13 oct 2007


ENTRE HORTAS E PORTAS (14)
Lixeiriño (Xosé M. González)
(Foto: www.lugotur.com/rutas/fotos/marques.jpg)

“Agora con estes cacharros Lugo ten pinta de gran ciudá”. Mediando os anos sesenta estableceuse a primeira liña de autobuses urbanos, e segundo Javier conferíanlle á aldea grande (constatación local de habitual minusvalor) dinamismo como o experimentado os domingos no cinema; porque vivilo, ao mellor na Coruña ou rara visita a Madrid que fornecía conversa previa para quince días, e a posteriori situaba ao viaxeiro na primeira liña de preguntas, interese ou certo prestixio igual por outros quince.

Aquí, sobre todo, a xente andaba. “En Lugo chégase a pé a calquera sitio” significa arestora circunstancia afortunada, ou en realidade leva consigo nostálxico aceno de expresión obsoleta; pero daquela connotaba por veces o aldeanismo sentido como atraso. “Iso é máis vello ca andar a pé”, sentencia o topos. “O de andar parece unha cousa tan antiga...”, ironizaba certo amable mindoniense que me recollera en autostop hai trinta anos. O automóbil fascinaba, tamén en parte o ascensor -grande, elegante, de madeira- que poucas e vellas casas do centro adoitaban incluír no seu equipamento.

Aínda moita xente madura presentaba o perfil delgado e fibroso doutrora, o que se advirte en fotos vellas; haberá quen llo apoña a unha alimentación tirando a minguada, pero dubido que fose razón exclusiva: parte da culpa tíñaa o andar. Os rurais camiñaban deica a leira, facían a cava ou semente e retornaban como viñeran; non todos os urbanos tiñan obradoiro onda o dormitorio. E tal costume persistía superado o tránsito laboralmente máis activo: xa contei de miña avoa paterna. A tía Vicenta, concretamente, adoitaba subir ao camposanto das Arieiras, visitaba os defuntiños e volvía. De San Roque un descende ao río, cruza a ponte e agabea -quen coñeza ese treito igual non encontra inapropiado o verbo- pola vella estrada de Santiago ata a derradeira morada. Sobe, baixa, rezo, baixa, sobe; igual non falta moito para dez quilómetros, se non soborda, e a avoa daquela xa non facía noventa anos.

Nos seus relatos lugueses, un Fole autodiexético pasea abondo. Pode perfectamente, en abril e acabando o café da tarde, dar unha volta á Muralla, endereitar cara Ombreiro, cear alí e volver á cidade por Meilán; tamén come, madia leva (desa feita, troitas, tortilla de patacas, queixo, cuns xarrotes), e conversa. Aínda se imita a nosoutros -con máis vagar el, así e todo- cando no verán e día festivo iamos e volviamos do río; baixando mantenza na ida, volvendo coa bolsa baleira. Moito me incomodaba a min, demandante de autobús, que miña nai aducise a conveniencia de estirar as pernas “e a garganta”. Porque a costa desde a Tolda, polas Pedreiras e o Polvorín, vía no solpor de agosto rea de grupos, en abano horizontal, afirmando plenitude con motivos canoros do país, da cidade, do barrio.

“Por dicir viva San Roque,
prenderon o meu irmau.
E agora que o soltaron,
Viva San Roque e o can”.

A perda de camiñar non foi privativa de lugueses; nin o son problemas metabólicos e acumulación adiposa. Aínda que a locomoción veloz ameace con volver anécdota o homo viator, peso e brandura chaman o ser humano cara ao vello camiño. E cando encontra polo Rato, estrada de Ombreiro ou Duquesa de Lugo -rutas vixentes do colesterol- corentóns ou cincuentóns de cara arrubiada, con carga de roupa e paso forzado, un cavila que igual era preferible, hai anos, persistir no deporte. Ou lembra o Paco Martín, resolto defensor da actividade disque natural, andar, xa que el non é propenso a máis vigoroso movemento: canto a exercicio ambulatorio, conste, e non doméstico. Libre me vexa de inducir furor magistri por sospeita de falsa imputación que declaro formalmente refugada.

