23 oct 2007

en poleiro alleo

"Maldita choiva", de Afonso Monxardín (Galicia Hoxe): choiva ou chuvia?

"Divino, demasiado divino", de A. Elorza (El País) : de Tariq Ramadan a Ratzinger.

Non deixen de ler tampouco o magnífico artigo que publica El País sobre o novo partido de Savater e Rosa Díez, nunha achega moi crítica (non o encontrei na rede).

47 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífico artigo de Monxardín. Moi útil para apreciar a diferenza entre o estándar e o rexistro familiar da lingua: usareino en calquera momento cos meus alumnos/as.

Anónimo dijo...

O artigo de Elorza, como sempre que trata o tema das relixións, extraordinario, dunha erudición nada pedante. O que non sabía era a súa predilección (je, je) polo budismo.
Do de Monxardín quedome coa anécdota contada: por qué unha rapaza que di chuvia remata decindo choiva? Acaso o estándar non inflúe tamén na fala familiar? Ese casismo non é un lugar pechado: entran alí os efluvios de fóra, sobre todo se temos o costume de abrir as fiestras, xanelas (ou mesmo ventás).

Anónimo dijo...

Elorza adoita dicir cousas incómodas para os de "pensamento piadoso". Xaora, non teño grandes coñecementos teolóxicos, bíblicos ou coránicos, pero comparto as súas análises.

O de Monxardín moi a ras de terra, con esa cercanía ao cotiá da que acostuma a entresacar valiosas conclusións.

Anónimo dijo...

A norma do catalán leva moitas décadas implantada. Un dato significativo: o único libro que levaron consigo moitos cataláns que fuxiron do franquismo foi a gramática (ou o dicionario) de Pompeu Fabra. Con iso xa está dito todo. Hoxe ninguén dubida como se debe dicir ou escribir unha palabra. Alí a anarkía lingüística está mal vista.

Nós somos galegos, e non nos entendemos. En galego, a norma só leva implantada (e aínda aí, "malamente", por mor das herexías lusópatas e o baile de letras) un par de décadas. E como pasaron algúns anos entre os primeiros cursos de galego (nos anos sesenta e setenta) e a implantación da norma (a partir de 1982), subsisten aínda hoxe na fala toda unha serie de dobretes como "chuvia"-"choiva", "sentido"-"senso", "volver" - "voltar" , “a partir” - “a partires”, etc. O máis coñecido, sobre todo porque aínda non hai un acordo e ten unha certa carga simbólica, é o de “Galicia”-Galiza”, aínda que neste caso as dúas formas están aceptadas.

Anónimo dijo...

Na rede está, pero eu non podo obtelo desde casa porque non estou suscrito. É de Ignacio Sánchez-Cuenca que curiosamente traballou con José María Calleja, un xornalista moi próximo, na súa crítica ao nacionalismo vasco, a Savater.
De todas formas, xa me tarda ler, como a medio país, a contestación de mañán de Savater. Xa me chegan os claríns do combate: o séptimo de cabaleiría (claro está do turf) baixa pola costa do hipódromo de Lasarte. Vou reservar o xornal de mañán (non hai que esquecer o cupón para os coitelos de Mariscal). Así aproveito e leo a crónica do Barça.

Anónimo dijo...

Na miña aldea nunca decían nin "chuvia" nin "choiva".Sempre decían "a auga"(o verbo,sí,"chover").

-"Vamos amedoucar pronto,que vai vir a áuga"

Anónimo dijo...

Estou emocionadísimo: esta noticia éncheme de ledicia e quixera compartila con todos vós: o amigo R.R. gaña o premio Nacional de Literatura Dramática:

"Rubén Ruibal (blog de Alicia crece) gana el Premio Nacional de Literatura Dramática
El autor obtiene con 'Limpeza de sangue' los 15.000 euros del galardón"
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Ruben/Ruibal/gana/Premio/Nacional/Literatura/Dramatica/elpepucul/20071023elpepucul_3/Tes

Anónimo dijo...

Blog de R.R.

Anónimo dijo...

Excelente o artigo de Monxardín, comprian mais intervencións filolócixas deste tipo, polo menos para min.

A critica a Ratzinguer que lle fai Elorza non sorprende, pero Ratzinguer non é un bó teólogo. De tariq, tiña a idea de que era mais intelectual, pero no o coñezo o suficiente.

O final do artigo é una perogrullada: "Quienes están investidos de autoridad no aciertan necesariamente a la hora de mostrar los valores positivos de una religió"

O argumento de autoridade non ten lexitimación nin prestixio na ciencia, na filosofia, nas ciencias sociais nin nos crentes que non se amputan a racionalizade nas súas mentes.

O remate é de risa, con esa repentina revelación dunha crenza superior: o budimo; unha relixión sen deus.Se dixera unha relixión sen trascendencia, diría algo no contexto en que insire o que dí, pero dese xeito non é outra cousa que unha impostura.

Anónimo dijo...

Noraboa para Rubén Ruibal. Últimamente ando moi interesado no drama, así que leerei a sú obra con curiosidade, e mais se contén dalgún xeito a referencia de R.V. Bolaño, que para min ten algúns dos diálogos mais interesantes da nosa literatura.
E por curiosidade non será parente dos Ruibal, de Pontevedra, do creo que se chamaba, Ramón ruibal, o da "maquina de pedir"?

