Fernán Gómez. A cultura anarquista
Fernando Fernán Gómez, inesquecíbel, de Miguel Anxo Fernán-Vello
No seu artigo de hoxe Fernán-Vello lembra o compromiso co anarquismo de Fernando Fernán Gómez, aportando algún dato novo ou pouco coñecido (a súa presenza en Montjuïc en 1977). Se queren e lles parece pertinente, xa que noutro fío hai unha análise moi crítica do papel político e estratéxico do anarquismo na guerra civil, poden opinar aquí sobre o significado do anarquismo como cultura na España do século XX. Que quedou de todo aquilo?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
31 comentarios:
Eu creo que no ámbito da cultura o peso do anarquismo (moitas veces de forma involuntaria) é moi notable. No mundo da farándula, incontestable, e, desde un punto de vista xeográfico, en Barcelona ou en Sevilla núcleos aínda activos en certos aspectos da arte. En política, resulta curioso atopar antigos anarquistas militando nas filas do liberalismo, tal vez por ausencia dun partido radical (un pouco máis esquerdista cá experiencia italiana) no país. O anarquismo de salón, que parece termo tópico, é unha das facetas máis visibles, non por iso menos importante.
En todo caso, como dixen noutro post, a libertade sexual (cos movementos pro dereitos dos homosexuais como estandarte principal), o antimilitarismo, a permisividade e liberalización do consumo de drogas, o anticlericalismo, os movementos de okupas e alternativos, e o espíritu perenne de rebeldía (tal vez escasamente constructivo como sinala Leituga1) e de "joie de vivre" (por qué non dicilo?) son elementos da radicalidade anarquista que outros partidos fixeron seus máis tarde, pero que estaban como bandeiras roxinegras do libertario.
Qué quedou de todo aquelo...?
Banda sonora nostálxica pra este post:
Qué resta dos nosos amores
Arume again. De que falas cando falas de "anarquismo"? Porque as opcións sonche varias... Como has ter a visión do anarquismo a través do marxismo, como cáseque todos vós, comeza por Dionisio Pereira, que a Saúde nolo conserve moitos anos.
Explicarche por que considero que non tes nin idea
-ese "incontestable":) peso do anarquismo no mundo da farándula- do que dis sería inútil, ao xeito de Benjamin (convencer é estéril), pero máis me preocupa unha cousa. Sendo que falas do que non sabes con alegría, por que non condicionas un pouco as perífrases?
Ao respecto de qué quedou de todo aquilo, fico co xohán da coba ou con franco battiato.
Máis ao serio, Julián Casanova traballou polo revisionismo (a favor), e "O único e a súa propiedade", ese libraco de Max Stirner que enlouqueceu a Marx por un tempo (ata que Engels o convenceu de que non era plan adicarlle cincuenta páxinas no prólogo d´A ideoloxía alemana), intertextualizado despois descaradamente por Nietzsche, está reeditado en dous sitios distintos.
O que quedou é o que puido quedar: algo así como Martín Villa reuníndose na Transición cos sindicalistas posibilistas, aínda coa súa chupa de coiro, e dicindo o seguinte: "Con UGT y CCOO es otra cosa, pero a Federica (Montseny) no quiero ni verla".
Pro isso só o poderedes entender se algunha vez fostes realmente nocivos para o sistema. Arume non, porque Arume é moi mansiño. E non é mal rapá, pero...
ala, a seguir subindo o pan
Acaba de solucionarme un problema moi grande, Paquiño, eu sempre quixen ser anarquista e o parecer vostede ten moita idea.
Se non lle é molestia igual que Marcos,fai entradas diariamente, e o Saavedra cada sábado, vostede ca regularidade ácrata que vostede precise, vainos ilustrando para seren unhos antisistema heroicos.
Sei que apicultor, o Rei Leituga, Arumes, - o Xohan da Coba, estalle de volta, non perda o tempo con él- , Torredebabel, doutro lado do mar, Doniña, bouzafría, oximoro, marcel swam, r r , XMG e moitos máis, e xaora Marcos aínda que nunca llo pedirá diretamente xa que elle un pouco tímido, non verían mal que nos dese unhas cantas pinceladas.
Estaría encantado que colaborara na nosa perfección, gratis por suposto, Bakunin, o primeiro que faría sería abole-los cartos e xaora que vostede o levará a raxatabla, aínda que esa podería sela primeira lección.
Ilústreme, please. Explíquenos aos mansos que ven sendo o anarquismo, porque despois da súa diatriba contra mín sigo sen ter idea do asunto. E foi mágoa porque eu aprendo rápido.
Gratis polo carallo, xaime. A propiedade é un roubo só se serve para non traballar. Porque se fosedes currelas, aínda boeno, pero os funcionarios tedes que invertir en cultura.
