axenda: presentación do libro A FENDA DIXITAL E AS SÚAS IMPLICACIÓNS EDUCATIVAS e da REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN. Mércores 21 novembro, 19,30 h. na libraría Torga.
Participarán Xesús Rodríguez, Xosé M. Cid e Domingo Docampo.
Organiza Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) e Nova Escola Galega.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
2 comentarios:
En vez de investir en educación, en investigación + desenrolo e en cultura, os nosos gobernantes de aquí e de Madrid seguen o modelo "tocho"/tixolo. Vexan estes días as declaracións de Touriño-Quintana sobre os proxectos do bipartito...
O caso non é "formar" cidadáns senón "construír": mega-pazos de congresos (baleiros case todo o ano), autovías cara a ningures (cara a parques empresariais ermos?) e mega-cidades da burremia.
Para educar, televisión a eito (e se é en español, mellor que mellor) e moitos milloncetes de axuda para os colexios "concertados" (os que concertan os estudantes que eles queren admitir). As universidades galegas, á cola das do estado. Os índices de lectura e de uso de internet máis baixos do estado.
Eso de que as universidades galegas están á cola do estado é moi discutible e, para mín, unha mentira mentireira. Onde se viu tamaño botellón (san teleco) coma o da Uvigo de 8000 persoas e 22 comas etílicos nun tempo récord e ademáis apoiado por varias empresas líderes do mercado (como DYC ou Estrella Galicia: seica o famoso I+D+I) e polo Vicerreitorado de Expansión Universitaria e Destilantes? No cumio, amigo, no cumio do ránking!
Publicar un comentario