Última hora: Manuel Vilariño, premio Nacional de fotografía 2207
A nova en Galicia Hoxe.
Ademais, soubemos de fontes ben informadas que no Premio Nacional de Comic, que gañou o catalán Max (Francesc Capdevila), quedou de finalista o debuxante ourensán David Rubín. Noraboa ós dous.
A nova en Galicia Hoxe.
Ademais, soubemos de fontes ben informadas que no Premio Nacional de Comic, que gañou o catalán Max (Francesc Capdevila), quedou de finalista o debuxante ourensán David Rubín. Noraboa ós dous.
4 comentarios:
Parabéns aos gañadores.
*********
Canta razón ten, ás veces, Don Alfredo:
De sestiñas e escritores
20.11.2007
ALFREDO CONDE
Acabóuseme a lectura. Non fun quen de dar cabo a unha novela das que se fabrican por eiquí, en tan alargado e metálico país, e que tan ben disposto comencei a ler; tan tediosa me resultou, tan roma e gris, tan, tan, tan?, que acabei campaneando e botando unha sestiña que moito agradecín.
En ocasións as sestas son deliberadas, desas de arrimar a cabeza a unha orelleira do sillón, pechar os ollos e se deixar ir. Pero noutras é unha sensación de entrega que che vai inducindo pouco e pouco á rendición. Esta da que falo foi así. Cando acordei era outra a luz, outra era pracenteira sensación que me invadía, outro era o humor e outra a decisión tomada. Xa non a leo máis, díxenme. E así ata agora.
Cando un non ten nada que dicir, cando un non ten unha historia que contar, millor é que se quede calado e que non amole ó persoal. Posto que hai moitos que non o conquiren, cándo resulta así e por qué resulta que os hai que non se dan calado? Pois, coido eu, que resulta así cando as gañas de ser escritor son maiores cas gañas de escribir ou que a capacidade de facelo. Decididamente ten que ser así. Unha novela pode ser boa ou mala, sair millor ou pior pero, a máis do oficio, ten que ter unha historia dentro. Se non hai historia non hai novela e, se non tes historia, non te poñas a escribila. Agás que o que pretendas, que o que busques sexa, en troques do gozo de escribir, a sensación de ser escritor: a leonada cabeleira ou a bolsiña esa que levan algúns en bandoleira, calqueira símbolo de identificación autorizado, eu qué sei, barba de tres días e olleiras de durmir pouco.
Non hai que se preocupar. Hai xente que quere ser pintor, en troques de vivir pintando; músico en vez de compositor ou interprete; actor en lugar dalguén que ocupe territorios conceptuais que non lle son os propios e que, aínda por riba, é quen de nolos describir ós demáis, dibuxando a xeografía mental que abrangue tales territorios, facendoo por medio do xesto e da palabra, da conxunción da voz e duns rexistros ocultos que só eles saben tanguer do xeito necesario.
Pero isto do que falo é a condición do artista, o sine qua non da arte, algo que sempre afectou a moi pouca xente entre os mortais. Quizáis hoxe haxa demaseados, ou tal parecería ás veces, algo que non se me antolla moi posible. O que si é máis probable é que haxa moito artista de matute, con todo o dereito a selo, pero de matute. Ou tal se me ocorre a mín pensar, eiquí, ó pé dos Andes, logo de botar unha sestiña cerimoniosa e lenta, logo de intentar ler as desventuras dun rapaz que non coñezo, que vai de escritor, algo que pesie ós seus esforzos parece ser condición que non lle quixo dar o ceo. Ó millor daba un avogado grandioso.
ac@alfredoconde.com
"Eres o que fas"
Parabéns a Vilariño, un fotógrafo-artista excelente, autor dunha obra única e absolutamente persoal.
Rubén Ruibal en literatura dramática e Manuel Vilariño en fotografía. Dous premios nacionais (póñanlle aspas, se lles gusta máis) de cultura a dous galegos que viven en Galicia, que aquí traballan e crean. Non está nada mal, ¿non?
Publicar un comentario