68 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

En primeiro lugar, unha nova felicitación. En segundo lugar, foi ver aos Tigres del Norte? Conte, conte.

Anónimo dijo...

Pois cóntolle pouco, dado que tiña unha cea de amigos de hai trinta e cinco anos que xa debe levar (a porpia cea) como dez anos celebrándose.

"Los tigres": segundo prensa, cheo a varrer na praza nova de Ramón Ferreiro; concerto case á carta, atendendo peticións e aceptando dedicatorias. Segundo alguén achegado que viu unha parte do concerto (debeu durar tres horas ou así): cantan coma "grillos cebolleros" (sobre todo un deles) e medio botellón, como mínimo, andaba por alí.

Hei preguntar polas letras conflitivas, pero en principio non se debe falar moito diso.

Anónimo dijo...

Non se fala nada por aquí sobre narcocorridos; a posta en escena dos tigres, polo visto, era traxe branco, lentelloulas prateadas e movemento polo escenario. A calidade musical, segundo varis fontes, máis ca discutible; grande animación do respectable. Son simple transmisor de información allea.

Onte acabou o programa; hoxe pechan as barracas; as casetas do polbo quedan ata a fin do mes. Despedín e saudei no nome dos ausentes e saudosos. Viva San Froilán!

Anónimo dijo...

Van todos para a do marisco. Amigos do Salnés non recordan tamaña cantidade de xente. As colas pola autostrada cara Ogrobe seica foron de antoloxía. Agora ben: debe estar Galicia toda petada, ata a bandeira (que bandeira?). Onte polo Morrazo, non había localidades.

Anónimo dijo...

Crónica sobre os famosos tigres: inclúe máis datos e ten xeito.

Anónimo dijo...

A ver se agora sae a crónica.

Anónimo dijo...

Non entendo o que pasa. A páxina é: http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/10/14/0003_6225907.htm.

Anónimo dijo...

Inténtoo por última vez. Se non sae, búsquese na web www.lavozdegalicia.es; sección de Galicia, local de Lugo, título "Unos felinos muy domesticados".

Anónimo dijo...

X.M.González Saavedra: Xa lle deixéi na panadería "Migas" os libros prometidos.O de "el genio..." seguro que lle vai gostar.O de "Fonética" ten un planteamiento bastante cientíco,pero penso que hai capítulos que poden interesarlle.Añadín un que andaba pululando pola bibiloteca dende anos,"Lingüística Matemática".Penso que debería chamarse mellor "Matemática Lingüística".Trata de aspectos quizáis demasiado abstractos pró seu gusto,e máis propios de lenguaxes artificiales como os de programación informática.Agasállollo un 50% en serio,porque sí que pode gostarlle algún capítulo, e un 50% de brincadeira,prá reconcilialo un pouco coas matemáticas que o fixeron ir por letras...
Tamén lle deixéi un exemplra do xornal local "La Región" de hoxe,có artigo de Marcos nunha das últimas páxinas,pra que teña lectura dominical ourensá.

Anónimo dijo...

Por certo,qué bó tempo en Galicia todo o puente.Eu percorrín as catro provincias de festa en festa,boda en Sanxenxo incluida.O malo foi que en Lugo á miña dona gastóu o diñeiro que tiñamos pra comer o resto do més en bolsos de marca de imitación comprados a senegaleses nas barracas.Espero que non me corten o acceso a internet por falta de pago,pra poder leer os seus comentarios...

Anónimo dijo...

E,por certo,X.M.González.Mire se o aprecio bén,que me gostaría moito que lle tocara o décimo de lotería de Nadal que sen dúbida xa compróu na panadería "Migas"...

E xa esquecía agradecerlle a Xaime os seus impagables e precisos informes sobre viños e tapas en Lugo...Un par de copas especialmente sabrosas foron pola súa "rica saúde",como dín os portugueses cando piden algo por favor.
("¡Pola túa rica saúde,fai tal coisa...!")

Anónimo dijo...

Voume poñer ciumento, amigo Xan da Coba. A min non me regala nada!

Anónimo dijo...

