29 nov 2007


Marías

(Bieito Iglesias en ECG 29 nov.)
(A imaxe real das dúas Marías procede do blog La Dama del Bosque)


Coa invernía quedan soas as Marías baixo a chuvia, sen turistas que lles pasen o brazo polo lombo para retratarse con contento infantil, como se estivesen en Disneylandia agarrados a Mickey Mouse. Témonos preguntado o doutor Fernández Pintos e mais eu (cando a tertulia dos xoves nos leva polo rego das cousas compostelás) de onde lles viría a nomeada.
Das Marías de Israel, que saían nas procesións de Semana Santa? Do conto tradicional As tres Marimondas, que trata de tres mulleres mal aviadas asustadoras dos nenos? Sexa mostra da cidade levítica na que moraron -coa simboloxía relixiosa omnipresente- ou comparanza con antroidos folclóricos, o caso é que as tres Marías (en verdade lémbranse dúas, a terceira faltou xa nos anos corenta) sobreviviron a alcumes e malicias humorísticas. Brillan na memoria citadina como notas de cor (a cor dos seus vestidos ou panos da cabeza e o po de arroz das súas caras) en medio dun Santiago escurecido pola posguerra, sen o café-cantante do primeiro terzo do século e co cinema como única escapatoria da pacatez. Cando as autoridades exiliaban os bailes da mocidade fóra do casco urbano, cando a soa diversión dos rapazolos era meterse cos villeus, elas paseaban maxestosamente polo Toural ou pola Alameda, encarnando un ideal feminino prohibido na época, pois non se conformaban coa división entre esposas decentes afectas ás novenas e perdidas moi perfumadas (as queridas dos señores) ou recluídas nas reservas do Pombal e d´A Rapa da Folla.
Teimaban na exhibición dun romantismo algo demodé, que no entanto supuña unha declaración de fe inquebrantable na beleza da vida coloreada e coqueta. Son a versión local de Gradisca, inesquecible personaxe de Fellini que paseará sempre por Rímini e polos fotogramas de Amarcord. Fermosamente apúñanse ao tenebroso nacionalcatolicismo, ataviadas como sacerdotisas de Madonna Frivolidade, "raíña do flirt e nai da galantería", en palabras de Vicente Risco.

49 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Estaba esperando un artigo como este de BIEITO IGLESIAS, que mañá volve de México, para colgar estas dúas imaxes de AMARCORD, na cerna da memoria sentimental de moitos mozos da miña xeracíón.

Marcos Valcárcel López dijo...

Tomen nota tamén da chiscadela final do Bieito ó mestre Risco.

Anónimo dijo...

Estaba eu lendo no ECG precisamente o artigo de Iglesias (é o meu almorzo dos xoves) mentres vostede incluíao no seu blog. Un dos mellores (e mira que son bós todos) de Bieito (que non creo que vaia á Havana despois de estar en Guadalajara, non é?). Amarcord é, indiscutiblemente, non só a cerna da nosa memoria sentimental senón da primeira arte (o da séptima será en chegar, pero non en grandeza). Cada fotograma, cada persoaxe, a completa banda sonora: todo. A miña película favorita (Cantando baixo a chuvia/choiva compite tamén pola miña predilección).
A comparanza entre as Marías e a Gradisca ben ao caso, aínda que calquera pode ver moitas diferencias. O importante é, como indica Bieito Iglesias, ese fío de contestación, de orgullo individual camiñando fermoseadas entre a grisalla do tempo.
Unha nota filolóxica: moito lle gusta a Bieito o emprego, ao meu xuízo italianizante, dos termos citadina e contadina (que lle vin noutros artigos). E moito me gusta a mín.

Marcos Valcárcel López dijo...

Amigo Arume e contertulios todos: dende aquí lanzo ó reto ós moitos fans do xornalismo (e da novelística) de BIEITO IGLESIAS. Por que non lle facemos algunha homenaxe, pequena, simbólica, pero emotiva, aló pola primavera?

Anónimo dijo...

Temos a vantaxe de que como non le nin este blog nin nada semellante do ordenata, a discreción neste caso é absoluta. Creo que a homenaxe vai de seu.

Anónimo dijo...

Pois, adiante!: eu empezo co que me parece, merece, e tiña pendente, leer as últimas suas obras.
E pensando xa na súa firma

Anónimo dijo...

