21 nov. 2007


Patrimonio e riqueza turística

Nun ciclo sobre a Galicia Sur, falou onte no Liceo ourensán Miguel Anxo González García, cóengo da catedral ourensá, sobre a riqueza patrimonial e monumental da provincia ourensá, a segunda en número de monumentos, despois de Palencia, de toda España.
O maior mérito do conferenciante foi ser capaz de dar, en corenta minutos e con diapositivas, unha imaxe xeral pero abondo completa desa riqueza patrimonial da provincia, facendo un percorrido exhaustivo por todo tipo de monumentos e paisaxes patrimoniais, dende a Catedral, o Santo Cristo e a Ponte Romana ata a Ribeira Sacra e os grandes mosteiros, pero pasando tamén por pequenos monumentos, igrexiñas, capeliñas, petos de ánimas, construcións populares, etc.
Subliñou o escaso coñecemento que moitos ourensáns teñen desta riqueza, anotou con sorpresa o abandono mesmo a nivel turístico de lugares como o Santuario das Ermidas (na imaxe) e loubou as políticas positivas de recuperación dese patrimonio: entre outros exemplos, citou expresamente as vilas de Allariz e Vilanova dos Infantes (estas, engado eu, gobernadas por dúas estratexias políticas ben diferentes, BNG e PPG). Denunciou ademais que o Claustro de San Francisco siga pechado e non se posibilite un sistema de visitas turísticas, moi demandadas nese lugar, de xeito que moitos visitantes teñen que marcharse sen poder velo.
A sala do Liceo estaba chea a rebosar e entre os asistentes estaban presentes o concelleiro de Economía e Facenda de Ourense e o delegado de Cultura da Xunta, Xosé Carlos Sierra.

21 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

Se non me equivoco,ese é o santuario das Ermitas,no concello ourensán do Bolo.Moito me rín unha vez cunha historia real que me contaron de alí.Quen ma contóu era amigo do protagonista:

Un xoven foi de peregrinación ás Ermitas,e chegóu de noite.Como iba tan canso,metéuse a dormir nun confesionario.Pola mañán cedo,chegóu unha señora velliña a confesarse e despertóuno.Él,como lle daba vergonza que se soupera que se metera alí,confesóuna e déulle penitencia e absolución coma se fose o cura.E a velliña marchóu toda contenta e confesada,presta pra comulgar.

Xosé M. González dijo...

Nunca estiven nas Ermidas, aló abaixo; só coñezo a vista desde a estrada que leva da Rúa a Viana. Pero estame a parecer extraordinaria, e suxestiva, a semellanza coa Praça Velha de Viseu. Na Gallaecia sur.

Xosé M. González dijo...

Perdón. A praza viseense chámase, en realidade, Adro da Sé.

marcos valcarcel dijo...

Pois ten que organizar unha visita ás Ermidas, señor XMG. Paga a pena, tanto polo monumento como pola impresionante paisaxe da contorna. Creo que pola Semana Santa fan algunhas actividades especiais, haberá que enterarse.

Xohan da Coba dijo...

Visite as Ermitas e o castelo do Bolo,moi perto.Viana do Bolo,moi pertiño tamén,paga a pena visitalo tamén.Collendo cara a Rúa e chegando a Petín pregunte polo lugar onde se filmóu "Sempre Xonxa",Santa Eulalia.Fascinante.Nas casas dos concellos e nos restauráns tén guías turísticas de todo Valdeorras.E non deixe de visitar A Veiga e Xares.Todo na mesma comarca.

Xohan da Coba dijo...

E non lle será difícil contactar có "Instituto de Estudios Valdeorreses" (iev)que lle pode dar moita información histórica e de todo tipo sobre a comarca.Posiblemente coñeza a algún dos seus membros.

Xohan da Coba dijo...

E,cando veña prá Monforte pra volver a Lugo,pouco despóis do Monte-furado polos romanos,probe as anguilas do Lor no "mesón Luis" de Rairos,pasando Quiroga.Pode pensar,se quere,que Xohan da Coba tén algo que ver có sitio.Non sei se dixen algunha vez que as miñas raíces por parte de pai son luguesas...

Xohan da Coba dijo...

A fotografía das Ermidas non lle fai xustiza ó sitio...todo sea dito.

xohan da Coba dijo...

Aiquí falase das Ermidas do Bolo:

PINCHAR

Doniña dijo...

Anguías do Lor e comida caseira e tradicional ofrecen no mesón de Rairos.No bo tempo cabe a posibilidade de disfrutar,debaixo da parra,dunha comida ou cea ben saborosas, a un prezo razoable. Non é publicidade ,que pouco lle compre,sendo un sitio modesto ,é ben raro chegar e no ter que agardar turno.

