría dos seus compañeiros integrantes da Prelatura;

e/ou cren na liberdade persoal e o dereito de aterse a ela nas opcións da vida;

ou, vaia, consideran que Zapatero é faro de progresismo, tolerancia e convivencia neste noso tempo,

¿por que non vai poder afiliarse ao BNG, Aralar, ERC ou mesmo o PSOE? E non haberá ninguén que cadre con aspecto ningún da incompleta fórmula anterior?

Anónimo dijo...

A min paréceme moi ben que cada quen teña as crenzas que lle pete, e mesmo que se poida sintir cómodo coas súas propias contradicións. No problemo!

Dito isto, teño que dicir que hai cousas que non casan ben de todo.

Por exemplo, crer "na liberdade persoal e o dereito de aterse a ela nas opcións da vida" e ser, ao mesmo tempo, membro do Opus.

O Opus Dei é unha prelatura (ou o que sexa agora) na que os seus membros asumen unha "doutrina" postulada pola propia organización. E non se trata dunha doutrina cristiá tout court (na que si cabería o principio sinalado anteriormente entre aspas), senón unha doutrina que implica unha interpretación fundamentalista do catolicismo.

Sendo así, esta interpretación fundamentalista do catolicismo NON ADMITE no plano doutrinal (outra cousa é que non lle quede máis remedio na realidade do conxunto da sociedade) a "liberdade persoal" entendida como que o individuo é realmente libre e moralmente capaz para establecer a súa propia e intransferible opción de vida libre de constrenximentos. Non.

Para os do Opus e outras organizacións análogas, a liberdade persoal só se entende como A liberdade para asumir o "verdadeiro camiño": aquel que dita a Santa Madre Iglesia e que traduce -dun xeito aínda máis fundamentalista se cabe- a propia organización. Outras opocións de vida (a homosexualidade, as parellas de feito, a eutanasia, o aborto, unha vida laica, por exemplo) son tidas como erróneas e moralmente desaprobables, aínda que deixan a porta abertas para a "rectificación" dos pecadores que os conduza a atopar o verdadeiro camiño.

Estas organización sectarias, ademais, establecen diversos graos de compriso aos seus adherentes, compromiso que non pasa -non pode pasar- polo pleno e real respecto á liberdade persoal. Unha "moralidade intachable" (sic.), un "comportamento exemplar" (sic.), uns ritos e prácticas (exercicios espirituais, convivencias, ...) ás que, en principio, ningún dos seus membros se pode substraer.

Que, con todo, un membro do Opus pode estar afiliado ao BNG, ao PSOE ou ao que sexa? Claro que si. Pero isto non exclúe que tal feito sexa unha contradición flagrante.

Cousa distinta é que o interfecto se negue a ver tal contradición. Como dicía o lema dun foreiro que lin unha vez en Arroutada: "Eu creo no que vexo, pero vexo o que quero".

Anónimo dijo...

Ou a ver se agora imos crer que o Opus ou os "Legionarios de Cristo" son simplemente unhas ONGs?

Anónimo dijo...

Onde digo "cre na liberdade persoal e o dereito de aterse a ela nas opcións da vida", quero dicir, notoriamente, "na liberdade persoal de cadaquén". É exercicio soberano da liberdade persoal asumir os compromisos de vida que un estime oportuno ou razoable; e, xaora, respectar o propio con respecto a cada un dos demais.

Un pode opinar o que lle pareza ou veña ben sobre as crenzas ou comportamentos dos demais; fano os do Opus e os que non son do Opus. A cuestión non é o que opine, senón o que faga: "non estou conforme con nada do que di, pero daría a vida...etc.".

Desde o meu punto de vista, o que organiza a súa vida como lle parece e respecta que o fagan os demais "cre na liberdade persoal e o dereito de aterse a ela nas opcións da vida".

Sobre contradicións e estar máis ou menos provisto ou libre delas, eu, mellor déixoo correr.

Anónimo dijo...

Pero é que, amigo Saavedra, para min que vostede comete un grave erro de apreciación.

Realmente pensa que o Opus Dei e outras organizacións análogas respectan aos demais que non fan nin cren no que eles mesmos fan e cren?

Pensa realmente en serio que os opusianos ou os lexionarios de Cristo darían a súa vida para que os demais puidesen desenvolver a súa dun xeito radicalmente diferente a como eles a conciben?

Non cre que toda crenza fundamentalista leva consigo un xerme de totalitarismo que, se acaso se desen as condicións propicias, xerminaría e infectaría ao corpo social vía imposición e coerción?

Ou eu son moi desconfiado ou vostede moi inxenuo, amigo Saavedra.

Anónimo dijo...

Francamente, Apicultor: onde menos un espera salta o despotismo; certas condicións propicias mostran por veces que o coitelo estaba en man inesperadamente ameazadora. Por veces, tamén, termos vólvense rótulos; e o aceno xeneroso agroma onde menos un esperaba.

