Mostrando entradas con la etiqueta Afonso Monxardín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Afonso Monxardín. Mostrar todas las entradas

8 feb 2010




A débeda da memoria
Galicia Hoxe, 08.02.2010
"La persistencia de la memoria".Dalí.


Segundo unha enquisa do CIS, a metade dos españois móstrase a favor de erixir monumentos en memoria das vítimas da represión, retirar símbolos da ditadura e exhumar fosas comúns. Esta sondaxe pon de manifesto que máis da metade da poboación considera boa ou moi boa a Lei de Memoria Histórica fronte a un 15% da xente que discrepa. Ademais, só un de cada cinco enquisados pensa que a norma beneficia só os republicanos. Pola contra, un 45 por cento dos enquisados rexeita a posibilidade de crear unha ‘Comisión da Verdade’ que investigue as violacións de dereitos humanos que tiveron lugar durante a guerra civil.
EFE/E.P.
Unha maioría de españois, ao redor da metade, decántase por erixir monumentos en memoria de todas as vítimas da Guerra Civil, retirar símbolos da ditadura e exhumar as fosas comúns, segundo se extrae dunha enquisa elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) por encargo da UNED. Por contra, o rexeitamento ás distintas medidas contempladas na Lei de Memoria rolda o 25 por cento.
Esta sondaxe, que se realizou en 2008, durante o primeiro ano de vixencia da coñecida como Lei de Memoria Histórica e que acaba de ser incluído no banco de datos do CIS, pon de manifesto que, entre os que din coñecer esa norma (o 62 por cento dos case 3.000 españois consultados), máis da metade considéraa boa ou moi boa fronte a un 15 por cento que discrepa.
Catro de cada dez enquisados coñecedores da lei opina que a norma era necesaria para saldar a débeda que a democracia tiña coas vítimas da Guerra Civil e o franquismo, aínda que para un 13 por cento quedou curta. Por contra, un 27 por cento sostén que non é unha medida oportuna porque pode "resucitar rancores do pasado".
Só un de cada cinco enquisados pensa que a lei beneficia os republicanos, mentres que o 29 por cento interpreta que os beneficiarios son tanto as vítimas do franquismo como da guerra, e o 23 por cento cre que busca compensar os dous bandos que loitaron na contenda.
A metade dos sondados aposta por exhumar os restos das vítimas da Guerra Civil que aínda permanecen en fosas comúns para trasladalos a un cemiterio, e deles a inmensa maioría (83,8 %) quere que sexa o Estado o que pague as identificacións. Con todo, para o 11 por cento a Administración debería limitarse a axudar economicamente nestas tarefas. No outro extremo, un 26 por cento prefire "deixar as cousas como están" e "non facer nada", e tamén hai un 14 por cento que defende a identificación pero prefire colocar placas de recordo en lugar de trasladar os restos. Cando se lles pregunta ós enquisados sobre a conveniencia de crear unha Comisión de Investigación, independente do Goberno, para esclarecer as violacións de Dereitos Humanos que tiveron lugar durante a guerra, case o 45 por cento pronúnciase en contra, fronte ó 39 por cento que o fai a favor.
Por outra parte, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) entregou onte os restos de tres represaliados durante a Guerra Civil española ás súas familias, no Concello de Puente Domingo Flórez (León), como un acto no que se pretende "pechar unha historia". Así o explicou o responsable da ARMH na provincia de León, Santiago Macías, quen explicou que foi un "acto moi breve pero cargado de emoción" porque se pecha unha ferida". Desta forma, conclúe a historia de José García López, Serafín Blanco Rodríguez e José León Fernández, asasinados o 30 de setembro de 1936, despois de que fosen trasladados nun camión desde o Bierzo "practicamente en silencio" para ser asasinados.


Enlaces de interese:



15 dic 2009



Dúas viaxes á Vila:
Afonso Monxardín.
  • O touro de Celanova.
La Región 8.12.2009.

[...]O tratante decidiu achegar a camioneta á escaleira que dá á Alameda e que facer que baixase por alí a besta. Loxicamente, ela non estaba moito polo labor. Con bo sentido, prefería o ensino público e os estudos ao matadeiro. Un alumno sostiña con forza o rabo e outros a cabeza. Empurraron entre todos e o tratante aqueles centos de quilos cara á escaleira. Nun momento dado, coa forza que facían boi e alumno, tronzou o rabo e comezou a axitar o cacho toco furrichando un fío de sangue [...artigo completo]

  • Efecto dominó.
La Región 12.12.2009.

[...inicio do artigo] Pero creo que sería bastante mellor ubicar o hotel no Claustro Barroco, sempre que o pase a xestión privada do claustro non impida o seu disfrute colectivo. Así, moveriamos o Concello, a casa do cura e o centro de maiores. E non me negarán que o espazo, co anexo do xardín onde está a Capela de San Miguel, é moito máis atractivo que o do Poleiro. Nun lugar máis central de Celanova, sobre a Praza, en vez de esguellado.[...]

Foto: Vítor Vaqueiro.

7 dic 2009

T x V (s+t+sv+pn) = F

A fórmula de Alfonso Vázquez Monxardín .
(Manuel Vidal Vilaverde en Galicia Hoxe 7.12.2009).
“As repúblicas con apelidos, como o de ‘popular’, esmagaron as liberdades”
Esperemos altura de miras na redacción do novo decreto por parte do goberno e flexibilidade por parte da oposición.


Afonso Vázuez Monxardín é director do Instituto de As Lagoas, en Ourense, cidade na que vive Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, ourensán, de corenta e nove anos, casado, dúas fillas, licenciado en Xeografia e Historia, con especializades en Prehistoria e Arqueoloxía, Arquivística e Biblioteconomía e Xeografía e Historia de Galicia. É catedrático de Lingua e Literatura Galega no ensino medio desde 1983. Na actualidade Director do IES As Lagoas de Ourense. Coñece bastante ben Bos Aires e a evolución da colectividade, porque lle interesa e porque impartiu docencia cos ollos abertos, alí –en centros galegos e nalgunha "extensión universitaria" de Arxentina, Brasil e Chile– nos anos 87 a 92. Impulsor do proxecto Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Apaixonado do multilingüismo e das viaxes gústalle practicar a alteridade e meterse na pel do outro para ver as cousas desde alí. Ama Europa occidental, gústalle hispanoamérica, pasear, o xamón e o cocholate. Non lle disgusta defender opinións minoritarias –a favor das nucleares, Israel...– e cre que un dos problemas é a falta de xenerosidade para buscar puntos de encontro e a inexistencia da reflexión autocrítica. Nin sabe nin lle interesa nada do deporte e desconfía de calquera dogma político, relixioso ou científico, e pensa que todas as xeneralizacións son malas incluída esta. É escéptico vital. Estivo con Marcos Valcárcel e outros amigos no Clube Alexandre Bóveda, e tamén con eles facendo as exposicións, vídeos e unidades didácticas para a SXPL durante uns anos. Coordinou a fotobiografía de Xoaquín Lorenzo para Xerais en 2004, unha biografía del para Ir Indo e colabora libérrimamente na prensa (GALICIA HOXE e La Región) desde hai tres ou catro anos. En maio pasado rapou o premio Aurelio Carracedo de xornalismo na Deputación de Ourense. Séntese máis "civil servant" que funcionario. Gústalle opinar, levar a contraria e encóntrase máis cómodo facendo que desfacendo.


Afonso, ti ben sabes que o identitario nacional galego non é outra cousa que o idioma, de aí entendo eu que procede todo. Son seculares os ataques nacionalistas españois para a súa destrución. Galicia ou Galiza é para eles unha "rexión" submedita con valores folclóricos, o demais, mesmo dende o punto de vista cultural, apenas existe, cal se fose un desiderato da subcultura. Todo isto, ao meu ver, forma parte dunha actitude colonizadora e colonizante que induce á destrución e mesmo á desaparición do fundamental da cultura galega, que non é outra cousa que o idioma. Se o idioma morre, nós somos uns mortos, uns desaparecidos... Cal é a túa opinión diante desta breve reflexión?

