Axenda (propia) inmediata
Venres 23 novembro. Presentación en Lugo de “As mans do medo”, co autor, Xosé Miranda, e M. Bragado.
Luns 26. Seis anos da Sección de Literatura do Liceo: conferencia sobre literatura popular galega.
Sábado 1 decembro. Encontro vellos militantes da AN-PG en Allariz (xantar).
Martes 4 decembro. Actos Pen Clube dedicados a Blanco Amor en Ourense.
Luns 10 decembro. Encontro Prensa e Nacionalismo no Consello da Cultura Galega. Conferencia sobre ese mesmo tema, no centenario de ANT.
Xoves 13 decembro. Coloquio Carlos Casares en Ourense. Conferencia “Vida e literatura na obra de Carlos Casares”.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
7 comentarios:
Caramba Marcos, van apretados os días, pouco mais e precisas dun clon.
a ver se nalgunha coincidimos.
Sen ningunha dúbida que precisa dun clon, e tamén dunha secretaria (ou secretario) e dun chófer (ou choferesa).
Eu pódio caracterizarme de "doble" e representalo nas paparotas.
Non me viña mal ningunha desas cousas que propoñen: o certo é que hai datas que se acumulan as cousas e pásame case todos os outonos. A maioría dos actos son citas cos amigos (ás que non se pode faltar) ou temas que sempre me interesaron moito (historia da prensa, Casares), dos que tampouco me gustaría estar ausente. Faremos o que poidamos... E, para Xohán da Coba, podemos estudalo: deixo de ir a algunhas paparotas, para non abusar do corpo. O meu sitio queda libre neses casos.
Por interese de todos, suxeriríalle a Marcos colgar ou apegar aquí o discurso de onte, aquí, en Lugo. O interese radica en aspecto literario, plástico e crítico; acaba con tres preguntas que poderían dar lugar a debate.
Logo do discurso, e a intervención do Miranda, pagaría a pena contar a peripatética (e escasamente cervéxica, onte non báquica) conversa pola Tinería. Pero, para iso, case mellor que veñan vdes. e reproducimos o evento.
Graziñas,Marcos.Pero a mín tamén me chegan bén as miñas "paparotas".Antronte cea en Ourense e hoxe comida en San Estebo.E agora empeza Decembro...meu Deus.O 2008 con trinta quilos máis.
Pero vou chamar a unha de esas empresas que fan caretas pró carnaval con rostros famosos,a ver se fan a do Marcos Valcárcel pró de este ano.Un éxito de ventas.
Pois non sei eu se encargar unhas de Xohan da Coba, para ir a eses festíns e para ligar (con dous cabalos ou sen eles) no aninovo. Pagaranse a precio de ouro.
Publicar un comentario