13 oct 2007


Xornalismo.

Pan por Pan sábado 13 outubro. Imaxe de A. Saura.


Están estes días connosco un grupo nutrido de xornalistas españois: acoden a un encontro da FAPE con actos en Ourense, Celanova, Allariz e Ribadavia. Onte pasei boa parte da xornada con eles porque Luís Menéndez me convidou a falar na Casa dos Poetas de Celanova do xornalismo de Curros Enríquez. E moito falamos de comunicación: do panorama actual, dos problemas políticos e económicos da profesión, da distancia entre as Facultades de Xornalismo e a realidade dos xornais, etc. Todos os presentes, xentes que lemos moitos xornais ó día e algúns deles pesos pesados do medio. Como Fernando González Urbaneja, que nos contaba que hoxe no mundo o perfil dos xornais ven máis marcado pola calidade das súas columnas de opinión que pola información diaria ou pola liña editorial. Estou de acordo: un bo artigo de opinión pode ata mellorarnos o día.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Distancia entre as facultades de xornalismo e o xornalismo real cotidiano?.Se só fora no xornalismo...A Universidade é unha "turris ebúrnea",unha endogámica ínsula.