Anónimo dijo...

Creo que non, pero Limpeza de sangue ben paga a pena. Lina nunha mañán e foi unha extraordinaria experiencia. Moi aconsellable. O triste do caso é que xa gañou o Cunqueiro hai dous anos (ou máis) e, como saben vostedes, o premio consiste en ser representada a obra. Pois, que queren que lles diga que vostedes non matinen?

Anónimo dijo...

canto sabelotodo

Anónimo dijo...

e canto envidioso crónico.

Anónimo dijo...

O que quere dicir Elorza, cun chisco de ironía, cando se refire aos "que están investidos de autoridade" é que son eles (ou sexa Ratzinger e Ramadán, os que a sí mesmos se outorgan autoridade) os que deberían ser máis eficaces á hora de ver as cousas positivas da relixión. Non está asumindo de ningún xeito ese principio de autoridade, que, por certo, é o único que empregan os teólogos para lograr ser considerados como bós ou non.

Anónimo dijo...

Hai mais dunha teoloxía, señor Arume, e a autoridade de moitos teólogos basease na coerencia do seu discurso.
A ironía de Elorza, a min paréceme demasiado pobre, tanto que non a vexo.De todos xeitos prefiro a eficiencia a eficacia.

Anónimo dijo...

Ignoro a obra teolóxica de Ratzinger, agás algún que outro resumo demasiado breve que teño lido por aí. Daquela, eu non me atrevería a afirmar taxativamente se é ou non un mal teólogo. Desde logo, acreditada fama de tal ten. E aínda coñecendo a súa obra, a miña posición de partida considéroa moi insuficiente como para ditaminar con criterio.

Agora ben, un reputado e supoño que autorizado teólogo como Leonardo Boff -polo demais moi crítico, como saben, coa actual orientación vaticana- non descualifica a Ratzinger, senón que, mesmo dende a crítica do seu "tradicionalismo", non o considera un teólogo menor, desde logo.

Véxase o texto seguinte e advírtase, a carón da disensión, termos como "eminente doctor", "discurso transversal, en permanente diálogo con otros saberes", "fecunda producción intelectual", "Esta teología contiene mucho de verdad", "sumamente inteligente", etc.

En fin, neste caso nunca mellor dito o de que doutores ten a Santa Madre Iglesia.


Benedicto XVI, crítico de la cultura

Leonardo Boff

Lo que llevó a Benedicto XVI al supremo pontificado fue el hecho de ser un eminente doctor, no un conocido pastor. Representa al típico teólogo académico alemán, cuya facultad de teología, situada en el interior de la universidad del Estado es la primera entre todas las facultades, lo que le permite un discurso transversal, en permanente diálogo con otros saberes. Tal hecho confiere a la teología de estilo alemán un alto nível de criticidad y hasta la discreta arrogancia de ser la más profunda y filosofante de todas en la Iglesia, hasta el punto de que Lutero, ya en su tiempo, pudiese decir que «un doctor romano es un burro alemán». Como teólogo académico, Joseph Ratzinger se involucró activamente en las discusiones sobre la identidad europea y sobre los desafíos a la modernidad.

En este campo donde se revela el alcance y también los límites de su fecunda producción intelectual. Normalmente los filósofos del conocimiento nos enseñan que la cabeza piensa a partir de donde pisan los pies y que cada punto de vista es la vista desde un punto. ¿Dónde pisan los pies del intelectual Ratzinger y que vista permite el punto donde está situado? Pisa indiscutiblemente el espacio cultural de Europa central, por tanto, a partir del grupo de países hegemónicos en el mundo, y su vista depende de ese punto a partir del cual ve el mundo y a la Iglesia. Ciertamente no mira desde la óptica de los pobres y oprimidos.

Lo que pesa en su pensamiento es el lastre cultural formado en la escuela de San Agustín (+450) y de San Buenaventura(+1274), sobre los cuales escribió dos brillantes tesis. Ambos tienen esto en común: el mundo es una arena donde se enfrentan Dios y el diablo, la gracia y la naturaleza, la ciudad de Dios y la ciudad de los hombres. El pecado de los orígenes produjo una tragedia en la condición humana: ésta quedó en un estado tan decadente que no consigue redimirse por si misma ni producir una obra que agrade a Dios. Necesita un Redentor, Jesús, que es continuado por la Iglesia, dotada de todos los medios de salvación. Sin la mediación de la Iglesia, los valores culturales valen, pero no lo suficiente para salvar al ser humano y su historia. Lo mismo se aplica a la liberación de nuestra teología.

Este tipo de teología lleva a una lectura pesimista de la cultura. Esto se percibe en la lectura que el teólogo Ratzinger hace de la modernidad. En ella ve, ante todo, arrogancia, relativismo, materialismo y ateismo, esfuerzo humano en busca de emancipación por sus propios medios. La misión de la Iglesia es desenmascarar esta pretensión, llevarle claridad de principios, seguridad en la oscuridad y verdades absolutamente válidas.