Unha reflexión que reduza o identitario ao idioma é falsa. Irlanda, por exemplo, é unha nación na que a lingua propia pinta pouco e Suíza séntese nación sen ter lingua común. É máis os sinais de identidade que asociamos a Irlanda veñen case todos en lingua inglesa presente en amplos territorios da illa desde o medioevo, non o esquezamos. Falamos de U2 ou autores como James Joyce ou Bernard Shaw. Ata despois da revolución francesa, que se teoriza o concepto de "nación", digamos que incluso ata o s. XIX ao poder tanto lle ten o que fale a xente; como se ladra: as pequenas liberdades do subdito. Así se explica que non houbese grandes problemas de transmisión da lingua neses séculos –a Cultura Popular estaba absoluta e plenamente viva– e así chega ao inicios, case a mediados, do s. XX. O noso problema, creo, están máis vinculado ás influencias dos medios audiovisuais modernos, a unha inercia social negativa e a que os promotores do galego non nos amosamos suficientemente atractivos, intelixentes e eficaces para inverter esa tendencia e gañarlle a partida a unha historia que nos viña bastante do revés. É obvio para calquera observador que o compoñente cultura e lingua é central na descuberta e construción da identidade galega moderna. Pero é unha realidade interpretada pluralmente, non na liña exclusionista e de enfontamento que subxacen na pregunta. A maioría dos intelectuais e escritores non presentaron nunca unha relación de incompatibilidade entre a súa galeguidade esencial que recuperaban e construían con ilusión e unha España que asumían tamén, sen complexos, como propia, aínda que con desexos dunha transformación estrutural na liña do hoxe existente. Falo, por exemplo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Risco, Otero... Agás Méndez Ferrín e o seu núcleo, non hai nin houbo intelectuais independentistas de nivel.
Así, digo eu, dentro das opinións minoritarias (froito do totalitarismo capitalista) paga a pena defender as nucleares e a política agresiva de Israel en Palestina?

Non entendo ben que teñan que ver as opinións minoritarias co "totalitarismo capitalista", pero considero que a nuclear é unha enerxía limpa, barata e moi pouco agresiva co medio en comparación coas térmicas, carbón, petróleo, etc. Por iso hai que potenciar as enerxías limpas, ou sexa, a nuclear e as renovables. E sobre todo, hai que aforrar máis e gastar menos, pero non debemos excluír a nuclear pois tampouco serve de nada no mundo globalizado dicir que non ás nucleares aquí e que as teñan os países veciños. Hai que deixarse de tópicos resesos e o das nucleares é un deles. Respecto da cuestión territorial de Israel e Palestina –a necesidade recoñecida de dous estados seguros que propugnaba a ONU xa en 1948 -, do desafío á orde mundial que representa o terrorismo islamista e doutros asuntos máis ou menos conexos –Afganistán, Iraq, Irán, Pakistán,Somalia– cómpre dicir que é un tema moito máis complicado do que nos fan ver uns medios de comunicación españois –incluídos os galegos– que tender a ver por un só ollo. "Xudeu malo, musulmán bo". Cada un debe "termar" dos seus amigos para forzalos á paz no canto de "encirralos" para que se maten.

Afonso, non cres ti que a autocrítica as máis das veces non é unha autocompracencia para se xustificar mesmo dende a metodoloxía da inexistencia?
Cústame entender a pregunta –limitacións miñas, supoño– pero creo que se de algo carece este país, é de autocrítica. Por exemplo, o tránsito desde a oposición frontal, visceral, radical, á autonomía por parte do nacionalismo galego maioritario nos setenta, á asunción normalizada do marco autonómico e constitucional como campo onde se debe desenvolver o traballo político, fíxose case ás escuras e sen ningunha autocrítica pública nin recambio de dirixencias. Así parece que non se valora o sistema, que se acepta transitoriamente como mal menor e cando se toca poder, é só unha festa de novos ricos. Outras autocríticas precisas serían as dun "establishment" cultural que se repite e se reparte inericalmente, a dun goberno que se meteu nunha liada de linguas do demo e debe agora topar saída, e outras moitas. ¿Fixemos todo ben os promotores do galego?¿Non estaremos repetindo vellas mantras sen entender o s. XXI? ¿Non foron tremendísimos erro, visto o visto, o conflito ortográfico ou a politización partidaria da lingua –por este, ese, aquel–, por exemplo? Non se trata de autoflaxelarse pero debemos de saír da pequena covacha de cada un e ver as cousas desde fóra. Incluso desde o punto de vista do contrario, pero sobre todo desde eses falantes que seica abandonan o galego nas súas casas, nas súas bocas, por tristísima decisión inercial e persoal, pois dentro das bocas non chegaron as leis con Franco nin chegarán agora.

A cuestión identitaria galega, o idioma leva o risco de desaparecer polo castelán impositivo e totalitario?
Falar das linguas só con descualificativos non axuda nada. Teño a impresión de que igual que os Reis Católicos entraron co apoio popular contra unha nobreza feudal –como sabe calquera medievalista–, así a lingua debeuse "coar" case sen notar, porque pertencía a ese mundo do poder distante e viña asociada a moitos outros cambios como a imprenta que o galego non chegou a tocar daquela. En calquera caso, non vai desparecer ningunha lingua en Galicia. Pero como non podemos ser parvos debemos tratar de ver sempre máis alá dos prexuízos, propios e alleos, e sinalar desde a promoción da identidade lingüística colectiva ao redor do galego, os espazos de comunicación que lle imos reservar a un castelán que sabemos falar todos xa e que nos é tan útil polo mundo físico e virtual adiante. Ante a dixuntiva teórica da desaparición dunha das linguas faladas en Galicia –galego ou castelán– eu quedo coa necesidade de promoción e clarificación da convivencia. Só hai que pensar e acordar colectiva e lealmente como o facemos. O demais son soños ou pesadelos.

Os teus libros de cabeceira, se me permites a expresión, cales son?
Non teño libros-totem. En tal caso o Coromines. Apaixónanme os dicionarios e as orixes.

O mundo é un lugar común ou é un disparate propiciado pola autarquía?
Un lugar común diverso, fermoso e, fóra das democracias occidentais, organizado dun xeito bastante disparatado. Se cadra hai que afacerse a convivir con eses disparates para vivir en paz. Pero será complicado deixar o noso saboroso etnocentrismo de tratar de impor a igualdade da muller, o respecto á sexualidade de cada quen, e a historia esa de "un home un voto"e o valor supremo da vida e da xustiza.

O galego, como idioma, está en perigo de extinción, ou polo contra é unha imposibilidade contra os que pensan inútilmente diferente?
Non me gusta ver a palabra "galego" na mesma frase que: perigo, extinción, contra, imposibilidade, inutilmente. Non está, evidentemente, en perigo de extinción. (E se así fose, non se debería falar mal da vaca na feira). Convén si, amar e saber que se pode amar de moitas maneiras. Non fai falta chegar ao bondage. Cómpre ser tolerante e buscar puntos de encontro. Unha lingua dunha ideoloxía, sería suicida. O galego non está nesa situación –nin monopolio ideolóxico, nin perigo de extinción– aínda que por activa e por pasiva haxa quen se empeñe niso.

Nos credos, discretamente onde se sitúa Afonso Vázquez- Monxardín?
Son un laico orgulloso da cultura xudeo-cristiá, por ser esta a que evolucionou ata facer posible que dentro do sistema cultural que dominaba nacese o agnosticismo, o ateismo, a cultura científica, e a groseira blasfemia sen castigo público. ¿Politicamente? Buf. Supoño que algo que combinase o radicalismo á italiana de Emma Bonino e Panella, co movemento libertario, o liberalismo, a raíz socialdemócrata, a esencia galeguista e o pensamento futbolístico de Arsenio. Así de sintético e ecléctico vexo o mundo.

Que libro non escribiches e aínda pensas escribir?
Unha historia de política ficción sobre a época do corraliño en Arxentina e algo en clave optimista sobre o pasado da lingua galega. E do futuro, que carallo.
Poderías facer un autorretrato teu, con palabras e adversidades?Un tipo normal, nada nada delgado, que pronuncia o "erre" á francesa, de sangue A + coma todos, casado hai máis de vinte anos, madrugador, que, como mortal, odia corrixir exames, que se encontra a gusto coa familia e coa vida, viaxeiro vocacional pero nunca turista, que sabe onde tomar un café por 80 céntimos en Venecia, que sempre estudou na pública, amante do multilingüismo, a quen lle gusta cociñar cousas de comer que non de mirar, escribir a pluma, que ten un móbil rosa, e obviamente, como estas frases, un pouco desordenado. As adversidades, mellor deixalas estar que xa virán soas.

