26 nov. 2007



Valcárcel: ’A cidade non pasa polo mellor momento
de pensamento e debate intelectual’
O director da sección literaria do Liceo cre que hai que fomentar internet e achegarse ós estudantes
Entrevista completa en La Región 26 novembro

Artigo sobre a Sección de Literatura do Liceo (tamén hoxe en La Región)
(Foto de La Región: de dereita a esquerda, Loli Conde, Teresa Devesa, M.V., Sexismundo Bobillo, Afonso Monxardín e César Ansias, ademais dun fotógrafo)

Actualización (28 novembro)
Creo que o acto estivo francamente ben. A xente marchou contenta. Dende enriba do escenario contei unhas cen persoas, de públicos moi variados, moitos amigos/as que aquí non podo citar. Pedrayo presentou o acto e resumiu a filosofía das Seccións do Liceo: a plena liberdade coa que actúan/actuamos, como eu tamén ratifiquei. A miña intervención sobre Literatura Popular quixo ser, sobre todo na súa segunda parte, amena e divertida: velaí as coplas sobre o amor e os acenos eróticos habituais nas mesmas; algunhas quizais demasiado ousadas para unha parte do público, pero creo que ninguén se asustou. Moi pola contra moitas señoras presentes no salón lembraron cantigas da súa infancia e das súas raíces rurais (en Ourense, non hai que mirar moi atrás para encontrar a aldea). Magnífica tamén a actuación das nosas recitadoras, Teresa Devesa e Loli Conde, como é habitual nelas, e os tres músicos (gaita, pandeireta e voz, acordeón) que Teresa nos trouxo de Allariz (cando encontre os nomes, póñoos aquí). A eles tamén lles choveron as felicitacións e haberá que contar con eles para outras ocasións. Rematamos cun viño e uns pinchos na sala de tertulias. (Foto Trebolle)

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben puido o autor do artigo tomarse a molestia de redactar todo o artigo en castelán, sobre todo se temos en conta ese espúreo "contestou" ao citar as palabras do entrevistado en galego.
Polo demais, estou totalmente de acordo co expresado por Marcos Valcárcel. Internet non é a variña máxica que vai resolver todos os problemas educativos e culturais dos cativos galegos, pero si se podía aproveitar máis do que se fai.

arume dos piñeiros dijo...

Vostedes saben máis ca mín o que se coce en Ourense, pero ao mellor mentres lamentamos están a pasar cousas moi pero que moi interesantes. Eu non lles sei, pero esa ledaíña quizáis non sexa certa: ás actividades do Liceo me "repito".

Xohan da Coba dijo...

Eu estiven este fin de semana cun matrimonio amigo de Ponferrada,Arume.Queixábase a muller: Alá en Ponferrada a xente gana máis ca en Ourense,pero non hai nada de actividade cultural.Só pensan en beber alcohol i espetar os coches nas rotondas os sábados á noite.XDD

Xohan da Coba dijo...

Por certo,Arume.Vostede case nunca nos fala da actividade cultural en Vigo.Podería facernos unha axenda de vez en cando,no seu blogue.

Trebi dijo...

Penso que Vigo, ofrece mais menos unha actividade cultural minoritaría de certo interes.
Clube Faro de Vigo, Caixa Nova,Fundación Caixa Galicia, pero quizá o oferta Pública non sexa a que potencialmente debería ter unha Cidade como hoxe e Vigo.E colectivos persoales ,deben funcionar mellor os laborales que os culturales.
ARUME podenos aclarar .

arume dos piñeiros dijo...

Teño que confesar que son pouco "cultureta". O que vostedes chaman actividade cultural (conferencias e actos similares) non me soe chistar moito. A conferencia, mesmo no caso hipotetiquísimo de que sexa eu quen a largue, non é un xénero que me cautive. Vou máis por escoitar a voz, mirar ao redor, palpar o ambiente, pero abúrrome. Os pinchos de despois é o que me atrae, sempre que sexan de El Molino. E non o digo por epatar: dígoo con toda visceralidade. Presentacións coma as que se adoitan facer tampouco son da miña predilección: demasiado largas e excesivamente familiares. Sempre teño a sensación de entrar de gorrón nunha festa privada. As exposicións ocasionais ou as visitas ao MARCO, que é unha delicia, atraénme algo máis, sobre todo nunha mañán de domingo, antes do vermú. E os concertos de música clásica e similares en Caixanova xa directamente non os aturo. Pero non porque ese tipo de música non me guste, senón a mesma posta en escea e o ambiente en xeral me resulta pouco atractivo. Prefiro escoitar música enlatada ou acudira a outros concertos máis animados onde poda bailar como o vindeiro 1 de decembro que tocan The Homens na Fábrica de Chocolate.
Ao teatro acudo poucas veces, pero sempre a tiro fixo, con numerosas referencias previas.
Eu case reduzo a miña actividade cultural social ao cine, o único lugar onde son plenamente feliz.
As xornadas gastronómicas contan?

apicultor dijo...

Daquela, Arume, máis ca cultureta, vostede o que é é croqueta (por iso da súa devoción polos pintxos, canapés e aperitivos varios).

Xaime dijo...

