EN POLEIRO ALLEO
"CORAZÓN", de Bieito Iglesias (ECG 1-XI-07). O amigo Bieito Iglesias, sábeno ben os que teñen a sorte de coñecelo, é , entre moitas outras virtudes que ten, un altísimo especialista en asuntos de Corazón: e non falamos do plano médico, senón das revistas couché e prensa rosa. Non sei de onde saca tanta información, pero tenos feito rir en xuntanzas a gargalladas falando do Julio Iglesias e dos grandes da jet. Para proba este artigo.
"Que nos dure a realidade do país", Alfredo Conde (ECG 1-XI)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
8 comentarios:
Teño visto dar beliscos deses, pola pinta terribles; algún, non precisamente no brazo. Supoño que agora beliscan elas; a min, no seu día, o que me teñen é dado algunha puñada no estómago.
Pois a realidade do bo do don Alfredo non será, en efecto, a peor das posibles; para o galego, digo. Porque a outra (castelán os novos, galego os vellos cando non hai novos; comparece aquel, desaparece este -por educación, seica-) aínda é ben máis corrente.
Non debería molestar o que fala galego todo o tempo e con calquera; non debería -digo-, porque tamén será -tamén digo- escolla libre. Con corazón, incluso, xa que está no tema e ninguén o dixo.
Aclaro o anterior: o discurso de Conde está ben claro, e ben vin que hai unha médica galegófona. Teño pouco claro, así e todo, que non haxa un -sempre son moitos- que non se moleste; por educación. Ou que deixe a un por imposible, con ou sen aceno despectivo: xa se sabe, ou se ten ou non se ten.
É certo que, con determinadas persoas, adoitamos a empregar unha determinada lingua porque así se "instituiu" esa relación hai tempo e agora custa moito cambiar.
Pero pódese cambiar. Alguén que defende o galego debería ter que falar sempre en galego con todo o mundo que o entenda.
Outra cousa é falar cun madrileño en Madrid...
Vénme de gostar,Mr.Swann,ese uso do verbo "instituir".En efecto, as relaciós persoais son tamén "instituciós",anque afecten só a dous(Francesco Alberoni) e,entre outras cousas,manexan unha lingua "oficial" concreta.
"A Nosa Terra" desta semana, páxina 15:
Nun acto do 30 aniversario da Confederación de Empresarios de Pontevedra
UN ECONOMISTA AFIRMA QUE HAI QUE 'ACABAR CO GALEGO'
...
[Juan E.] Iranzo [Director do Instituto de Estudos Económicos] explicou que unha das causas do forte crecemento de Irlanda, até situala coa renda "per cápita" maior da UE xunto con Luxemburgo, foi o de "acoller ao inglés como lingua propia, acabando co gaélico", convidando aos empresarios a facer o mesmo co galego.
Dáse a circunstancia de que o programa do 30 aniversario da CEP estivo realizado integramente en castelán por máis que a maioría dos seus perto de vinte mil asociados teñen o galego como lingua materna. En castelán expresáronse todos os intervintes no acto de clausura celebrado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o 30 de novembro, incluído o conselleiro de Economía Xoán Ramón Fernández Antonio, que deu cabo á xornada.
Na cea posterior, o presidente Pérez Touriño, que comezou falando en galego e repartiulle á prensa o seu discurso neste idioma, usaría posteriormente o castelán.
A intervención de Iranzo provocou murmurios de desaprobación entre parte dos asistentes, algúns dos cales criticaron tamén a postura de Touriño
...
No mesmo número de ANT, páxina 9, entrevista co Sarille. Bastante máis matizado ca nos artigos, expón claves sociolingüísticas que todo o mundo que non queira desfacerse do galego debería abordar para reflectir.
Anuncia libro: "A impostura e a desorientación na normalización lingüística". Leva traza de que deberiamos facerlle caso. Política Lingüística, unha das maiores imposturas no que levamos de lexislatura galega.
Vaia,o que teño eiquí xa é atrasado.Nesas páxinas veñen Xesús Paz e M.Conde.Pois agora,hasta mañá xa non o compro.:((
Publicar un comentario