Cal é a solución, ao teu sentir, para achegarmos a unha República Popular Galega?
Deus nos libre dunha República Popular Galega! Todas as repúblicas que levaron apelidos acabaron esmagando as liberdades dos cidadáns!¿Por que ía eu desexar que nos achegásemos a tal disparate?

Ten sentido hoxe en día a monarquía entre a democracia?
Resúltame intrascendente a diferenza organizativa entre as xefaturas de estado en Suecia e Finlandia. A monarquía pertence ao mundo da maxia e da tradición. Non vexo o inconveniente en que haxa algo arbitral, non elixible, e que pode ser unha vía útil para algúns temas como a relación coas repúblicas hipanoamericanas. Inda máis, o feito de que sexa España unha monarquía, creo que contribúe a esta relación grazas ao que podíamos chamar, asimetría estética. Ademais ¿quen serían os candidatos con posibilidades á presidencia da República? ¿Aznar e Felipe González? Mellor deixalo estar. O que me resulta antipático é a pervivencia actual de innominadas monarquías absolutas onde o poder real pasa de pais a fillos ou a irmáns, como Corea do Norte, Cuba ou Siria.

Na docencia o galego está en crise?
Evidentemente o galego anda bastante desacougado. Esperemos altura de miras na redacción do novo decreto por parte do goberno e de ambos –goberno e oposición–, altura de miras, intelixencia e flexibilidade na busca de puntos de encontro para sacar a lingua –e a súa promoció–- do debate político. Outra cousa sería suicida. Obviamente.

Que imaxe con palabras poderías ti retratar do tempo, Afonso?
Enténdolle mal as preguntas, ten que desculpar. Para min o tempo ten rostro de guía turístico. En 1979 visitei o Teatro Olimpico de Vicenza. Vinte anos despois volvín de novo e alí estaba el. Antes, un home maduro, lanzal, de ollos gazos, cunha voz penetrante que gustaba de falar alto. Vinte anos depois era un vello decrépito, amouchado, que arrastraba os pés e a fala e tiña imaxe de nazi acabado. Ei-lo tempo.

Soñas cunha República Socialista galega?
Sería un pesadelo. O mesmo que a República Popular. O chamado "socialismo real" foi o que foi. Antes de caer o muro a xente escapaba dun sitio para outro e non ao revés. Igual que a lei prohibe posters de Hitler debía facer o mesmo cos de Stalin. Fóra da xestión socialdemócrata do sistema non hai nada no campo da esquerda. Fóra da xestión liberal do sistema non hai nada no campo da dereita. A cousa é fácil. Os intentos de construír algo mellor que as vellas democracias occidentais foron fracasos sonoros e dolorosos, por un lado e por outro. Logo estou contento onde estou. Perfectible, claro, pero aos poucos.

Escéptico e vital non é unha contradición nos termos?
En absoluto. Son vital porque son escéptico. A vida vou tratando de decidila eu, e as miñas circunstancias, claro. Pero o que dá vida é a dúbida. Non me creo grandes verdades porque mas digan, lea ou vexa na televisión. Os escépticos somos independentes pero non necesariamente indiferentes.

Son inivitabeis as bandeiras como patrimonio dos seres humanos?
Mentres existan estacións de servizo, equipos de futbol e festas nas aldeas, si.
Ah. Tamén está iso da politica. Hoxe aos concellos, rexións, nacións, estados, supraestados, a ONU, a todos lles gusta o desenvolvemento téxtil. Ben. Pero como demostra o Paseo de Elduayen en Baiona, é máis fermoso cando hai moitas de cores combinadas que se son todas iguais. A nosa, branca e azul ten cores bonitas e tranquilas de auga e ceo.

Que tal te levas coa poesía, coa novela, co ensaio...?
Coa poesía, lamentablemente, non todo o ben que debería, Fardel do eisiliado, de Seoane, gústame moito e Novoneyra paréceme marabilloso, aínda lembro algún recital del. Coa novela lévome mellor e son omnívoro. Paseino moi ben no verán coa triloxía de Stieg Larsson e estou pensado en ir a Portugal para compar A viagem do elefante e Caín, porque Saramago, como escritor, gústame moito. Estou debullando O museo da inocencia de Pamuk. Non teño moito tempo para o ensaio, o último tocho, sumamente recomendable, Postguerra de Tony Judt.

O tempo, que é para ti o tempo, Afonso?
Algo que se escorrega entre os dedos das mans, que me fai ver as fillas máis medradas cada segundo, que me vai aconsellando quitar os lentes para enfiar as agullas, que me permitiu enterrar a bisavós e avós e que espero permita ás fillas –e á súa descendencia futurible– enterrarme a min. Ou sexa, o lugar etéreo dos elos entre as xentes e os lugares.

Tempo e vida, cal é a ecuación posíbel?
T x V (s+t+sv+pn) = F. (Ou sexa, o Tempo da Vida, multiplícase por unha combinación de saúde, tranquilidade, satisfacción vital e poucas necesidades e todo iso é igual á felicidade.


24 nov 2009

A cen por hora
AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN
Galicia Hoxe, 24.11.2009


É curioso como a lingua tende sempre á fosilización. Se vostede di a cen por hora halle parecer que fai referencia a unha grande velocidade. E o certo é que se vai por unha autoestrada a esa velocidade vaino pasar todo o mundo. Cen por hora é pois xa unha velocidade moderada porque cambiaron as circunstancias que a rodean -estradas, coches...- que, non fondo, son o que caracterizan calquera cousa. Así pois moitas veces o que entendemos representa o contrario ao que de partida significa a frase no seu sentido máis plano, en función do tempos. Na Arxentina, ben o lembro, hai vinte anos, escandalizábanse coa expresión castelá de puta madre pensando que, loxicamente, quería significar unha cousa horrible, espantosa. Se cadra por esa desvinculación das palabras da realidade e polo propio feito de que poidan significar o contrario ao que din, non lles teño demasiada lei ás palabras nin ás declaracións ou sentenzas que escoito. O outro día un xuíz de Madrid dixo unha parvada sobre a custodia dunha nenas e as linguas nas que estudarían de estaren en Vigo. Pero como sei ben que a estupidez é un ben repartido moi democraticamente, tanto me ten que o diga un xuíz de Alcorcón como un chapista de Denia ou un labrador da horta murciana. Outro xuíz podería dicir que, que ben que viñese a Vigo porque coa humidade ambiente habíaselles resecar menos a pel ou un xuíz de Vigo que non debería ir a Madrid porque perdería unha das linguas que tería posibilidade de falar.
En fin, tanto me ten, porque por sorte o falar non ten cancelas e as palabras lévaas o vento. Pero se quen ditamina é un tribunal colexiado e reunido ad hoc aí xa me interesa algo máis o choio. Por iso, o mesmo día que se publicitaba o do xuíz de Alcorcón que remoía temores absurdos, espallábase a nova de que o supremo ditaba unha importantísima sentenza na que viña bendicir a introdución de materias no ensino só en lingua galega -sen optatividade nin farrapo de gaitas- e aínda lle ferraba ao pai protestón que defendía o dereito á ignorancia (da lingua galega) do seu fillo -non quería ningunha materia en galego-, unhas custas de 600 euros. Pouca cousa, pero en fin, tanto ten. E nestas andamos e vén a Rosa Díez -de quen defenderei sempre e en todo lugar o seu dereito á palabra libre- cando vai e solta outro couce lingüístico que non lembro ben. Cando Jack Swigert, naquel Apolo XIII o 11 de abril de 1970 dixo o de "Huston, temos un problema" quería dicir que o tiñan alí arriba e nos despachos da NASA. A todos abranguía. Íalles a pel nel. Rafael Ninyoles dixo algo así como que a España monolingüe era o espazo europeo máis furibundamente monolingüe, e creo que non anda moi descamiñado. Por iso moitos queren pescar nese mar interior. Ou sexa, Madrid, temos un problema".
(Imaxe, esquina Gran Vía coa rúa Abada, en Madrid).

22 nov 2009


Sobre o Outono Fotográfico.

