18 nov. 2007

Concerto en Compostela (de Apicultor)

Pois non supón ben, señor X.M. Gzez. : o concerto non foi grandioso. Correcto, aceptable, ben, pero non memorable.
Sae Camané: sobrio, frío, moi frío, profesional, canta sen apenas falar á concurrencia. Chega logo Mariza: voz prodixiosa e presenza incomparable sempre, e fai gala do seu encanto, mais faltoulle a paixón que lle vin derrochar a mans cheas, xenerosa, algunha outra vez si realmente memorable. Finalmente, Carlos do Carmo: senior, todo un cabaleiro, cerimonioso e elegante, curtido en tabernas e palacios; a voz xa non lle é a que foi, pero suple a carencia cunha máis que extraordinaria simpatía, que se agradece, e moito, polo respectable, quen o acompaña seguindo as súas indicacións. A coda é unha canción a pelo e a tres, entre o patio de butacas. Polo demais, un séguese preguntando que c... pintaba alí, entre eles, un bailarín carente da máis mínima creatividade saíndo a danzar, repetitivo e diría que patético, de cando en vez.
O Auditorio, repleto. O concerto, xa dixen, correcto, aceptable, pero non quedará indeleble na memoria. Touriño a quince metros dun, relaxado e sorrinte, e imponente Audi e chófer á mesmisima porta. Entre o público, outros famosos da política e da universidade: Bugallo, o alcalde; Petene, o da cociña das enquisas de Presidencia, gordísimo; Suso Seixo, o secretario xeral da CIG; Herminio Barreiro, o profesor de Educación; o catedrático de economía Xavier Vence e sra., Alba Nogueira, de Dereito Admnistrativo; etcétera.
Merquei no stand, o CD da película "Fados" de Carlos Saura, de estrena estes días; agora mesmo concluíu, precisamente. Depois, un chocolate quente con almendra, na parte vella. Ía bastante frío. (Quero deixar constancia do meu agradecemento a un bo amigo meu e de todos vostedes, que tivo a xentileza de agasallarme con dúas entradas das boas. Moitas grazas)

53 comentarios:

apicultor dijo...

Vaia, non sabía que me ía poñer en primeira páxina, Valcárcel. Se o soubese comezaría doutro xeito (así, descontextualizadamente, queda raro) e coidaría máis a redacción. Grazas por tan inmerecido honor (pero estaría ben que puxera os mesmos puntos e aparte do orixinal).

Xohan da Coba dijo...

Góstame a súa independenza de pensamento,Apicultor.O políticamente correcto sería decir que estivo xenial e bla bla bla.

Eu,ás veces póñolle discos novos a amigos méus e pídolles a súa opinión.O primeiro que fan é preguntarme quén é (unha maneira de saber o que teñen que opinar).Eu digo:non importa quen é.Xuzga a música.Se non saben quén é,non saben qué pensar.Outras veces dígolles que é alguén diferente a quen é en realidade.Opinan en consecuencia.Cando lles digo quén é realmente síntense "pillados".Imaxino que coa literatura e a pintura pode pasar algo así.

apicultor dijo...

Grazas por tan inmerecidas palabras, amigo Da Coba.

Que o concerto non chegase a entusiasmarme quizais se deba a que poño -cando de fado se trata- o listón da esixencia moi alto. Seguro que gran parte do público non opinará o mesmo, e tamén ten a súa parte de razón.

Polo demais, aplaudo a idea de promover e celebrar actos deste tipo por parte das autoridades autonómicas, que serven para dar a coñecer Portugal ente nós. Mágoa que, como dixera Saavedra, estes non se fixesen tamén noutras localidades.

Quedaron varias anécdotas no tinteiro, pero non quero cansalos coa miña perorata.

arume dos piñeiros dijo...

Conte quen lle deu as entradas, por exemplo. Esas anécdotas, please, tamén.

apicultor dijo...

Pois un bo amigo que, tendo conseguido para el dúas entradas, e sabendo da miña querencia polo fado, tivo a ben renunciar a elas e cedermas para o meu solaz e disfrute.

