en poleiro alleo
De Antón Baamonde, "¡Dinos algo de izquierdas!", El País, 29 outubro
Todo parece augurar que el bipartito no va a tener problemas en el futuro por el lado electoral. Puede que, como sucede hoy, las ganancias vayan, sobre todo, al lado socialista o que, si cambia el ciclo - una cierta sensación de crisis económica generalizada en España- los nacionalistas recuperen posiciones-cosa que no facilita su escaso afán por practicar cierta simpatía hacia su electorado- pero sería verdaderamente difícil imaginar que no estemos ante un ciclo de, por lo menos, dos legislaturas. Que el PP vuelva a ganar por mayoría absoluta es punto menos que imposible hoy por hoy.
A eso, precisamente, es a lo que el bipartito ha de temer. Porque, una de dos, o utiliza esa ventaja para impulsar políticas de alcance, para crear otra atmósfera con más aire y fuelle, o bien irá decayendo en un progresivo marasmo. Hay que recordar que esa fue la historia del fraguismo. Una vez perdido el entusiasmo inicial generado por la vuelta a casa del patrón, y usufructuado éste por los barones, el país empezó a vivir en una inercia que sólo el Prestige y la avanzada edad del candidato supieron conmover.
Pero un gobierno progresista y nacionalista debiera ser proactivo y no reactivo: no acotar la energía en los márgenes de una gestión roma. Eso, hay que reconocerlo, es lo más difícil. Es el aspecto místico y carismático del poder. Más complicado aún en un país acostumbrado al apaño y a la no-política. Me acuerdo de lo que el cineasta Nanni Moretti le gritó en un mitin a Massimo D'Alema, entonces líder de los progresistas italianos: "¡Massimo, dinos algo de izquierdas!"
(o artigo completo)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
41 comentarios:
Artigo moi interesante para o debate, creo: por iso o colguei. Quizais, na miña opinión, algo optimista de máis no seu planteamento inicial: pártese de que o goberno bipartito está consolidado e hai para dúas lexislaturas? Pero non esquezamos que a diferenza entre os dous bloques (dereita / esquerda+ nacionalistas) é moi escasa. O PP ten difícil recuperar a maioría absoluta, pero non perdeu o seu poder, sustancialmente, en moitas comarcas de Galicia. E ó goberno bipartito pódelle pasar factura tamén a estancia no goberno. Sobre todo entre electores de esquerda e nacionalistas "desencantados", que hai uns cantos, percibo, e que poden deixar o seu voto na abstención. Fóra diso, súmome ó pulo que se reclama no remate do traballo de Baamonde.
Eu tamén me sumo ao pulo. Sempre cómpre pulo, pero o balanzo acho que é razonablemente positivo especialmente nas cinco consellarias dirixidas polo BNG.
A ver se pretende Baamonde andar en círculos de protesta diante dos concellos (os famosos girotondi) como o Nanni Moretti, sen vespa, por toda Galicia, recordando aos gobernantes aquelo de "Ecce Gallaecia" ou no seu defecto "Oye Patria mi aflicción".
E por que non, de paso, "Dinos algo nacionalista"?
Touriño...
dinos algo sobre o traspaso das transferencias... xa sabes, o trafego do tráfico e esas cousas...
dinos algo (concreto, específico, numérico, logarítimico) sobre o AVE... (o de Portugal tamén)
dinos se o estado vai investir o que prometeu en Galicia, despois do plan de m...
Por que o ave e non as cercanías? Cal das dúas cousas é máis nacionalista ou máis de esquerdas?
- Velaí o dilema.
¿E que máis quere que lle diga do AVE?
Xa dixo que vai estar en 2012 e o goberno central aprobou aínda o pasado xoves 1.700 millóns de euros para o tramo Ourense-Zamora, que era o que estaba máis encabronado, cartos aos que lle hai que sumar os presupostados nos Orzamentos do estado de 2008, que tampouco son pouca cousa. L´Ave va... E o de Portugal, se vai máis lento, é por cousa dos portugueses, que seica non andan moi boiantes e prefiren comunicar antes con Madrid que con Galicia.
Querido leituga, o problema vai mas alá do que diga o presidente e incluso do que se orzamento (xa veremos dese canto se executa e en que datas..). o problema real e que a xente non cree no seu presidente nin nos seus políticos, e ademais, que quere que lle diga, ten razón mais que suficientes para non crer neles (en calquera caso non o tomen como algo persoal, é unha realidade moi estendida no mundo occidental) .... En calquera caso non pode menos que chamar a atención ese discurso de PSOE provinciano que busca que a locomotora pare o pe de cada casino...(ulo o sentidiño común, a eficacia e a eficiencia na inversión de cartos públicos?)
Home, supoño que algúns creeran no Presidente Touriño e outros non. Como en todas partes, digo eu.