O paso do tempo tende a dulcificar ou mitificar certos recordos.

En galego, unha "María" é unha muller estrafalaria, excéntrica, que soa con máis empaque.

As Marías debían padecer algunha enfermidade mental, sen dúbida polas calamidades que deberon pasar despois da guerra e polo asasinato dos seus irmás cenetistas. Eran obxecto de escarnio, burla e maldicer por parte de tutus quisquis naquela época. Élles a outra cara da moeda.

Anónimo dijo...

As Marías de Israel das que fala Bieito son as da tradición case medieval dos tropos teatrais da Visitatio Sepulchri, por suposto moldeados poéticamente sobre a base dos textos do novo testamento.
Unha delas era a María Magdalena, a prostituta arrepentida, de longos cabelos e expresión contrita que vemos en miles de imaxes desde a Idade Media lavando os pés a Xesús. Esa acepción que vostede apunta, amigo Swann, tal vez derive desas imaxes tan coñecidas e populares.

Marcos Valcárcel López dijo...

A min tamén me sorprendeu que Bieito non fixese ningunha referencia á traxedia da guerra e ós irmáns cenetistas asasinados: quizais non coñecía este dato?

Anónimo dijo...

A ver,enlazo imaxe:

Marías,Compostela

Anónimo dijo...

En efecto, As tres Marías eran irmáns dun coñecido líder anarcosindicalista compostelán, que fora asasinado cando a Guerra Civil. Sabía o nome pero esquecíno (vou ter que recibir clases de XDC sobre a "super-memoria!).

Anónimo dijo...

Irmás, en feminino, desde logo.

Anónimo dijo...

Xa que se acerca o Nadal, é momento de ter un detalle cos amigos.

Eu agradecería que alguén me agasallase a seguinte obra:

Obras Completas de Manuel Azaña
Dir. Santos Juliá
Esta edición de la obras completas de Azaña, coordinada por
Santos Juliá, quizás el historiador español que mejor conoce la
figura del presidente de la República, recupera textos inéditos
y dispersos, y compone una obra monumental, la mayor jamás
publicada, que nos descubre a un gran hombre cuyo pensamiento
político se adelantó a su tiempo.
100808889 [390,00 €]

Para Arume o regalo ideal sería o seguinte:

Poema de Mío Cid
En conmemoración del VIII centenario del único manuscrito que
se conserva del Poema de Mío Cid, realizado por Per Abbat en
1207, les ofrecemos esta fiel reproducción facsímil del original
custodiado en la Biblioteca Nacional. La obra se presenta en un
estuche que contiene la edición facsímil, la versión del Poema
que realizó Pedro Salinas y un acta notarial que certifica la tirada
limitada de 800 ejemplares.
100799072 [1.428,00 €]

Veña, anímense, que para iso están os amigos!

Anónimo dijo...

De los sos oios tan fuertemientre lorando...
Non, por favor, o poema de mio cid non. Agradezo a súa intención (o de cabalo ...), pero prefiro as obras completas de Azaña. Que digo obras completas!: cunha páxina dos seus diarios de guerra sería máis ca suficiente.

Anónimo dijo...

Pois vale. Marchando dúas de Obras Completas. Queren acompañalas con algunha outra cousa?

(Qué raro que non houbese ninguén que se presentase voluntario para facer os agasallos)

Anónimo dijo...

Irmás ou fillas, agora que o penso.

Anónimo dijo...

Eu, o mais que pódio facer por vostedes, é darlles información do número da lotería de Nadal que vai tocar o 22 de Decembro, pra que pódian comprar tódolos libros que queiran.Vai rematar en 4. Pósiblemente en 74. Mesmo pode ser 474. Ou 5474.Non? Pois digan logo vostedes!

Anónimo dijo...

Algo é algo! Zénqiu, XDC.

Anónimo dijo...

Eu podería agasallarllos, Apicultor. Pero o problema é que só agasallo os libros despóis de lélos eu bén lidos. E non me da tempo de aiquí a Nadal. En tal caso, pra outro ano...

Xaime dijo...

Eu Apicultor estaría disposto a agasallalo co libro sobre Azaña, si considero convincente a resposta a siguiente pregunta:

REPROBARIA AZAÑA A MALENI

Anónimo dijo...