Xosé M. González dijo...

Nos últimos doce ou catorce anos tiven ocasión de ver aquí tres notables concertos fadistas; sempre polo San Froilán.

O primeiro foi sendo alcalde García Díez: Mísia; non lembro, pero non habería cincocentas persoas, entre elas o propio alcalde. O lugar (a nave, con boa acústica, chamada "Auditorio Gustavo Freire") igual tivo algo que ver na relativa escasez de concorrencia. O concerto, cálido, próximo ("É para min uma sorte poder falar a minha língua", levaba xa varios concertos en xira española), revelador.

No 2000, Camané. Foi un día de diario -a afluencia baixa moito-, pola noite, na Praza de Santa María, e habiamos ser uns douscentos. Como di o Apicultor. "Boa noite, espero que gostem do meu fado"; aceno de pasar algo de frío, concerto correcto.

No 2004, Dulce Pontes, un dos días grandes, o 12, e dos concertos máis destacados; arrasou, xaora, el ben di que os galegos conforman o seu mellor público. No seu estilo, a min gústame, xa sei que non a todos.

Hai público para o fado, e para o portugués en xeral. Haxa quen promova, e que a cousa vaia a máis.

Elianinha dijo...

Eu, ignorante neste xénero, goceino moitísimo. Igual é porque non tiña eses referentes para comparar. Si coincido co dito sobre a actuación de Camané, pero as outras dúas foron certamente emcionantes para min. Haberá que ir a máis para poder ter unha perspectiva máis crítica.

saúdos

Anónimo dijo...

Gustariame moito, Elianinha, coñecer a súa opinión sobre a pertinencia e cualidades do bailarín de marras. Mariza aínda lle seguiu algo o xogo, pero a cara pétrea de Camané ollando para el era todo un poema á desolación.

oxímoro dijo...

Apicultor adoita ser moi bo crítico, tamén en literatura, cónstame. Sinto non ter estado alí.

apicultor dijo...

Botei unha ollada por se a vía, Oxímoro.

Elianinha dijo...

apicultor, veño de escribir unha -demasiado extensa- reflexión sobre o bailarín como resposta ao que me escribíu no meu blogue.

apicultor dijo...

Grazas, xa lle constestei alí. Pero pode poñer, se quere, tamén aquí os dous posts, o seu e o meu.

Xohan da Coba dijo...

Seguro que gorentóu fados no S.Froilán,XMGlz.Pero coincidirá comigo en que non hai coma escoitalos nos pequeniños restauráns da Alfama ou do Chiado...

Isildur dijo...

Home, apicultor, aplíquese o conto aquel de van Gaal: "nunca positivo, siempre negativo"... Un fado sempre é un fado. E unha viaxe a Compostela cun chiculatiño quente na parte vella ben vale unha misa.

apicultor dijo...

Home, se quedar quedei moi contento de ir unha vez máis a Compostela, e non só polo chocolate e o concerto que, xa dixen, foi correcto.

Deitei ás dúas da madrugada nun hoteliño ben coqueto e logo, ao día seguinte pola mañá e antes de voltar a miña localidade, fun a Follas Novas e merquei un libro: Carlos Taibo (dir.), Nacionalismo español: esencias, memoria e instituciones, Madrid, Los Libros de la Catarata, 2007, que contén traballos moi recomedables, entre eles dous de X.M. Núñez Seixas e un de Ramón López Facal.

Se aínda non o coñece, anímolle a que o lea, Isildur. Eu aínda estou niso.

arume dos piñeiros dijo...

O do chiculatiño quente non irá con segundas?

Xohan da Coba dijo...

Un fado,a estas horas da noita

eiquí

Isildur dijo...

Seguirei logo o seu consello, amigo apicultor. Aínda que sempre desconfío un pouco dos libros colectivos, porque é difícil que non sexan desiguais. Eu, pola miña banda, voume deitar coa apaixoante biografía, case detectivesca, do Stalin dos tempos mozos que vén de editar Crítica.

Anónimo dijo...

apicultor dijo...