Algún si pero ¿cantos? Seguro que é unha porcentaxe bastante pequena a das galegas e galegos que confían no seu presidente
No seu artigo esta semana en La Vanguardia, e a partir de diversos estudos sobre a materia, Manuel Castells cifraba nun porcentaxe en torno ao 60% (en Europa ou Cataluña, en torno ás 2/3 partes no caso do conxunto de cidadáns del mundo) o porcentaxe de cidadáns que non creen nos seus gobernos....e a partir de aí aplique porcentaxes (pense que nin sequera todos os afiliados, xa non digamos os votantes, do PSdG confían no Sr Touriño..)
En calquera caso xa avisaba ós forofos touriñistas do blog que non o tomasen como algo rsoal, xa que é unha realidade bastante xeral que "os políticos e os partidos sitúanse nos niveis mais baixos de prestixio e respecto en relación con calquera outra institución...." (e que quere que lle conte eu do nivel dos políticos galegos...)
Claro que sempre lles pode quedar o consóelo de que "son os cidadáns os que se equivocan non crendo en nos (non votándonos, non escoitándonos, non confiando, non......)
Pois iso saberémolo cando se celebren as próximas eleccións autonómicas. Tamén hai enquisas sobre o grao de confianza nos líderes políticos que se publican periodicamente.
(E permítame unha confidencia: se non son siareiro de Beiras ou de Quintana, tampouco o vou ser de Touriño. Limítome a votar o que en cada momento considero menos malo para o País. Como votante son dun infiel incorrixible)
Para máis claridade, o berro de Moretti procedía do nome do partido que dirixía Massimo d'Alema: Democratici di Sinistra. Hoxe ven sendo o Ministro de Exteriores de Italia e foi presidente do Goberno durante dous anos. O "urlo" de Moretti ten que ver coa calculada ambigüidade política de D'Alema, un caso exemplar de fino e sinuoso político italiano (unha redundancia se o miramos ben): anda coa retirada de Irak desde que Prodi gañou as eleccións e aínda non se sabe nada.
Para que Touriño estea nas mesmas circunstancias ten que volver deixar bigote, esa marca elegante e característica de D'Alema.
Mais dificil que que se deixe bigote, será que se volva un político "fino"...
Sr Apicultor o resultado non dirá, nin sequera, canta xente confía nin na capacidade nin noutros valores intelectuais e persoais do seu presidente (cantos millóns haberá como vostede que votan a alguén que non lle merece confianza....). Polo que respecta o grao de fiabilidade e obxectividade das enquisas políticas, estes sitúanse aínda por baixo dos niveis de credibilidade política.
Este país non hai quen o descristianice. Para o señor anónimo duns posts aí atrás parece que todo se reduce a "crer ou non crer". Definitivamente, unha cuestión de fé. Eu sigo añorando unha maior extensión social do discurso racional, sobre todo na política. E intenterei seguir manténdome fiel a el, incluso para tratar de averiguar porque tanto cidadán anónimo perde a fé.
Eu, por exemplo, perdín a fe.
Claro, por iso é un "descrido".
Eu perdín incluso o meu nome neste blog...Non hai cabida para o discurso racional, e menos aínda en política (o mais falso de todos os falsos discursos por outra parte..). O marketing de relacións constrúese en base a dous principios: confianza e compromiso ... o demais é mera transacción puntual...
Veña, tomémoslle algo, que isto semella un funeral!
Esa é outras das consecuencias do baixo nivel político, cando se apodera do ambiente convirte os espazos ou nun circo ou nun funeral.
E vostede logo que propón?
Propoño deixar de falar dos gobernantes, ignoralos, non ler as páxinas de política (española, galega e local) nos xornais, mirar cara a sociedade civil e que algún dos asiduos do blog organice un gran xantar de desagravio no que poder tomarlle mais que algo.... pode que así me volva a fe, e leituga poida deixar de reocuparse...
Home, pois mala idea non lle é, non. Dígoo sobre todo polo do gran xantar.
O de deixar de falar dos gobernantes non o teño tan claro, pois ao mellor aínda fan máis falcatruadas das que fan se non estamos atentos e vixilantes. E iso podería ser a hecatombe.
Tamén pode ser que lles goste que falemos deles,por que así "váisenos a forza pola boca".
Tamén pode ser. Pero coido que algúns en concreto preferirían que estiveramos moi caladiños.
A min o que me preocupa non é que a xente perda a fé. Nin tampouco que a teña. O que me preocupa (aínda que tampouco me mata) é que se mova a través de cousas como a fé, o carisma, o "feeling" e os videos de youtube. Non é ese o meu ideal da mobilización política, aínda que tamén sei que as cousas son como son. E tampouco pasa nada ata que pase algo. O que si recoñezo que me resulta a veces un pouco estomagante é ese nihilismo presuntuoso, aínda que un pouco de mercachacho, dos enterados que están de volta de todos os sitios sen teren ido nunca a ningures. Pero recoñezo que esa é unha cuestión máis relacionada coa estética que coa política.
N'estic d'acord, senyor enciam, amb la seva afirmació que "me resulta a veces un pouco estomagante ... ese nihilismo presuntuoso". I això ho veig als representants del periodisme gallec, que és ple de representants d’aquesta manca d'ideologia: "o falar non ten cancelas", etc. També alguns intel·lectuals, exrepresentants de l'esquerra nacionalista, pateixen d'aquesta malaltia.