Esta teología contiene mucho de verdad, pues efectivamente hay decadencia en la modernidad, pero ésta tampoco excluye a la Iglesia que está hecha de justos y pecadores. Por otra parte, importa ampliar el horizonte teológico. Es menester insertar junto con Cristo una teología del Espíritu Santo, prácticamente ausente en San Agustín y en el teólogo Ratzinger. Una teología del Espíritu permitiría ver en el mundo moderno, como lo hizo el Concilio Vaticano II (1965), grandes valores como los derechos humanos, la democracia, el trabajo, la ciencia y la técnica. Del anatema, la Iglesia pasaría al diálogo. Se asociaría a todos los seres humanos de buena voluntad para buscar una verdad más plena, pues el Verbo «ilumina a cada persona que viene a este mundo» y el «Espíritu llena la faz de la Tierra», como dicen las Escrituras judeocristianas.


Como el Papa es sumamente inteligente bien puede ser que vea en nuestra realidad lo mucho que se está haciendo de bueno para sacar a las personas de las consecuencias de una perversa modernidad que negó a tantos millones los derechos, la justicia y la vida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non hai varias teoloxías. Hai unha soa, que vale para todo: para negar ou afirmar. A teoloxía é un instrumento de disputatio: e non gaña o máis coherente, senon o máis convincente. Claro que cando hai empate, no campo católico, dirimen por lanzamento de penaltys, ou sexa aplican a infalibilidade.
A expresión de "los que se invisten de autoridad" quere dicir que eles mesmos se consideran autoridade: para mín, nese contexto, é unha clara expresión irónica. Pero non vou facer disputatio disto.

Anónimo dijo...

Entendo señor Arume que concibe vostede toda a teoloxía como unha práctica totalitaria ("hai unha soa") e inútil, porque o que vale para todo non vale para nada. Se o único que importa na teoloxía é convencer, pode descuidarse a coherencia na forma de convencemento e aproveitar todo tipo de trucos para lograr tal obxectivo. Todos os que participan dun xeito ou doutro nos asuntos teolóxicos prescindirían,segundo vostede, da coherencia. Curiosa a eiva que vostede lle adscribe a estas persoas!.
Non todos os teólogos católicos aceptan, ou aceptaron a solución dos penaltis, señor arume, e seguen sendo teólogos, por iso hai varias teolóxias. Hai quen pensa que "por estar revestidos de autoridade non acertan necesariamente nas cuestións teolóxicas".
Estou con vostede Arume en que os que se invisten de autoridade, tautolóxicamente se consideran autoridade, pero paréceme que Elorza dálle outro matiz, mais tampouco vou facer disputatio disto.

Boff é moi amabel con Ratzinguer. O Papa prometíaser un bó teólogo pero, segundo teño escoitado, sacrificou esta carreira polo seu traballo no Vaticano. Ten sona (eu non coñezo mais que de vagas referencias a súa obra) de ortodoxo. Como ben di Boff, cada punto de vista é a vista dende un punto, e os meus puntos son outros, como J.B. Metz que insiste na primacía da pregunta polo mal e o sufrimento no mundo como tema que salta en primeiro lugar ao tratar a cuestión de deus, ou Hans Jonas, expoñendo o deus cosufrinte, e outros que me parece que aplacarían un pouco a soberbia de Elorza, e os seus trucos budistas.

Anónimo dijo...

Que se me corrixa se me equivoco, pero creo que o filósofo Hans Jonas non pode considerarse propiamente un teólogo, aínda que trate temas colaterais a certa teoloxía. J.B. Metz, en cambio, si que é netamente teólogo.

Non entendo moi ben como só con ter "vagas referencias" da obra teolóxica de Ratzinger se poida afirmar que non é un bo teólogo. Que sexa ortodoxo, ou tradicionalista, ou conservador, ou como queira que se lle poida chamar, non ten por que excluír que poida ser tamén un bo teólogo desde tal punto de vista.

Pero, xa digo, corríxaseme se me equivoco.

Anónimo dijo...