Xa saben que son un entrometido, poñánlle día e hora para unha comilona de caza -corzo, pito, xabarín e o que caia- pola montana luguesa.

apicultor dijo...

Para Xohán da Coba:

Libro de Grafoloxía

arume dos piñeiros dijo...

Brillante agudeza do Apicultor no vituperio concetista: balón/pelotas onte, hoxe cultureta/croqueta. Vai para o gabinete de prensa de Acebes. Seguro ;)

Xohan da Coba dijo...

Óukéi,Eipeicalchóur.Véri Káind of iú.Zénkiu,sóu mach... :))

Xohan da Coba dijo...

O que caia pola montaña luguesa,Xaime? A ver si van chimpar a derradera pita de monte dos Ancares ("urogallo") por culpa dunha paparota!

apicultor dijo...

Sego a súa ensinanza concertista, Arume. O que dixera hai días de Melendi est Monarchia é insuperable. Eu para o gabinete de Acebes e vostede para o de Zaplana, xa está: hai para todos. ;) ;)

Leituga 1 dijo...

Como diría o simpático anarquista que nos visita estes días baixo diversas advocacións familiares, en Vigo a cultura está na rúa.

apicultor dijo...

E cal foi o agasallo simbólico aos asistentes?

marcos valcarcel dijo...

Ben, o agasallo simbólico era unha copia de OURENSE: O DIVINO ROTEIRO, o meu pregón na Feira do Libro ourensá, segundo a edición que do mesmo fixo o xornal Galicia Hoxe o 21 de xuño do 2007 (na Revista das Letras) e preparado cunha cartulina como portada do Liceo. Asinei bastantes ó remate do acto e gustaríame achegarlle un exemplar a Apicultor se me indica a forma de facelo. Saúdos.

Xohan da Coba dijo...

Señor Valcárcel: imaxino que sabe que a tenencia de alcaldía de Ourense desvióu cartos de cultura e deporte pra "comunicación".Cartos prós medios con vistas ás elecciós.A desculpa:que o PP deixara "seca" a partida de "comunicación".O que estóu decindo é certo.Esté tranquilo.

Xohan da Coba dijo...

Arume: Eu sónlle case 100% coma dí vostede un pouco máis arriba.Pouco "cultureta".Ese comentario podería estar firmado por mín.A mín,nin cós pinchos me seducen.Xa os tomo eu onde me dé a gana,pagándoos con gusto do meu bolsillo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Porque vostede non coñece os de El Molino. Tamén é verdade que non sempre son bós. Moita fritanga (a croqueta do cultureta, as empanadiñas de bonito). E moito follaldre (dise así?). Pero, xa que estamos: cal foi o mellor pincho que vostedes comeron nun ágape destes culturais?

Xohan da Coba dijo...

Eu teño estado en moitísimos ágapes,case ningún "cultural".O que me tén a atención son certas "presentaciós" dos pinchos máis que os pinchos en sí,que sempre están bós cando hai fame.

Un exemplo recente: pinchos en palillos,coma se fosen pequenas brochetas,clavados todos arredor dunha piña.Pero a piña fora pelada hasta ser un cilindro arredor do cal estaban espetados os pinchos.Coas follas porriba e todo,mesmo parecía unha "piña de pinchos".Moi simpática.

Leituga 1 dijo...

Non se di "follaldre", Arume, dise "milfollas".

arume dos piñeiros dijo...

Tiña esa dúbida, amigo Leituga1, pero para mín "milfollas" é un tipo moi determinado de pastel doce. Pero fareille caso para a próxima. Non crea que me soaba moi ben o de follaldre*: cando o escribín pensaba no típico apelido navarro procedente de familia especialmente dada á concupiscencia.

arume dos piñeiros dijo...

En español, milhojas é, efectivamente, segundo a RAE, "Pastel en forma de prisma rectangular, que contiene merengue entre dos capas de hojaldre espolvoreado con azúcar."
Pode que en galego en efecto sexa diferente. Non o sabía.

arume dos piñeiros dijo...

O italiano tamén diferencia entre un mille foglie e la pasta sfoglia, como en español.

lourixe dijo...

Os nomes das receitas só dependen da imaxinación do tradutor, xa que a meirande parte dos compostos culinarios finolis veñen do francés. Se a "pâte brisée" se traduce normalmente como "masa quebrada", eu xa a teño visto en versión conxelada, nun envoltorio onde se lía "pasta brisa". Algún día haberá quen lle chame "pasta follada" á "pâte feuilletée"...

arume dos piñeiros dijo...

Como leva manteiga...
Aínda que poden empregar o de foliada, pero creo que tamén é outra cousa.

Leituga 1 dijo...

É certo o que di a nosa querida amiga Lourixe. En portugués dise "massa folhada", en nalgún restaurante galego e con carta exquisitamente normativa eu xa teño visto iso, ou sexa: "masa follada". Non sei se non haberá que reivindicar o "follaldre"...

Xohan da Coba dijo...

Non tomen a cachondeo a tarta "milfollas".En matemáticas úsase o seu procedemento de preparación coma modelo pra explicar un determinado "fractal".XD.

Xohan da Coba dijo...

Aiquí teñen fractáis artísticos.

FRACTÁIS-