Agora mesmo acabo de recoller o presente, da Coba. Moi agradecido por todo, e o xornal será lido puntualmente mañá, non importa que fóra de día.

Xa a miña parenta me falou dun bolso de coiro, espuria marca de sona, por cincuenta e cinco euros; non o mercou, pero gustar gustáballe.

O dos postos dos negros é algo ben rechamante no San Froilán; e o dos manteiros (pon manta, vén a policía, saca manta, pon manta) un espectáculo. Iso si, o comercio que paga impostos debe andar, con razón, algo doente.

Reitero o agradecemento, da Coba, que leva plus igual có seu regalo.

Anónimo dijo...

Pois a min, eses comerciantes que pagan impostos (a maioría por deibaixo do que cumpriría escrupulosamente) tráenme sen coidado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

900.000 visitantes no san Froilán. 250.000 só no día das mozas, segundo Coty Burgos, a intelixente e encantadora concellala de Cultura de Lugo (chiscadela para Saavedra, por se entra ao trapo). Onde meten vostedes a toda esa xente? O que me chamou a atención da pobre crónica de EL PAÍS sobre os tigres foi que toda a xente procedente de latinoamérica enche estes espectáculos. Estamos, pois, diante dun fenómeno interesantísimo, que creo os responsables de cultura do concello de Lugo souberon ver de forma extraordinaria (nova chiscadela).
Viva o san Froilán, o de Lugo e o de León.

Anónimo dijo...

E o Froilán da Real Family que? Non nos esquezamos do próximo Rei da Galiza independente!

Anónimo dijo...

A Coti, Arume, que é ben elegante, non me chista como xestora e non lle é por razón estritamente partidaria; xa supoño que foi compañeira súa, pero algún día igual temos vagar para o comentario. Os números non sei se non andarían algo desbordados, porque o certo é que o Domingo das Mozas pareceunos aos da casa que había menos xente ca outros anos (habendo, quede claro, multitudes inxentes). A crónica de La Voz (supoño que se confundiu, Arume) toca en efecto cuestión relevante, a da presenza notoria de veciños con orixe hispanoamericana; pero direille que hai cinco anos viñera o mariachi que acompañaba (en paz estea) a Rocío Dúrcal, era un gran mariachi e o Campo do Castelo rebordaba de xente, ambiente boa música: unha cousa non quita a outra.

Onde metemos a xente? Entre a Praza Maior e o fondo das Costas do Parque é un fervedoiro; ver o panorama desde enriba dalgunha das atraccións altas é realmente un espectáculo. As reservas de hotel rebentan a oferta; e aínda quedan parentes lugueses que convidan.

Os renovos da familia Borbón e Grecia este ano non viñeron; aínda ben, que o ano que apareceron ata o desfile do Traxe Galego lles fixeron en español, non fose o esforzo ser excesivo. Cando nacera o neno, o BNG municipal pedira, entre outras cousas que aprendese galego; sería un detalle, outros que sei eu aprenden catalán seguro, coma seica a nai.

Anónimo dijo...

Foi en EL PAÍS a crónica, seguro: a da Voz non a lin.
Coty foi compañeira miña, en efecto, pero o comentario foi brincadeira porque non sei nada da súa xestión, agás unha discusión de altura entre os dous membros dunha parella luguesa que rifaban (coas risas naturais dos que escoitabamos os argumentos) sobre quen tivera a culpa naquela "folga" das barracas de hai un par de anos, con Coty polo medio.

Anónimo dijo...

Xa entendía que era comentario amistoso, Arume. Da xestión falamos outro día, que habería abondo comentario -en relación con aquel absentismo de barraquistas, por exemplo- en relación con uns (gobernantes) e outros (opositores). Canto á crónica, pensei que se refería ao enlace que poño máis arriba (onde di"última vez"), que é de La Voz e igual lle interesa. Vou agora mesmo ler a de "El País".

Anónimo dijo...

Voulle decir unha cousa,X.M.Glz.: Se o senegalés pedía 55 euros,pode compralo sen ningún esforzo por 34 euros,máis ou menos.

