Cunqueiro e os caraois
Andoliña sábado 13 outubro
Contouno Cunqueiro: aló polo século XVIII, cando os fidalgos irlandeses ían ó continente loitar cos españois e franceses. Un crego predicou contra o costume de colocar na cabeceira matrimonial o retrato do marido, feito por algún pintor ambulante. O retrato non se parecía ó marido, pero a muller, á forza de miralo, remataba por esquecerse do rostro do amado e amando a fermosa faciana do mozo de loiros cabelos que colgaba da parede. Cando chegaba á vila algún rapazote semellante, a muller, feliz polo regreso, corría a entregárselle. Pero era outro, non o marido. Con esta historia hai algunha película. Pero sen a elegante melancolía de don Álvaro...
Quen se acorda xa de Bazaar e Primera Plana, revistas aperturistas do final do franquismo?
Nelas deixou Cunqueiro uns artigos deliciosos recollidos en La bella del dragón. Neles fala o irónico don Álvaro de sexo, bivalvos e receitas de caracois, e dunha solteirona puritana de Filadelfia e un seu surrealista soño cos caracois subindo polos seus redondos xeonllos e coxas e deixando un baboso ronsel. A dama contoulle o seu soño a un psiquiatra americano: así naceu a tese da incontinencia sexual a causa do consumo destes bichos.

(P.S. Sobre a sexualidade dos caracois: www.gireaud.net/es/reproduction_es.htm)
14 comentarios:
O retorno de Martin Guerre (Gerard Depardieu) e o seu remake americano Sommersby (Richard Gere e Jodie Foster). Pero creo, aínda que non o recordo, que Jacques le Goff, nun dos seus libros sobre os grupos sociais medievais, fala dun caso similar.
O libro no que se basean as películas citadas por Arume, é un clásico da microhistoria, obra da historiadora norteamericana Natalie Zemon Davis, profesora da Universidade de Princeton, que fixo de asesotra da boa película de Daniel Vigne protagonizada por Gerard Depardieu.
Hai unha edición en castelán: Natalie Z. Davis, "El regreso de Martin Guerre", Barcelona, Antoni Boch, 1984.
Nesta, a partir da análise dun no seu día famosísimo caso de impostura (suplantación de identidade) comentado até por Montaigne, a autora profunda en aspectos sociais, culturais e relixiosos dunha comunidade rural occitana do século XVI (a aldea pirenaica-francesa de Artigat).
Moi recomendable, sobre todo para Xan da Coba e Arume.
Moitas gracias: non sei por que pensei en Le Goff.
Pois iso que ían gañando as mulleres que esquecían aos maridos ausentes. Se os esquecían, é que pouco se perdían, é se eles prolongaban a ausencia é que tampouco as botaban moito de menos. Nese caso facían ben en irse cos rapaces de loiros cabelos...
Xa sabedes o que lle pasóu a Enrique VIII,cunha das súas esposas,que non chegóu a selo en realidade.Unha princesa alemana,non lembro o nome.Mandóu a un pintor pra retratala,i este,influenciado pola familia dela ,pintóuna guapa de máis.Cando o rei de Ingleterra a víu en persoa non lle gustóu,pero non podía mandala de volta prá casa.Regalóulle un ducado ou algo así pra que vivira e buscóu outra.
Na edade dos cabaleiros e das cruzadas,os máis valentes,fortes e intelixentes iban combatir ó infiel.Os enclenques, debiluchos e con poucas luces quedaban...i empreñaban ás mulleres dos outros,coa correspondente "mellora" da especie...
(Exemplos coma este e moitos máis similares en "Eloxio do imbécil",de Pino Aprile).
Xa que faléi do libro "Eloxio do imbécil"...
comentario do libro
Espartaco (1961) de Stanley Kubrik
"Do you eat oysters?"--Crassus (Laurence Olivier)
"When I have them, master."--Antoninus (Tony Curtis)
"Do you eat snails?"--Crassus
"No, master."--Antoninus
"Do you consider the easting of oysters to be moral, and the eating of snails to be immoral?...My taste includes both snails and oysters."--Crassus
Este Crassus sempre foi un sibarita: ostras ou caracois tanto lle daba con tal de que fosen de calidade. E o Antoninus era poeta e guapo: de calidade, pois. Que ben sabían vivir estes romanos na súa sofisticada molicie! Logo veu o cristianismo e xa se sabe como rematou o conto.
Todo isto despois de saír do baño e despois de que Tony se travestira con Jack un par de aniños antes.
Están tolos estes romanos!
(Obelix dixit)
SINCRONIZACIÓN MILAGREIRA: cada vez estou máis sincronizado cos lectores/as do blog. Non sei se mesmo algo vampirizado... Hoxe sobre as 2,30 mandaba o meu PAN POR PAN de mañá (vouno colgar despois): saben de que trata? Do mesmo no que inciden os últimos comentarios de Anónimo, Apicultor, etc... a popular escea de ESPARTACO. Desta que ninguén me acuse de plaxio: só intercomunicación cerebral, digo eu?
¿Entón o sono da solteirona de Filadelfia era a versión onírica sublimada da coñecida fantasía sexual femenina de violación colectiva?
Marcos: velaí ten un exemplo da sincronicidade da que falaba Jung na súa "teoría da sincronicidade",e da que xa falamos algunha vez.
Publicar un comentario