en poleiro alleo
O das dúas orellas, de Méndez Ferrín, en Faro de Vigo
Reiventarse ós 30 anos, reportaxe de Óscar Iglesias nos 30 anos do Museo do Pobo Galego.
La poesía bisturía de Lois Pereiro, artigo de Daniel Salgado en El País
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
7 comentarios:
Por que é unha eiva que a poesía sexa confesional? Porque non está de moda, quizais. Non hai que esquecer que boa parte da mellor poesía da historia aludía á experiencia do autor ou autora. Non sei que opinan vostedes.
Velaí poesía confesional:
Pois xa as coñezo a todas;
Sei das noites, as mañáns, os seráns,
Levo repartido a miña vida con culleriñas de café.
Coñezo as voces que esmorecen, apagadas na súa caída,
baixo a música que chega do fondo du cuarto máis aló.
Como me vou atrever?
T.S.Eliot. Canción de Amor de J. Alfred Prufrock, 1917
Di "excesivamente confesionales", pero xa se sabe que un poeta é un poeta é un poeta. Non hai que facerlle moito caso a estas cousas, porque de seguro o cronista, Daniel Salgado, tamén é poeta, co cal todo o reportaxe non é máis ca unha poética a tres ou catro voces, non sempre acordadas.
Quén decía que ningún poeta debería pesar máis de 45 kg? Creo que era Gautier.Os criterios pra definir poetas e poesía sempre foron curiosos...
Os que agora se acordan de Pereiro, e sobor de todo moitos dos que nombran no artigo, vían a Lois e escapaban. Hipócritas.
Xa que mentéi a Gautier,vai unha páxina cós seus poemas:
poemas de gautier(pero non o francés)
e unha canción onde o mentan:
lamento borincano
Vai un conto do das "dúas orellas":
Vai Carapuchiña polo monte e vé as orellas do lobo detrás dun penedo.Bérralle ó lobo:
-Qué orellas máis grandes tés!
Responde o lobo:
-Déixame en paz,que estóu na "toilette" !
Publicar un comentario