4 oct. 2007

Conxuro (Bieito Iglesias en ECG, 4 out.)

Quizais os urbanitas (polo divorcio que os afasta cada día máis dos terrícolas) ignoren que se aviciña o tempo de destilar a augardente. Esta tarefa propia dos días de outubro veume ao acordo despois de probar as primeiras castañas (cocidas e con leite sen ferver, naturalmente), tomando conciencia así do espírito outonizo, inseparable dos sabores da castañeira, da perdiz estofada á cazadora e da bebida que deita o alambique. A xeografía humana do país cambiou e xa non se senten os eixos cantores dos carros cargados co esterco na outonada, pero felizmente podemos combater a locución latina fugit irreparabile tempus cun grolo dese líquido espirituoso que nas partes da costa chaman caña. Iso a pesar de que xa non hai estiladeiros ou cañeiros pola persecución legal e fiscal sufrida polos profisionais da alquitara, acusados de cocer no pote o bagazo cos paus dos acios que seica producen doses de alcohol metílico. Admira ata onde poden chegar ignaros funcionarios do Estado á hora de difamar a augardenteiros que eran case alquimistas, capaces de durmir toda a noite ao pé do alambique e de espertar cando o ranxer do lume afrouxaba un chisco, para achegar unha pitela e manter así a graduación que evita que o resolio se volva zanganilla.
O problema vén de lonxe, xulguen se non estas palabras de Cosas de Orense, do mestre Florentino Cuevillas: "Foi hai bastantes anos cando nas altas rexións onde se xeneran as leis, alguén verteu a especie de que a augardente encerraba un letal tóxico. En van se alegou que milleiros de persoas que a inxiren diariamente alcanzaban idades superiores aos oitenta anos. Pobres destiladores, son proscritos aos que a lei axexa; pero, como Robin dos Bosques ou Mc Gregor o escocés, contan coa simpatía do pobo rural que segue bebendo e morrendo do que Deus quere". A alambicada ministra Salgado, que na súa condición de ourensá tal vez recibiu fregas de augardente (que non de orujo gallego) cando estaba constipada, debería transferirnos competencias en materia de alambiques. No noso vaso aínda reza a sede.

20 comentarios:

apicultor dijo...

Un artigo redondo, como a grandísima maioría dos do gran mestre da palabra, Bieito Iglesias.

marcos valcarcel dijo...

"QUEDADA". (Paréntese: xa saben algúns contertlios que mañá temos "quedada", que din os novos no Edificio Politécnico:

O venres, día 05 de outubro, terá lugar o acto de apertura do curso académico 2007-08, que este ano se celebra en Ourense.
Dito acto terá lugar ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Politécnico, co seguinte programa:
Lectura da Memoria do curso académico 2006-07 pola Secretaria Xeral da Universidade de Vigo
Lección inaugural do curso, impartida polo profesor Dr. D. Jesús de Juana López (Historia e Galeguidade).
Intervención do Excmo. Sr. Reitor Magnífico
"Gaudeamus Igitur"

(Creo que para asistir non é obrigatorio cantar o Gaudeamus Igitur: agás os profes do campus, claro)

Oulego dijo...

Hai un relato de Berger, creo que no libro Porca Terra, xa non me lembro, no que fala dunha muller á que amolan co tema da augardente.

Xoan da coba dijo...

Un dos mellores indicadores do outono é unha pequena planta,o colquico (colquicum autumnale).Na miña aldea chamábanlle "quitamerendas",non sei se o nome está recoñecido.Cando aparecía,eliminábase a merenda das comidas do día (os días xa eran cortos).

QUITAMERENDAS

Xoan da coba dijo...

Unha botella da mellor augardente tíñase sempre na casa pró capador.Chegaba cedo,nas mañas frías de inverno,có chiflo.Agasallábese cunha copa ,antes da súa labor,tan difícil de aprender según dín.De paso evaluaba a forza e calidade aseptizante ,por que co esa mesma augardante desinfectábase a ferida do renchiño xa eunuco.

Trebi dijo...

Lembrar:Tamen os había que se pasaban un pouquiño....
De maña no Bar:Ponme un Vaso de Auga e un chopito de Augardente, chopito pequeno e o Vaso Grande.
Taberneiro Amigo/O vaso metialle Augardente, e o chopito Auga

Xoan da coba dijo...

Había unha muller na aldea que pola mañá cedo lle daba un bó trago á botella do augardente,e logo decía,cún arrepío nas costas : ¡PUAAJJJJJ,non seí cómo poden beber esto os homes!

Trebi dijo...

Vin desayunar moitas veces: Trozo pan Centeo, isco de Touciño e regado con Augardente

Jimy de rairo dijo...

A parva, creo que Blanco Amor na esmorga di: "Perrita". curioso nome. O augardente na esmorga quenta aquela maña de terra xeada, como as de Miguel Torga.
Tamén antes de facerse ao mar, debe de abrir o mundo por unha parte cálida, un mundo de duro traballo.

arume dos piñeiros dijo...

Eu vin moderneces (italianismos) ben bizarras: beber de penalti un vaso de tubo (modelo Nacho Vidal) de vermú Cinzano (sen xeo, limón, ou soda/gaseosa, por suposto) antes de comezar a obra.

arume dos piñeiros dijo...

Para a chuleta:
Gaudeamus igitur
Iuvenes dum sumus
Post jucundum juventutem
Post molestam senectutem
Nos habebit humus.
Ubi sunt qui ante nos
In mundo fuere?
Vadite ad superos
Transite in inferos
Hos si vis videre.
Vivat academia
Vivant professores
Vivat membrum quodlibet
Vivat membra quaelibet
Semper sint in flore.

apicultor dijo...

Haberá, logo, que levar a chuleta para non parecer como o Touriño cando canta (sic.) o himno galego.

arume dos piñeiros dijo...

Sobre todo, hai que lembrar que convén aumentar o tono no verso "Vivant professores", qué carallo!

apicultor dijo...

Aí está compendiado todo: que vivan os profesores vivos!

(Enténdase o de "vivos" nas súas múltiples acepcións)

marcos valcarcel dijo...

O que conta Trebi (Trozo pan Centeo, isco de Touciño e regado con Augardente) era efectivamente a parva e comíase a media mañá, na metade da xornada de labor de mañá. Eu mesmo vinlla comer máis dunha vez ó meu avó Benxamín de Ervedelo, nas vendimas: morreu con 94 anos, gozando dunha excelente saúde ata os últimos meses da súa vida (fumaba e bebía o que quería, pero, claro, aquela era outra vida...non a nosa).

marcos valcarcel dijo...

Por se non o saben Arume e outros contertulios, nos últimos anos púxose de modo tamén nos Institutos cantar o Gaudeamus... nas festas de remate de Bacharelato. Polo menos no meu faise hai anos: temos unha serie de profesoras "coristas" que ensaian varios días antes e non sae nada mal.

arume dos piñeiros dijo...

Veño de escoitalo nunha graduación de maiores: una furtiva lacrima.

Xoan da Coba dijo...

Una lacrima sul visooooo
ho capito molte cose...

(Xa,xa séi que non é esa,Arume d.p. XDDD)

Hai que vivoosss
son los ejecutivoosss...
(Alberto Cortez)

Vostedes dispensen,pero a augardente de herbas,xa se sabe...

arume dos piñeiros dijo...

Don Xoan, e non virá aos postres?

Xoan da Coba dijo...

Aínda que deseguro haberá amigos meus por alí,íbanme preguntar qué pintaba eu nese acto,Arume.O meu reino é doutro mundo...