A inversión situacionista aquí sería a seguinte: vós ingresádesme 3.000 euros mensuais(prezo de grupo) e eu léovos a conquista do panciño aos poucos, así para empezar. Afeitos como estades aos trienios, non será difícil que xuntedes toda esa guita, anque sexa a escote.
A primeira lección sería "nada hai pra min por riba de min", do pobre johannes kaspar, idea que os leninistas censuraron pola vía do "invidualismo egoísta", ao non poderen desactivala. era fácil deducir da sentenza que tampouco podía haber nada por debaixo, pero qué lle vas facer...
Non fales de Bakunin, burriño, que se puxo tolo no talego. Repara na banda de Bonnot, cunha vida aínda máis cinematográfica có empreñador de criadas (outro máis).
E non te enganes, Xaime (que nome tan español): a régula de traballo dos anarquistas era a xenerosidade, mais o benestar fodeuvos a todos. porque o aceite bo non vale menos de 7 euros/500 ml, e do viño mellor non falar porque me poño de mala hostia.
Non hai nada aquí "antisistema", nin neste blog nin na teoría anarquista fundacional, igual que a anarquía non é ausencia de goberno (permítame supoñer que esa tontería é indigna de vosé, aínda que faga transparente o claro e comunista puritanismo da esquerda). Así que igual a cuestión se pode centrar se contades, uns e outros, a qué "anarquistas" coñecestes, cómo acabaron e qué facían entre unha e outra cousa, antes que falar do erro do optimismo antropolóxico, que tanto vale para marxianos como para bakuninistas. En Galiza, empezando por algures.
Iso ou póñovos a caldo polo voso escaso voo intelestuás, primeiro, e polo voso ridículo compromiso político dempois. Da sección botando en falta a Revel: mellor basca sen compromisos que julais con compromisos (de Goberno ou nao) fatos.
Se te pos bravo, Xaime, tes dereito a unha soa réplica longa. A partir de entón pediría reducir os comments a dez liñas. Pensade que eu hoxe respóstovos porque me doe o lombo, pero ningún traballador podería perder o tempo nestas aduanadas. Cantos de vós experimentastes que a solidariedade, como recoñecemento da realidade do outro, só é pura cando non existen posibilidades de mellora? Aínda menos mal que a Marx llo contaron os obreiros do gin...
Por qué nos libros aparece un reflexo paradoxal da "pouca praxe" anarquista que había en Rusia e da "moita" que había na España do 36, en contraste respectivo coa suposta gran teoría rusa e deficiente teoría ibérica? Hai fotos de cando Trotsky queimou a casa e a memoria de Néstor Makhno? Por que non se coñecen as obras de Peiró e Pestana? ¿Por que desapareceu a xeración do "vogliamo tutto" da pólítica italiana tras a morte de Pasolini?
A min todo isto paréceme ben, e o blog tamén -sobre todo cando hai prefeutos condes-, cunha chata. Como non lle vexa o pito a Marcos Valcárcel nun post destes, pensarei que o tedes pra lambervos entre vós. Un xeito inocuo de darvos importancia.
Sin vanidá ni falsía... Cona, isto tamén estaba no manual do bo anarquista
Por se acaso: o que borrou o comentario fun eu, e o comentario era propio.
E como se pode facer para borrar un o seu propio comentario?
xa postos, rubén, por seguir co rollo anarcoide, debías explicarnos qué pasou de verdá coa túa Limpeza de sangue. Seguro que non che ofreceron ningunha pasta pra montala? Canta pedías?
De bo rollo, e xa logo falamos de Ricardo Mella e de Ferrín como gosh divín.
Sr. apicultor saíulle un novo contraponto naturalista no blog, e sinto moito pero éste e máis puro e polo que se ve imbatible, polo que pedíreille clase, !so pide 3000 €¡.
Escomeze cando queira Durrutí -supongo ?-, e mande os 20 díxitos que a primeira ronda pagoa eu.
Señor Apicultor: tendo unha conta en google e sempre que un estea "rexistrado" cando escribe, pode borrar todos os comentarios que vai deixando polos blós adiante con só pulsar unha papeleira que lle aparece a carón deles. "Xoán da Coba", "O Sobriño", "Paco" e "O que fala ó xeito de García Olives" non poden facelo porque non a teñen (creo). O señor "Arumes" non pode porque non se rexistrou. Despois deste relatorio (gratuíto)de Comentario Bloguístico, paso a contestar ó señor Sobriño:
Gracias polo interese no asunto, co que me gusta a min contalo: eu pedía infinitamente menos que "o señor que fala ó xeito de García Olives" por darnos o cursiño sobre anarquismo (3.000€ polo cursiño dividido polos 0€ de dereitos de autor para montaxe = infinito). Isto non quere dicir que non fose ingresar pasta -igual que Bisbal cando o poñen nos bares -polos dereitos de autor cada vez que se fixera unha función da obra. ¡A ver se os seudoanarquistas van ter dereito a cobrar por adoctrinarnos e os que non temos nin puta idea pero traballamos escribindo imos facer o chollo gratis! Polas bases do premio que ese texto gañou o IGAEM tería que ter sacado a concurso a posta en escena e non o fixo mentres mantivo os dereitos (dous anos). E a única compañía que presentou o proxecto para as axudas non foi admitida porque o seu historial non era fiable e aí se acaba o conto contable. Como ve, nada anarquista nin antisistema senón todo o contrario.