Non simpatizo cos teólogos nin coa teoloxía. É máis: considero que a teoloxía consuma, contra a súa vontade, a retirada nihilista de Deus, ao reducilo a unha idea, e que non é de todo unha broma a afirmación de que “os teólogos non cren en Deus”. Pois, en efecto, cren nun “Deus” tan abstracto que, á forza de debuxar filigranas para demostrar a súa existencia ou salvalo de determinadas acusacións, ese “Deus” acaba por desaparecer convertido en fume conceptual. E non é que a min me pareza mal que desapareza, senón porque ese “Deus” é algo que non pode aparecer racionalmente. De aí que a miña crítica se dirixa ao propio concepto de “teoloxía”, pois fala do que non se pode falar, pero non ao modo da poesía, ou da literatura á que todo lles está permitido, senón ao modo da filosofía, que pode prescindir da razón instrumental ao uso (como Heidegger o Adorno), pero debe saber cando se chega ao chanzo final da escaleira razonante. Dado que a teoloxía non constitúe •discurso válido”, non é admisible unha xerarquía entre as “diversas” teoloxías segundo o seu grao de “verdade”. Aceptar que hai "mellores" e "peores" teoloxías implica aceptar que a teoloxía serve para algo, por exemplo: para coñecer a Deus racionalmente, como defenden uns, ou para percibir racionalmente o seu “clamoroso silencio”, tal e como defenden outros. E iso é precisamente o que algúns non aceptamos. Rexeitada esa posibilidade, a teoloxía de Boff non me parece mellor que a de Ratzinger ou a de Tariq Ramadán. Nin un Deus “revolucionario” máis preferible a un Deus patriarcal. Sinceiramente, sonme todos indiferentes.
Eu, de ser crente, só crería nun deus que comese, que bailase, que fodese, e que cantase…infinitamente, como non podía ser menos. Pero un golfante tal xa non sería o "Deus" que afirman Tariq Ramadán e Ratzinger, e que nega Elorza; nin o "Deus" colérico, atrabiliario e precursor de Shakespeare, que fascina ao Harold Bloom lector da Biblia hebrea; tampouco o Buda ao que se refire Elorza, -quen, por outra parte, acerta ao afirmar que o budismo é unha relixión sen Deus (Gautama non é “un” deus, moito menos o Deus único), porque todas esas versións do Deus único se aburren infinitamente. Non. Un pándego dese calibre reclamaría a presenza dos deuses fuxidos ante o terrible poder do deus único, e contemplaríamos unha versión posmoderna do Olimpo. E se xa crer nun único Deus é unha lata, non quero nin pensar que sería crer en moitos. Teño a impresión que tras a retracción tradicionalista da Igrexa, en Occidente, hai un intento por peneirar o catolicismo dunha excesiva derivación espiritualista, case filoprotestante. Nas apelacións “realistas” de Ratzinger antes e despóis de ser Papa (afirmación do Inferno, reforzamento do culto a María, literalismo na interpretación das Escrituras), late unha vontade de humanizar a Deus, fuxindo do arcaismo paganizante por unha banda e do protestantismo, pola outro. Pero nesa contradicción vive o catolicismo dende Lutero. En realidade, é a contradicción do propio cristianismo dende o seu nacemento.

Anónimo dijo...

Pois corríxase vostede, apicultor, se pensa que só os teólogos poden facer aportacions a teoloxía.
As noticias que tiven de Ratzinguer non me crearon interés na súa obra. O calificativo de malo, non é o adecuado, quizais lle acaiga mais o de ortodoxo.

Anónimo dijo...

Eu corríxome sempre que sexa mester... e non son poucas veces. Non o será neste caso concreto, pois non penso o que vostede pensa que penso.

E celebro gratamente que vostede tamén se corrixa: teólogo ortodoxo é máis apropiado e preciso que teólogo malo.

Polo demais, é obvio que o meu interese pola teoloxía é, no mellor dos casos, algo moi puntual ou episódico. Porque eu tampouco simpatizo, nin sequera coa teoloxía da liberación.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, non referente a Hans Jonas, simplemente vostede non pensa, aplica un pobre esquema miméticamente.

Estimado Jim. Tendo en conta as súas razóns para declararse increente, eu non podo senón aprobalas. Coido que non é posibel unha demostración racional de deus, se fose así sería un problema e habería posibilidade de resolvelo.
Coincido tamén en que como idea abstracta, presentaríase como o "totalmente outro", no limite imposibel de toda función, relación e experiencia.
Pero hai outros aspectos dos que disinto. Dí vostede que a teoloxía fala do que non se pode falar. Lémbraseme un filosofo que vostede coñece, Wittgenstein, cando sobrepasando os limites do "tractatus", recoñece que aquelo do que non se pode falar, é do que mais interesa falar.
Di tamén vostede que "dado que a teoloxía non constitúe discurso valido, non é admibel unha xerarquía estre as divesas teoloxías segundo o seu grao de verdade."
Que entende vostede por discurso valido, señor Jim, non mesturará vostede o valido no discurso cientifico, co valido no discurso, ético, estético, ou relixioso...non serei eu que lle fale das diferencias entre a verdade cientifica, a etica, a estetica, e a relixiosa.
Recrimina vostede tamén que a teoloxia fale a modo de filosofía, deixe amigo Jim, que cada quen fale como lle pareza, el, eles saberán. Eu personalmente achei moi interesantes os desenvolvimentos dos estudios relixiosos dende a escola da fenomenoloxía. Interesantes, e dende un punto de vista filosófico, moi pertinentes.
Afirma tamén, que a teoloxía, non pode serbir para nada, permítame unha distancia esceptica sobre esta afirmación.
Hai dous modos de acercarse ao fenómeno relixioso, un dende fora, e outro dende dentro.
Dende fora:
os enfoques adoitan un optica funcionalista, así a relixión sempre cumpriría unha función,económica, política social, psicolóxica. (A teoloxía non estaría exenta de cumplir unha función).
Dende dentro:
O núcleo do fenómeno relixioso é a experiencia relixiosa, da que é moi dificil falar, pero non imposibel, e non exenta de doses de racionalidade coa súa correspondente pretensión de verdade.
Deixe vostede amigo jim, que cada quen pretenda a verdade, tamén os crentes, sinálelle as incoherencias no seu discurso, se son honestos recibiranas coas mans abertas, deixe que recurran aos diferentes tipos de discursos, ortodoxia teolóxica, filosofía, antropoloxía poesía, ciencias sociais...non hai monopolio para ninguen, e todos son lícitos se pretenden a verdade honestamente.
Eu de ser ateo, non sería dogmático.