Alfonso Vázquez Monxardín

La Región 21.11.09
....................................................
Foto superior, de Eduardo Núñez. Inferior, de Óscar Rodríguez Nogueira.
....................................................
Din que ten dito Baltar nos mitins electorais: ‘Acúsanme de colocar aos amigos...’, e a continuación espetaba: ‘¿E logo algún de vós ía colocar aos inimigos, ou?’. E seica a xente ría despreocupada. Se cadra non é certo e estamos ante unha lenda urbana, pero en calquera caso eu vou facer hoxe algo semellante. Vou falar ben dun amigo, porque del non ía falar mal, ¿non cren? Ademais de inxusto sería difícil porque se hai un mínimo de consenso social na xente que anda nas cousas da cultura da cidade, sexa un de esquerdas ou dereitas, nacionalista, estatalista ou anarquista, loiro ou moreno, dos que lles gusta a tortilla con cebola ou sen ela, esta idea común é que o Benito Losada é un gran tipo; accesible, amable e magnífico xestor. Un deses que pode traballar intensamente sen cara de agobiarse e que sempre facilita as cousas a todo o mundo. Creo que daría un bo concelleiro, conselleiro ou incluso confiteiro de Cultura, pero, claro, nin están libres os postos nin el, estou seguro, os querería. En fin. Que se lle vai facer. O caso é ir indo.¿E esta gabanza? Pois arestora vén a conto do Outono Fotográfico como noutro momento podía ser pola Bienal da Caricatura ou noutro polo Concurso de Contos da Casa da Xuventude.O Outono Fotográfico anda xa pola edición 27. Ou sexa, hai vinte e sete anos que vén furrulando e medrando a cousa. Edita uns catálogos preciosos que forman parte fundamental da historia da fotografía de Galicia. E move moito, moito. Este ano monta 50 exposicións individuais e 36 colectivas, ou sexa 86. E aínda outras 10 actividades de concursos, proxeccións, saídas fotográficas... Ou sexa, 96 actividades todas coordinadas. E participan en total máis de 400 fotógrafos. E faise en vinte e cinco cidades e vilas de Galicia. En todas as vilas de Ourense e en Monforte, Lugo, Lalín, Santiago, Oleiros e incluso Barcelona. En 71 lugares entre salas de exposicións, casas da cultura, bares, etc. Destes espazos, 37 son na nosa cidade.¿E quen fai isto posible? ¿Persoal? ¿Presuposto? ¿Coordinación editorial? ¿Coordinación de axendas? ¿Encargado do correo e contactos? ¿Redacción dos proxectos e textos? Pois velaí o máis bonito do conto, a cerna, o motivo último desta gabanza amical. Cun presuposto de 15.000 euros en total -incluída a edición do libro-, cunha dedicación súa parcial -pois non pode descoidar as súas outras obrigas na dirección da Casa da Xuventude- é capaz de mobilizar todas esas forzas. ¿E saben por que? Porque é un home de lei, de palabra, xestionando con eficacia e ilusión e facendo que se ilusionen os participantes nese proxecto colectivo aberto e dinámico. E para iso non fai falta traer interesados caretos do famoseo, nin abafar as árbores con centos de carteliños de aglomerado, nin facer desproporcionados ‘actos sociais’ con carísimas parafernalias. Chega con facer as cousas ben, moi ben, e provocar esas ‘sinerxias’ que o dicionario define como ‘accións de duas ou máis causas cuxo efecto é superior á suma dos efectos individuais’. Ou sexa, Benito logra que 2 + 2 sexan 5 ou máis. E iso ten moito mérito, sobre todo en tempos de tribulación como os presentes.

6 oct 2009

(Foto: Raíces de Rosa Puig)
Anselmo

Afonso V. Monxardín

La Región, 6.09.2009

Ultimamente, quero dicir as últimas veces que me crucei con el na rúa ou que mo topei no quiosco do Javier en Samuel Eiján comprando a prensa, hai disto xa uns mesiños, parecía un xunco. O cinto semellaba darlle dúas voltas ao redor da cintura, sen apertar, só axudando a ter conta daquela sucinta e elegante arquitectura vertical que desprazaba un punto atoutiñante pero, coma sempre, veloz e apurada. Os seus ollos azuis vivísimos, escrutadores, intensos, seguían falando tanto como a súa palabra rapidísima, aínda que non tanto como o seu pensamento. De aí que a medida que se metía no tema, na charla, no debate, subía o ton, apaixonábase, e arrastraba algunhas sílabas longamente, case tatexando pero sen chegar a facelo.Cando lin o outro día que morrera lembrei que era vox populi neste Ourense que conserva dimensións humanas no trato persoal, a nova, xa non tanto, de que o Anselmo andaba moi, moi maliño. 85 anos non son demasiados, pero tampouco son poucos como para dicir que é unha vida truncada inesperadamente. Cóntanme os que estiveron ao seu redor que tivo unha morte tranquila. Que estaba canso e se deixou ir sen pelexar máis do debido, máis do razoable; que se foi apagando tal que unha veliña; ou sexa, que tivo unha morte doce e prácida, algo que a medida que nos facemos maiores, valoramos cada vez máis. Tamén pensei, vendo as follas deste xornal, en que morría alguén que podemos definir, con certo pudor nacido do excesivo uso que se fai da expresión, como unha figura histórica da cidade. O Anselmo do PSP de Tierno, o Anselmo da Xunta Democrática, o Anselmo da Fundación Santamarina, o Anselmo do Grupo Francisco de Moure, o Anselmo colaborador de La Región, pero sobre todo o Anselmo do Ateneo e o Anselmo pai. Ou sexa, o pai de Anselmo fillo, per alter nome, Selmi, e de Leo, Jesu e Mari Carme, eses catro fillos que tivo coa que noutrora foi a súa encantadora muller, Leonor Carrera.Por ourensán militante, chegou incluso a mancarse moito ao caer nunha zanxa do Paseo, que se ben non era estritamente municipal si que o era dunha empresa concesionaria das obras. E contan as crónicas escritas nos fíos de néboa da cidade que da relación persoal xurdida con esta caída veu o engaiolamento do anterior alcalde con Anselmo, de forma que, como é público e notorio, foi el o que se empeñou en nomealo, contra vento e marea, alá no 2002, como Cronista da Cidade. E moitos fomos os que o saudamos encantados nesta protocolaria e bastante inútil distinción.Seica din os budistas que unha persoa morre tres veces. A primeira cando falece e a enterran, a segunda cando morre a última persoa que a coñeceu e, por último, cando desaparece a última lembranza das cousas que fixo. Anselmo morre, agora, só na primeira das formas. A bonhomía do seu trato e compromiso e as súa realizacións farán que non morra das outras dúas maneiras en moitos anos. Entrementres, seguirá vivo. Desde aquí, envíolles apertas á familia e aos amigos do Ateneo, entre eles, especialmente, claro, a Rosa que tanto o apoiou nos últimos anos.O vello Anselmo, na casa e fóra dela, só estivo rodeado de boa xente. Un motivo de satisfacción nesta despedida, como corresponde, saudosa e acougada.

7 jul 2009

Rapa das bestas.Sabucedo.Pontevedra.



Complicacións inútiles

Afonso Vázquez-Monxardín
La Región.07.07.2009


Creo que á maioría nos gustaría ter menos trato cos bancos. Non porque sexan mala xente, non. Que ao final todos recorremos a eles para que nos acaben prestando o diñeiro que precisamos -o que non se estila que o fagan os particulares- aínda que logo nolo cobren sobrados, rabuñándonos aquí e e alá, comisionciñas constantes.

Por iso, como as xentes do común funcionamos con lóxica e sentidiño, se lle queremos pedir a alguén vinte ou corenta céntimos para a máquina do café o que menos se nos ocorre é solicitarlle unha transferencia bancaria. Pero non todo funciona así.
PREMER <>

24 may 2009


Holocausto porcino.
A.V.M. La Región.23.06.2009.
Foto:Miguel Muñiz.