En fin, mire: eu si que igual son un desconfiado. Sei seguro, con todo, que as opcións individuais non son de seu perniciosas, a non ser que se escolla explicitamente a desigualdade, o racismo ou a intolerancia como orientación social. Home, nin o Romay Beccaría me sulibeiaba nin o Acebes me chista nadiña. Falamos agora de opción individual, e das condicións actuais; que non poñen fácil ó abuso extremo -permitir, teriamos que falalo-, e por moitos anos.

Anónimo dijo...

Home, Saavedra, eu limiteime a contestar a algún dos interrogantes que vostede mesmo plantexou.

En concreto o de se "se alguén do Opus Dei... cre na liberdade persoal e o dereito de aterse a ela nas opcións da vida".

E eu contesteille argumentando que no Opus Dei iso é doutrinariamente imposible.

Non falamos, pois, exclusivamente de "opcións individuais", senón tamén de "opcións colectivas".

E o Opus Dei é un colectivo, ou non?

Anónimo dijo...

Vostede pon un pero na súa última intervención: "a non ser que se escolla explicitamente a desigualdade, o racismo ou a intolerancia como orientación social".

Racista non o sei, pero que o Opus Dei fomenta a desigualdade e a intolerancia téñoo bastante claro.

Outra cousa é que tal fomento teña uns límites ben evidentes, pero non por vocación propia do Opus, senón porque o corpo social e político non o permite. Afortunadamente.

Anónimo dijo...

Pois eu non vexo tanta contradición, como din os señores Valcárcel e Apicultor, entre militar no BNG ou no PSOE e ser do Opus Dei. O Opus tampouco é unha organización tan homoxenea como Apicultor dá a entender. Caben alí, dentro dunha orde, o que agora adoitamos chamar "diferentes sensibilidades" e supoño que a homxeneidade interna, ao ter crecido tanto a organización, terá afrouxado un algo. A persoa que lles digo, por suposto, non está a favor nin das vodas gays, nin do divorcio, nin do aborto. Pero eu creo que sabe distinguir perfectamente o que é a crenza relixiosa do que é a organización democrática da vida pública. No Opus pode haber xente máis tolerante (e o citado Romay Beccaria é un caso) e menos, como en calquera organización humana, pois iso vai máis cos xornes persoais que coas improntas orgánicas. Digo eu...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O problema non está no militante do Opus que pertence ao BNG, senón no BNG que pode admitir (involuntariamente, por suposto) a un do Opus. ;)
Para non ferir sensibilidades, vale cambiar de partido. Pero só por non ferir sensibilidades, non en honor á verdade.;))

Anónimo dijo...

Home, Arume, podía falar algo sobre este asunto. Cando se opina é inevitable que, ás veces, se firan algunhas que outras sensibilidades. A miña, a súa e a daquel. Pero debemos estar afeitose asumilo co ánimo disposto e con forteza de espírito, digo eu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, como o ínclito pai de Julito: raro, raro, raro.
Aínda que o baleiramento ideolóxico de certos partidos pode favorecer estas insólitas interseccións (chiscadela para da Coba).

Anónimo dijo...

Non me parece que sexa cousa de baleiramento ideolóxico, senón de ampla marxe conferida á opción persoal.

De seu, o Opus Dei chega coma unha organización devocional que fomenta a elevación persoal dos seus membros, os axuda, se interesa por que estes "triúnfen na vida" e en tal sentido actúen para o ben da Obra e da Igrexa; nada, en principio e polo tanto, que obxectar en termos democráticos.

Que extremos alcanza a "axuda mutua", como se contemplan ou conciben o triúnfo na vida e os bens superiores antes referidos, eis a materia conflitiva; ou sexa: que a Obra, de seu, non debería fomentar nin a intolerancia nin a desigualdade, pero certos comportamentos prácticos -xunto con acusacións ben precisas- dan que pensar e que falar.

Insisto, nin é problema do Opus nin do Bloque, dado que non se trata de integrar un no outro nin vice versa. Pode un membro do Opus Dei estar no BNG?. Parece claro que pode, e eu digo: é ben que sexa así. Estráñame, insisto, que non os haxa noutros grupos de certa entidade, incluída IU.

Escribiu Robert Musil sobre o investigador: "É un ser contraditorio, sufrido e enormemente enérxico!"; aplíquese ao ser humano, en xeral, e ás súas potencialidades.

Por certo, ben podía eu calar a boca: o Leituga explicouno ben mellor, e sen tanta historia.

Anónimo dijo...

E xaora, Apicultor, espero que non entendese da miña mensaxe penúltima que lle chamaba "despótico" a vde. Como ás veces parece que resulto algo abstruso, desboto por se acaso a posible suposición.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Desde logo, ser do Opus e militar nun partido de esquerdas é para mín literalmente imposible.