Anónimo dijo...

Agradézolle moito o enlace a ese artigo de A. Monxardín. Como noutras ocasións (cando falou do "i" que algúns empregan para sustituir o "e"), alíviame saber que a miña familia non foi unha mala influencia lingüística e venzo algún complexo que outro.

Anónimo dijo...

Home, é que para cabeza pensante xa o temos a vostede, Jimmy.

Anónimo dijo...

A sua ironía non ten prezo, apicultor.

Anónimo dijo...

Home, é que non deixa de ser gracioso que quen se presenta como adaíl da acción comunicativa e da intersubxectividade dialóxica, se irrite tan rapidamente con quen se atreva a levarlle minimamente a contraria ou a matizarlle algunha que outra cousa, e que se vexa impelido a acudir á descualificación sumarísima do ousado. Supoño que isto é o que chama “ter a honestidade de recoñecer os argumentos do interlocutor”.

“Estar na inopia”, “simplemente vostede non pensa”, “aplica un pobre esquema mimeticamente”, etc., son algunhas das perlas que tan xusta como merecidamente me ten dedicado, por non ir buscar outras máis anteriores. Tampouco Elorza se libra dos seus mandobles: “perogrugallada”, “de risa”, “impostura”, “pobre ironía”. E Ratzinger non é “un bo teólogo”, aínda que se acabe recoñecendo que non se lle leu nada.

En fin, as cousas as hai que tomalas de quen veñen. Teña por seguro que tanto eu, como Elorza ou Ratzinger, e atreveríame a dicir que toda a humanidade enteira, estamos ansiosos por ler o novo tomo das súas Obras Completas, titulado precisamente “XVI. Ensaios filosófico-teolóxicos”.

E é que son tantas as ganas que temos de aprender!

Anónimo dijo...

"as cousas hai que tomalas de quen veñen"

Anónimo dijo...

Sumamente interesante o artigo de Elorza, suxestivo para calquera desde posición analítico-descritiva, con boa dose de obxectividade; das obras que comenta, ao non telas lido, non opino.

Por outra banda: o Juanchi, compañeiro meu en 1º de carreira, do concello de Bóveda e cun galego puramente oral -ata onde a min me consta- dicía "choiva". A "realidade", unha vez máis, sorprendendo ata os libros.

Anónimo dijo...

Expliqueime mal, amigo De Rairo. Eu o que discuto é a propia noción de “teoloxía”. E fágoo por duas razóns: porque discuto o concepto de “Deus” ínsito na palabra, e porque considero que o sagrado non pode ser captado racionalmente, nin sequera como “Deus”, a súa forma máis racional, tardía e empobrecida. Vostede sabe que “Deus” é unha creación histórica recente, o mesmo que a “fe” que o acompaña. A crenza en “Deus” implica unha fe porque “Deus” é o nome que adoita a retirada do sagrado disperso na natureza e a súa compresión nunha única figura, que, ademáis, vive no alén. E nunca unha relixión, agás a cristiá e a musulmá, se baseou nunha fe, porque ningunha relixión, agás as devanditas, dividiu a realidade en dous ámbitos: a natureza “impura” por unha parte e o alén non sensible, “habitado” por un único Deus que non se ve, pola outra. Por qué os gregos, que o inventaron case todo, “careceron” dunha “teoloxía”?: porque non tiñan fe, e non a tiñan porque non a precisaban. Contemplaban a Zeus na cólera do raio, sentían a Apolo na xeometría do templo e percibían a Eros na eterna cerimonia dos corpos a xuntárense, e precisamente por iso non podían entender unha relixión que esixise “crer no que non se ve”. Retirado da natureza e convertido en idea (“fuxidos os deuses”, que diría Hölderlin) polo cristianismo, o sagrado só é vivible ao través da “Fe” e intelixible ao través da “Razón”, e á teoloxía élle doado atopalo, porque previamente foi reducido a unha caricatura: o Deus monoteista das relixións do libro, especialmente nas súas versións cristiá e musulmá. Esta foi a historia da nosa civilización. Cabe, sen embargo, preguntarse -e tal vez plantearse estas preguntas sexa “tirar a escaleira despóis de usala”- se “iso” que repetidamente veño denominando “o sagrado” e que outros denominan “o aberto” é reducible á figura de “Deus”; cabe, polo tanto, interrogarse pola validez dun discurso (a teoloxía) que non é nin pode ser válido no sentido das ciencias naturais, pero que,coma elas, atopa o que busca, anque, no seu caso, non sexa máís nada ca simple fume conceptual; cabe, en fin, plantearse se tanto a “Fe” (Ratzinger, Tariq Ramadán) como a “Razón” (A. Elorza), no sentido en que foron determinadas na historia de Occidente, non resultarán insuficientes para abordar o fenómeno relixioso dende unha óptica que non se limite a instalarse na comodidade dos estereotipos. Vostede di que se fose ateo, non sería dogmático. Eu non podo ser ateo porque non creo en “Deus”. Pero, pola mesma razón, tampouco podo ser “crente”.

