2 nov 2007

Ferrín e o Samaín/ 1 decembro en Allariz
Colonialismo ou tradición? Ferrín, en Tempo de Santos, hoxe no Faro, desmonta a suposta tradición galega do Samaín, que para el non é máis que un remedo das películas uSA.
Por outra banda, a edición da Voz de Ourense dá conta da convocatoria do 1 de decembro 2007, dun xantar de antigos militantes da Asemblea Nacional-Popular Galega (ANPG), entre 1974 e 1982. Ocúpase da organización o historiador Bieito Alonso: "Morriña nacionalista", crónica de Xosé M. Rodríguez.

41 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, na crónica de XMR creo que habería que facer dúas matizacións. O artigo ó que se alude, de A Nosa Terra, creo que era de Xosé Miranda e del se falou neste blog.
E, cando fala do escritor de Coles, quizais haxa confusión Bieito Alonso: Bieito Iglesias, pois, no que eu sei, a familia de B.Alonso, "Roi", era de Entrimo.

Anónimo dijo...

Estes xornalistas indocumentados!

Anónimo dijo...

Neste tempo de confusión bipartita e río revolto...

Neste tempo de autonomistas reciclados...

Neste tempo de galeguismo tépedo-literario...

pedimos que volva a Asociación de Napiudos Progresistas Galegos (a-ene-pe-gá), con tres pares de napias.

Vivan os napiudos. Morran os nachos! Pela libartazóm! Nem ponto de comparazóm!

Anónimo dijo...

Eu concordo co que dixo Saavedra noutra entrada: estou farto do Jalogüín, do Samaín e toda esa leria.

Anónimo dijo...

E así e todo, ¿como combinamos o testemuño de que hai décadas se tallaban os cabazos ou nabos? Artigos coma o de Ferrín hoxe, ou Monxardín o outro día, son importantes pola necesidade de fiar fino. Fiemos fino de todo, porén, antes de falar de imposturas, que é palabra seria: se hai testemuños de xente maior, contradicilos debería levar incorporada a proba.

Do Samaín é notorio que usa unha palabra que non é propia; afástase, con todo, do estándar inequivocamente alleo e "globalizador" e designa, minoritariamente, unha alternativa.

No que me toca perto, antonte os nenos furaron as cabazas e puxeron as candeas. Na cea, sopa de cabaza; arroz con níscaros, castaña cocida e un rolo de polo, pementos, ovo e oliva; chulas de cabaza con recheo de nata, unhas, e crema outras. Aproveitou.

Iso si, na escola o meu pequeno tivo o halogüín. Compensámolo despois.

Anónimo dijo...

O dos da AN-PG recórdame o xantar de ex-ERGAs que fixeramos hai anos en Compostela; estivera francamente ben, nada "oficial". De facerse unha macroreunión nacional de ex-anepegallos había ser tamén digna dun comentario: cando a anteriormente indicada non había Solaina.

Anónimo dijo...

Andamos dun exquisito con estas cousas que non nos damos conta de que aos rapaces gústalles a festa, chámese como se chame.
En todo caso, é notoria a coincidencia de certos sectores nacionalistas por promover o samaín fronte ao jalouín e o da ortodoxia católica por promover os defuntos fronte a "espurias" festas. Eu, como, en Gone with the wind, Clark Gable a Vivien Leigh: frankly...

Anónimo dijo...

No xantar habería sitio para os membros de APG, da FPG, do POG e para os expulsados varios daqueles tempos? Ferrín, Manolo Guede... Ou el será un acto de onanimo patriótico?

Anónimo dijo...

Fiar fino, coma unha tanza diría eu.
Hai 40 anos por difuntos/santos na marxe norte da ría de Pontevedra había como mínimo tres tradicións non televisivas (anteriores á televisión), a saber:
1. cos calacús facer caliveras e meterlle velas.
2. pedir polas portas de día, "polos seus difuntiños".
3. comer castañas cocidas con anís/fiuncho.

chamarlle halloween, ou samaín e a mesma carallada, niso concordo co Ferrín.

Marcos Valcárcel López dijo...