Xohan da Coba dijo...

Arredemo,Doniña.Vostede tamén coñece o sitio...Está visto que eso tamén é riqueza turística.

Xohan da Coba dijo...

A ver se podo invitala algún día ahí,Doniña.Por exemplo o "ferragosto"(15 de Agosto),festa da localidade de Torbeo,próxima,na montaña,colgando sobre o Sil.E así votámoslle un baile pasodoble.

Unha vez perdinme por unhas pistas forestáis nesa zona.Cheguéi a un sitio tan pino,que penséi que o coche iba ir de boleirós ó río.Tiven que calzalo e buscar axuda dun tractor que me remolcase.Non llo contedes a ninguén.Qué vergoña.

Doniña dijo...

Aceptarei moi gustosa a súa invitación ( con pasodobre incluido) Sr.Da Coba. Xa teño subido dende Rairos ata máis arriba de Torbeo ,e por San Clodio ata o alto da Moa. A estrada ten tramos de infarto pero paga a pena porque,dende calquera das dúas rutas ,divísase unha das paisaxes máis fermosas da Galicia interior.

Xohan da Coba dijo...

Coñezo bén eses lugares dos que fala,Doniña.É un placer saber que as súas retinas levan pegadas esa paisaxe.Nunca vivín alí nin teño trato coa parte da familia,xa lonxana,que aínda teño por eses lugares.Pero unha forza extrana faime visitar coma un vagabundo,cada certo tempo,o cemiterio de Torbeo,onde moitas tumbas levan o meu apelido.

Xaime dijo...

Fai anos cando Quiroga tiña Xulgado e era novo de idade e no oficio, tentei investigar e chegar de San Clodio o Incio, polo Caurel.
Din tantas voltas que nin dín chegado o Folgoso nin o Incio, e quedeime atrapado na Trapa, por onde seguro falan vostedes, sin gasolina no coche.
Daquela non había móviles, e ata que chegou a noite e poiden ver luces e localizar a civilización andiven perdido.
Dende aquel día prometín non voltar a xurar.

Xohan da Coba dijo...

Non,Xaime.Por onde falamos Doniña i eu,é pola outra beira di río Sil.De feito,o alto da Moa é fronteirza coa provincia de Ourense.Pero eu tamén me perdín por onde di vostede,pero en sentido inverso,do Incio a Quiroga.Pero paga a pena perderse polo Courel.

Xaime dijo...

Xa.

Xohan da Coba dijo...

Eu tamén me quedéi varias veces sen "gasofa".Unha vez,saíndo de Compostela de noite,estaba cerrada a gasolinera da saída a Ourense e díxenme:" A ver se dou chegado á de Rivadulla".Cando faltaban catro ou cinco quilómetros,acabóuse o combustible.Púxenme a facer auto-stop.Xa ven,ás dúas e pico da mañá.Pasóu un coche coas largas postas.Non só non paróu,senón que aceleróu ó verme.Pero logo,chirriaron os freos e déu marcha atrás.Algún non o vai creer.Era uha ex-moza que non vía desde facía anos.

Xaime dijo...

A que está desexando que alguén lle pregunte que pasou despois.
Deixeme axudarlle.
Ó velo, tívose que explicar e dicirlle que se quedara tirado, o que lle fixo confirmar que fixera ben deixandoo, pero deulle un pouquiño de pena, de noite e abandonado e decidiu axudarlle a chegar a Rivadulla para coller unha lata de gasolina para voltar o coche, a pesares de que tiña moitisima prisa.
Falaron de como lles ía a cada un, e ata tiveron un pequeno problema na gasoliñeira por que tiraran no día anterior tódalas latas e tiveron que valeirar unha botella de Mondaríz de litro e medio de auga.
Despois, voltaron o coche, e tiveron que cebalo un pouquiño para que arrincara, e por fín "andó".
A pesares de que lle insistiu en quedar na entrada de Lalín, a tomar un café, alegou que tiña prisa e deixouna marchar non sin antes facer un ademán de darlle un bico de despedida.
Pero todo o que pasou non é certo, realmente o que pasou foi que cando parou díxolle que se quedara sin gasofa e se lle axudaba a arrempuxa-lo coche ata a gasoliñeira, e contestoulle "Nunca cambiarás Xohan da Coba".

Anónimo dijo...

Ou o da Coba tivo moitas mozas, ou foi unha casualidá certamente chripitifláutica que lle parase o coche una ex-moza...
Polo demais, eu entendo que da coba é un cabaleiro, así es que alí "pasou o que pasou" e tan só el, un dous cabalos e a súa ex o saben.

Os dous cabalos dijo...

Nos non sabemos nada.