en poleiro alleo
Xulgados de Urbanismo, de Xosé M. Sarille (ECG 30 X).
A web de Uxío Novoneyra, de Xosé Lois García (GH 30 outubro). Piden o Día das Letras Galegas 2010 para o poeta do Caurel.
O PEN, Lorca e Neruda, de Luís González Tosar (ECG 30 X)
26 comentarios:
(Ta ben ó artigo-Monxardín).
Vaia,este Barbosa tén boas ideas.Por certo...¿Cantos de vostedes foron á reunión do "Club dos poetas vivos" que organizóu o sábado pasado?.
Moi bos os artigos de Sarille e Monxardín, cada un na súa liña habitual.
O primeiro, necesario estilete crítico. Onde todos miran para outro lado facendo como que non ven, el pon o dedo na chaga, así se remova o Apóstolo (enténdase como se queira) na súa tumba.
O segundo, reflexión do cotiá que se agradece, rara avis entre os columnistas. Pluma cada vez máis grácil e para nada "chúmbea".
Parabéns aos dous.
O de que se van facer centos de miles de vivendas, sobre todo na costa, parece imparable. Eu xa me conformaría con que a administración puxese un pouco de orde e acabar con "vaia vostede facendo onde poida" e "imos botar unhas placas". Moitos de vostedes viaxaron un pouco e saben perfectamente que existen países europeos con paisaxes campestres moi urbanizados. Pois ben: alí nada é caótico: respetanse as alturas, non se constrúe a vinte metros da costa, fanse as infraestruturas viarias e de equipamento antes de empezar a facer as vivendas, as casas teñen uns xardíns, unhas beirarrúas amplas, hai contedores do lixo, etc. O proceso é transparente, non hai arquitectos collidos do bracete, nin comisións do unto (do latín "unctus")
Aínda que me sentara toda a vida co amigo Sarille pra explicarlle que o urbanismo non é nin moito o que el describe, non-o convencería nin él me convence.
Só lles poño un exemplo, ninguén vai vivir onde non haxa vivendas novas, por iso se non hai pisos novos en Monforte, o personal que escomeze a traballar no Hospital, comprará ou alugará en Ourense, que está a trinta minutos.
Facer 41.000 vivendas en Monforte, non é, como se supón, que o ano que ven haxa 40.000 vivendas feitas e a venda no Val do Lemos, non, supón una escalonada construcción, reglada, sin atisbo de infracción, que vaia de acordo cas necesidades da vila, e que se ten previsto o Monforte do primeiro tercio do S.XXI.
Se non hai casas, non hai institutos, supermercados, servicios, galescolas e xaora que todos, se irían a vivir a Ourense, que por certo é unha vila ben agradable.
O desenrolo reglado e dacordo ca lei, non só debería ser o único posible, senón que debería ser incentivado.
O parecer para Sarille debería ser causa de remisión o Fiscal.
Estámosche vos e que Deus me colla confesado.
O que necesitamos no asunto do urbanismo e formación en xeral, os nosos politicos por desgracia nos dan o que a maioria demanda, solares hasta no medio do monte.
Non chega cun proceso transparente,temos qu pensar se dende a nosa esfera seriamos capaces de contribuir para parecernos a eso que vemos tan xenial e perfecto nas nosas viaxes.
Na miña aldea non facíamos nada coas cabazas,pero dunha vez véu pasar uns días con nós un familiar arraiano, e vouvos contar o que se lle ocurríu:
Vaciamos unhas cabazas das de facer chourizos e fixémoslle os típicos ollos e bocas con dentes.Colléulle o burro a un veciño e fumos de noite hasta o adro da igrexa.Puxemos as cabazas no muro,cada unha con súa vela encendida dentro.Logo,él atóu o burro polo pescozo á corda do campanario,e votoúlle unhas berzas no cháu.Agochámonos.O burro,cada vez que baixaba a cabeza prá comer nas berzas,facía sonar a campá.A xente de todo o pobo empezóu a preguntarse qué pasaba.A campá soaba,lóxicamente, dun xeito extrano,sen seguir nigunha "sinal" coñecida.