Na información que a min me chegou, trátase dun "acto afectivo" e exento de connotacións políticas. A ninguén, pois, se lle vai preguntar pola súa adscrición política actual, se a houbese, e a convocatoria é aberta a todos os que militasen na ANPG entre 1974 e 1982 (eu entendín que se referían só á zona de Ourense, non sei se o ámbito xeográfico é maior ou non).

Anónimo dijo...

Ou sexa, que a ese xantar teñen prohibida a entrada a concelleira de cultura de Ourense e o seu asesor fáustico: nunca militaron na AN-PG entre 1974-1982.

Como di o refrán, sempre virán os que non te deixen quedar mal.

Anónimo dijo...

A concelleira debía ser moi noviña, non?

Anónimo dijo...

...Eu vin as fotos do 25 aniversario da fin da carreira en Santiago e parecéronnme todos unha pandilla de vellos que pensaba eu deberan ter feito a mili con meu pai.

É mellor beber da pouco cos colegas que recordar cousas como os "circos" das Encrobas, Baldaio, Xove... a noite das bandeiras cando os nenos de Vilamarín... a Celulosa... sobre todo porque os netos aínda non escoitan...

Saudosos.

Anónimo dijo...

???????

Anónimo dijo...

Sobre o da Festa de Vivos e Defuntos, e sobre a véspera: os nacionalistas inventar aínda inventamos. Pero antes de nós chegar xa había país, madia leva se non había.

Marcos Valcárcel López dijo...

Anímese, sr. Etxkeoqueai: seguro que se encontra con vellos coñecidos. E un día de nostalxias tampouco mata a ninghén...

Anónimo dijo...

Éme imposible conseguir " A voz de Galicia" de hoe, por favor, Marcos, podías darme o teléfono ou outro contacto. Graciñas.

Anónimo dijo...

Sobre o mesmo do que falaba antes, e en alusión a algo dito noutro fío: xa é inventar. E non vexo ao Consello da Cultura propalando andrómenas integrais. Nin por despiste.

Anónimo dijo...

Testemuños na Arroutada.

Anónimo dijo...

Non sei se será por afastamento social, se por leva-la contraria ou se por fiar fino, pero a min tamén me importa un pito o samoín e o hallowen. Os mortos mortos están. E o demáis son excusas para facer festa. Iso sí, a primeira vez que escoiten a verba samoín, foi onte, e alucinei.

Anónimo dijo...

O que está claro e que os yankis teñen o Halloween,i eso non llo cambea ninguén.E nós,de parvos,cheos de complexos,a copiarlle as súas tradiciós.

Anónimo dijo...

A min contarome que fai moitos anos os nenos tamén baleiraban cabazos e lles poñían velas nos cruces dos camiños, e sobre todo nos muros do camposanto. Eso si, descoñecían o marqueting (un problema moi galego!)e esqueceuse. Agora os americanos metennos o jalogüin ise ata por vea... No fondo foi un problema de marqueting, agora nos temos que pedir unha palabra extranxeira pra denominalo día dos santos de toda a vida...

Anónimo dijo...

Outra tradición "inventio" recente: o mega-macro-hiper-botelllón do día 31 de decembro. Mesmo a "nochebuena" nunca se celebrou en Galicia até hai unhas décadas.

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA EDRADA:
pARA "a morri�a nacionalista" s� te�o este contacto, que che paso; a� podes confirmar a t�a asistencia:
bieitoalonso@edu.xunta.es

Anónimo dijo...

O de pedir en Halloween lembróume unha cousa da miña infanza rural.

Xa saben que en tódalas aldeas había un lavadeiro público(na miña aldea "laga"),onde iban as mulleres lavar roupa e,de paso,falar todo o que puderan.Cada certo tempo,cando a auga estaba xa moi suxa e habia restos de xabón xa indisolubles pegados ás beiras,tres ou catro rapaces da aldea xuntábamos pra limpalo.Puñamos unhas "katiuskas",valeirábamos a auga ,limpábamos,enchiamos de novo con auga limpa e adecentábamos o entorno.Logo,sen cambiarnos de roupa,ibamos de casa en casa "cobrando o servicio" ás mulleres.Unhas dábanos un peso,outras un huevo,outras un chourizo.Aparte deso,quedábamos coma "heroes" e moi loubados.Sentiámonos importantes.Repartíamos os cartos e as outras cousas.Xa na casa,as nosas náis preguntábanos con detalle o aporte de cada veciña.