Anónimo dijo...

Bravo, Morrison! Unha explicación magnífica que, polo que colixo na miña ignorancia, fai de "Deus" unha etapa histórica e non absoluta dese mar outrora maior e hoxe case seco ao que vostede se refire como "o sagrado". A teoloxía podería entenderse, así, como unha rama específica da filosofía -ao fin e ao cabo, San Agustín, o seu inventor, era un filósofo- especificamente dedicada a explicar e racionalizar a novidosa figura de "Deus" e a blindala a través da fe. Coincido en que hoxe é moi difícil que saia dese discurso agotado algo interesante. Fíxense, se non, no texto de Leonardo Boff que pegou Apicultor: o home este suxire a necesidade de facer "unha teoloxía do Espírito Santo", que el pon en relación con cousas como a democracia e os dereitos humanos. Desde fóra ou desde dentro, nunha primeira ollada, isto pode equivaler a andar un pouco mal da chaveta. Nunha segunda apreciación enténdense este tipo de discursos unicamente porque existen facultades de teoloxía, colexios de teólogos, igrexas e un mercado intelectual creado arredor da razón divina.

Anónimo dijo...

Dúas cartas sobre o artigo de Sánchez-Cuenca.

Ignacio Sánchez Cuenca nos dedicaba el pasado día una larga pieza (UPD, partido nuevo, viejos tópicos) para denunciar el carácter nacionalista, derechista y en fin, francamente apolillado, que atribuye a Unión Progreso y Democracia. Naturalmente, todos tenemos derecho a considerar frescas y cantarinas ideas que otros encuentran francamente rancias, y viceversa. A lo que ya no hay tanto derecho es a tergiversar el ideario de un partido recién nacido que ya ha publicado un documento con sus compromisos políticos. Me refiero al manifiesto colgado en nuestra página web, que cualquier lector de EL PAÍS puede leer para constatar que Ignacio Sánchez Cuenca se ha limitado a atribuirnos alegremente lo que a él le gustaría que dijera nuestro partido, no lo que realmente dice. Es radicalmente falso que afirmemos que sólo los Estados centralistas son democráticos o que no consideremos a Estados Unidos un Estado de derecho. Igual de falso es que no hablemos de igualdad de derechos de los ciudadanos, incluyendo la necesidad de políticas sociales positivas que sustancien esa igualdad mediante el Estado de bienestar. No insistiré más, porque cualquiera que sepa leer de buena fe comprobará inmediatamente estos extremos si se toma la molestia de consultar lo que nosotros decimos, en vez de lo que el articulista quiere hacernos decir.
Teniendo en cuenta esa peculiar manera de interpretar los hechos y retorcer la realidad, ya es más comprensible el rotundo fracaso del profesor Sánchez-Cuenca en su pronóstico de la derrota y fin inmediato de ETA, y del seguro éxito del patético "proceso de paz" que ha apoyado sin reservas, incluyendo la constitución de mesas de partidos antidemocráticas. Me temo que su ataque contra nosotros -tan parecido a otros provenientes de la derecha más castiza- proceda más del resentimiento y el rencor contra quienes sí hemos acertado al describir y pronosticar el fracaso de ese ilegítimo y contraproducente diálogo con terroristas, que de ideas políticas que son perfectamente criticables a condición, claro está, de que no sean destrozadas aviesamente por un torpe caricaturista.- Carlos Martínez Gorriarán. Consejo de Dirección de Unión Progreso y Democracia (UPyD).


Hacía mucho, muchísimo, tiempo que no leía un artículo tan claro y riguroso como el de Ignacio Sánchez-Cuenca. Refleja con argumentos salidos de la madurez democrática una postura que, de manera menos elaborada, he sostenido allí donde he tenido ocasión de opinar.

Soy asiduo lector de Fernando Savater en su faceta de filósofo, aunque he lamentado, y lamento, la deriva que ha tomado en su visión del llamado "problema vasco" y, más aún, lamento que cree un partido "anti" sin más contenido que enfrentarse a cualquier intento de abrir vías que nos libren del fenómeno terrorista que viene asolando el país desde hace tantos años. Entiendo que el esfuerzo de los intelectuales de la categoría del señor Savater deben ir encaminados a abrir vías y no a cerrarlas.

Y menos aún entiendo que como aliada se haga acompañar de la señora Rosa Díez, a la que conozco desde antes de que fuese consejera de Turismo del Gobierno del señor Ardanza en aquel Gobierno vasco fruto de la coalición PNV-PSE, época en la que por cierto las dos comunidades que "conviven" en Euskadi vivieron una época de armonía.

Y me permito opinar porque he vivido 26 años en el País Vasco, del que tuve que marchar por ser insoportable la vida que allí me tocó vivir no hace muchos años, ya que además de ser un cargo electo durante 12 años militando en el PSE, también estuve en la lista de objetivos de ETA y tuve que vivir unos años acompañado de los escoltas correspondientes. Y desde el derecho que me da el haber vivido todo lo anterior es por por lo que me permito pedir que intentemos solucionar con todas nuestras fuerzas los hechos que motivan la miseria humana que me ha tocado padecer, y también por ello siento un profundo dolor cuando se crea un partido "anti...". Los ciudadanos que siguen en el País Vasco sufriendo el día a día merecen esfuerzos en la única dirección que debemos seguir: la de intentar con todos los medios democráticos posibles solucionar la lacra terrorista. No sumemos esfuerzos a la locura visionaria del señor Ibarretxe. Utilicemos la razón y no la víscera.