Empezóu a chegar xente i espantarse coa "aparición" das cabazas no muro do adro.Algunha pensóu que eran familiares séus do máis alá.Montóuse tal cisco que non nos demos a coñecer coma os autores...
Iglesia católica pide a mexicanos no celebrar Halloween
Mexico.- La iglesia católica mexicana llamó a sus fieles a no celebrar el Halloween, o noche de brujas, por considerarlo un festejo ligado al ocultismo y prácticas satánicas.
"La actual fiesta del Halloween no sólo no tiene nada que ver con la celebración que le dio origen, sino que, incluso, es nociva y contraria a la fe y la vida cristiana'', señaló la Arquidiócesis Primada de México en un artículo publicado en su semanario "Desde la fe'', correspondiente a esta semana.
El Arzobispado señaló en el texto titulado "Preguntas frecuentes sobre Halloween'' que esa celebración "dista mucho de lo que debemos celebrar los cristianos: a los hombres que amaron heroicamente a Dios'', reseña AP.
Aseguró que en algunos países, entre los que mencionó a México y Estados Unidos, durante la fiesta de Halloween "se realizan misas negras, cultos espiritistas y otras reuniones relacionadas con el mal y el ocultismo''.
La iglesia también criticó la costumbre, principalmente entre niños, de disfrazarse de brujas, vampiros, fantasmas y monstruos, lo que a su juicio son "expresiones malévolas promovidas por corrientes satánicas''.
El Arzobispado señaló que continuará con la promoción que ha hecho desde hace algunos años para que en las iglesias le hablen a los niños sobre "las cosas negativas que tiene el Halloween''.
Invitó a los niños a mejor disfrazarse el 1 de noviembre de personajes bíblicos o alguna persona que "sepan que ha sido buena y que, por lo tanto, seguramente estará en el cielo''.
En México se ha popularizado la celebración de Halloween, que mezcla las fiestas de disfraces con las añejas costumbres del Día de Muertos, cuando algunas familias ofrendan alimentos y bebidas a sus difuntos.
LA VANGUARDIA trae hoxe unha nova semellantes pero datada en Madrid: a oposición á festa ("La Iglesia contra Halloween" é o titular)da
comisión episcopal e da confederación católica de pais de familias e alumnos: din que "a morte non é un xogo nin unha festa para divertirse un día ó ano".
Declárome persoalmente contrario, xa farto, do Halloween. Tamén me produce empacho a tendencia ou obsesión de tomar todo a festa: a mesma festa perde sentido.
Ora que o de disfrazarse de personaxes bíblicos aparente así como un pouco kitsch. Na miña casa, hoxe, están xa as cabazas preparadas, e a comidiña tamén; se lles interesa, mañá fálolles do que degustamos. Mañá, por certo, visitarei o cemiterio; a morte existe e eu teño os meus mortos. Ben ven.
Por certo,Xm Glz.Xa sabe que na súa orixe europea o Halloween celebrábase con nabos,non con cabazas.Os primeiros colonos norteamericanos sustituíronas por cabazas,porque era o que había alá.Nun lugar nabal coma Lugo,debería retomarse a tradición máis anterga.XDDD
Por certo,os nabos valeirados eran pra que non se apagara có aire a vela ou as brasas que alumbraban o camiño nesa noite na que andaban os mortos soltos polos camiños.Faróis naturáis.Qué idea máis boa.E as follas do nabo,prá agarralo.Mellor imposible.
Teñen un ano pra promocionar ese uso clásico do nabo en Halloween.Lugo facturando a todo mundo nabos valeirados pró Halloween-2008.
Estas fiestas no son cristianas y todos los que participéis en ellas iréis al infierno de cabaza.