Ola, é a primeira vez que visito este blog, e aproveito a ocasión de felicitala por el. Veño levado pola intriga doutra opinión súa n´As Uvas.

E quixera preguntarlle se de verdade o bailarín de marras lle pareceu axeitado e de calidade.

A min, desde logo, deixoume frío e perplexo, entre a irritación e o chocalleiro. Non só non pintaba nada nun espectáculo de fado, senón que ademais era malo de solemnidade. A cara de Camané, pétrea e distante, véndoo facer os seus movementos, ao meu ver carentes de imaxinación, era todo un poema dedicado á desolación.

Reciba un saúdo.

18 noviembre, 2007 18:15

Elianinha dijo...

Apicultor, benvido, e agardo que esta sexa a primeira de máis visitas. De danza non entendo, en canto a calidade. Para que a min me chegue a danza e goce con ela (que é o máximo que podo experimentar sen ter coñecementos, insisto de danza), ten que espertar curiosidade, beleza na súa execución e adecuación á mensaxe que a min me chega.

Como xa dixen, o venres estivo máis atinada nuns intres ca noutros. Razoamento:
- Dende o punto de vista de dirección escénica, solapaba aos verdadeiros protagonistas, sobre todo no caso de Camané que era onde peor estaba integrada e como era a primeira intervención resultaba máis inquientante, roubando nun 90% o protagonismo ao que lle correspondía.

- Non contribuíu á estética da posta en escena (polo menos para min).

- Na actuación de Camané non estaba integrado, senón que os dous loitaban, cada un pola súa beira, por atirar a atención do auditorio, compartindo un plano que non se pode compartir.

- Na actuación de Mariza estivo mellor integrado, xa que ámbolos dous interactuaron, e tivo maior xustificación.

- Carlos do Carmo, simplemente cambiou de plano, retirándose cara ao fondo, nun lateral, e limitouse a cantar fitando ao bailarín. Deste xeito permitiu ao espectador localizar cal era o foco de atención nese momento, e non debaterse entre fixarse na interpretación do cantante ou na do bailarín (que visualmente adoita ter máis potencia).

Agora ben, tiña xustificación? Non, para min artisticamente non enriqueceu o espectáculo. Pero asegúroche que a certo persoal -que ademais pincha e repincha na política cultural da nazón breoganiana- lle encantou a danza, porque sempre dá un aire "vangardista". Pero non estaba nin xustificada nin integrada nin enriquecía o espectáculo, senón que chirriaba na meirande parte das súas interpretacións. A excepción da parte con Mariza, onde dende o meu punto de vista, foi a máis razoábel. Outra cousa é pensar porqué había danza, de quen foi a imposición.

18 noviembre, 2007 20:29

apicultor dijo...

Eu tampouco entendo de danza, desde logo. Pero creo que sei distinguir un bailarín bo dun malo, e este era malísimo. Cando un dos que cantaba facía fincapé na palabra coraçâo, ía el e levaba a man ao idem.; cando outro facía o mesmo coa palabra gaivota, vai o ghicho e facía coas palmas acenos de voar. Vamos, un desparrame total.

Estou totalmente de acordo con vostede, e alégrame saber que non son o único que pensa así.

Que a ese persoal que disque pincha e repincha na política cultural breogá lle encantase, tampouco é de estrañar, non cre?

Un saúdo.

Xohan da Coba dijo...

"...cando outro facía o mesmo coa palabra gaivota, vai o ghicho e facía coas palmas acenos de voar..."

Estóume mexando coa risa só de imaxinalo XDDDDD.

Leituga 1 dijo...

Pois mire que casualidade, Apicultor, que eu tamén comprei ese libro en "Follas Novas" estes días. De momento lin o texto de Núñez Seixas sobre o nacionalismo español das dereitas que non está mal e que, por certo, vén reproducido integramente no "Claves" deste mes.

Elianinha dijo...

Non é de extrañar, apicultor, que así vai a política cultural do país.
Saúdos

(non copiara aquí o da danza porque non quería aburrir ao persoal coas miñas lerias, que soltei unha parrafada...) :)

o bailarín do fado dijo...

