Os bechos que nos rodean.
Pan por Pan 10 outubro. Na imaxe unha das arañas xigantescas de L.Bourgeois, diante do Guggenheim de Bilbao (por certo hoxe falan en EP desta provocadora escultora)
Son dos que seguen os documentais sobre natureza na televisión. Véxoos sempre que podo: polo xeral resúltanme relaxantes e aprendo moito. Non sobre os animais, que tamén, senón sobre os seres humanos. Porque calquera conduta humana imaxinada ten o seu paralelo nalgunha das especies naturais que enchen o planeta. Esoutro día soubemos dunhas formigas capaces de vivir nun formigueiro inundado cada poucas horas polas mareas: quen lles dera ós mellores técnicos en emerxencias atender o desastre dunha inundación coa planificación que amosaban estes simpáticos bichiños. E tamén vimos unhas perversas arañas que, tras copular co macho, o enredaban nos seus fíos para devoralo logo: os humanos tamén temos Guantánamo e Abu Grahib, crueldades moito menos instintivas, creo eu. E mañá fálolles da leoparda e o babuino.
Pan por Pan 10 outubro. Na imaxe unha das arañas xigantescas de L.Bourgeois, diante do Guggenheim de Bilbao (por certo hoxe falan en EP desta provocadora escultora)
Son dos que seguen os documentais sobre natureza na televisión. Véxoos sempre que podo: polo xeral resúltanme relaxantes e aprendo moito. Non sobre os animais, que tamén, senón sobre os seres humanos. Porque calquera conduta humana imaxinada ten o seu paralelo nalgunha das especies naturais que enchen o planeta. Esoutro día soubemos dunhas formigas capaces de vivir nun formigueiro inundado cada poucas horas polas mareas: quen lles dera ós mellores técnicos en emerxencias atender o desastre dunha inundación coa planificación que amosaban estes simpáticos bichiños. E tamén vimos unhas perversas arañas que, tras copular co macho, o enredaban nos seus fíos para devoralo logo: os humanos tamén temos Guantánamo e Abu Grahib, crueldades moito menos instintivas, creo eu. E mañá fálolles da leoparda e o babuino.
(P.S. 1: aproveito para felicitar, no seu cumpreanos, ós amigos Henrique Alvarellos, Manuel Outeiriño e Xaquín Marín. E, xa postos e sen que sirva de precedente, tamén para Fidel Fernán Vello, a quen non trato pero é irmán de Miguel Anxo, e tamén para José Luís Baltar, que seguro ben coñecen vostedes. Todos eles están de cumpreanos e eu estou xeneroso hoxe).
(P.S.2: O CULTURAS de La Vanguardia trae hoxe unha ampla crítica do libro de Vasily Grosman, dunha xornalista checa residente en Cataluña. Coméntoo porque sei que hai lectores que leron o libro recentemente. Creo que o artigo non está accesible on-line).
23 comentarios:
Colgarei na casa a foto, que agora o sistema non me deixa. Por certo, encántanme as arañas de L. Bourgeois.
Eu non lle deixo ver eses documentales �s meus fillos.Vese moito sexo e violencia.
Arañas no Guggenheim, fendas na Tate: a arte contemporánea:
http://www.tate.org.uk/modern/exhibitions/dorissalcedo/default.shtm
Quén sabe qué sublime placer orgásmico experimenta o macho mentras o comen.Nós pensamos que lle doe e sofre,pero é unha proxección antropomórfica.(O seu sistema nervioso non tén nada que ver có noso).
Na natureza,todas as conductas evolucionan tanto máis rápidamente canto máis teñan que ver co sexo.Se unha pauta de conducta se refire ,por exemplo á alimentación,pode tardar moitas xeneraciós en evidenciarse como boa ou mala por selección natural.As conductas sexuales teñen "resposta inmediata".Nunha sóa xeneración pode impoñerse unha boa sobre unha mala pauta,por motivos obvios.É por eso que as conductas sexuáis,mesmo as dos humáns, teñen un grado de sofisticación difícilmente imaxinable.Todo o que razonamos sobre o tema son normalmente simplezas do noso consciente,mentras millós de anos de "evolución rápida" agóchanse na enormidade subconscente.
Por outra banda,hai moitas cousas que podemos aprender dos bechos,aparte de coñecernos mellor a nós mesmos mediante "conducta comparada".