"Y no participéis en las obras de las tinieblas, sino mas bien reprendedlas". Efesios 5:11
Querido xoán da cob... perdón, salomón:
E se resulta que xa estamos agora no inferno? Aínda nos espera outro peor máis tarde? E logo por que? Porque o xan ese (non me refiro a vostede) do Adán, que andaba feito un ídem brincando polo paradiso tapado con follas de parra, lle deu unha chantada á mazá da súa compañeira sentimental?
Agora que llo leo Xoán, eu teño visto de neno nabos tallados. Ora ben, non lembro se foi en Lugo, en Bóveda ou onde; nin teño particular noción de ser por Santos.
O que si que se facía cos nabos eran uns carros do país que debían dar gusto; porque eu, ter, nunca tiven un de meu.
Pois eu sí,XM Glz.Eu tiven de neno un carro do país feito con pezas de nabo tallado,e tamén de madeira,feito por mín cunha navalla.Os buratos das rodas e do chideiro facíaos coa punta dunha ballesta de paraguas quentado ó roxo no lume.
Picando un nabo fixen unha longa cortadela nun dedo cuia cicatriz teño aínda hoxe.
E que o mundo é unha sucesión infinita de infernos(os circos de ceos son mentira).Morres nun inferno e apareces noutro.Pensas:este é o derradeiro.Pero non:morres nese inferno e aínda hai outro.
Cando o escriba anotóu "descendéo ÓS infernos" quixo decir que os percorreo TODOS.Aparentemente paradóxico se son infinitos,pero compresible pra queñes entenden por qué Aquiles adiantóu á tartaruga.
Supoño, da Coba, que no seu día vde. gorentou ben isto.
Os méritos de Novoneyra para tal homenaxe son inequívocos e múltiples, empezando polo literario. Non me parece que, despois de María Mariño, a Festa das Letras vaia volver tan axiña ao Courel, pero estimarei ben cando as terras do interior montesío acaden esa relevancia; moito máis se as canteiras non progresan e se conforman planos de futuro para esa reserva estratéxica por tantos motivos.
Dirán que son oportunista, pero vén ao caso.
Non puden abrir o último enlace que me suxeríu,XM Glz,aínda que o tentéu máis dunha vez.Algún problema técnico.
Probe a apegar o enderezo, Xoán:
http://www.goear.com/listen.php?v=ee3b966
Pois sí,tamén tiven arados de pau.E angazos (sabe vostede o que é o angazo?).E tamén fixen subelas,ben afiadiñas.
Canto lle gostaba arar ós homes da aldea.E que saíran os regos bén dereitiños.Algún remataba de arar e,marchando prá casa,vía desde algún algún alto os regos algo tortos.Volvía pra atrás pra arar de novo.Eran unha vergonza os regos tortos!
Vamos,"Navarra","Rubia".(Chavella no burato de diante).Teño que levar ó ferreiro esta rella...
Sabe vostede o conto dun pai que tiña unha filla á que pretendían tres mozos.Xuntóunos ós tres e díxolles:
-Fáime falta unha chavella pró arado.O que me faga a mellor,casa coa miña filla.
Chegan pró outro día os tres mozos.Mostra a súa chavella o primeiro,e dí o pai da rapaza: "Moi bén feita".Tamén mostra a súa o segundo:"Índa mellor que a outra".´Pregúntalle ó terceiro:"¿Ónde está a túa chavella?".Responde o rapáz:
-Eu,sen ver o burato,non fago a chavella.
Non hei saber o que é un angazo. Ata hai cousa de dez anos, na casa onde se criou a miña muller -Becerreá vila- había vacas e apañábase a herba. Outra cousa non, pero este lugués xa angazou ben dela, e os prados alí non sempre son planiños.
Supoño que vde. coñece o conto de "Carallo co angazo"; cóntao Rosalía en "El cadiceño", se non ando moi confundido.
Por eso llo preguntaba home,polo conto XDDD.
Tamén lembro que,arando, atopábanse moitas veces,cousas curiosas:moedas vellas,pequenos obxetos,etc.Pudo colaborar eso á xénese do mito dos mouros morando baixo terra.("Non ares fondo que me destellas a casa!")
Publicar un comentario