Cando o outro día os autócratas do Kremlin decidiron aconsellar aos seus concidadáns non visitar España polo medo á gripe A, moitos puxeron o berro no ceo. ¿Nós unha ameaza á saúde de ninguén? ‘Todo é política’, chegamos a concluír despectivos. Evidentemente as cuestións máis peregrinas poden ser argumentadas demagoxicamente para distraer ao vulgo iletrado dos seus problemas e focalizar en asuntos alleos o interese colectivo. E un problema serio acontece cando pasa desapercibida ou minusvalorada calquera acción deste estilo que teña como centro os naturais doutro país pero pertencentes a unha minoría étnica ou relixiosa. O paroxismo, como é sabido, foi a Alemaña de Hitler. Alí, desde as leis de Nuremberg no verán de 1935, chegaron a publicar máis de 3.000 decretos e ordes restrinxindo as liberdades dos seus concidadáns xudeus. Algunha tan alucinada como a prohibición de posuír paxariños, cans e gatos, ou de que os cegos levasen brazaletes que os identificasen como cegos. ¿A desculpa? Calquera valía para un pobo en proceso de fanatización.Pois algo semellante está acontecendo cos nosos irmáns cristiáns coptos de Exipto. É unha grande minoría -10 millóns de persoas- moito máis vella no país que os musulmáns, pois son herdeiros directos da etnia e lingua dos antigos exipcios das pirámides que foron cristianizados nos comezos da nosa era. Pois arestora están sufrindo continuos ataques por causa da crecente islamización do estado exipcio. E como unha medida máis contra os coptos -únicos que os crían e comen- deciden o sacrificio inútil dos 350.000 porcos do país, pregándose covardemente ás presións islamistas. Tamén é algo contrario a razón -escasean os tratos marrau mexicano/marrau exipcio-, aos ditados da ONU sobre medidas de saúde e a todo. E como a cousa ía en serio, o día 2 de maio come zaron as ‘execucións’ dunha forma salvaxe. O xornal Al Masri al Youm sinalaba que comezaran a facerse foxas no deserto onde guindaban vivos aos cochos, logo rociabanos con substancias velenosas ou botaban simplemente terra por riba. Tanto foi, que o primeiro ministro Ahmad Nazif tivo que pedir que diminuíse a ‘brutalidade’ do proceso. Aínda así, os máis arrichados defensores da medida, gobernadores incluídos, bromean dicindo que non poden ser degolados porque os marraus non teñen pescozo. ¡Que lonxe quedan os tempos en que Mediterráneo unía as culturas das súas beiras, e nas cidades de Alexandría, Salónica ou Constantinoplas vivían respectuosamente próximas as comunidades, como se fosen todas novayorkes da antigüidade! Ai, Kavafis, Kavafis, o poeta grego de Alexandría. Ai Naguib Mahfuz, único escritor árabe co Nobel, acoitelado por un integrista en 1994. ¡Que lonxe queda o voso país do Exipto de hoxe!

19 may 2009


O Muro de Xoán da Cova.
Alfonso Vázquez Monxardín.
La Región.19.05.2009
Foto con móbil. XulioDRabal.
Lápida trilíngue.
Cemiterio de "Sexo".
Verea.(Ourense).
O outro día pasei pola rúa Xoan da Cova -esa que sobe cara ao Montealegre abeirando o cemiterio de San Francisco desde o inicio da carretera da Granxa-, vin que estaban de obras no muro e lembrei algunhas cousas. Hai anos, non moitos, andei bastante por alí cando participei na elaboración dun folleto sobre a historia do cemiterio, os seus mortos famosos e as súas esculturas destacables. Sen dúbida Maribel Outeriño, Pepe Bouzas ou Rosa Casado poderían facer a cousa ben mellor ca min, pero eu deille para adiante, para que houbese algo que mellorar e que, entrementres, fose útil información ao cidadán interesado.O caso é que aqueles días botei bastantes parrafadas cos enterradores. Parecéronme xente amable, sensible e falangueira. Se cadra porque os seus clientes tenden a ser bastante calados e sosos. E contáronme historias curiosas, como cando no tempo da guerra intentaran roubar o anxo negro de fundición de Malingre que destaca sobre o horizonte na esquina da parte de arriba, e que seica o levaban xa nun carro de vacas cando atallaron aos ladróns... Ou como aqueloutro anxo, chimpado por un raio no medio dunha treboada pavorosa e reconvertido en monumento kitch ao pé da súa oficina. Ou o daquel xeneral morto que conservaba correaxes e uniforme intacto depois de máis de cen anos e que así o viran cando chimparon cos nichos pegados ao muro da Igrexa... Pois a min, cousa de andar sempre enredando, tamén me pasou cousa de contar naquel camposanto. Pero nada de medo.Un deses días de visita ‘investigadora’, chovía, viña a noite e os funcionarios fúnebres, pensando que ninguén quedaba atrás, botaron a chave. Se cadra andaba eu abaixado lendo algunha inscrición ou así, o caso e que non repararon na miña presenza e marcharon. E así quedei alí, só, de noite, chovendo e pechado.O primeiro deume a risa pola circunstancia. O segundo foi buscarlle solución. Chamar á Policía Local parecíame moita molestia e ridículo, porque eles terían que buscar a quen tivese a chave e habería que ver se era ou non fácil atopalo e cando sería iso. Ademais podía arranxalo eu só. Así pois, achegueime á parte onde o muro era máis baixo -ao lado dun poste da luz, por riba das obras de hoxe- e como o vin fácil, sen pensalo moito, saltei embaixo.E ¡zas! Eu alí, aínda acrequeñado, vin como se aproximaba un matrimonio que subía pola rúa e que me ollaba entre sorprendido e, creo, temeroso. Ía sorrír e falar cando me decatei de que eran os pais dun alumno cos que me entrevistara había pouco no meu despacho da Xefatura de Estudos. Erguinme coa maior dignidade posible e lembrei o adaxio romano de ‘excusatio non petita, acusatio manifesta’; e considerei que era un bo momento para empezar a calar como un peto. Deilles pois, educadamente, as boas noites e seguín o meu camiño con naturalidade, pero sen asubir. Como se saltase tapias de cemiterios todas as noites. Non sei que pensarían...

O galego impoñente.


A.V.M. Galicia Hoxe.19.05.2009.


Meus señores, creo que nós, os profesionais da lingua e da cultura, máis ca impoñer, o único que intentamos é recompoñer a relación entre os galegos e galegas e a fala aquí nacida hai mil anos.
E para iso queremos traspoñer as fronteiras da historia e que Mendiño, o Rei Sabio, Rosalía, Manuel Antonio e os nosos bisavós sexan presentes en nós a través da súa lingua. Queremos que os nosos fillos e fillas poidan dispoñer por sempre deste ben nacido aquí, nas benditas terras célticas do noroeste da Hispania romana. Estamos orgullosos de querer contrapoñer unha Galicia nosa, mundial, cosmopolita, galegófona e multilingüe, unha auténtica Galicia suxeito, verbo e verba predicada no futuro, a unha galicia con minúscula, apoucada, bilingüe e simple complemento circunstancial.
Querémonos sobrepoñer a uns tempos pasados agora que contamos con institucións colectivas, e gozar felices da historia para solaz da humanidade.
Cremos que querer antepoñer a nosa lingua a outras non é máis que o desexo de pura conservación inherente a calquera ser vivo. Empezando pola nosa lingua galega e con outras que poidamos, máis alá sempre na comunicación global. Pero a conservación do mundo, sabémolo ben, empeza pola casa. Queremos pois compoñer unha situación que unha historia rabuda e avolta deu en descompoñer desde hai séculos pero que hoxe, con vontade, ten arranxo. Trátase de repoñer a lingua no lugar que ocupou nos corazóns e nas bocas dos nosos devanceiros e espallala nas redes do futuro. Esa lingua que de xeito natural soubo arrepoñerse ás dificultades pasadas noutro tempo en que o mundo era máis simple, precisa hoxe da nosa axuda e aquí estamos.
Non cremos que sexa boa cousa tratar de opoñer as vontades dos falantes ás linguas, pois dereitos e deberes son os xuncos con que se tecen as liberdades nas sociedades modernas. E aquí xa que os tempos nos situaron ante a realidade de ter dúas linguas, unha orixinada nestas terras verdes e outra que nola veu a apoñer a historia, podemos ler na situación unha oportunidade e debemos terlles lei, con dereitos e deberes, a ambas. E debemos propoñer que así sexa. Quero supoñer que entenden o espírito desta mensaxe, pois a cousa non ten moita ciencia; non podemos pospoñer unha cuestión tan fundamental pois o tempo, estatísticas cantan, non traballa en favor nosa.
Así pois, debemos entre todos, poñer o galego no seu sitio: no corazón, na boca, nas clases, na casa, nos amigos, nas leis... Trátase, en definitiva, de ir máis alá co que sempre foi, como nos demostra a historia de lingua vencedora de séculos escuros e dificultades e a súa extraordinaria literatura: unha lingua impoñente.