A interdisciplina chamada "Biónica" estudia as soluciós que atoparon os bechos (e tamén as plantas) a moitos problemas.Son coñecidos os telescopios cuio diseño se basea nos ollos de certas formigas que ven as estrelas de día.O cerre "velcro" non se inventóu,realmente copióuse da natureza.¿Por qué os paneles de abellas son hexagonáis? O hexágono é a figura que pode teselar un plano coa área máxima pra un perímetro dado.Fai falta complexo cálculo variacional pra demostralo,pero as abellas de Apicultor calculárono fai millós de anos.Altas i eficaces chemineas industriáis copiaron o diseño das cañas de bambú.Hai milleiros de soluciós que se obtiveron cando os homes deixaron de ser unhos soberbios e miraron prá Natureza.Creo que se están investigando tamén no terreo médico, terapias atopadas polos seres vivos...
Seica a/o mencía de Lugo, lle estalicou as neuronas, meu amigo. Noraboa, Uf....
As miñas abellas son moito máis listas ca min, é algo evidente.
Encántame oirlle falar (velo escribir) destas cousas, amigo XDC. Con vostede si que se aprende, con permiso da cara de quen corresponda.
Pero qué panda de mentirosos!!! Seguro que sabedes de bichos porque vades a Google ou por ler os contos dos vosos fillos...se todo o mundo sabe que iso de que ver os documentales da tele é moi "relaxante" é un eufemismo como unha catedral!!!!
¿Ou é que agora, botar unha cabezadiña, chámase "relaxarse"?
Bicos :)
Eu tamén aprendo moito de XDC. E sinto contrariala dona Lula Fortune pero eu si vexo os documentais, non me gusta durmir a sesta. Hoxe mesmo só puiden ver o comezo, porque se me acumulaba o traballo, e ben que o sentín. Caeme ben o tipiño este inglés (Attenborough?) que vai explicando os costumes e teimas dos bechos...
Para becho este:
O Rajuá hoxe. Qué medo.
Pasado mañana, doce de octubre, los españoles celebramos nuestra fiesta nacional.
Mi deseo es que este año, por razones que todo el mundo conoce, los españoles celebremos de manera especial esta fiesta.
Porque somos una nación y queremos celebrarlo y dejar constancia de que nos alegramos.
Por eso vamos a honrar y a exhibir el símbolo que, con la Corona, mejor nos representa en todo el mundo:
- La bandera que aprobamos en 1978.
- La que exhiben nuestros deportistas con orgullo.
- La que cubre el féretro de nuestros soldados.
- La que saludan con respeto todos los jefes de Estado que nos visitan.
- El símbolo de España.
- El símbolo de la nación libre y democrática que formamos más de cuarenta millones de españoles.
- La bandera de todos, porque en ella estamos todos representados.
Yo estoy orgulloso de ser español.
Sé que los españoles también lo están.
Por eso, pido a todos que, por encima de cualquier diferencia ideológica, el doce de octubre lo manifiesten con franqueza.
Y que hagan algún gesto que muestre lo que guardan en su corazón.
En casa o en la calle, de forma individual o con la familia y amigos.
Para que todo el mundo sepa lo que los españoles sentimos por España.
Y que sabemos proclamarlo sin aspavientos pero con orgullo y con la cabeza bien alta.
Y yo me adelanto ya y digo a todos los españoles: ¡Feliz día de la nación española! ¡Feliz fiesta nacional!
Parabéns para tódolos que cumpren anos no 10-10, xente que está destiñada a ser sobresaínte.
Eu nascín na primeira semán dun Marzal húmido, que lle van facer
Ante ese chamamento para o 12 de outubro (e outros antitéticos de mesma pero invertida índole) só cabe respostar cantando co vello Georges facenddo fincapé nas estrofas pertinentes:
A mala reputación
Au village, sans prétention,
J'ai mauvaise réputation.
Qu'je m'démène ou qu'je reste coi
Je pass' pour un je-ne-sais-quoi!
Je ne fait pourtant de tort à personne
En suivant mon chemin de petit bonhomme.
Mais les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Non les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Tout le monde médit de moi,
Sauf les muets, ça va de soi.
Le jour du Quatorze Juillet
Je reste dans mon lit douillet.
La musique qui marche au pas,
Cela ne me regarde pas.
Je ne fais pourtant de tort à personne,
En n'écoutant pas le clairon qui sonne.
Mais les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Non les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Tout le monde me montre du doigt
Sauf les manchots, ça va de soi.
Quand j'croise un voleur malchanceux,
Poursuivi par un cul-terreux;
J'lance la patte et pourquoi le taire,
Le cul-terreux s'retrouv' par terre
Je ne fait pourtant de tort à personne,
En laissant courir les voleurs de pommes.
