Ferrín e os nosos nomes e apelidos
Seguín con atención a serie de Ferrín no Faro sobre os nomes e apelidos galegos. Falamos aquí dela cando se referiu ó meu propio apelido.
Agora chégame o libro e agardo aprender moito das súas páxinas. Cada entrada está chea de suxestións: os xudeus, O Tío Marcos d´a Portela, os ríos de Galicia, indixenismo ou vasquismo, galegos e/ou portugueses, de francos e franceses, Gallaecia Germánica, do galeguismo de Cervantes, etc.
Un libro, sen retóricas, imprescindible.
7 comentarios:
Sabe alguén se o "DICIONARIO GALEGO DOS NOMES" de Xosé G. Feixó Cid (EDICIONES XERAIS) vai ter unha segunda edición? Eu, para os nomes, recomendo esta obra e non a de Ferrín.
Coido que non son comparables, nin no contido nin no obxetivo.
Por favor,non deixen de ver este video desde o minuto 3.15 :
Pinchar
Equivoquéime.Era pró da nostalxia.:((
O de Feixó Cid estaba moi ben. Entre outras cousas porque puña o meu nome como exemplo de entre os que "teñen sona". He, he.
En serio, era un libro moi apañado e útil.
Cómpre engadir que, con desbordante xenerosidade, deberían aparecer arredor de dúas mil persoas que "teñen sona" no dicionario de Feixó. Entre eles moitos dos que veñen por aquí. Así que... menos lobos, apicultor.
Tamén saíra no Correo,fai unhos doce anos,un "who is who" de galegos colecionable.Farían bén en reeditalo,actualizado.´Poderían engadir os nicks de internet?
Publicar un comentario