21 nov. 2007

Mas ofrece un proxecto transversal dunha Catalunya que decida por si mesma
(Titular de La Vanguardia)

O líder de CIU propón consulta popular e Govern de concentración se o TC tumba o Estatut

Mas renunciaría a ser presidente nun goberno de concentración
O presidente de CiU non planteará a autodeterminación se supón "fracturar" a sociedade catalana
O PSC acusa a Mas de "copiar" a vía Ibarretxe e de enmendar as teses de Pujol
Duran defende o dereito á autodeterminación pero subliña que non equivale a pedir a independencia

Mas substitúe siognificativamente o termo nacionalista polo de catalanista, mesmo para definirse politicamente el mesmo.

30 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Sabe algo que os demáis non sabemos?

Xohan da Coba dijo...

Que alguén comente algo do que dixo Quintana da cidade da cultura,que a mín non me entra ca cabeza.

Anónimo dijo...

Algo parecido comentou Touriño.

arume dos piñeiros dijo...

A mín, xa postos, me gustaría comentar o anuncio de hoxe no xornal sobre o proxecto Gaiás. Albergar catálogos de libros ou arquivar referencias non leva un edificio enteiro, a menos que se propoñan trasladar para alí toda canta biblioteca ande por Galicia. Dame preguiza, non obstante, comentar o resto, con eses nomes tan deliciosos de observatorio ou de espazo, tan por outra parte desprovistos de calquera concreción. En fin, esto dará para moito. Ou non, porque parece o peixe vendido. E non me refiro a ninguén, ollo.

jimy de rairo dijo...

O coñecimento sobre a necesidade da Cidade da Cultura semella estar pechado nunha caixa acorazada en San Caetano, supoño que para que o vulgo non coñeza esas razóns, e facer delo un dogma de fe, que algún día ser revelará, cando esté rematada.
É un insulto a intelixencia cidadán os argumentos dos dirixentes políticos. Se teñen boas razóns para a continuidade do proxecto, que as expoñan, eu como moitos descoñézoas, por agora o mais razonabel é a interrumción, a desviación, o cese cos menores costes posibeis, porque sinxelamente non saben que están a facer, canto costará, de que contidos a van a hencher...non saben e siguen dogmáticamente a verter nela cartos públicos.

Como repercute na cultura hoxe ese gasto, que se deixa de facer?....alguén pode apuntar algo?

Anónimo dijo...

Pasta,pasta,pasta...e pode ser miña...pasta...pasta fácil...

Nostradamus dijo...

O Quin rematará no trullo no 2017.

j dijo...

O dogma é que será rendibel, unha cuestión de fe.

Todos os que se opoñan a partir de agora, a partir de deixar as cousas tan claras, serán uns armadanzas que protestarán por protestar, expresións marxinais, porque o povo o ten claro, a cidade da cultura será rendibel.

Para quen...

Xaime dijo...

Entresaco dunha nota de prensa o que dixo Quintana:
O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, detallou no Parlamento galego, na súa comparecencia na Comisión da Cidade da Cultura, o proxecto cultural que o departamento da conselleira nacionalista Ánxela Bugallo ten deseñado para a Cidade da Cultura. Quintana destacou que o complexo do Monte Gaiás é “un problema herdado” do anterior Goberno, pero deixou claro que os gobernantes teñen a responsabilidade de converter os problemas en oportunidades, e no caso da Cidade da Cultura explicou que isto pasa por “poñer a Cidade da Cultura ao servizo de Galiza como nación cultural”, ao servizo da nosa lingua e das manifestacións culturais e artísticas que nos son propias.

E eu digo

Un proxecto que Fraga tiña como un soño, resulta que o noso Vicepresidente en aras da responsabilidade e a sabiendas de que Galicia, segue a ser obxetivo Un da Unión Europea e que non temos infraestructuras como para facela rentable, sen encomendarse a Deus nin o Diaño, na propia Comisión Parlamentaria onde o seu propio partido tentaba depurar responsabilidades políticas en ata penais, resulta que nos sae con que vai seguir adiante o choio.

Cando se caia a cachos por non haber destino o polo coste excesivo de mantenemente que terá a ditosa cidade, a quén lle pediremos responsabilidades, os que a emperezaron por capricho ou os que a remataron a col..ns
Estache boa a navalla.
En todo caso os razonamentos que me pareceron máis lucidos, xa os dixo Arume no seu blog.