Tampouco hai que pasarse. Eu fixen o que me mandaron. Son un mandao. A mín o fado non me pon. Teño que recoñecelo. E bailalo pode ser un despropósito, pero dalgo teño eu que vivir. O das gaivotas xa mo pareceu, pero xa estaba farto de tirarme polo chan co frío que facía e dixen ostias a oportunidade de estar de pe un rato. Eu xa reparara no careto dos cantantes, pero que ía facer: eu cobro por minutos e canto máis longa fora a interpretación máis cobraba. A coreografía non era miña tampouco: era do meu amigo Cortés que sabe dos gustos da presidenta, creo, polo flamenco. Pero tamén houbo parte de improvisación, porque o meu mentor o Príncipe de Beckelar deume unha boa formación académica. Para fados non moita, pero un é un profesional e está ao que lle cae. E quen pode renunciar hoxendía a cousas distintas da BBC (Bodas, bautizos e comunións) ás que está tan afeito. En fin, don't be so cruel, please.

Xosé M. González dijo...

Permítome apegar aquí unha ben interesante reseña do acto.

Da Coba: xaora, o sitio dun é o sitio dun.

Sobre o do bailarín, non opino por non velo. Pero non quero nin imaxinar unha cousa así en execución fadista. Dos comentarios deduzo que os intérpretes igual non estaban previamente ao tanto. De ser así, boa idea levarían.

Xaime dijo...

xogolles unha comida a todos a que o comentario do bailarín do fado e alguén habitual neste blog, que se agocha baixo un nick composto.

Xosé M. González dijo...

Estes si que tiñan coreografías.

arume dos piñeiros dijo...

Gracias á coreografía o grande Antonio Carmona, cantante de Ketama, puido verlle a pichuliya ao seu fillo na panza da súa nai. E qué contento estaba!

apicultor dijo...

Pois non seremos crueis logo, señor bailarino entre bambalinas, que xa lle demos de abondo no carné de identidade.

Excelente o comentario de Calidonia que pegou aquí o Saavedra, que dalgún xeito vén coincidir coa miña opinión (ou eu coa del), cousa que me alegra.

Creo que non sería mala idea que neste blog se montase unha academia de baile. Apúntanse?

arume dos piñeiros dijo...

O bailarín ese vai ser unha estrela. Por el non se apure, amigo Apicultor, que xa hai miles persoas pedindo xa o video da actuación para o iutuf. Vaise facer famoso. Xa verá. O vó da gaivota, un clásico na Alfama.

Xosé M. González dijo...

Non sexa rabudo, Arume. Tampouco non lle imos afundir a carreira ao pobre home. E a responsabilidade de quen concibiu o apaño?; a de contratalo?

Xohan da Coba dijo...

Deus,coma está o patio no Bloque.Veño de falar con xente de dentro, poñendo a parir ó "quintanismo".Eu nin siquera sabía que existía o término!.Non creo que sexa certo , que o "quintanismo" prefire incorporar a mediocres ex-PP pra determinadas xestiós que á xente capaz do partido.Quero pensar que todo é envexa e malas lenguas.
Qué opinan da suposta pretensión de Paco Rodríguez de vir de Madrid e ser conselleiro na próxima lexislatura?

o bailarín do fado dijo...

Satamente, señor Xosé. Aquí hai moito listillo, que cre que escribir unha crítica de música consiste en meterse co menos coñecido, co parrulo de turno. Porque, imos ver. Eses cantantes, e cantantas, con esas voces, preciosas e marabillosas, si, pero que dan unha pena terrible, sempre a chorar ou a piques de chorar, que se morro non morro, que si Lisboa por riba e por baixo. A mín xa me dirán que fago. Tampouco lles sei tanto portugués como para entendelos. O da saudade si, pero porque lle preguntei antes a unha delas, a máis guapa, pero tampouco vaian vostedes crer que lle entendín moito porque falaba moi rápido, debía de estar nerviosa, e ademáis veu por alí o Touriño e o tipo ese que di o apicultor, un gordísimo a saudala e xa non puiden saber máis. Non é doado traballar nestas circunstancias. Aínda me quedan outras galas; eu espero que non sexan tan esixentes coma vostedes, porque se non xa estou vendo o finiquito, antes de chegar a Rodrigatos de Obispalía. Un respecto e moitas gracias polo seu apoio, señor Xosé.
Señor Arume, non se faga o gracioso: o iutuf pa quen o traballa.

