en poleiro alleo
Desfeita no sul (Méndez Ferrín comenta no Faro os desastres patrimoniais nas terras de Bande)
Adeus a Lidia Senra, tras 18 anos de loita no mundo sindical agrario galego (entrevista no Faro de Vigo)
(Foto Bernabé, de FV)
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
14 comentarios:
Respeto a Lidia por que sempre defendeu, as m�is das veces, cousas e reivindicaci�ns indefendibles, e sempre foi a voce dos m�is desamparados en Galicia, que son a xente do campo. A esta muller si que non lle van a ofrecer ningunha direcci�n xeral. Palmadas e para casa. Que putada. Que far�an en Catalunya con unha muller como Lidia, Sr. Swan.
Xaime, hom, non te pases tampouco. O Milucho é comparable á Lidia e ben ves onde está.
Agora que está tan de moda o tema da pronuncia correcta, das vogais en particular, o de Lidia é un dos galegos mais fermosos e enxebres que teña escoitado nunca polos medios de comunicación. Independientemente do seu impecable labor como sindicalista.
eu quero ter unha fonética coma a de Lidia Senra, con vocais átonas, tónicas e nasalizadas, e non este galego de granxa señoritinga.
Ninguén dubida da excelencia da pronuncia de Lidia Senra, pero todas as demáis son igualmente galegas. Se non entendemos esto, estamos no mesmo sitio de sempre. E, por suposto, tal plantexamento impide que calquera poda acercarse ao galego oral con total libertade. En español, a ninguén lle alaban a súa pronuncia, porque todo vale. Por poñer un exemplo cercano, porque nos outros idiomas pasa igual. Eu pronuncio un galego non de granxa señoritinga, senón de rúa asfaltada urbanita, e que? Non podo falar galego?
Ten excelente fonética galega a Lidia; tamén certa boa amiga da miña filla, que vive na viguesa rúa de Venezuela e non adoita dicir -de promedio- unha frase en galego ao día. Non ten, pola contra, boa fonética española o Frank Rijkaard.
O caso é falar, e benvido sexa -de brazos abertos para grande aperta- aquel que fale o galego que poida e saiba. Con todo, o modelo existe (é ben que exista) e o diferencial fonético tamén; no caso do galego, coa existencia de factores especialmente interferentes, cobra importancia particular, iso si, particularmente sentida máis por uns ca por outros.
Ora ben, concordo e insisto: o caso é falar seguido, sexa como for.
Como lle oín a un amigo inglés: Os españóis preocupádesvos tanto de pronunciar,que vos esquecedes de falar.
Dacordo con vostede é que o caso é falar, pero sen condicións. E a norma (que existe pero para a escrita, para entendermos nunha coiné máis ou menos convencional) non pode ser esa condición, nen unha pronuncia supostamente modélica. Ou é que sempre andamos coas sete vocais, ou o n velar como único criterio pronunciador?
E vólvolle a recordar a súa inveterada tendencia a colocar o artigo determinado diante dos nomes de mulleres. Ten que mirarse eso, amigo Saavedra. Pero hoxe non, que mañán é domingo das mozas e hai que estar presentable.
Vai ser difícil esa revisión para reversión, é costume herdado por vía social: vexa que digo "o Arume" bastante normalmente. No outro: de feito hai modelo fonético. Os andaluces tenden aínda moito a evitar o seseo en contexto formal, tal a misa ou o Parlamento; non digamos a aspiración do ese implosivo.
Non digo que sexa realidade exemplar ou de aprobar sen reservas. Pero a norma como criterio simplificador probablemente é inevitable: non sei eu se o rotacismo ou a tamén galega aspiración devandita son moi desexables no presentador do telexornal.
E cousa de máis fuste son os trazos de sistema, como o vocalismo ou o cadro de nasais. O carácter distintivo sustenta todo o edificio significativo e a miúdo fundamenta a consistencia do propio idioma. Dígollo francamente: falar con cinco vogais en sílaba tónica e pretónica (calquera inmigrante mozo adquire as sete, inconscientemente, sen moita demora) moi bo galego non é. Pero fálese, porén, aínda que un non dea articulado o xe palatal.
Demasiado boa pró BNG e demasiado boa pra pedirlle que quede na polñitica
O sistema galego ten sete vocais, sen dúbida. Polo de agora, tamén. E é convinte estudialo así: niso estou completamente dacordo. Pero terá que convir conmigo que un excesivo celo neste asunto pode retraer posibles falantes. Non sei se diso son conscientes todos cantos normalizadores da lingua galega que hai polo noso país. Eu vexo moitas campañas que, ao meu entender por facer recair o asunto na falta de interese dos falantes ou sexa sobre a escasa vontade dos individuos, poden resultar contraproducentes. Culpar ás persoas de falta de iniciativa non parece a mellor maneira de incitar ao seu uso.