Anónimo dijo...

E eu entresaco o que di o noso presidente:

"«La Ciudad de la Cultura será rentable y útil», ya que se convertirá en un instrumento «de extraordinaria importancia» para la integración de Galicia en los grandes circuitos internacionales del arte, la música, el teatro, el libro, la investigación o los grandes debates globales."

"Unida a la ciudad histórica de Santiago, llegará a ser un «poderoso foco de atracción» para el turismo internacional, manifestó, y contribuirá a consolidar Galicia como un destino «de calidad».

E eu digo: a quen quere enganar este tipo?

Anónimo dijo...

A palabra corrumpción soa repetitivamente, condensadamente, continuamente relacionada coa Cidade da Cultura.

Anónimo dijo...

La plataforma contraria al Gaiás acusa a Quintana de realizar el sueño de Fraga
Critican que PSOE y BNG «alaban lo que antes prometían que liquidarían».

Autor:
EFE
Fecha
21/11/2007
Hora:
10:45 h
El portavoz de la plataforma «Cultura sí, mausoleo non» -organización contraria al proyecto de la «Cidade da Cultura»-, Xan Carlos Ansia, acusó hoy al vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, de realizar el «sueño» del ex presidente Manuel Fraga, al proseguir el proyecto.

Ansia, que forma parte de la CIG y es militante del BNG, explicó a Efe que los integrantes de esta plataforma, algo más de mil personas, creyeron en el discurso crítico que mantenían el BNG y el PSdeG sobre el proyecto del monte Gaiás, cuando ambas formaciones estaban en la oposición.

Desde agosto de 2005, recuerda, la Xunta está gobernada por la coalición PSdeG-BNG, tras los comicios autonómicos en los que el PPdeG perdió la mayoría absoluta.

«Tras dos años de Gobierno bipartito hemos constatado que no se han cumplido las promesas electorales ni ha habido coherencia con las críticas al Gaiás por parte de estas dos formaciones», dijo Ansia. Apuntó que lo que han hecho es «continuar con el mismo proyecto del PP» y «alabar lo que antes prometían que liquidarían».

El portavoz de esta plataforma indicó que el actual Gobierno autonómico sólo «ha cambiado los rótulos» de la iniciativa, «lo que iba a ser una biblioteca con el PP, será una biblioteca nacional con el BNG, o lo que iba a ser un museo, será el Museo de Galiza» y acusó a esta formación de «continuismo».

Manifestó que muchos ciudadanos se sienten engañados, pues éste sigue siendo el «proyecto del PP» y un «gran despilfarro de dinero».

El sindicalista achacó esta actitud de la Xunta a «la poca valentía política del Gobierno» y al «provecho electoral que algunos pueden sacar a corto plazo», como «es el caso del alcalde de Compostela», Xosé A. Sánchez Bugallo, «que se asegura la perpetuidad en su cargo».

Añadió que otro interés que tiene el BNG es «colocar a la gente que está en su órbita en cargos de la Cidade da Cultura, donde se crearán seis puestos de directores generales».

«Cada uno de ellos contará con un coche, un chófer, una secretaria» y serán «nombrados a dedo, por amiguismo político y para pagar favores», denunció Ansia.

Añadió que «hay intelectuales que ya están callados y haciendo méritos a la espera de recibir en casa el nombramiento de director general» y todos estos «que ahora aplauden a la conselleira de Cultura».

Asimismo, explicó que «Cultura sí, mausoleo non» se creó el pasado mes de agosto y señaló que «si Fraga dijo que la Cidade da Cultura había salido de un sueño que había tenido, nuestra plataforma surgió de una noche de insomnio y pesadilla, viendo que lo que estaba pasando».

El portavoz manifestó, además, que la Comisión de Investigación sobre la «Cidade da Cultura», que tendrá listo a finales de este mes su informe final y en la que hoy comparece el presidente Touriño, «sólo ha servido para el bombo y boato de los políticos y ha sido una pérdida de tiempo».

Indicó que «debería haber una investigación judicial sobre el proyecto» ya que «hay una presunta malversación de fondos públicos» y con «cantidades tan elevadas es necesario que los responsables respondan ante los juzgados».