De todas formas, en Santiago a historia das Marías é ben coñecida: esa pode ser a causa de que Bieito non fixera esa alusión que para os composteláns sería innecesaria. Aínda que nós leamos o ECG pola rede, o xornal segue a ser moi de Santiago a pesar do plástico que comparte con El Mundo.

Xaime dijo...

Esquenzin facelo extensivo a todos vostedes.

Anónimo dijo...

Non a reprobaría: deixaría que fora a propia Maleni quen presentara a súa dimisión ao comprobar que os membros do seu partido e do goberno comprenden que unha saída como esa beneficiría aos seus compañeiros e ao seu presidente. Esa sería a opción de Azaña, por suposto despois de preguntarlle a Maleni: "Que me aconsellas que faga?"

Anónimo dijo...

Resposta para don Xaime:

Partamos da hipótese de que Azaña é Presidente da República (e non Presidente de Goberno).

Sensible ao clamor social contra da Maleni, e constatanto a súa incompetencia en asuntos de Obras Públicas, Azaña evacúa consultas con todas as forzas políticas presentes no Parlamento. Ao mesmo tempo, tamén recaba a opinión de xente da súa confianza e das diferentes forzas sindicais e patronais.

Persuadido de que o mellor para a gobernación do país sería que a Ministra fose cesada (e xa que esta se negou totalmente a demitir a pesar do seus requerimentos), durante varias semanas Azaña ten complicadas reunións diarias co Presidente do Goberno para facerlle ver a necesidade de que a cese. Azaña non pode determinar nada por si mesmo neste asunto, pois, segundo o Artigo 75 da Constitución de 1931 en vigor, non lle corresponde a el separar a ningún ministro, senón ao Presidente do Goberno. Necesita, pois, que este lle faga formalmente a proposta e logo refrendala. A outra posibilidade de apartar á Maleni é que os grupos parlamentarios da oposición presenten unha moción de confianza, e se esta triunfase, a continuación si faría uso da potestade constitucional de cesala. Pero sabe que esta moción, aínda realizándose, non prospería porque non acadaría os votos necesarios.

Así que a única solución que ten é convencer ao Presidente de Goberno. Tras complicadas reunións, e moitas tirapuxas, presións, exposición de datos e de argumentos, finalmente o convence, decidindo a separación de Maleni do Consello de Ministros. Azaña asina a orde, non sen antes ter palabras de consolo para a Maleni, facéndolle ver que o seu sacrificio político é imprescindible para a boa goberanza do país.


[Artículo 75. El Presidente de la República nombrará y separará libremente al Presidente del Gobierno, y, a propuesta de éste, a los Ministros. Habrá de separarlos necesariamente en el caso de que las Cortes les negaren de modo explícito su confianza]

Anónimo dijo...

Pero, amigo Apicultor, o presidente Azaña non sospeita nin polo máis mínimo que antes de chegar a ese punto o presidente nomea a Maleni, aparte do cargo que xa ten, Ministra de agricultura.

Xaime dijo...

Sr. Apicultor, non sei para que quere o libro de Azaña si xa o ten todo no miolo.
Moi bon. Por min encargue o libro e páseme a factura.

Anónimo dijo...

Home, Xaime, eu non dixen cousa distinta do amigo Apicultor e por riba fun primeiro ca el. Unha inxustiza moi grande, moi grande. O premio estaba cantado de antemán.

Anónimo dijo...

Para avalar a miña reclamación, transcribo as palabras de Azaña sobre Largo Caballero, antes da súa renuncia definitiva en maio de 1937:
"En su proyecto, el Presidente del Consejo, es decir, él personalmente, no solamente conservaba la cartera de guerra, ¡sino que tomaba las de Marina y Aire! Y habiéndose producido las crisis porque no le querían en Guerra, ofrecía, para "transigir" y recomponer el Gobierno quedarse con los demás ministerios militares."

Anónimo dijo...

Acepte a derrota como un cabaleiro, Arume, e non nos sexa picajoso.

[Qué demo de rapaz. Ademais de levar á máis guapa, tamén quere ser o máis guapo... :-)]

Anónimo dijo...

Tempos aqueles en que se chamaba ás cousas polo seu nome:"Ministerio da Guerra".Nada de eufemísticos "Ministerio de Defensa" nin " Ministerio da Paz",que é o seguinte paso,e máis terríble.

