4 oct. 2007


Refraneiro.

Pan por pan 4 outubro
(Imaxe de Manuel Vilariño)
O refraneiro é unha excelente mostra do que foi a nosa cultura tradicional. Convén coñecela, estudala, conservala como memoria. Pero hai valores da mesma que deben ser rexeitados con toda radicalidade. Por exemplo: o tratamento da muller. Un blog que fala do refraneiro fai unha escolma de ditos desta temática. Hainos que consagran o papel convencional e secundario da muller: “A dona na casa, o marido no traballo”; “A muller e a sartén, na cociña están ben”. Outros son denigratorios ou misóxinos: “A muller é a metade do home”; “Da muller e do mar non hai que fiar”; “A muller, por ben que fale, mellor está calada”; “Casa onde a muller manda, mal anda”. E aínda os hai que xustifican os maltratos: “A burra i-a muller a paus hainas que tanguer”; “As mulleres, ou matalas ou deixalas”; “Á muller e á galiña tórcelle o pescozo, verás como queda mansiña”. O dito.

16 comentarios:

Chesi dijo...

Outro máis e, se cadra, máis besta: "Vale máis gramo de collón/que libra de peruchón" (Zona de Castrelo de Miño)
P.S.-Supoño que o de "peruchón" non precisa aclaración algunha.

Xoan da coba dijo...

Hai un que dí "Deus te libre de muller sabida e de casa con torre".Nunca entendín o da "casa con torre".

Anónimo dijo...

"Cando a muller lle apunta a teta, adiante caralleta"

Trebi dijo...

Sexofobico: Tira mais..pelo de cona que parexa de bois.

chesi dijo...

Para Xan da Coba: ó mellor, muller sabida e casa con torre son:
a) ou ben malas de gardar (que se din)
b) ou ben que chaman a atención (nuns casos dos homes á muller sabida ou a casa con torre dos envidiosos).
Ambas poden facer que un home sinta desexos de ter ben esa muller sabida, ben a casa con torre, os dous simbolos de clase, ou algo así. En fin, somentes apunto as posibilidades

bastián gomez trabadelo dijo...

Eu penso que hai que escapar tanto da muller sabida como da casa con torre, por que costa moito mantelas. Que mo digan a min que estou na máis absoluta ruína, e non precisamente pola torre que ma deixaron mocha os irmandiños.
Debería Xoan da Coba tamén dici-la verdade, e que non nos tire da lingua

Anónimo dijo...

Ninguén de vós estaría a escribirdes as infames verbas que estades a escribir de seres covardes, se unha CONA non vos parise hai anos, a vosa orixe.

Da gusto (máis ben noxo) como soltades adrenalina e esperma silábico por non botar un polbo a gusto desde hai tempo.
Canta baba reprimida. patético.
Que vos preste :-(

marcos valcarcel dijo...

Hai xente que nunca entende nada... Que lle imos facer!!

Anónimo dijo...

Deixao, Marcos: será un seminarista. Cheran así.

Anónimo dijo...

Para sabios xa hai dabondo

Anónimo dijo...

Haino que entenden todo, ou cren sentilo todo...que lle imos facer!!
:-(
fin do capítulo
non hai malos entendidos cando se fala cara a cara
Iso era o que pretendía demostrar
Adeu

Xaime dijo...

Que gravidade, que seriedade, se só se trata de refráns que son moitos e diversos pola xeografía do país, e que curiosamente son tradición oral transmitida as máis das veces polas nais.
Non se pode molestar ningúen que teña dous dedos de frente por un devaneo gracioso, machista eso sí, pero o fin e o cabo que entra dentro do aire chispeante que ten maiormente este blog.

Xosé M. González dijo...

Eu neste San Froilán, coma en todos, penso botar varios polbos a gusto, maiormente rabo.

Para que non confundan o que un di, o mellor é estar calado, que cando un di algo xa se fastidiou. Hai anos, nunha tertulia televisiva, ocorréuseme dicir por razón contextual (explicada decontado) que nalgunhas cousas o lugués era algo pailán. Chamada indignada e e nova explicación miña, autoincluíndome no censo dos lugueses. Pois aínda houbo outra chamada coa mesma teima.

E miren que eu son lugués lugués, segundo penso que consta.

apicultor dijo...

A min abúrrenme soberanamente todos eses refráns populares de contido sexual, creo que xa o dixen algunha vez.

Como tamén teño dito que me parece patético, irrisorio e cansino o ursulinismo disfrazado de progresismo.

apicultor dijo...

Continuaba así:

O ursulinismo disfrazado de progresismo que proscribe e condena taxativamente calquera alusión -aínda a máis inocente ou inocua- a aspectos sexuais.

Xoan da Coba dijo...

Hai outro que dí: "Home casado nin muller é".


A mín impresionóume moito unha frase que lín xa nos primeiros párrafos de "O Evanxelio según Xesucrito",de Saramago.Unha oración,non sei se existe na realidade ou é imaxinación do autor:"Señor,dóuche grazas por que non me fixeches muller".