(Por certo, non sabía eu que no anarquismo se respirase este punto cotilla sobre a economía particular dos demáis).
E xa que me chama polo nome real, señor Sobriño gustaríame saber cal é o seu. ¿Non andará vostede facendo pandeirada cos pés na mobilete polas encostas de Alvedro e Sigrás e por iso gañou pleno dereito a tutearme entre cervexas e tabacos? Se é así, faga os comentarios sobre Mella e Ferrín e lereinos con humor. Se non é, por min pode absterse e tratarse as dores descansando se é que as ten.
Un abrazo anarca (vacío de contido antisistema, seino, pero ¿a que soa ben?) para todos os que entramos no bló do señor Valcárcel aínda que ás veces sexa para lambernos os pitos ou para amañar o mundo sentados diante dunha luz. (Por certo, tampouco sabía que o anarquismo tivese nada contra iso de lamberse o pito ou contra o exhibicionismo). E se o ten contra a vaidade e a falsía, os que o crean necesario que se apliquen o conto.
E, por favor, non faga o esforzo de contestarme, sei que o meu discurso é doctrinalmente manco, chosco e coxo das dúas pernas, e cando empece a ler un texto que pareza seu dareille ó botón AvPag que hai no meu teclado. O bo dos blós é que ós "cansinos" -qué fermosa palabra castelá -non estás obrigado a escoitalos como cando che tocan en directo.
¡Ai, que a justo quedei! ¡E jratis!
Saúdos.
Glups! Unha información bloguística máis gratuita, por fa, Erre Erre: E que vén sendo iso de ter unha conta en Google e estar rexistrado? En que se concreta? Custa algo? Etcétera.
Mándeme un correo a xaimedapenaceide@gmail.com e a volta de email, recibe unha invitación para ter unha conta en gmail, non google, que ten moita cabida, e doada de andar e é gratis, é dicir, unha conta moi anarquista, con perdón.
Grazas, don Xaime. Pero eu aínda estou nos prolegómenos: para que vale ter unha "conta" desas?
(Non sei por qué, pero teño unha sensación de facer o ridículo con esta pregunta...)
Meus Deus! Cómo me pon esa superioridade moral do humor anarcoide!. Só unha cousa señor garcía oliver: seguro que vostede é un traballador exemplar e todo iso pero non nos engane; un currela non é. Porque qué currela diría "pito"? Eu teño a impresión de que debemos estar máis ben perante un home feito a si mesmo.
Ah! E parece ser que alomenos por un intre, vostede foi tan tardocapitalista coma o que máis:
"A tendencia nas caixas de comentarios e nos foros de discusión é parecérense cada vez menos a escrita e cada vez máis a sociabilidade banal –tanto na súa convivialidade vacua como na súa groseira agresividade."
http://k-punk.abstractdynamics.org/archives/009893.html
E os traballadores tampouco son así tan solidarios como vostede di, non?. Mire a historia do fontaneiro polaco. En fin, polo demais, ten toda a razón.
A ver. Eu creo que a cousa funciona así.
Unha vez teña unha conta (poñamos
apicultore@gmail.com), ten que entar nela e non saír do correo. Ao entar n'As Uvas para postear, verá que máis abaixo de onde di "Haga su comentario", apareceralle
Elegir una identidad
(*) apicultore
Postee, pois, como apicultor. Logo terá a opción de editar/suprimir as súas mensaxes.
Estou no certo, xaime/rr?
Cossimo Cossimo Hai que Encaixare... O punk, que foi antes da política, ten cousas de proveito. Mais xa vexo que vostede si reparou no baleiro infinito ou así dos comentarios de arume e jauma, aos que só lles falta falar do calimocho como esencialidade anarquista...
Máis alá do Estado Mínimo, aquela cousa de Dworkin, hai xente escribindo cousiñas en Francia e Oregón. Badiou mesmo ten colegas ácratas menos coñecidos ca el, que tampouco é que sexa un prodixio de visibilidade posmarxista...
Por outra parte, Rubén, non adiques tanto espazo a explicar unha cousa tan simple. E non pidas luz, que o anonimato é como a cámara oculta (o que non nace é puro e revelador).
