31 oct 2007


O valor do xornalismo cultural
Andoliña 31 outubro (Na imaxe, Man e serpe, de Menchu Lamas, unha das artistas integradas en Atlántica).

Para documentar os datos da miña serie dominical, Cen Anos de Historia Cultural, utilizo, ademais doutros materiais, revistas da época e tamén suplementos culturais. Destes teño unha colección particular dende os 70. Nestes días, manexando un deles, decateime do extraordinario valor dese xornalismo cultural, mesmo cando pasen varias décadas da súa publicación. Velaí o caderno titulado Cultura nacido da man de Luís Álvarez Pousa en La Voz de Galicia en 1980.
Velaí a atención destacada a escritores como Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro (estes falecidos uns meses antes), Cunqueiro ou Vicente Risco. E a apertura naquel suplemento de debates relevantes na nosa historia cultural: a demanda da literatura de quiosco, as diferentes estratexias narrativas, o conflito normativo, os problemas do teatro galego, a atención á renovación das artes (Atlántica) etc.
Por aquelas páxinas pasaron autores como Carlos Casares, Anxo Tarrío, Alonso Montero, Carballo Calero, Basilio Losada, Víctor Freixanes, Xosé A. Perozo, Manuel Rivas, Xavier Seoane, entre moitos máis. Aqueles textos son testemuño vivo dunha época. Xa o é tamén a magna Revista das Letras, cada xoves na rúa con Galicia Hoxe.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Que valeiro está esto...
EOOOOOO!

Eoo
Eo
eo
e



Vaia.Un post con eco.

Anónimo dijo...

Hola Xo�n.V�s moito por eiqu�?
Mira que ben.T� i eu so�os no post.C� pouco que me gosta estar s�.

Anónimo dijo...

Oh,oh...
Non,non,xornalismo cultural.Non se che ocurra nada improcedente que sempre hai xente mirando...

Anónimo dijo...

Xa vexo que non "entendes"...

Anónimo dijo...

Quieto,Xornalismo Cultural.Non toques,oh.Que vai entrar xente.Apicultor,Swann,Jimmy,Lourixe,en serio,quietiño...Non é que teña nada contra tí.Espera que veñan os outros.Eres o seu "tipo".

Anónimo dijo...

Pois si, e non son eu o único que o digo. Os dous partidos levaron a auga ao seu muiño. Aí están, por exemplo, as roldas de prensa de Rubalcaba despois do atentado.

Anónimo dijo...

Debe se-lo Samaín este que bosteei onde non debía, caracho.
Da coba: acougue un pouco, ho.

Anónimo dijo...

Había máis información cultural na prensa galega de hai trinta anos que na de hoxe?
Probablemente si.

Marcos Valcárcel López dijo...

SUPLEMENTOS, LUÍS ÁLVAREZ POUSA, CULTURA GALEGA VERSUS CULTURA ESPAÑOLA.
Quizais non había máis información cultural, non sei, pero dende logo era máis espontánea e estaba menos dirixida. Eu prefiro o suplemento que dirixiu POUSA, que revisei con moito vagar estes días, que o actual de Cultura que saca a Voz os sábados: este ten moitos máis colorines, moitos máis premios de sona, moitos máis intereses editoriais e moito máis enfoque de "cultura española". Os autores galegos aparecen a cotío minimizados. O de Pousa tamén traía páxinas dedicadas a escritores españois ou ó cine (eu saquei uns cantos artigos de cine naquela etapa), pero moito máis contextualizados e dende unha perspectiva editorial máis galega. Ben por Luís Álvarez Pousa!

Marcos Valcárcel López dijo...

e GRACIÑAS a Xoán da Coba por engordar os comentarios do fío: o debate do xornalismo cultural tamén é moi importante, cando menos para min (levo media vida dedicado a iso: a estudalo e a practicalo, na medida das miñas humildes posibilidades).

Anónimo dijo...

Éu coñecía a un rapa que andaba polos dezaséis anos mediados os setenta.Escribia unhos artigos "culturáis" e pretendía que llos publicase o xornal local,"A Rexión".Daquelas,as oficinas de dito xornal compartían entrada coa tenda da mesma empresa,en Cardenal Quiroga.O meu amigo atravesaba a tenda hasta o fondo,había que baixar un escalón polo medio.Pasaba estanterías dos libros que máis lle gostaban e subía as escaleiras do fondo,que levaban ó xornal.Entregáballe o escrito,a máquina, a un señor con gafas e pelo revolto,con certa pinta de Woody Allen,que o lía,e logo dícía: Está bén,pero hoxe lévase ,máis que cultural,o artigo político e de actualidade...

Anónimo dijo...

Así e todo,teño que decir que algúns daqueles artigos foron publicados na sección entonces chamada "tercera página".

Marcos Valcárcel López dijo...