Ansia dijo que espera que la iniciativa del monte Gaiás se «termine con el menor coste posible» y que «en los edificios se alberguen unidades educativas o sanitarias que son necesidades básicas para Galicia que no están completamente cubiertas».

Anónimo dijo...

Teñan cuidado os que andan por aquí que como protesten contra a Cidade, poden quedar sen chofer.

Anónimo dijo...

no futuro.

Xohan da Coba dijo...

Uy qué medo,anónimo.A miña dona é a que conduce sempre,porque así eu pódio darlle ó morapio.Graciñas por avisar.

Forza Centrífuga dijo...

Qué,vai saltar en cachos o bipartito polo asunto municipal,ou non?

apicultor dijo...

Non ha chegar o sangue ao río, penso eu.

Xaime dijo...

O que me falla por saber é si forza centrífuga quere que salte o bipartido, ou non.
Unha vez que resposte lle direi o que vai pasar.

Anónimo dijo...

A forza centrífuga (xa non sei se centrípeta tamén), debe de ser un deses centristas de Ourense, ouh (aínda quedan deses)?

Xaime dijo...

Pregúntelle a Baltar, por que Vitorino esta amnésico

mv2/R dijo...

Os centristas sempre fomos centristas.Ou pensan que nos fan do PP por un plato de lentexas que comimos no seu día nos Miragres do Medo?

Anónimo dijo...

Señores centristas: onde están que non os vemos?
Eu o único centrista galeguista que coñezo é de Ourense: é o fillo de Baltar (Baltarciño). Ou é que xa non se acordan daquel extraño peche (que non folga de fame) que protagonizou hai un par de anos cando ao seu pai lle entrou unha perrencha sucesoria?
"Ían comer o mundo" porque Ourense estaba discriminada e Feijo-o non era galeguista...

marcos valcarcel dijo...

Vexo que non entraron a fondo na proposta de Mas e menos nas súas afirmacións sobre cambiar "nacionalismo" por "catalanismo". Sería viable e pertinente esa proposta no noso país? A nivel electoral, creo que si, aínda que a imaxe de "nacionalismo" tamén serve para diferenciación do BNG das outras forzas políticas.

arume dos piñeiros dijo...

Eu lin a crónica da conferencia política de Mas e os comentarios ao respecto. Pareceume que os esexetas cataláns da vanguardia o tomaron con relativa displicencia. O mundo catalán visto desde Catalunya é máis rutinario do que nos parece. E estas cousas que poden soar a novidosas son escrutadas na corte barcelonesa cun escepticismo digno da mellor tradición renacentista.
Sobre a aplicación a Galicia, creo que ese galeguismo transversal, en efecto, obrigaría a reaxustes ideolóxicos no nacionalismo.

Anónimo dijo...

A proposta de Mas pasa por roubarlle os votos barceloneses ao PSC, que tamén se declara catalanista

Xaime dijo...

Artur Mas, ten un dobre problema, a saber: pensa que o Tribunal Constitucional vai rexeita-lo Estatuto, e trata de soltar amarras sobor do compromiso adquirido con Zapatero, que en realidade foi quén o comprometeu, aireando unha posible consulta popular e a conformación dun posible goberno de concentración, no que él cede a presidencia.
E outro, chámase Oriol Pujol, o quinto fillo de Jordi que está chamando a porta para o relevo de Mas, revolvéndose éste nun "mas nacionalista que eu ningúen", largando a proposta da que segundo a propia Vanguardia de onte, visto que non callou, o propio Mas a retirou, alegando que non fora entendedido.
Sobor do cambio de marca "catalanismo por nacionalismo", eu penso que trata de busca-los votos no caldeiro do PP, xa que neste momento, Rajoy e Cía. non se atopan no millor momento en Cataluña, ca competencia eleitoral que lles van plantar os Ciutadans e Rosa Díez, e xaora que tentan que ese voto catalán de dereitas non se despache o PP, como cando gañou Aznar por maioría absoluta no 2000.

mv2/R dijo...

É que estamos esperando que o BNG esté maduro pra que o Cuíña e a sua xente pódiamos desembarcar nel.Que non ha faltar moito.

Anónimo dijo...

Arre-negado seña o demo que entra Colina e os seus muchachos (por certo, quen son?) no BNG...

jimy de rairo dijo...

Neso, estase a traballar.

Anónimo dijo...

You're kidding, man!