16 may 2009



As colas.
A.V.M.16.05.2009.
Charles Le Bron. Expresións das caras da vida.1969



O utro día falaba cunha xente das colas. Eu téñolles especial manía ás colas normais, non ás épicas. Así, aquelas que había na anovación do DNI, onde eu cheguei ir ás cinco e media da mañá, non me molestaban polo que tiñan de desafío vangardista á física erguerse a esas horase ao sentido común. Tampouco me molestan en exceso as colas máis tradicionais, as de sempre, esas que incluso os habitantes dunha cidade como a nosa temos integradas xa no noso código xenético; ou sexa poucas, moitas menos que as dun madriñeño, por exemplo. Colas tradicionais como as dos cines ou do super. Esas si. Non hai problema. Pero as que non fago contento son as da farmacia -cando hai máis de tres persoas diante-, a da panadería -ata cinco aquí, que hai menos cháchara e vai todo máis rápido-, a da ITV -sobre todo cando despois de esperar corenta e cinco minutos lle din a un que non hai sitio para ese día senón saca cita previa-, as do banco -cando dos dous despachantes un ten o letreiro de ‘fuera de servicio’- e, desde logo, a peor de todas: a dos restaurantes para comer ou cear. Sempre chega un alí con fame. Fai a inútil e retórica pregunta de que ‘canto tarda a cousa?’ a un camareiro esquivo e agobiado que non foi contratado como adiviño. Decide quedar. Controla. Estuda. Ese está antes ca nós, ¿ou chegou despois? Ve pasar pratos, entrar xente, olla caras fartas de satisfacción nas mesas, apura cos ollos os cafés dos sentados, vai notando o arrecendo de pratos fumegantes e as glándulas salivares que seguen as instruccións do esfameado can de Paulov...Os que rimos coas artistadas de Ferrán Adriá e pensamos que iso ten que ver co marquetín -tremenda sobredose que levamos del na tele estes días-, co deseño, coa arte, cos happenings, coas ‘instala cións’, e que o seu mérito vai na liña dos primeiros pintores abstractos, temos en Ourense algúns restaurantes onde simplemente pode ir facer o que era habitual nestas locais: comer ben. Ou moi ben. Un deles ten colas antolóxicas, as máis grandes da cidade. Sempre visibles no comezo da Ponte Nova: A Romántica. Non é o espazo para gabarlles a relación prezo-calidade do local, que de xustiza sería, senón falar das colas. Eu dicíalle á xente coa que falaba que prefería pasar sen comer que agardar alí como un estafermo ao sol unha hora ou dúas. E os meus replicantes falaban das virtude da cola. Socialízaste. Coñeces xente. Exercitas a virtude da paciencia. Afírmaste na orde e na defensa dos dereitos -que ninguén se cole na cola-. Aprendes a aprazar o beneficio da satisfacción e relacionalo cun esforzo previo. En fin, coma case todo na vida, é opinable. Eu non as aturo.

15 may 2009

Xurar ou prometer.
Alfonso V. Monxardín.La Region.12.05.2009.
Pallaso.Obra de Arturo Baltar. Ourense
Loxicamente, que cada un que faga o que queira. Xa nin é tema de conversación. Esa é a normalidade democrática que nos encanta a todos. Así, neste tempo de tomas de posesións de políticos, uns xuran e outros prometen, e todo ben. Iso que tendemos a crer que os que xuran son máis relixiosos e os que prometen máis laicos. E o feito de que o novo presidente de Galicia prometese e non xurase non lle estrañou xa a ninguén, pois iso da relixión e a política deben ir, cada vez máis, por camiños arredados. Lembremos que o señor Gallardón, alcalde de Madrid, xa lle gañou un xuízo a un xornalista falabarato da emisora dos bispos. Esa independencia, esa separación ,como todas as que afecten ás actitudes íntimas -relixión, sexo, etcétera-, están, por suposto, moi ben. Son temas transversais que nada teñen que ver coa dereita ou esquerda senón coa liberdade persoal de todos. Se cadra a promesa do noso presidente ten que ver com que empezase o seu ensino medio nun colexio relixioso e rematase facendo o vello COU no Instituto Masculino, como nos recorda constantemente, e propagandista infatigable dos seus ex-alumnos que é -volvo citala-, Anxeles Castro.E aínda que estes dous sentidos ‘ideolóxicos’ que se lle dá ás formas de compromiso no traballo político estean claros na interpretación popular, teño a impresión de que a etimoloxía está sendo retorcida. Porque loxicamente, xurar está relacionado con ‘xurado’, ‘xuramento’, ‘xurisprudencia’, ‘xurisdicion’, ‘xustiza’, palabras todas relacionadas co ‘ius-iuris’ latino, ou sexa da esencia da lei. Polo tanto, xurar sería realzar o compromiso coa lei, como xurisdición é o terreo onde ten valor de forza o que ‘di’ a lei, etcétera. Así, se un o desexa, pode ‘xurar por Deus’, ‘polos seus mortos’, ‘por Snoopy’ -como o pijo redomado na caricatura-, ou por calquera outro intermediario individual ou colectivo, existente ou inexistente, para que exerza de testemuña fidedigna. Pero se un simplemente o que fai é xurar, afirma só a esencia do máximo compromiso da persoa coa lei e a xustiza directamente. Algo laico e legalista.O verbo ‘prometer’ non me acaba de gustar porque non fai referencia á lei, que é a fonte do poder. E porque as promesas no mundo da política... en fin, xa me entenden. A metade delas viven menos que as bolboretas. Só cando Churchill prometeu o 13 de maio de 1940 ante o Parlamento ‘sangue, esforzo -inda que normalmente isto non se diga-, suor e lágrimas’, acertou plenamente. Empezaba a batalla de Inglaterra. En canto lle empezaron a caer as bombas alemás, xuraron todos, pero doutra maneira.

Parabens a Afonso Vázquez Monxardín
PREMIO CARRACEDO ano 2009
Fotos: Pepe Trebolle.




13 may 2009

O psicotécnico.
A.V.M.Galicia Hoxe.12.05.2009 .
Imaxe:Cadro de Joan Miró.

O mundo existe desde moito antes de que nacésemos nós. E os carnés de conducir existen desde moito antes dos centros psicotécnicos. Creo lembrar que empezaron alá no primeiro goberno de Felipe González e non tanto por necesidade social sentida senón como medida político-adminstrativa tendente á xeración de emprego novo no sector médico. Como o lector sabe, os psicotécnicos teñen a imaxe pública de seren unha especie de fielato onde un vai cada cinco anos deixar uns trinta e tantos euros para que certifiquen que están ben de saúde e lle prorroguen a vixencia do carné ou lle dean un permiso de armas, cousas ambas que veñen sendo máis parecidas do que a primeira vista puidese parecer.
No fondo, e tiña razón o lexislador, a xente non ía protestar por pagar un novo trámite cada cinco anos. A filosofía, ademais, era impecable. Só podía lerse en postiivo: incrementar o control sobre a saúde e capacidade real e efectiva de conducir ou portar armas. E ademais ao facelo a través da creación ex-novo de despachos privados, non se recargaría os médicos da seguridade social de traballo, e todos contentos.
Pois non de todo. Desde a valoración positiva do seu papel e dos novos que van asumindo -como o de xestores na tramitación das renovacións- eu non o acabo de ver claro, porque a min, miren que lles vou dicir, non me desacouga pagar impostos. Xa me gustaría pagar máis polo que iso supón de que ingresaría eu máis tamén. E penso así, claro, interesadamente en primeiro lugar por ser funcionario: creo que debemos animar o persoal a que achegue cartos, máis ou menos contenta, no peto de quen nos paga a nós. E despois, porque sei que os recursos para facer estradas, AVEs, hospitais e dotar os centros de ensino, non saen de darlle á manivela de facer billetes senón á contribución colectiva. E sobre todo das clases medias. Porque aos ricos de verdade, tanto lles ten ir ao médico a Santiago, a Navarra ou a Huston, ou mandar os seus fillos a que llelos eduquen en Inglaterra, Suíza ou USA. Por iso, porque me gusta que o estado funcione ben e dea servizos de acordo co que acheguemos, non acabo de entender como o certificado de que un está apto para conducir non o poida facer o médico que o leva no sistema público. ¿Quen sabe máis da saúde dun, o doutor que o segue día a día, mes a mes, ano a ano ou aqueloutro amable profesional que lle fai un par de preguntas -¿usa vostede lentes?, ¿ten algunha enfermidade que lle impida conducir?- e xa está. Porque as máis das veces é así. Dous minutos, trinta e seis euros.