Mais les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Non les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Tout le monde se rue sur moi,
Sauf les culs-de-jatte, ça va de soi.
Pas besoin d'être Jérémie,
Pour d'viner l'sort qui m'est promis,
S'ils trouv'nt une corde à leur goût,
Ils me la passeront au cou,
Je ne fait pourtant de tort à personne,
En suivant les ch'mins qui n'mènent pas à Rome,
Mais les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Non les brav's gens n'aiment pas que
L'on suive une autre route qu'eux,
Tout l'mond' viendra me voir pendu,
Sauf les aveugles, bien entendu.
Hoxe estou guerreira: parabens, Apicultor, gosto desa canción, gosto de Brassens e de todo o que di.
Señor Arumes, onde di "españa" poña "galicia"...o discurso é ben diferente, ¿ou non tanto?. Bicos en pé de guerra.
Eu tamén gosto das mozas guerreiras coma vostede, amiga Lule Fortune.
Para vostede a pertinente canción:
As mozas son guerreiras
Gracias, Api.
Que curriña esta Lula.
Apicultor,¿Qué lles da? Xa séi,aprendeu moito de Shakespeare...
Honey, amigo Xan, todo o honey que poido.
Joer,claro.E da colleita propia.Así calquera...
Mirade cómo se agarran as arañas (a miña abóa sempre decía "arañón").E non se marean...
araña contra destornillador
Mirade cómo lle afectan diferentes drogas ás arañas ó facer a tea:
Arañas drogadas
"Pasado mañá, 25 de xullo, os galegos e as galegas celebramos a nosa festa nacional.
O meu desexo é que este ano, por razóns que todo o mundo coñece, os galegos e as galegas celebremos de xeito especial esta festa.
Porque somos unha nación e queremos celebralo e deixar constancia de que nos alegramos.
Por iso imos honrar e exhibir o símbolo que mellor nos representa en todo o mundo:
-A bandeira que aprobamos en 1981.
-A que exhiben con orgullo a Selección Galega de Fútbol, a de Badminton, a de Tae-Kwon-Do junior e o Karpin-Galicia.
-A que cubre o féretro dos nosos mártires.
-A que saudan con respecto todos os altos dignatarios que nos visitan.
-O símbolo de Galicia.
-O símbolo da nación libre e democrática que formamos máis de dous millóns e medio de galegos e de galegas.
-A bandeira de todos e todas, porque nela estamos todos e todas representados e representadas.
Eu estou orgulloso de ser galego.
Sei que os galegos e as galegas tamén o están.
Por iso, pido a todos e a todas que, por encima de calquera diferencia ideolóxica, o 25 de xullo o manifesten con franqueza.
E que fagan algún xesto que amose o que gardan no seu corazón.
En casa ou na rúa, de forma individual ou coa familia e os amigos e as amigas.
Para que todo o mundo saiba o que os galegos e as galegas sentimos por Galicia.
E que sabemos proclamalo sen aspaventos pero con orgullo e coa cabeza ben alta.
E eu adiántome xa e dígolle a todos os galegos e a todas as galegas: ¡Feliz Día da Patria Galega!¡Feliz festa nacional!"
Anxo Quintana
Presidente Virtual da Xunta de Galicia
24 de xullo de 20..
Unha segunda versión do mesmo artigo (GALICIA HOXE 12-X)
Os bechos que nos rodean
MARCOS VALCÁRCEL
Son dos que seguen os documentais sobre natureza na televisión. Véxoos sempre que podo: polo xeral resúltanme relaxantes e aprendo moito. Non sobre os animais, que tamén, senón, sobre todo, sobre os seres humanos. Porque o certo é que calquera conduta humana imaxinada ten o seu paralelo nalgunha das especies naturais que enchen o planeta, como xa nos contou no seu día Konrad Lorenz (O anel do rei Salomón). Seica diso trata unha disciplina chamada Biónica, do moito que aprendemos, por exemplo, das formigas ou das abellas.
Esoutro día, nun deses documentais presentados por David Attenborough (cáeme ben simpático este home), soubemos dunhas formigas capaces de vivir nun formigueiro inundado cada poucas horas polas mareas: quen lles dera ós mellores técnicos en emerxencias atender o desastre dunha inundación coa planificación que amosaban estes simpáticos bichiños. E tamén vimos unhas perversas arañas que, tras copular co macho, o enredaban nos seus fíos para devoralo logo: que sentirá o macho nese momento? Os humanos tamén temos Abu Ghraib e Guantánamo, crueldades moito menos instintivas, creo eu.
E mañá falaremos da leoparda e do babuíno.
Publicar un comentario