Por todo ello quiero hacer llegar mi felicitación al señor Sánchez-Cuenca y darles las gracias porque me ha hecho sentir que todavía quedan intelectuales lúcidos en este país.
José Mediavilla, Santander.

Anónimo dijo...

Increente Jim, gostei desta súa intervención, a ver se esta tarde matizo un pouco, páreceme que encauzou vostede o asunto dun xeito maxistral.

Anónimo dijo...

O artigo de Sánchez Cuenca é magnífico. Direi máis: é a primeira vez que leo un artigo ben argumentado criticando a Fernando Savater. A resposta de Gorriarán, moi mal, pois manipula o escrito por Sánchez Cuenca e ten máis de resposta "ad hominem" que de outra cousa.
A pesar das miñas discrepancias con el, téñolle moita lei a Fernando Savater. Pero creo que a situación que viven moitos demócratas no País Vasco é tan deleznable que pode levar a análises distorsionadas incluso a persoas tan intelixentes e lúcidas como el. Do contrario, é incomprensible a alianza do autor de "Contra las patrias" cunha patriotera dicharachera como Rosa Díez.

Anónimo dijo...

Permítanme este agasallo, tal vez non moi acaído neste post, pero non atopei outro lugar mellor para facelo. Saberán perdoarmo porque o texto satírico de Michele Serra que traslado ao galego merece a pena. Da revista L'espresso.

Senadores en Leasing
Michele Serra

Comprar un senador: o que un tempo podía semellar unha estravaganza para poucos ricos, hoxe pode ser un inversión segura, case á man de todos. As posibilidades ofrecidas polo moderno mercado político financieiro son de feito múltiples. Vexamos as principais:
Adquisición clásica. É a forma preferida por quen non ten problemas de liquidez, coma Silvio Berlusconi. A cifra varía sensiblemente segundo a idade do artículo en venta: un senador por debaixo dos cincuenta, de sana constitución, pode valer mesmo un millón de euros porque pode ser revendido con proveito seguro nas vindeiras lexislaturas. Un senador anciano vale menos da metade, a pesar de que a moda de senadores vintage está facendo aumentar os prezos dos exdemocratacristiáns, solicitadísimos para bautismos e primeiras comunións, e dos exsocialistas. Despois, naturalmente, están as pezas únicas: por unha senadora ex socialista, non solo bailarina senon aboa, ofreceu cen millóns de euros un millonario ruso que pretendía espoñela espida no seu loft londinense.
Aluguer o préstamo. Para os que consideren demasiado onerosa a adquisición, son numerosas as axencias romanas que ofrecen senadores en aluguer por unha lexislatura inteira ou tamén por unha sola votación. Paquetes moi vantaxosos comprenden ademáis do aluguere do senador ou senadora por unha sentada en Palazzo Madama (sede do Senado), unha cea nun restaurante típico e unha brilante velada nunha terraza romana, coa cachada co paparazzo incluida. Un senador do grupo mixto, moi espiritual, inclúe entre os seus servizos mesmo un beixo á francesa no coche, ao fin da noite co seu cliente.
Mercadiño de segunda man. Ata hai algúns meses era unha práctica semiclandestina: en Porta Portese, algúns ambulantes ofrecían baixo os tenderetes senadores usados. Bastaba escoitar; abrían o furgón e baixo as caixas de zapatos e moreas de roupa aparecían un par de senadores, moitas veces en óptimo estado, e vestidos como comodíns da baralla. Últimamente, gracias ao fin das hipocresías do políticamente correcto, os senadores e as senadores de segunda mano están directamente expostos vestidos de gris o de traxe, ofrecidos ao mellor postor. Pero cuidado coa adquisición: non todos os senadores en venta nos mercadiños funcionan, e o risco é atoparse en casa con un ex senador, demitido hai tres ou catro lexislaturas, que che “rompe i coglioni” porque está afeito a coche oficial e a cambiar de corbatas cada vez que vai ao armario.
Leasing. O senador en leasing: veleiquí unha solución moi eficaz, que me gustaría moito explicar se fose quen de entender en todos estes anos que é o leasing.
Por xunto. Intentar a adquisición ao detall pode ser moi costoso. De tal xeito que se vai estendendo a compraventa por xunto de enteiros grupos parlamentarios, que poden ser enviados a domicilio nun autobús xa pintado cos colores do comprador. No autobús, durante a ceremonia de entrega do material humano, rematadas as visitas sanitarias e o control da dentición, moitas veces ten lugar tamén unha ruidosa subhasta de potas e pequenos electrodomésticos.
Senator Crossing. É unha práctica moi simpática que vai estendendose sobre a falsa estela do bookcrossing: deixase o propio senador sobre os bancos ou na sala de agarda da estación, na procura de alguén que o leve a casa e de quizáis deixe o posto para outro senador As sorpresas son infinitas: pode pensar en deixar nun parque un senador de Rifondazione de orixe obreira e retirar unha beata da Margarita, ou ben un exrepubliquino (un fascista), ou un expulsado da Udc. "Practico o senator-crossing de hai anos”, confesounos un lobbista do nordeste, “e debo dicir que sempre quedei satisfeito, menos aquela vez nunha área de servicio que levei un senador dipietrista (de Di Pietro, o xuíz de Mani pulite) que quería arrestarme porque non puxera o intermitente ".