Non estaba mal aquela "tercera página": lembrará vostede a época de Celso Montero que nos contou como foi a Revolución dos caraveis ou os problemas de Castro coa Igrexa en Cuba.
LA REGIÓN tiña daquela (primeiros 70) a última páxina (e ás veces as páxinas centrais) de antoloxía. Lembrando, de memoria: dende Otero Pedrayo, Ben-Cho-Shey, Taboada Chivite, Ferro Couselo... ata nomes "novos" como Carlos Casares, Francisco Rodríguez, e clásicos do xornalismo ourensán como Luís Trabazo ou José Luís López Cid.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, na terceira da Rexión apareceron algúns dos meus primeiros artigos nesa casa (antes escribira abondo en A Nosa Terra), xa a finais dos 70 ou primeiros 80. Moitos eran sobre xornalismo galego, cultural e galeguista, e outros de temas varios: por exemplo, gárdolle moito cariño a un que fixera sobre Galileo despois de ver a película de Losey. Escrito con auténtico entusiasmo xuvenil.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non vai de xornalismo cultural, pero Perfecto Conde dá estes valiosos datos no seu blog (Croques):
En fin, que as empresas xornalísticas que van pasar pola caixa da Xunta e os importes dos aguinaldos que reciben son os seguintes: 1) La Voz de Galicia, S.A, 967.782 euros. 2) Faro de Vigo, S.A.U., 385.374 euros. 3) El Progreso de Lugo, S.L., 175.798 euros. 4) Editorial Compostela, S.A., 169.806 euros. 5) Editorial La Capital, S.L., 111.929 euros. 6) La Región, S.A., 108.070 euros. 7) Lérez Ediciones, S.L., 82.699 euros. 8) La Opinión de La Coruña, S.L., 54.611 euros. 9) Rías Baixas Comunicación, S.A., 43.931 euros. 10) Radio Popular, S.A., 22.312 euros. 11) Radio Coruña, S.L., 21.233 euros. 12) Canal Voz, S.L., 21.224 euros. 13) Radio Galicia, S.A., 16.200 euros. 14) Uniprex, S.A., 15.267 euros. 15) Radio Pontevedra, S.A., 10.610 euros. 16) Vieiros Información en Rede, S.L., 10.446 euros. 17) Voz de Galicia Radio, S.A., 6.610 euros. 18) Europa Press Delegaciones, S.A., 4.469 euros. 19) Interdix Galicia, S.L., 4.245 euros. 20) Telecable Compostela, S.A.U., 3.945 euros. 21) Radio Orense, S.A., 3.823 euros. 22) Axencia Galega de Noticias, S.A., 3.452 euros.
Se por fin a min me acaba tocando tamén a lotería de Nadal que comprei en Bertamiráns, hei gastar un euriño en selar unha carta a Touriño pedíndolle que lle diga a Salgado que, a próxima vez que reparta aguinaldos, se acorde de darlles algo tamén a El País, A Nosa Terra, El Mundo, El Periódico, ABC e mesmo Le Monde. Non é por nada, pero eu léoos moito máis ca varios dos que case se fan millonarios cos aguinaldos da Secretaría de Comunicación.

Anónimo dijo...

Non sei se lembra vostede,Marcos,que daquela escribía moito un coñecido abogado da cidade,Amando Prada Castillo.Deixóu de escribir por completo.Mágoa,porque non o facía mal.

Marcos Valcárcel López dijo...

Escribía ben Amando Prada, sen dúbida, que deixou tan bo recordo como delegado de cultura con Pío Cabanillas. Facía unha breve sección de consulta legal sobre temas de Dereito. Antes ca el houbo outra semellante, de axencia, asinada por Manuel Jiménez de Parga, cando explicaba con tino o que era a democracia e como funcionaba (despois deulle por comparar a limpeza dos cataláns e dos andaluces e xa desvariou...). Prada Castrillo foi tamén presidente do Liceo e segue acudindo a moitos actos desa casa. E un dos seus fillos é hoxe editor (DuendeBux) e especialista na historia das imprentas de Ourense.

Anónimo dijo...

Aclaremos quen concedeu esas axudas á prensa: Fernando Salgado, home do PSOE no goberno galego (secretaría de comunicación de presidencia do sr Touriño).
[Xa sei que este "escándalo" non provoca tantos debates coma outros relacionados co BNG, pero convén aclarar as cousas cando menos]

Anónimo dijo...

El Mundo recibe cartos por vía interposta: El correo gallego.

Anónimo dijo...

Veña,Marcos.Confese o que recibe por este blog.XDD
Ó mellor promociona máis o galego e a cultura galega máis do que pensa vostede.E falo por mín.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, amigo XDC, non se me viría nada mal recibir algunha desas "subvencións á prensa", aínda que fose das máis pequenas. Non sei se tramitar un convenio ó respecto: con Industria? con Comunicación? con Vicepresidencia? O malo é que o máis probable é que non mo dean: ó mellor non lles gusta a liña informativa do blog...

Anónimo dijo...

Dan uns e outros, señor Swann. ¿Ou pensa vostede que son os "convenios" o único xeito de untar aos medios? ¿Non ve vostede por doquier publicidade "institucional" das consellerías do BNG, nomeadamente Industria? ¿Por que cre que o BNG dilata a aprobación da Lei de Publicidade Institucional, presentada xa hai case dous anos no Consello da Xunta?