Anónimo dijo...

Daquela, e visto o visto, e habida conta que o Opus Dei é de seu tan respectuoso, heteroxéneo, democrático e tolerante, estou pensando seriamente en pedir a alta en benemérita prelatura.

Quizais así, coa súa axuda mútua, poida, se non aos altares, cando menos elevar a miña menguada conta corrente.

Anónimo dijo...

Apicultor, faga o favor: eu estou a xogar cos termos e os sentidos. Supoño que en calquera época, pero particularmente na actual, a letra é polisémica, e convértese en moral cando se volve práctica: ata aí, eu hoxe non cheguei.

Que o opusdeísta afiliado a un grupo político das características aquí mencionadas é minoría, quedou claro desde o primeiro momento; minoría non, excepción. A risco de pasar por inocente, asegúrolles a miña sospeita de que non todo membro do Opus Dei é millonario ou ten tal condición como obxectivo da súa vida. Ora que se cadra é mellor que cale, xa que a Obra como tal non se fai aquí presente.

E desculpen se mento o bicho.

Anónimo dijo...

Non cale, Saavedra, non ten por que calar, non se inflinxa ese tormento se non quer.

Ora ben, eu teño que deixar constancia dun feito: os tentáculos da Igrexa e da Obra chegan até os lugares máis insospeitados e proceden de onde menos un o espera.

É a "Santa Desvergüenza" da que falaba o fundador Monseñor Escrivá de Balaguer, que Deus o teña á beira do seu benamado Claudillo.

Anónimo dijo...

Vaia: ou sexa que os, por outra banda, anarko-liberais arume e apicultor ven que teórica, empírica e mesmo éticamente é raro raro e "literalmente imposible" pertencer ao mesmo tempo ao OPUS e a un partido de esquerdas... Manda nabo.

Anónimo dijo...

Reafírmome no dito na miña mensaxe precedente. O dos tentáculos...

Anónimo dijo...

OPUS DEI

Ref avH 10/70
nº l (Nueva versión)

Guión doctrinal de actualidad, nº 1; enero 1987. Anexo (nueva versión)

l.A-2

NORMAS DE PRUDENCIA EN LECTURAS

Libros de doctrina errónea o confusa

7. No deben leerse sin el debido permiso:

a) los libros que hayan sido expresamente reprobados por la competente autoridad eclesiástica;

b) los libros y artículos de autores no católicos, que traten expresamente temas religiosos, salvo que conste con certeza que nada contienen contra la fe o las costumbres;

c) todos los escritos contrarios a la fe o a las costumbres;

d) los libros que carezcan de aprobación eclesiástica y que la necesitan a tenor del C.I.C., ce. 825-827;

e) las obras de los autores de orientación marxista, teniendo en cuenta que la influencia de esa ideología se presenta en muy diversos campos culturales y científicos;

f) los libros que sin ser explícitamente anticatólicos, heréticos, inmorales, etc., sean, sin embargo, ambiguos y confusos (y, por tanto, peligrosos) en puntos referentes a la fe o a la moral.


Lectura de libros erróneos o confusos

11. Cuando haya una necesidad ineludible, o una conveniencia tal que equivalga a necesidad, de leer uno de esos libros -después de haber consultado a los Directores inmediatos y de recibir el permiso correspondiente-, el interesado tendrá en cuenta las cautelas oportunas:

a) guardar en un lugar adecuado bajo llave, esas publicaciones, de modo que no estén al alcance de otras personas;

b) utilizar simultáneamente la bibliografía positiva (antídoto), que se le haya indicado al concederle el permiso;

c) hablar habitualmente en la dirección espiritual de esas lecturas -mientras se están realizando-, en relación con la propia vida interior y con la formación doctrinal.

12. Si es posible, conviene evitar la compra de esos libros, procurando leerlos en alguna biblioteca pública, obteniéndolos en préstamo, etc., eludiendo el posible escándalo.

13. A la vez que se lee el libro se irá redactando una nota crítica detallada -más o menos extensa, según los casos-, que se entregará a los Directores. Para esto, pueden servir como orientación las Recensiones. En ocasiones, cuando se trate de libros muy conocidos, en lugar de esa nota crítica, puede ser más útil elaborar una relación comentada de la bibliografía crítica positiva ya existente.

Anónimo dijo...

SOBRE O CONCEPTO DE "LIBERDADE" NO OPUS DEI

¿Somos realmente libres?