Xohan da Coba dijo...

Miren cómo se lle nota a empatía corporativa ó XMGlz.Él sabe qué é estar nun esceario e darse cún canto nos dentes se conquire "cumprir" dignamente.Sabe o que é ir sen ensaiar pra sair do paso de calquera urxencia de última hora.Sabe o que é "torear en calquer plaza",rematar a actuación anque sexa de arrastro,pra votar unha mán a un axente amigo ou a unha comisión de festas,todo pra que o acto previsto e anunciado non quede sen facer.

Xosé M. González dijo...

Non sei, señor Bailarín, eu é que, ao mellor, se fose vde. non aceptaba o contrato. Unicamente que a fame aperte, pero eu que sei, o que non pega non pega, e despois ben ve o que pasa.

Da Coba, do outro eu diría que faga pouco caso. Ás veces pasa ao revés, o que importa é que sexa do partido, que a facer xa aprenderá, e se non fará o que poida. Pasa en máis partidos, así e todo. Non coñece ninguén do PSOE que lle fale dos de Iniciativas-21? Todo rosas, seica. Do PP, que lle hei dicir que vde. non saiba. Pero aínda os chamados independentistas, non se dan posto dacordo para xuntarse nun acto.

Especie humana. Minifundismo? País?

Xohan da Coba dijo...

Vaia,XMGlz.Lembróume vostede ás empresas xaponesas.En Occidente existe fidelidad á profesión,non á empresa.En xapón é ó revés.Non se cambea de empresa.Se hai que aprender a facer outra cousa apréndese.

Isildur dijo...

Sobre o patio do Bloque: ese sempre está revolto, pois para iso é unha fronte de partidos, colectivos e individuos. E o frontismo leva aparellado iso: ser unha gaiola de grilos. Con todo, non creo que haxa tantos ex-PPs, aínda que algunhas fichaxes quintanistas no pasado fosen discutíbeis (caso de Losada, p. ex.) e mesmo no presente, onde recuperan posicións ex-CGs e PNGs que levaban 17 anos fóra da area política (coma Pérez-Lema).
Paco Rodríguez desexaría sobre todo ser conselleiro de Cultura, pois encabeza a oposición ao que considera política cosmética e sen perfil patriótico nidio de Anxela Bugallo (xa se opuxera hai dous anos á súa designación para ese posto, por certo). Mais pode acontecer que os eventos se precipiten. Semella que será urxente a substitución de Fernando Blanco á fronte de Industria, por motivos de saúde deste último. Aí podería entrar PR, con Xosé Díaz de viceconselleiro. O seu son máis as letras (e a cociña das esencias, claro está), pero PR aprendeu moito de infraestruturas e industria no decurso dos seus once anos como deputado en Madrid. Doutra banda, é unha opción que non desgusta ao PSOE. Primeiro, terían un interlocutor "serio" con quen se pode chegar a acordos -en Madrid os do PSOE están encantados con PR-, e que os reconforta na súa percepción do que é o Bloque, amais de que entre pseudoestalinistas pasados e presentes (ou sexa, Touriño e PR) sempre fican algunhas claves de entendemento. Segundo, terían diante a un contrapeso a Quintana, incómodo ao ter que sentar nos consellos da Xunta a carón de quen non é vicepresidente, pero manda na organisasión. Algunha vez habería faíscas e aí tiraría tallada o PSOE.
Éche a traxedia do Bloque: o problema é a UPG (e PR). Pero sen a UPG e PR, a diversidade desmándase e aquilo devén unha xaula de grilos. Pura contradición dialéctica.

Xohan da Coba dijo...