A fórmula é: Se lle pide 100,vostede ofrece 50 (a metade).A medio camiño,75.Ese é o prezo que él pensa desde o principio.Pero vostede tampouco pode ofrecelo desde o principio anque o coñeza,porque a media aritmética faise entre o que dí él e o que dí vostede.Máis ou menos así facíase nas feiras có gando...

Na lingua de Senegal, ese "regateo" chámase "waaxale" (pron.uáajalé),da mesma raíz que "waax" ("charlar").

(A miña dona conseguíu os bolsos máis baratos tras comprobar,asombrados,que eu falaba con serta soltura a súa lingua)

Anónimo dijo...

Fala wolof, da Coba, realmente? A quen me abraia agora é a min, e ao respecto xa non desboto nada de aquí en diante.

lourixe dijo...

Que me perdoen as súas donas, señores, pero os bolsos máis bonitos de todos os San Froiláns sempre foron uns de coiro bordados de vivas cores, moi étnicos e orixinais, que vende un pakistaní no recanto próximo ao Colexio de Arquitectos. O moi pillabán creo que xa me coñece, porque cada vez que me ve súbelles os prezos. Teño que aprender de vostede técnicas de "waaxale", Don Xoan da Coba.

Anónimo dijo...

Lourixe,as claves tamén llas pode dar unha escea da "vida de Bryan" na que un mercader lle ensina ó protagonista a facelo bén.

Nós,coma consumidores últimos,xa non regateamos,incluso nos molesta.Fanno por nós,nons diferentes nivéis loxísticos,os xefes de compra e venta das empresas que ligan productores con consumidores.
Pero os nosos abós aínda o facían,nas feiras.A verdade é que esa xente extranxeira da que falábamos mantén vivas as nosas feiras tradicionáis,incluso nese aspecto

Anónimo dijo...

Vóulles contar unha historia real que me pasóu.Foi o momento en que máis orguloso me sentín,a soas conmigo mesmo,de coñecer un pouco desa fermosa língua wolof.

Estaba nunha cidade castelá,agardando o cambio de cór dun semáforo pra cruzar unha rúa ,desas nas que os autos circulan nún sólo senso.
De repente,vexo enfronte unha neniña de raza negra,rindo i escapando dá nae a toda velocidade,a punto de cruzar có semaforo bermello.Xa saben,cando teñen máis ou menos dóus anos ,que se votan a correr de repente pra que a nae as persiga.Soupen que eran de orixe senegalés polos rasgos i as características vestimentas femininas.
A nae berráballe i ela non facía caso.Cando estaba a piques de atravesar enfronte a mín,entre os autos,berréille :"¡Taxawal!" (pron.tájauál).

Creo que foi en "El retorno de los brujos" onde lín que o terror sería oir falar unha planta enredadeira.A cariña da nena reflexaba ese terror .Na súa cabeciña,algo do seu incipiente modelo do mundo se derrubóu.¡Un blanco ("Tuubab") decindo aquelo! Paróuse en seco,e xa a nae a colléu.A nae non oíu o que eu dixen.Colléu a rapaza e marchóu con ela no colo.A neniña seguía mirando cara mín,con ollos moi grandes,caladiña sen chorar,porriba do ombreiro da súa nae,mentras se alonxaban pola outra acera.

Cando a nena medre e lembre aquelo,pensará que soñóu desperta,que sufríu unha "imaxe eidética acústica".Se é relixiosa,pode pensar que o seu Deus lle fixo berrar a un home estrano unha verba incomprensible pra él,pra salvarlle a vida...

Taxaw(Pron.tajáu): Estar de pé,poñerse en pé,deteñerse en seco (persoa ou vehículo),ser "bó mozo" (ingl."handsome"),estorbar no medio do camiño,...
¡Taxawal!: ¡Detente! (-al:imperativo) (¿Sería esa a verdadeira verba de Deus a Abraham?)

Anónimo dijo...

Vaia.Dou máis sensos eu que a wikipedia XDDDDD:

TAXAW

Xaime dijo...

Oiu, Xan, vostede que ten moito mundo, sabe onde se pode tomar un viño en Riga, que marcho mañán e quería impresionar os meus acompañantes.
Graciñas por adiantado a quén me resposte.
Quen queira algo de Letonia que non seña moi engorroso traelo que mo indique, co permiso do patrón da Casa.