Anónimo dijo...

Volvendo ao tema do vernáculo, hai unha noticia de Vieiros di: "Nin un patacón máis para os xornais que "nin respectan nin fomentan o galego". Isto é, polo menos, o que pide o BNG no Parlamento. Por fin unha medida intelixente e realizable!!!
Que os demáis partidos lle fagan caso está aínda por ver.

Anónimo dijo...

A noción de teoloxía é, amigo Morrison, unha noción tamén cambiante. Son moitos os teólogos que caeron na conta de que a cotío utilízanse as visións relixiosas para xustificar institucións, procesos, roles e comportamentos sociais, e incorporaron a “sospeita” no seu traballo. O discurso teolóxico para estas persoas non é xa só unha reflexión metódica e sistemática senón que incorporan a reflexión crítica e autocrítica respecto das súas funcións sociais, no esforzo de actualización da mensaxe relixiosa na historia e na sociedade. A incorporación actualizada da mediación das ciencias sociais lévaos a unha crítica referida ás consecuencias opresoras, alienantes, ou liberadoras e humanizadoras da relixión.
Dende o inicio da modernidade a relixión foi paulatinamente desprazada como sistema redutor da continxencia e da transmisión de sentido. Outros sistemas cientificos e ideolóxicos de interpretación congnitiva do mundo foron desprazándoa, pero hoxe é impensábel unha teoría que cancele, interpretándoas, as facticidades da soedade, a culpa, a enfermidade... continxencias coas que temos que vivir por principio sen esperanza. O sinsentido fáctico da continxencia da morte, a idea de que a morte é absolutamente o último, dificilmente pode dixerila o pensamento, direccionándose cara a desesperación. Emprender a procura de experiencias que procuren consolo é unha forma de praxe chea de sentido. A experiencia do numinioso, do sagrado, supón acceder a unha situación na que a conciencia, e conseguintemente a emotividade e a sensibilidade, vense misteriosamente ampliados pola irrumpción nelas dunha orde superior que muda a orde cotiá do mundo, é a experiencia do tremendo, do fascinante. Trátase de sentimentos producidos pola desproporción, a inmensidade, o sobrecollemento, o asombro, a atracción irresistíbel.
O suceder desta experiencia do sagrado pode adoptar diferentes formalizacións, unha sería a experiencia relixiosa, en sentido estrito, caracterizada por asumir personalmente unha comunicación efectiva coa realidade superior, aínda que a súa presenza só se deixe sentir baixo esa ausencia, que testemuña a realidade clave do nirvana. Outra fomalización é o “aberto”, no que a recuperación da experiencia xenuina do pensar desvela o ser radicalmente secularizado, aí.

Anónimo dijo...

Por suposto que a teoloxía é cambiante, como a Igrexa mesma, que se ve obrigada a reciclar a súa mensaxe para millor vendela no mercado da salvación. En canto ás virtualidades da relixión, coincido plenamente con vostede. De todos modos, debo admitir que, no que atingue á Igrexa (non á relixión), debo reprimir un certo toque anarco-volterián. Ademáis, acontéceme un estraño fenómeno: cada vez que entro nunha igrexa pícame o corpo e teño que sair correndo. Debo estar endemoñado.

Anónimo dijo...

A teoloxía non é cambiante: é acumulativa. Súmase ao escrito anteriormente e contribúe á elevación do edificio, unha especie de torre babélica por suposto xa por varios lugares derrubada.

Anónimo dijo...

Bendita, jim, auga bendita, pero con moderación, non esqueza que o seu tocaio morreu nunha bañeira.

Anónimo dijo...

Tanta teoloxía e tanta hostia para despois chegar á conclusión de que hai que ir a misa e rezar para salvar a ialma cando se morre e bañarse con auga bendita para purificar os pecados. Como anda o patio cultureta.

Anónimo dijo...

Este último é o verdadeiro endemomiado.

Anónimo dijo...

Eu, por se acaso, vou poñer unha restra de allos na ventá.

Anónimo dijo...

¡¡NONNN!!! ¡¡NOONNNN!!

¡¡¡¡POR FAVOR,SEÑOR VALCÁRCEL,BORRE O COMENTARIO ANTERIOR DE APICULTOR!!!

¡POLO MENOS A EXPRESIÓN "RISTRA DE ALL....AGGGGGGGHHH...!!!!

Anónimo dijo...

E logo, que ten contra dos allos en xeral contra das restras de allos en particular?

Anónimo dijo...

Ah,parecíame unha ristra de allos pero é unha ristra de carallos,menos mal,uf...

como dí o "Laly":

Se as conas voasen
coma voan os paxaros
estaría o ceo cheo
de cabezas de carallo.

Anónimo dijo...

Abofé que eu esas "cousas" non as colgo da ventá.