6 may 2009


Espirrou o marrau.
Alfonso Vázquez Monxardín
-
L.R-6.05.2009
Blas Lourés. A miña muralla.Pintor de Lugo.
Permítanme que me ría, pois é bo rirse de todo un pouco, aínda que a cousa seica pode non ser de risas. Ou si, vai ti ver, que eu nada sei. O único, que hai xente preparada que revira o fuciño. Pero eu, perdoen a miña falla de cabeciña, non. O caso é que creo que na permanente campaña de atemorización do cidadán, de sacarlle as responsabilidades de encima, de dicirlle que non se preocupe que xa hai quen pensa por el, agora tócalles meternos medo cos contaxios das catarreiras dos marraus aos seus irmáns humanos. A cousa, certo, non soa ben, pois un cruzamento, aínda que sexa de virus, que teña por participantes a marraus, pitas e persoas, parece produto dunha bacanal ilóxica e nada seria. Pero eu non me lles acabo de asustar, porque hai científicos traballando. Que se fose polos aprendices de homes do saco En fin, que na sociedade actual, neste mundo global, o que non sexa esdrúxulo, ou sexa importantísimo, perigosísmo, grandísimo, ou o primeiro do mundo -tipo Nadal-, pasa a ser un ninguén -tipo Fernando Alonso- nestas horas baixas ou unha cousa sen importancia ningunha, un ‘fibilete’. E esta terrible xerarquía dos enormes titulares pasa, sobre todo, coas noticias ruíns. Só se é mala malísima é noticia das boas. Pero para iso ten que haber miles ou, se é posible, millóns de mortos. O tsunami, si señor, foi unha noticia das boas: defuntos de tres continentes dunha tacada. O 11-S, outra, pois aínda que o número de mortos non foi excesivo (a metade dos finados en accidentes de tráfico en España nun ano) foi feita no lugar e da forma máis noticiable. Ademais era o atentado máis grande da historia da humanidade e restransmitido en directo pola tele. Si señor. Noticia de primeira. Moito mellor que a de Bophal, onde morreron vinte mil, o 3 de decembro de 1984, pero eran da India e alí seica hai xente de sobra.

E as ameazas ¿que me din das ameazas? Se non supoñen a posibilidade de desaparición da humanidade, non parecen se quera noticia. ¿Lembran o efecto 2000? Os orde nadores de todo o mundo ían volverse tolos e disparar bombas a esgalla, abrir embalses de golpe, facer chocar satélites, despistar semáforos... Despois tocoulle ás pobriñas ‘vacas tolas’ que non sei se chiflarían de ver tanto na tele ás palas mecánicas recollendo conxéneres e levándoas a ‘medas’ de incineración. ¿E que foi do tema? Pois, nada. Temos mellor carne ca nunca e a min que me gusta o fígado, sempre o topo na carnicería. ¿E lembran o dos aerolitos que caían do ceo e os agoiros dicían que se ía conxelar non sei que capa da atmosfera e ía caer toda xunta enriba das nosas cabezas, e nós sen o escudo de Obélix? ¿E o quecemento global, neste ano de tres meses de neve en Manzaneda? ¿E aquela gripe aviar que traía tolas as pitas e que tan barato puxo o riquísimo polo asado? ¿E o Ébola? Que iamos furrichar todos sangue polos ollos. En fin, dentro dun mes nace un xato de dúas cabezas en Xinzo ou gaña a Liga o Madrid e xa falamos doutra cousa... E a seguir traballando.

28 abr 2009


Camilo Nogueira e o sacrificio.
Alfonso Vázquez Monxardín.
Galicia Hoxe 28-04-2009.
Coñecín a dous Camilo Nogueira. Un era camareiro na cafetería Alaska no Parque de San Lázaro de Ourense e outro ao político que coa fundación do Partido Obreiro Galego abriu a esquerda autóctona de Galicia aos aires da modernidade e aceptación do sistema político democrático. Camilo grazas a moitas cousas, á súa forma de ser e ó seu éxito profesional en Sodiga, sabía que había un mundo enteiro por descubrir máis alá da Lavacolla e tiña unha profunda sensibilidade galega, de esquerdas e europeísta. O Sr. Nogueira Román, ex enxeñeiro de Citroën, lémbreno, foi o político máis activo dos primeiros parlamentos autonómicos e grazas ao seu impulso lográronse fitos históricos. Ducias de leis e concreción de inciativas como a traída dos restos de Castelao en 1984. Ou sexa, como era imperativo ético e histórico, durante a nosa primeira lexislatura; nada máis que Galicia tivese algo de poder de seu. Tres anos despois da aprobación do Estatuto; tres anos despois tamén do 23-F; ao ano seguinte da aprobación da Lei de Normalización Lingüística e cando xa estaba implantado o ensino do galego en todos os niveis. Claro que tamén eran os tempos en que o nacionalismo maioritario, léase a UPG e adherencias, aínda non entendía nin aceptaba claramente o sistema democrático -ata 1987 seguiu a alianza estratéxica con HB-, as súas normas, e nin sequera o resultado das eleccións ou das decisións do Parlamento. Así, aquel violento boicot contra a traída dos restos de Castelao a Galicia estivo adobiado de constantes insultos ao Sr. Nogueira.
Como Camilo Nogueira é boa xente cando os seus insultadores daquel día asumiron, en reviravolta pero sen autocrítica, as súas posturas (simplemente xurar a Constitución, condenar a violencia e tratar de ampliar o marco legal para Galicia desde a lei) por ser boa xente digo, foi capaz de traballar con eles de novo. Así conseguiu escano no Parlamento Europeo e desenvolveu a frenética actividade que todos lembramos ante a indiferenza dunha parte importante dunha forza política pexada de arcaico antieuropeísmo.
E agora pídenlle as familias que controlan o choio o sacrificio de renunciar a ocupar un par de meses escano no Parlamento Europeo por mor dun misterioso trato feito cunhas forzas políticas das que agora se desligan para unirse a outras máis radicais. ¿Mellor ninguén en Bruxelas que Camilo Nogueira? Alá eles. Así lles vai.

Na foto, obra da autoría de Camilo Nogueira, pai.

11 mar 2009

A estatua do Alpinche
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 11-3-09