Anónimo dijo...

Deseguro teño moito menos "mundo" que vostede,Xaime.O mundo,o demo e a carne,góstanme bastante,pero non teño moito de ningunha das tres cousas.
E non,non séi onde tomar un viño en Riga.Pero xa vostede nos informará cando volva,ou xa dende alá.

Anónimo dijo...

Sama xarit X.M.González am na ligeey lu bare.Gëj na bind fii.

(O meu amigo X.M.Glz tén moito traballo.Fai tempo que non escribe eiquí)

Anónimo dijo...

Parece máis wolóf ca letón, ¿non, da Coba?

Non encontro sitio adecuado noutro fío. Aínda que presumiblemente quedarán só un par de días para opinar -se alguén quere facelo- póñoo aquí. Falta de tempo si, tamén cabeza cargada.

Anónimo dijo...

(Sí,amigo,Glz.É wolof.Xarit (pron.Jarít),p,ex.significa "amigo"."Amistad" diríase "xarit-xarit".Constrúen os termos abstractos repetindo DÚAS veces a verba concreta.¿Non é curioso?)


Parece ser que esto é Europa,amigo Saavedra.Ou,pelos vistos do seu escrito,xa é máis que Europa.E vostedes,mestres,polo que se ve,están á vangarda da súa construción.

Xaime dijo...

Saudos para todos dende Riga, capital de Latvia (Letonia).
Estamos un cuantos da Terra Cha mezclados con xente da Facultade Politecnica de Lugo, co Alcalde de Manchester, con xente da Baixa Saxonia e suecos -e suecas- con letons dentro do programa ENMaR, que sae da Directiva Marco da Auga.
Danme saudos para todos vostedes.
Un tempo fenomenal para a tempada na que estamos e por dicir verdade o vino e bastante ruin.
Este aparello non ten ni enes sin acentos.

Anónimo dijo...

Sexa ben recibida a súa mensaxe, pero se está por aquelas estepas ou chairas por unha directiva da auga: que fai, logo, bebendo viño? Probe vodka, que debe de significar auga en ruso, ou non sir da Coba?

Anónimo dijo...

Hein?
Escríbese (cirílico) BODÁ.Lése algo parecido a badá.Có Visto e Prace de X.M.Glz.,claro.

Anónimo dijo...

Referíame á auga,claro.Sen bendecir,que bendita non séi cómo é.

Anónimo dijo...

Pois resulta unha Europa, da Coba, para o meu gusto bastante cutre e charramangueira. Non soubese eu algo de inglés -circunstancia un tanto irregular entre o profesorado de secundaria- e habíalle dicir o que a rapaza sacaba en limpo na miña clase. E aínda así...

Por certo; a ver que lles parece a improvisación urxente, un cuarto de hora e algo de dicionario:


BLACK SHADOW

If I think you are left,
black shadow that covers me,
besides my pillow
come you back with mockery.

If I imagine you are left,
you show yourself in the same sun.
And you are the shining star,
and you are the buzzing wind.

If they sing, that's you singing.
If they cry, that's you crying.
And you are the river's murmur,
you are the night and the dawn.

You are in everything, you're everything
to me, and in me you dwell.
And you are never leaving,
shadow, covering me forever.

Isto é o que lle obrigan a facer a un, coas súas improvisacións; ou o que sexa.

Xaime dijo...

A bebida nacional letona, nacion que estivo baixo dominacion alemana durante tres seculos e a cervexa que se decanta por bidons.
Riga, capital de Letonia, ten unha poboacion de 60% rusos e 40% letons, non asi o resto do pais no que se invirte a porcentaxe.
Ainda que o idioma oficial e o leton a comunidade rusa ten prerrogativas tan importantes como que elixe o 40% do parlamento letonio e posue e ten, por tanto, vida paralela a oficial.
Segundo me comentan os letons non ollan moi ben que o seu goberno lles financie, educacion,vivenda, saude pero tamen me indican que estan maniatados pola chantaxe do goberno ruso que en calquer momento lles pechan a chave enerxetica e morren de frio, asi como que hoxe practicamente en Letonia existe un mercado negro de capitales procedentes de Rusia asombroso, baste ollar os bugas que se gastan, Lanborghini, Mercedes, Porsche, Ferrari, ultimos modelos e cada cal mais grande e voluminoso.
Seguirei informando.
Por certo hai un red wine chileno, tipo cabernet sauvignon decente

Anónimo dijo...