O ESPECTRO POLÍTICO HOXE: ILUSTRACIÓN E BARBARIE
INAUGURACIÓN
Luns, 5 de novembro ás 12.00 h.
D. Alberto Gago Rodríguez. Reitor da Universidade de Vigo
Dª Dolores Villarino Santiago. Presidenta do Parlamento de Galicia
D. Arturo Leyte Coello e D. Jorge Álvarez Yagüez. Coordenadores do ciclo
Feminismo e cidadanía
Luns, 5 de novembro ás 12.30 h.
Dª Carme Adán Villamarín. Secretaria xeral de Igualdade. Vicepresidencia. Xunta de Galicia
Presenta: Dª Dolores Villarino Santiago. Presidenta do Parlamento de Galicia
Política e identidade
Mércores, 7 de novembro ás 12.30 h.
D. Carlos Thiebaut Louis-André. Profesor de Filosofía da Universidade Carlos III de Madrid
Presenta: Dª Tareixa Paz Franco. Vicepresidenta do Parlamento de Galicia
Relixión e espazo público
Xoves, 8 de novembro ás 12.30 h.
D. Antonio García Santesmases. Profesor de Filosofía política da UNED
Presenta: D. José Manuel Baltar Blanco. Secretario do Parlamento de Galicia
Transculturación e conciencia dobre
Luns, 12 de novembro ás 12:30 h.
D. Alberto Moreiras. Profesor de Pensamento moderno da Universidade de Aberdeen
Presenta: Dª Mª del Carmen Cabeza Pereiro. Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes
De poder e dereito
Martes, 13 de novembro ás 13:00 h.
D. Felipe Martínez Marzoa. Profesor de Filosofía da Universidade de Barcelona
Presenta: D. Domingo Docampo Amoedo. Ex-reitor da Universidade de Vigo
Poder político e poder económico
Mércores, 14 de novembro ás 12.30 h.
D. Joaquín Estefanía Moreira. Director da Escola de Periodismo UAM/El País
Presenta: D. Alberto Gago Rodríguez. Reitor da Universidade de Vigo
Lugar: Sala I do Edificio Miralles do Campus Universitario de Vigo
Oportunidades únicas, como vedes, para confirmar ou ampliar taxonomías. Os títulos das conferencias, perfectamente intercambiables.
O Joaquín Estefanía xa o teño aburrido.Repíteseme moito.
O Santesmases,pode tér un pase.Pero non poderéi ir a nungunha.
Titulares de hoxe. Vaiamos comparando. Por unha banda, en grandes caracteres:
El Mundo:
"LECTURA DE LA SENTENCIA DEL 11-M
La dinamita de los trenes y del piso de Leganés procedía de Mina Conchita.
E por outra banda:
El País:
""Ninguna prueba apunta a ETA"
La Voz de Galicia
"La sentencia descarta la participación de ETA"
El Correo Gallego:
"El Tribunal niega cualquier relación de los atentados del 11-M con ETA"
ABC
El Tribunal descarta cualquier vínculo de ETA con los atentados del 11-M
etc, etc.
Vaia,o "Baltarín" (con cariño) de presentador.Xa o contará na súa páxina.
¿Arturo Leyte Coello?.Non sabía que a alcaldesa de Cartelle tivera un irmán.Canto se eprende eiquí.
Dolores Villarino.Buf.Calquera a aguanta.A Tareixa é máis doada de aguantar.Por algo é veciña do Marcos.
Hai unha cafetería perto de onde viven ambos chamada "A SOLAINA".¿Coincidencia?.
Hoxe levantéime "marujo".
De SANTESMASES lera eu bastante na época en que frecuentaba Leviatán. Nunha ocasión, cando aquelo de Izquierda Socialista, viñera a Ourense, a Sargadelos, Pablo Castellano (logo rompera e forase para IU). Sorprendeume o tono ferozmente centralista da súa intervención: é case o único que lembro da súa charla.
Estes do mundo,son coma mulas.
Canto sabe vostede, don Xoán da Coba: nesa Solaina como de cando en vez, sobre todo no verán, se ando con presa.
(E así, en voz baixiña, sospeito que nese egrexio ciclo vigués, algúns dos presentadores... non sei se enterarán de moito...)
Resulta máis que evidente quen subvenciona (financia) ese ciclo de conferencias, non?
Para máis información (subvencións, horario, participación): www.universium.uvigo.es
Que unha institución pública subvencione con seis mil euros anuais ten que implicar necesariamente que os presentadores das conferencias teñan que ser as tres persoas (Villarino, Paz, Baltar) que encabezan tal institución?
Esas conferencias son un invítame hoxe ti a min que mañán te invito eu a ti: pura rutina académica. E a presencia de Villarino, Paz, Baltar e Domingo Docampo presentando a Marzoa, unha reverencia innecesaria da filosofía á política institucional.
Publicar un comentario