Se un entra no Google Earth e mira as imaxes de Ourense subidas con ese invento español de tantísima rendibilidade que e o ‘Panoramio’ -unha aplicacion que permite visitar unha cidade a través das fotos enviadas ao ciberespazo por outros turistas- encóntrase con que o que máis chama a atención de nós é a estatua do coche que está onde a Subdelegación de Goberno, no Parque. O visitante ve, olla, para, sorrí, pon cara estrañada e tira de cámara de fotos. Nunca, seguro, viu nada parecido no mundo mundial. Os nenos, como está baixa e xa non hai ‘gris’ na porta da Subdelegacion, suben ao teito sen medo; os adolescentes agáchanse para saír na foto sen tapar ese coche; moitos botan confianzudos o brazo polo ombreiro de Lalao Reverter ou do Antonio Colemán. Pero, perdóenme eles, a estrela, o que fai ao grupo inédito é ese coche que Lalao quixo bautizar ‘Realpor’ -acrónimo de Reverter, Alpine, Porche- pero que o inxenuo popular ourensán, picando a republicano, simplificou en ‘Alpinche’, mestura de Alpine e Porche. Porque iso é o que era.Os nenos daquela e os que xa non o eran tanto, lembramos como se construíu no verán de 1971 cando Lalao Reverter fixo o trasplante do motor dun Porche 911 que destrozara Pavón, á carrocería dun Alpine que el comprara. A matrícula era OR-31516, que a tíña eu ben posta nun coche ‘tuneado’ -daquela non existía a palabra- do meu scalextrix. Axiña o ‘monstruo’, demasiado motor para tan pouca carrocería, colleu as cores laranxa butano e banda branquiazul, tal que a bandeira arxentina. Durou cinco anos ata que Beny Fernández o espetou xusto ao comezar o Rally do Sherry, en Jerez de la Frontera.
O coche máis mítico que saiu de Ourense na súa historia. Pois si señor. Está ben que teña unha estatua. E por suposto que con Lalao Reverter. Que para algo participou 12 veces no Rally de Montecarlo e gañou varias ducias, por Galicia e España adiante. E sobre todo por ser o introdutor decidido da paixón polo automobilismo que daquela houbo na cidade ao redor do Rally e da Escudería. Si señor. ¿E o Antonio Colemán? Pois tamén. ¿Por que non? Non todas van ser de homes de letras. Foi un digno organizador e sucesor de Lalao á fronte da Escudería.Con todo, o conxunto garda un par de misterios. Haberá que lle preguntar un ao escultor Ramón Conde, e outro deixalo no aire. Si, lembramos que o Antonio era mellor mozo que o Lalao... ¿pero non se lle iría a man un pouco na diferencia? E o segundo, ¿que diría o Lalao de verse de ‘copiloto’ dun Colemán que nunca conduciu? Cando se esfiañe o fío da memoria vai parecer o que nunca foi.
Os nomes das rúas
andoliña 11-3-09


Tiven a sorte de nacer nunha cidade que mantivo bastante definidos os seus sinais de identidade dende vello: a Auria romana, medieval ou decimonónica perdura nos seus monumentos e no perfil urbano das súas zonas máis antigas. Tamén no seu nomenclátor urbano que mestura os diferentes nomes de rúas, de etapas ben diferentes. Temos a sorte os ourensáns de gardar o celme da cidade en nomes como rúa da Liberdade, da Primavera ou do Olvido, ás veces de fortes acenos románticos: por certo Afonso Vázquez-Monxardín, autor dun rigoroso estudo sobre o rueiro ourensán, debería publicalo xa en libro en canto teña un pouco de vagar dos seus moitos quefaceres.
Recibín un pequeno folleto titulado Apuntamentos sobre a evolución urbana de Celanova, así como sobre os nomes das súas rúas (1840-2008), traballo que non ten desperdicio de Antonio Piñeiro, un dos mellores coñecedores da vila de Curros. Neste volume dáse conta detallada das dificultades que xa dende mediados do XIX tiña bautizar as novas rúas da vila. A dedicada a dona Emilia Pardo Bazán, en vida da escritora, xerou polémica cos republicanos, mentres que a de Curros Enríquez tivo que agardar ata un ano despois da súa morte.

3 mar 2009


Pedagoxía política
aFONSO Monxardín, g.h.-3-3-09. Debuxo de R. Patiño.

Un día, hai para aí vinte anos ou así, comezaba eu unha visita ao Parlamento británico cando unha vella desas de gafas picudas e plástico na cabeza para a chuvia se achegou onda un bedel e pediulle que lle fose chamar o deputado do seu distrito, que non sei que lle tiña que dicir. Entrementres nós subimos ao poleiro a tempo de ver como o subalterno entraba e libraba dun crispado discurso do reverendo Ian Presley a un deputado daqueles que estaban apertadiños nun escano e que parecía a espera do médico en día de feira en vila pequena. Aos dez minutos xa nós cheos de espectáculo, baixamos. E alí estaba a boa da señora rifando co seu representante, aceando co dedo índice, mentres el aturaba impasible, sentados ambos nun banquiño á entrada da sala.
Como anglófilo confeso pareceume preciosa e entrañable esa proximidade entre a rúa e o poder. Proximidade si, pero iso non quere dicir darlle a razón sempre á xente, demagoxicamente, pois ás veces a opinión pública convértese só nun perigo público. Como cando se mesturan sangue e sentimentos. Digamos o caso do asasinato da parella de gays de Vigo onde a opinión pública en forma de xurado público absolveu o inabsolvible. É preciso xulgar desde a lei e non desde os sentimentos, ideas e prexuízos. Para iso lles pagamos a profesionais. Non quero eu esa responsabilidade. E nos últimos tempos vexo os nosos políticos coxeando do pé de querer congratularse sempre coa xente que máis sae ou berra nos medios de comunicación.
Falemos claro. Coa dor das persoas debemos ser solidarios e punto. Pois temos a seguranza de que o puro sufrimento non é fonte inmaculada de sabedoría. Así, os pais das nenas asasinadas en episodios macabros non teñen por que ser recibidos polos presidentes de nacións. Esas persoas despois desas experiencias traumáticas desexan, loxica e humanamente aínda que non o digan, vinganza. Queren cambiar leis movidos só pola dor e esgazamento íntimo e non por coñecementos forenses. E non señores. Non pode ser. Que falen, que se desafoguen cos amigos, coa familia, -ou cos deputados provinciais se queren-, pero os presidentes dos estados non deben de andar ás cousas das dores íntimas e de circos mediáticos.
Hai que educar á opinión pública para facela máis responsable, máis esixente co poder, e non darlle a razón sempre e tratar de gobernar en función de Salsa Rosa.
Canseira postelectoral
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 3-3-09

Quedeilles canso. Ir iría aos mitins pero daríame vergoña que me viran aplaudindo en todos e pareceríame descortesía estar alí, de estafermo, sen mover as mans, cando tanto se esforzaban uns e outros polo voto... pero tamén, aplaudirlles a todos, xa me dirán, parecería cousa dun cataventos e non é cousa. Mellor pois, non ir a ningún. Tampouco quedei canso por ir votar. Sempre é agradable saber que un ten na man un cacho do rabo da tixola. Non me gusta moito pero xa estou afeito a que che ripen o sobre da man para metéreno eles na urna... e iso que estou case seguro que certaría coa ragandixa, se me deixasen. Non me fartaron tampouco os debates da tele. Nin sequera me cansei do abouxe das megafonías pois xa non se estilan e todos podemos vivir cómodos nas casas sen que nos veñan furgar nas orellas con consignas.
Pero quedei canso de tanto esforzo ‘potencial’. Estes pedíronme que lles dese máis forza; eses lembráronme que miña forza movía o país; e aqueles lembrábanme que chegara o momento de esforzarse. Mi madriña! E como sempre, os lemas dos partidos maioritarios, radicalmente intercambiables. As vellas consignas ‘políticas’ tipo ‘A crise que a pague o capital’ ou ‘Orde e autoridade ante todo’ ou ‘Galicia ceibe, poder popular’, xa non venden. Cheiran a radical. A aceptación centrada do sistema por parte dos tres grandes fai que os xestores de propaganda política sexan tan intercambiables como os seus lemas. Vexamos. O de ‘dálle máis forza’, valía, claro, para calquera partido e incluso para unha nova marca de gasolina enriquecida, para un club de fútbol en busca de socios, para animar un boxeador en horas baixas, para a declaración da renda en favor da Igrexa Católica ou para motoserras Ojea. O de ‘a túa forza move o país’ é só constatación de que vivimos nun réxime democrático. ¡Claro que é nosa forza colectiva a que move o país! e logo quen ía ser? Tamén vale como anuncio de Caixa Galicia, de Mombús, do Banco Pastor, de Pescanova, do Citroën C-5 ou de xamóns Louriño. E de ‘Chegou o momento’, que lles vou dicir? Lembroume un camión que pon no parasol ‘Chegou o Antonio’. Pois si. Chegou o momento de: cambiar, seguir traballando, casar, divorciarse, pintar a casa, comprar un can, dos bombóns ferrero-roché; dos xelados de polo... Vale para case todo. Por iso, con lemas neutrais a xente vota con percepcións de medio percorrido, non por campañas puntuais. En fin, xa o dixera Pondal: ‘Os tempos son chegados dos bardos da idades que as nosas vaguedades cumprido fin terán’. Pois xa foi a cousa. Non lles sei como quedou pois estou escribindo en sábado. Que sexa para ben. Moitas felicidades aos gañadores e a traballar que ben cómpre e hai moito no que.