Anónimo dijo...

Na casa do Brétemas, os testemuños chegan de ben partes distintas. Por haber, hai incluso unha alusión ao Chad cuxo alcance referencial me escapa un pouco.

Anónimo dijo...

Se lle escapa por irónica. Pablo Eifonso pretende desmitificar, creo, eses costumes como propios presupoñendo que no Chad tamén os hai. Supoño que tamén terá en consideración que en non poucos lugares do catolicismo ou do cristianismo a celebración dos defuntos é semellante ou idéntica á que se practica en Galicia. É o que ten a globalización do cristianismo.

Anónimo dijo...

No de irónica xa estaba, Arume; pero ségueseme escapando, adoita pasarme con diversas e pretendidas desmitificacións. Canto ao outro, obviamente a liturxia ten pautas comúns con carácter universal ou case (ben sabe o significado etimolóxico de "católico"). Pero unha cousa é a liturxia e outra, paralela, a da noite en cuestión (chamaríalle Samaín de boa gana, pero non a imos liar por tan pouco).

Anónimo dijo...

Pois chámelle San Maín.Agora hai que inventar quén foi o Maín ese,e qué relación tén cós cabazos.
Xohan da coba convoca o concurso de relatos cortos "Quén foi San Maín".
Bases:
-O relato será breve e pra tódolos públicos.
-Gardará relación cun cabazo.Que non teña nada que ver coa desaparición pola noite de alguén,aparecendo ó outro día un cabazo no seu canto.Que eso está moi visto.

Premio: A determinar
Xurado: A determinar

Anónimo dijo...

L'uso di zucche o, più spesso in Europa, di fantocci rappresentanti streghe e di rape vuote illuminate, è documentato anche in alcune località del Piemonte, della Campania, del Friuli (dove si chiamano Crepis o Musons), dell'Emilia-Romagna, dell'alto Lazio e della Toscana, dove la zucca svuotata era nota nella cultura contadina con il nome di zozzo).
A antropoloxía permite ver que a globalización ven do pasado, non do futuro.

Anónimo dijo...

Concordo, en boa medida, se lle cambia o termo: o presente non hai quen o salve.

Anónimo dijo...

Foi San Maín varón ilustre e celebrado pola súa modélica conducta e proverbial pureza. Nacido no seo dunha rica familia pagana, foi dende moi cedo chamado por Deus á superación de probas, tanto físicas como espirituais, que acreditarían grandemente a súa santidade.
Maín era un neno afable e bo, a pesar de non ter sido nunca depositario do cariño dos seus pais. Era a súa nai a malvada e desnaturalizada Palmyra, muller lasciva e amante de toda clase de placeres pecaminosos, cuxa pervertida sensualidade atopaba acougo nos tormentos aos que, dende o momento mesmo de dalo a luz, sometía ao pequeno e compracente Maín.
Quixera a divina vontade que Maín nacera cunha deformación corporal pola cal a súa cabeza non era cabeza, senón cabaza, feito este que provocou gran xenreira na dexenerada Palmyra. Consideraba esta que Maín non era descendente digno da beleza que a adornaba nin da caste da que procedía. E sen escoitar as súplicas do seu home, o rico propietario Apuleio, quen, movido pola natural querencia que os proxenitores sinten polos seus froitos, imploraba diante da súa corrupta cónxuxe un trato menos brutal para Maín, dedicábase Palmyra a facer do futuro santo obxecto de pública irrisión. Obrigábabo a pasear con ela a diario polas rúas e prazas de Roma cunha corda atada ao pescozo e un cirio prendido na cabeza, mentres o rufianesco séquito de escravos que os acompañaba avivaba o inmoral espectáculo con chanzas, bailes, cánticos burlescos e músicas profanas.
Maín soportaba todas as befas ás que era sometido con humildade e submisión. Secretamente instruído por unha escrava tracia nas belezas da relixión cristiana, Maín respondía ao cruel martirio que lle inflixía a súa nai con pregarias ao Señor pola súa alma e peticións fervorosas de perdón e salvación.
Un día que era o primeiro do mes de Novembro, Palmyra, que non cesaba nunca de procurar novas e cada vez máis torpes ocasións para o oprobio de Maín, levouno á casa dunha muller de nome Felina, dedicada ao vil oficio de vender publicamente o seu corpo. Palmyra ordenoulle a Maín que xacese con Felina espido e na mesma cama, ao que Maín se negou dicíndolle con ton bondadoso e suave que o seu corpo era templo do Señor e non estaba el autorizado a mancillalo, aínda que fose a súa nai quen tal mada lle fixese.
-¿Como? -arrepúxose Palmyra- ¿Négaste a obedecerme?
Ao que respondeu Maín afablemente:
-Se o meu corpo fose meu, faría todo o que a miña nai querida me ordenase. Pero o meu corpo é templo do Señor e só a el obedece.
Ofendida e fóra de si pola negativa do seu fillo a pecar nos brazos de Felina, quen o estaba a facer obxecto de tocamentos impuros, Palmyra díxolle a un dos seus esbirros, un xigantesco escravo nubio, que sodomizase a Maín. E cando aquel negro bestial e pagano xa se aprestaba a cometer tan abominable acción, Maín exclamou:
-¡Antes morrer que pecar!
E, en dicindo isto, colleu o cirio que portaba sobre a súa cabeza e inxeriuno por enteiro. Naquel momento, un resplandor enceguecedor impregnou o corpo todo do neno e uns efluvios de rosas puras como a auga cristalina dun río nacente asulagaron a estancia.
Diante daquela evidencia da presenza de Deus, Palmyra, Felina, o escravo nubio e todos os criados cairon ao chan, postrados e cantando loanzas ao Señor.
Maín subiu aos ceus e, dende aquel ano, celébrase o 1 de novembro o día de San Maín, que non é tradición celta, senón romana.