Non é por nada,XMGlz,pero eu non son do PP.Non sei se o quixo insinuar,pero aclárollo por se pensa que son alguén concreto.Tampouco son do PSOE.Nin do BNG.E tampouco do Partido Galeguista.Non séi se me queda algún por nombrar.Non teño ningún cargo político.Non son funcionario.

Xosé M. González dijo...

Non, por favor, da Coba, non quixen insinuar nada ao respecto e lamento moito ter dado tal impresión. O que dicía sobre o PP é que os debates (non sei se metafóricas navalladas) dese partido teñen sido do dominio público e publicadas; e en Ourense, concretamente, o enfrontamento entre os boinas de Baltar e os urbanos de Cabezas (se non me engano).

De calquera maneira, na alusión persoal tento ser discreto aínda que haxa algunha evidencia de significación partidaria. Que no seu caso non a teño, se hai que dicilo.

arume dos piñeiros dijo...

PR foi sempre un dos poucos reivindicadores do tren. Non sei se utiliza moito este medio de comunicación (téñoo tal vez mitificado porque o vin nunha viaxe a Madrid hai moitos anos no Talgo), pero dos políticos galegos teño que recoñecerlle verdadeira paixón polo ferrocarril. Daí probablemente deriva a súa predilección polas infraestructuras. Devoción por outro lado que pode seguir, digo eu, aínda que sexa de letras. Ou non? A ver que vai ser isto.

Anónimo dijo...

Non son do PP.
Non son do PSOE.
Non son do BNG.
Non son do PG.
Non son funcionario.
No soy de aquí
No soy de allá.
No tengo edad.
Xa está.Son Facundo Cabral.

arume dos piñeiros dijo...

Ni porvenir,
faltou engadir.

Leituga 1 dijo...

Din iso de Paco Rodríguez, si, que quere ser conselleiro de Cultura. A ver...
¿Sabían que Carlos do Carmo tivo que ser levado ao hospital despois do concerto, aqueixado dunha lipotimia? Debeu ser, como di o bailarín, de tanto que se morro, que se non morro...

apicultor dijo...

Perante o despiporre en Cultura, algúns comezan a cantar:

"Se acabó la diversión,
llegó el coronel y mandó a parar".

apicultor dijo...

Esperemos que Carlos do Carmo se recuperase pronto e ben. Un gran tipo, sen dúbida.

Xohan da Coba dijo...

Se a mín non me molestóu prá nada,XMGlz.Só llo dixen pra que o soupera.E,si teño que ser un bicho raro por non pertencer a ningún partido,tamén son bicho raro por máis cousas.E non pasa nada.Non me deprimo.

Xohan da Coba dijo...

Ah! e tampouco son do Madrid,nin do Barsa,nin do Depor nin do Celta,nin...

apicultor dijo...

Eu sei quen é vostede, XDC. Vostede é un Lonely Boy, verdade?

Xohan da Coba dijo...

Son un vaqueiro solitario,moi lonxe do meu fogar...

Son este

Xaime dijo...

Para Xohan da Coba: no Partido Galeguista recoméndolle que non veña, por que con vostede seríamos 70 e así deixariamos de ser 69 e de estarnos a foder os uns nos outros continuamente.

Xohan da Coba dijo...

Boeno,có seu candidato por Ourense nas últimas municipales teño certo trato.A ver se me pode meter.E có Xabier,tamén,da súa época da Carballiño-TV por cable.Mal será.Se o resto da xente é coma vostede ,sería un motivo pra entrar.Porque polos dous que dixen...mama mía.

Anónimo dijo...

Para Cowboy Lucky Da Coba :Cóidese que o vexo algo derrengado e sobrado de peso.

Xohan da Coba dijo...

Por certo,Don Xaime.Dice no "A Nosa Terra" que o PG anda algo falto de liderazgo.Anímese vostede a tomar as rendas desas ilustres siglas.Ou vou tér que desembarcar eu e pór orden?

Xaime dijo...

Deixe, deixe, que levo moitos anos na leria e o final á pasar como aquel arxentino na época das ditaduras que deixou escrito nunha grande pancarta do Porto de Buenos Aires cando partiu para Europa " el último que apague la luz".