Aínda que este asunto pode ser motivo de maior discusión, estou abraiado de que vostede non ande pola festa. Ou é que non canta ninguén da súa predilección?
Xosé M. González dixo:
"Xaime, hom, non te pases tampouco. O Milucho é comparable á Lidia e ben ves onde está."
Xa lle gostaría ao Milucho ter a cabeza, a sensibilidade ante os novos temas e a visión política da Lidia.
Pois non lle digo que non. Eu referíame só a entrega militante e identificación cos labregos. Iso ao Milucho non hai quen llo negue, supoño; outras cousas son outras cousas.
Xabier Cordal
25 anos
18:37 04/10/2007
O aniversario da refundación no BNG é tamén o cabodano das exequias dun proxecto de soberanía pensado desde a esquerda para este país. Por aquela altura, noutros foros, invocábase un partido político á medida da sempre feble burguesía nacional.
Moitas das correntes convidadas á asemblea de Riazor abandonaron o proceso. Dixeron que o teórico cambio de estratexia do Bloque, na realidade, consolidaba dúas renuncias que se habían manifestar a medio prazo. A primeira acabaría situando a autodeterminación na corda frouxa do horizonte -previamente se renunciara á independencia-. A segunda liquidaba a posibilidade dunha frente popular de esquerda onde coubesen tanto as formulacións clásicas –socialistas, comunistas, anarquistas- como os agromos alternativos que xa asomaban a cabeza por Europa.
Riazor puido converterse nun acordo entre todas ou case todas esas siglas (minorizadas hoxe debido ao seu silenciamento nos medios de comunicación; tamén polo teimudo sectarismo), pero desembocou nun “proxecto común” disposto a camuflarse para gañar poder institucional. Se alguén prognostica daquela que o recén estreado BNG sondaría vinte e cinco anos despois un pacto coa dereita franquista, mesmo os máis escépticos coa refundación mandaríano a un psicólogo.
Ningunha persoa que comparta os mínimos da civilización mira mal o éxito nas urnas do BNG. Son obvias as vantaxes a respecto do modelo Franqueira: a cultura dos cadros e sobre todo das bases do Bloque é indiscutiblemente progresista e está a anos luz da galeguización do entramado caciquil que se promovera desde Ourense.
Os agoiros cumpríronse
No entanto, os agoiros cumpríronse: á rapaza que cobra 500 euros nun hipermercado por xornadas de dez e doce horas, que non ten dereito, na práctica, á sindicación; aos novos emigrantes (uns con máster universitario, outras encofradores, electricistas, camareiras); aos ex-labregos e ex-mariñeiros que marchan á cidade para cobraren, se hai sorte, a súa cota de miseria –¿de verdade que debemos agradecer 210 euros en concepto de esmola pola precarización?-, a toda esa silenciosa maioría o da “defensa dos sectores produtivos” sóalles a música de cámara. Se había dúbidas, ao fondo está a foto de familia co empresariado catalán e vasco.
Quen moito enfeixa pouco ata, di o refrán. Mais o BNG insiste no funambulismo: entre a promoción dunha patronal galega e o sostemento dun sindicato de clase, entre a mobilización de Nunca Máis e a desmobilización contra Reganosa, entre a Cidade da Cultura e a ausencia dunha rede cultural. E Corrubedo, e Monteferro, e Quilmas, e o Courel, e a subvención millonaria ás empresas que monta a Igrexa católica.
Demóstrao o goberno de Cangas, non só coa brillante xestión urbanística a cargo de Mariano Abalo, e advírteno miles de votos en Ferrol: hai vida á esquerda. O sentido común, o pacto estratéxico, a crítica das aventuras sectarias e a defensa das verdadeiras necesidades da maioría non son patrimonio da acomodación. Os cantos e alabanzas ao proceso de Riazor veñen nos mesmos xornais que bouran a diario naquilo que o BNG di representar.
Nestes vinte e cinco anos moitas persoas acabaron concluíndo que a libre decisión dun pobo sobre o seu futuro e a xustiza social son ideas completamente excéntricas. O que os pais planifican como estratexia, os fillos enténdeno como tradición. Despois sempre levan a culpa os rapaces.
Publicar un comentario