El vicario del Opus Dei en Valencia, Pablo Cabellos, repasa el significado de la libertad desde el punto de vista religioso en un artículo publicado en "Las Provincias" de Valencia

(Fragmentos)

Parafraseando algo conocido, puede hablarse de la insoportable levedad de algunas libertades superficiales o frívolas; o de libertades que esclavizan porque, como decía Tomás de Aquino, retienen al hombre en términos ajenos, lo aherrojan. Cuando eso sucede, la persona viene a menos, hiere a su naturaleza y, en términos cristianos, ofende a Dios, a los demás y a sí mismo. Se puede llamar esclavitud del pecado, del error, de la frivolidad o de la vida no lograda.

En cualquier caso, y en esas circunstancias, la criatura no es que deje de ser libre, porque es imposible, pero vive con una libertad enferma y fallida que no le llevará muy lejos. Uno es tanto más esclavo, decía el de Aquino, cuanto menos le resta de lo que le es más propio: la razón, la voluntad, el corazón recto.

Es preciso, pues, una gran tarea educativa que muestre la verdad, el bien, la belleza, la unidad; que impulse a encontrarlos en medio de los quehaceres habituales a través del ejercicio de las virtudes humanas -sinceridad, lealtad, laboriosidad, alegría, valentía, constancia, fortaleza, solidaridad, justicia, sobriedad, generosidad, prudencia, humildad, decencia, honradez, pudor, etc.- y, si es cristiano, de las teologales: fe, esperanza y amor. Así será fácil que vivamos "como hombres libres y no como quienes conviertan la libertad en pretexto para la maldad", como escribe San Pedro.

Anónimo dijo...

Imaxino que fai anos l�stedes o libro "Santa Mafia".Esa expresi�n xenera moitas entradas interesantes nos buscadores,por exemplo

ESTA

Anónimo dijo...

Home, a min raro, raro, raro, tamén mo parece, que queren que lles diga. Pero dende que cheguei á conclusión de que raras somos todas, xa non me sorprendo por estas cousas e tendo a ver complexidades e singularidades no que habitualmente se toma por "contradicións", pois estas parecen levar canda elas unha carga negativa, un estadio que hai que "superar" para volver a unha suposta coherencia orixinaria. En fin, se é raro ser do Opus e do BNG, tamén é raro ser católico e guerrilleiro, como moitos deses curas da liberación que, ademais, din que o fan por "coherencia". A dimensión esquerdista do BNG, por outra parte, é máis fácil de obviar, pois un sempre pode quedar en exclusiva coa cousa nacionalista. E a partir de aí, o pobo, a comunidade, o rabaño do Señor... ¡Eu que sei o que eles arman! Pero o certo é que algún vaso comunicante pode haber.
En Vigo, durante os anos 90, un grupo bastante numeroso de rapaces novos, católicos todos eles, entraron no BNG por cousas non alleas ás que lles conto malamente neste post. O chaval do que lles falo pertencía a ese grupo, moi vinculado a Xaime Isla. Por certo, este último faloume algunha vez de que había que galeguizar o Opus. Eu puxen unha cara coma se vise ao demo, pero el foi sempre incansable...

Marcos Valcárcel López dijo...

Se falamos dos mesmos (creo que si), ese grupo católico de Vigo estivo tamén en Unidade Galega, cando se amplía o PSG-EG e un dos colectivos que se integran nesa xeira é ese grupo cristián vigués, mesmo con postos en cargos executivos de Unidade Galega. Por certo, algúns deles (obvio nomes) moi ben situados hoxe na Universidade e noutras institucións.

Anónimo dijo...

Católico e guerrilleiro non é nada raro: o milites christi de san Ignacio vaino prppagando (fidei).

Anónimo dijo...

Os milites christi de san Ignacio vanno propagando. Quixen escribir.

Anónimo dijo...

Un dos que fala Valcárcel é un gran rapaz e un bo amigo. Ademais, dende hai anos é o único exemplar teoricamente puro de "neoliberal" que existe en Galicia. Non, claro, da caricatura que se adoita facer do neoliberal.

Algo de vocación de apostolado lle debeu quedar: tenme mandado textos seus e doutros desa corrente, que eu agradezo enormemente. Excuso dicir que algo contaminado quedei grazas ao seu apostolado neoliberal.

Anónimo dijo...

Vostede é, polo tanto, un (neo)liberal "comme il faut", non?
Non coma eses nos que todos estamos pensando?

Anónimo dijo...

Ande, ho, tómese un respiro, señor Malvolio. Que lle acabo de deixar unha mensaxe noutra entrada e non me apetece perder máis tempo con vostede. Por que non fai vostede o mesmo? É dicir, deixarme en paz.

Estou seguro que todo o mundo lle quedaría agradecido de que non ande a acosarme pateticamente polo blog adiante, porque iso non aporta absolutamente nada a ninguén, nin tan sequera a vostede.

Que teña un bo día.

Anónimo dijo...

En efecto, señores Valcárcel e Apicultor, trátase dese grupo. Facíanse chamar "Saefes".