Bells of Bastabales
when i hear you to play
i'm dying of loneliness.

Good bye rivers, good bye mountains,
good bye little brooks, good bye view of my eyes,
I don't know when we meet together again.

Anónimo dijo...

Good bye, fountains, I presume.

lourixe dijo...

Sr. X.M. González, eu a Negra Sombra teríaa traducido deste outro xeito:
When I think you are gone,
dark shadow that I wonder of,
besides my pillows
you show up making a fool of me.

When I believe you are away,
you turn out in the same sun,
you are the shining star,
you are the blowing wind.

If they sing, it is you singing,
if they cry it is you crying,
you are the whisper of the stream,
you are the night and you are the dawn.

You are everywhere and you are everything
for me and within myself you live,
you'll never abandon me,
shadow that always wonders me.

lourixe dijo...

"Come on, pals!
The whole Earth belongs to men!
That one who's only seen his own land
is rotten in ignorance.
Come on! God helps those that dare!
And though we leave Galicia behind,
see when we are back
how much oaks will be then grown!
Tomorrow is the day, set sail, old friends!
May God help us tomorrow!"
The face shows happiness,
the heart works hard,
and the beautiful bell of hope,
far away tolls for the dead!

Anónimo dijo...

O "The whisper of the stream" case mellora o orixinal. Noraboa, amiga Lourixe.

Anónimo dijo...

Pois non sabe o que llo agradezo, porque mellora a miña urxente e rudimentaria versión. Debo dicirlle porén que non comparto a interpretación de "asombras" (máis ben sería "cobres de sombra" ca "abraias"); o uso de "turn out" por "amostras" desconcértame (quizá "turn on" nun sentido algo forzado?); e prefiro "forever" no último verso, en correspondencia co "never" do anterior.

Con todo, se non ten nada en contra, posiblemente utilice a súa con algunha modificación.


Arume, por certo... Que lle parece

Farewell rivers, farewell sources?

Anónimo dijo...

Por certo que fai lembrar a Wordsworth. The whisper of the stream.

Anónimo dijo...

So long, rivers, so long fountains
parece máis country. Pero a súa non está nada mal. Hai que ver cuestións fónicas e iso levanos aínda máis tempo.

lourixe dijo...

Por favor, Sr. González, pode Vde. usar as miñas elucubracións mentais para o que goste. Se precisa de mais axuda, supoño que coñece vostede este diccionario on-line
No inglés oral ao que estou acostumada, "turn up" ten a equivalencia a mostrarse, dar unha apariencia que non se agardaba, por iso empreguei esa expresión que non sei se é moi literaria.

lourixe dijo...

Acabo de ver que na traducción do poema escribira "turn out", cando quería pór "turn up" (estes "phrasal verbs"! :-P )

Anónimo dijo...

"Turn up", non "turn out", si que me leva xeito. E grazas pola licenza.

Anónimo dijo...

You turn out IN THE SAME SUN?

Non séi se ese é o senso...

You turn out in the sun itself?

Non sei,dotores hai por eiquí...

Anónimo dijo...

Farewell to rivers, farewell to streams,
farewell to little brooks
farewell to everything I look at,
I do not know when I shall see you again.

Moit boas traducións, Lourixe.

Anónimo dijo...

My homeland, my homeland,
the land where I was raised,
the orchard I loved so much,
the little fig trees I planted.

Terra a nosa!

Anónimo dijo...

Hai máis versiós en youtube,pero ésta é a boa...

esta terra é a túa

Anónimo dijo...