Marcho prá fábrica. Ben se ve que entre currelas non andades, Cossimo. Pensar que un proleta nunca diría "pito" (claro, porque tería que dicir de caralla para arriba, non?) é inxenuista e etnocéntrico por vía de clase. Se souberades qué estupendo vocabulario empregan para dicir "vaxina" seguro que escribiades un libro.
Tampouco é cousa de enfadar a Marcos por non ensinar o pito. O tema é que ensinar as entrevistas que lle fan a un na prensa local é de mal gusto. Fano case todos os blogueiros, claro, pero iso é outra historia. Ah, el empujar para conseguir...
Por certo que non hai ren de superioridade, nin moral nin da outra, en ningunha praxe literaria anarquista. Outra cousa é o certo mesianismo da CNT. De trazo naïf, iso si, se o comparamos coa teleoloxía badoca do PCE. Non hai punto de comparanza entre os teóricos ácratas españois, por exemplo, e os animaliños do partido de José Díaz. Claro que a Pasionaria teórica non era. Canto negou a vella chunga esa as mortes de cenetistas pouco máis alá de Pina del Ebro! Que o negara Líster, aínda bueno, pero...
En calquera caso, seguro que ZP nos devolve en breve o patrimonio sindical. Non é para min, Cossimo, ollo. Eu só son un simpatizante que traballa. A min gústame a vida nas mesmas coordenadas que a Bertín Osborne. Por eso me doe que vós non recoñezades que andades na mesma (Bertín Osborne).
Camándulas!
Saúdos dun ourensán que vive fóra, soamente unha cuestión:
QUEN ELIXE OS CONFERENCIANTES DO FORO "LA REGIÓN"?
Non sei se algunha vez revisastes a letanía de nomes que pasaron por alí, todos dunha clara liña política... que ocorre? non hai que diga isto en voz alta!!!
Pablo
Así debería funcionar o asunto do rexistro en google para o do borrado dos comentarios. Entrando identificado coa conta de gmail.
Se non vai así, avise.
Desde o baleiro infinito atrévome a preguntar, que quere dicir? Non é incompatible o anarquismo coa orde sintáctica e cun mínimo de coherencia discursiva.
¿Pero de que teóricos ácratas españois falades, que non coñezo? Que "aportacións" ao patrimonio teórico anarquista saíron de España? Que "cousiñas" se escriben en Francia, mesmo por "amigos de Badiou" (ten coña que para axudar ao anarquismo haxa que citar un dos "últimos mohicanos" do marxismo") Señores anarquistas, máis alá de impresionismos e sobreentendidos que en nada axudan a entender: ¿podédes facer o favor de especificar?
Rudi, machiño... Que non os coñezas non significa nada, non cres? Tampouco sabes quen era Agustín Souchy e iso non lle resta humanidade.
Aí lle deches, arume: para "coherencia discursiva" e "orde sintáctica", a túa. Serías o soño de Jakobson:)
O que hai que ler por non ser cego...
Veña, fala un pouco de Ricardo Mella e empezamos a estruturar a cuestión. Desde Galicia para el mundo. Como che dixen, eu só o fago cobrando (soy así de puto).
Aínda non me enteirei de quen eran eses importantísimos teóricos do anarquismo españois e extranxeiros...Veña, campeón, anímate e di algo ademais de banalidades.
Se non te "enteiras" non é culpa nosa, mijo. Non te enteras e punto. Claro que onde vai Arume dos Piñeiros con esa pistoliña con sabor a queixo... Agora é cando tiñades que falar da xeración Ajoblanco, porque o que é o Roxo quérelle máis á furgoneta cá maioría de vós xuntos. En fila de fusilar-ar!
07:18:00 AM
07:31:00 AM
08:41:00 AM
11:04:00 AM
02:32:00 PM
04:36:00 PM
Multipersoa, darling, en qué fábrica che van ao lombo a ti? E qué carallo significa inxenuista? E sobre todo, sobre todo, qué fas esta fin de semana? Porque se cadra poderías explicarme o estupendo vocabulario que empregan os currelas para dicir "pene".
Aproveitáronme os seus comentarios anteriores para aprender a postear, graciñas.
Anímense e impartan algún cursiño, para vostedes que son tan experimentados será moi doado. Ë moito pedir?
Non é coña.
Saúdos desde Lugo.
Interesante a polémica co amigo anarko, debería vir tomar algo máis a miudo, ou indicar en que chiringos reposta.
O chaval este vai de farol, confunde a Dworkin con Nozick, non traballa en ningunha fábrica e é lector de Bukowski: con semellante gusto literario, que eu aprezo, non pode cometer o acto de inútil e snob automartirio que conleva a lectura de Alain Badiou.
O que non sei é se non será un pouco papanatas. E anda a ver se nós tamén...
Publicar un comentario