Anónimo dijo...

Aiquí está a foto que servíu de modelo á estatua da Marías:

Marías

Marcos Valcárcel López dijo...

eU BEN LEMBRO as Marías paseando por Compostela e algúns estudantes a meterse con elas. Subiremos a foto ó blog, que ben o merece, dende logo.

Xaime dijo...

Aínda que algúns estudantes se metian con elas, lembre que non calaban e a máis de un lle teñen montado un escandalo.
Unha pequena anécdota.
Debeu ser a finais dos 80, o PRINCIPE CALIN, que quería presumir diante dunha moza irlandesa que cantaba a capella con él na Quintana, pola tardiña, cando pasaron as Marias, fíxolles un feo, escomenzaron a berrarlle e a chamarlle de todo ca anuencia e axuda de todo O Franco, xaora, que máis lle valera que o tragara todo o licor café que levaba encima

Xaime dijo...

Sr. Arume, foi aceitada a súa reclamación, pero non sexa hortera de pedir un libro de Azaña.
Téñolle algo que lle vai facer máis ilusión, e nón e un billete de avión con estancia paga na ponte que ven en Rimini para vostede e a familia, precisamente.

Anónimo dijo...

Home, don Xaime, moi bonito, eh, moi bonito. Despois de felicitarme chámame agora "hortera" por pedir as Obras Completas de Azaña.

Pues a lo hecho pecho y no se hable más. Xa encarguei o premio que lexitimamente me corresponde e o luns a primeira hora pasaranlle polo seu despacho a factura de 390 euros, que é o custe en libraría das devanditas Obras Completas.

Xaime dijo...

o domingo voume para as Seixelles con Xohan da Coba, e moito teñen que cambia-las cousas para que voltemos.

Anónimo dijo...

Xa, claro. A un paraíso fiscal a lavar fondos do (narco)tráfico de nécoras.

Anónimo dijo...

Pero, Xaime, tamén nas Seichelles hai convención de escritores/as organizada pola consellería?

Anónimo dijo...

A saber a que irán as Seichelles estes dous alamentos.
A papar nécoras non creo que vaian, que para iso xa teñen o restorán Carretas, en terreo neutral, no triángual Necoril Lugo-Aurens'-Compostela..

Xaime dijo...

Puñetera endivia

Xaime dijo...

Non aguanto máis, e como o outro non vos dí nada, tereivolo que dicir eu: Imonos casar.

Anónimo dijo...

Este "post" empezou cunhas Marías, logo derivou nunha señora dándolle de mamar (?) a un señor e agora vennos esta leda nova do singular enlace. E logo din que co Interness non se liga...

E eu pregúntome: están as súas respectivas costeletas ou medias laranxas enteiradas do feliz enlace? Que lles botarán, senón arroz la Cigala, o día do casamento? Ou serán garavanzos gordos coma puños?

Están xa apercebidos da voda (con "v" fricativa) o tutto-Aurens' e as mejorcitas familias intra-murallas de Lucus Angustias?

Anónimo dijo...

Pero,Xaime.Non quedamos en que era secreto o tema?

Anónimo dijo...

Joer,Xaime.Que si vamos pró extranxeiro logo non podemos votar nas municipáis.Por moito que diga o Ferrín.Ainda que presentar,igual pode presentarse igual.

Xaime dijo...

O que tí digas, cariño

Anónimo dijo...

Eso é.As cousas bén dende o principio...
Cabalo,tráeme a palangana pra lavar as máns! Senón,fágoche coma ó galo,que xa o ensartéi por non obedecerme!

Xaime dijo...

Oe tí, non te pases, que te volves para casa de túa nai.

( eso é o que me dín a mín cando presento batalla)

Anónimo dijo...

Dílle a muller ó marido: "Non te agoanto máis.Vóume prá casa da miña nae". Respóstalle él: " A túa nae enfadóuse có teu pai e marchóu pra onde a túa abóa. Vai pra alá."

Anónimo dijo...

Hi I'd like to congratulate you for such a terrific quality site!
Just thought this would be a nice way to make my first post!

Sincerely,
Monte Phil
if you're ever bored check out my site!
[url=http://www.partyopedia.com/articles/baby-einstein-party-supplies.html]baby Einstein Party Supplies[/url].