Cheer up, comrades!
All land belong to Man;
those who have only seen their own
are eaten up by ignorance.
Cheer up! God helps those who are on the move!
Though we are now far away from Galicia,
just wait and see, once we are back home,
how much the oak tress will have grown.
Tomorrow will be a grand day! Let us set sail, dear friends!
May God help us tomorrow!
A happy countenance,
a brave heart,
a harmonius bell full of hope
far away, tolling for the dead!

Anónimo dijo...

E claro, da Coba, que ao ser enfático é "itself". No meu descargo reitero que foron quince minutos, antes de entrar na clase e consulta veloz ao dicionario. Pero a miña nova alumna recibirá, hoxe mesmo, a nova versión mellorada por vdes.

Aínda que ben que redes, pois polo ministerio...

Anónimo dijo...

E,xa postos,fágalla oir:

Black shadow

Anónimo dijo...

Hai que recoñecer, amigo da Coba, que Ry, Carlos e Luz están realmente soberbios nesa versión.

Anónimo dijo...

ESta foi a definitiva. A destinataria xa a ten.


BLACK SHADOW

When I think you are gone,
black shadow that covers me,
besides my pillow
you show back with mockery.

When I believe you're away,
you turn up on the sun itself.
And you are the shining star,
and you are the buzzing wind.

If they sing, it is you singing.
If they cry, it is you crying.
You are the whisper of the stream,
you are the night and the dawn.

You're everywhere and you're everything
for me and within myself you dwell.
And you'll never labandon me,
shadow, covering me forever.


Por certo, o programa debe ser certamente de elite: a rapaza xa vai entendendo cousas e pregunta por palabras galegas.

Anónimo dijo...

Perfecta,X.M.Glz,plas,plas.Só non remata de convencerme o "whisper" do stream.Probe ripple.Se quere,claro.

Anónimo dijo...

É que o "whisper" paréceme demasiado "animista",pero xa lle digo,non me faga moito caso.

Anónimo dijo...

Boeno,ó mellor a Rosalía gostáballe máis "whisper" por aquelo de "...de mí murmuran y exclaman,ahí va la loca,soñando,con la eterna primavera de la vida y de los campos..."

Anónimo dijo...

Just as I thought you were gone,
black shadow that shadows me,
you return to my bedside
to make fun of me.

Just as I imagined you had fled,
you show up in the sunlight itself,
and you are the twinkling star,
and you are the howling wind.

If they sing, it is you that sings,
If they weep, it is you that weeps,
and you are the murmuring river,
and you are the night and the dawn.

You are everywhere and in every thing,
You dwell in me and for me;
you will never leave me,
black shadow that shadows me

Anónimo dijo...

Correción:

in the sunlight itself > in the very sunlight.

Anónimo dijo...

Joer,esta sí que parece boa.Un pouco menos no literal,pero máis no "esprito".
Plas,plas,ulmeiro.É vostede un xenio,coma Einstein que nacéu en Ulm...
Agora xa só falta que alguén consiga a rima...

Anónimo dijo...

Aínda que xa rima bastante,a de r.ulmeiro...

Anónimo dijo...

Ainda que,no de "make fun",case prefiro o de "mockery"
Ídesme volver máis tolo do que xa estóu...

Anónimo dijo...

Aquí haille moito perfeccionista, da coba. Moito cu estreñido que nunca está contento con nada. Eu envexo o seu "laisser faire", a súa bonhomia.

Anónimo dijo...

Unha pega a esta última tradución: "me" en final de tres versos (posición de rima) na última estrofa.

Ora ben, a adaptación xeral é, sen dúbida, un achado. Xustifico "mockery", que xa a Lourixe eliminara, con base en dous argumentos: supoño que é expresión máis do rexistro formal e literario ca "making fun of"; segundo, a rima, facendo aguda a palabra ao estilo inglés clásico.

Anónimo dijo...

O poema de Rosalía foi escrito en galego no século XIX. Iso non quere dicir que teñamos que traducilo ao inglés do século XIX.


You are everywhere and in every thing,
For me and in me you dwell;
you will never leave me alone,
black shadow that shadows me

Anónimo dijo...

Vaia,R.Ulmeiro.Póñase en contacto coa "Oxford Bookworms" e ofrézalle os seus servizos de tradutor.