Anónimo dijo...

Se non é vero, é molto ben trovato: é o que agora chamamos "montar un cirio". Pero quédame a dúbida se non foi a noite do 31: é o que ten o cómputo por idus ou por témporas. Esta última non confundir con outras cousas que aparecen no conto do grande Leituga 1, do que descoñeciamos a súa faceta de haxiógrafo: un novo Iago da Voráxine.

Anónimo dijo...

Puntos pra o relato de Leituga1,do 1 ó 10.

Eu dóulle ...8

E non me fagan como ese da TV que lle da un "1" a todos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu case lle dou un 9 a Leituga e anímoo a seguir por ese camiño: por unha auténtica haxiografía galega!!

Anónimo dijo...

Eu doulle a Leituga One un 8.5, con visos de levar un 9 na próxima avaliación e, se segue progresando así, probablemente unha matrícula de honra a fin de curso.

Anónimo dijo...

Eu daríalle un 10, pero como incita á lascivia e á libertinaxe exaltando as imaxinacións enfebrecidas polo sexo, condéoo á mazmorra do cero ate que escriba un conto piadoso adicado ao marqués de Sade.

Anónimo dijo...

Moitas grazas polas súas xentís e máis que xenerosas avaliacións. Pero, se me desculpan a brusquidade, o que quero saber é a canto ascende o premio, prometido -aínda que "a determinar"- polo organismo convocante do certame, ou sexa don Xohan da Coba. Gustaríame, cando menos, recibir un diploma, aínda que sexa por correo electrónico, que poña "1º Premio do Concurso de Relatos Breves ´Quen foi San Maín`". Non ganei nunca ningún premio literario e, cos meus anos, xa empezo a botalo en falta.

Marcos Valcárcel López dijo...

UN CONCURSO LITERARIO DO BLOG, POR QUE NON?
Leituga acaba de encenderme a lámpada. Por que non un concurso literario nacido neste blog, sequera honorífico se non encontramos outro patrocinio? Parécelles unha bavecada ou non? A competencia sería moi dura, abofé. Deixenme pensalo, quedo remoendo no tema: tería que ser un proxecto orixinal e divertido, iso si.

Anónimo dijo...

Leituga1: Deme o correo electrónico que lle mando o "diploma virtual".E,se me dice como facerllo chegar,mándolle un trofeo con placa e algún agasallo.

Anónimo dijo...

Ou,se lle parece mellor,fágollo chegar a Marcos,pra que llo faga chegar a vostede.Dénme ideas prá figura do trofeo.E pró texto da placa,que vostedes tamén estaban no xurado.