7 nov 2007

Na estación de Ourense…

Quizais me arrepinta despois de escribir isto, pero aí vai. En calquera caso, escusas polo que ten de exhibición impúdica: xa teño falado da función de confesionario do blog e a ela me remito para xustificar estas liñas.
Había moito anos que non andaba en tren nin pisaba as estacións do ferrocarril. Viaxei moito en tren, de novo, sobre todo nos tempos da mili, aquelas longas viaxes, case día e medio, ata Sevilla. Daquela quedei farto dese mundiño e tardei en volver coller o tren. Pero dende hai un mes paso por alí, pola estación da Ponte, todos os domingos para levar á filla que colle o convoi a Compostela, con varios centos de rapaces e rapazas.
E vai a anécdota. Por un par de veces subín coa filla a colocarlle o carro-maleta, bastante pesado. Segundo me contou ela, pouco despois lle preguntaron outros rapaces “se aquel que subira antes era Marcos Valcárcel”, ó que ela lles respondía que si e que era o seu pai. Seica me coñecían polos xornais, dixeron. O pasado domingo, despois de sacar o billete, paráronme dous mozos e, cun portafolios e un bolígrafo, pedíronme un autógrafo. Quedei bastante apampado e o primeiro que pensei é que se trataba dun erro (con quen me confundirán?). Pero non, a cousa ía comigo e xa me coñecían, polos libros, dicían, e polos artigos do xornal, de La Región. Asinei os papeis, reconfortado, non vou mentir nisto. Eran moi noviños, amables, educados, moi espelidos: chamábanse Daniel e Rubén e dixéronme que facían Dereito.
Quedei pensando no suceso, qué menos! En ocasións, dando charlas polos colexios, teño asinado autógrafos: nunha ocasión, nas Xosefinas de Ourense, debín asinar medio cento de exemplares do libriño sobre o Xocas, porque a profesora llo fixera mercar a todas e agardaron encantadas (dicían que lles gustara a charla). Pero isto era diferente. En fin, deixémolo así, a cousa non ten ningunha importancia, a que se lle queira dar, pero tamén é certo que, se te recoñecen pola rúa, dalgún xeito medra o teu grao de responsabilidade social e xa non pode un facer o parvo en público, porque van saber que fuches ti quen o fixo. Esta reflexión vale tamén para a escrita: o que un deixa por escrito, neste país, non deixa de ter a súa relevancia pública. Outra razón máis para ser prudente e pensar as cousas dúas veces antes de lixar o papel.

41 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia.I eu que non me atrevín a pedirlle un autógrafo no Carrefour,o outro día,por se se molestaba!

Anónimo dijo...

Xa o estóu vendo,Marcos,coma a certo músico internacional ó que lle pedín un autógrafo e levaba xa un selo feito,coa firma e a dedicatoría.Sólo tiña que estampalo.
Vaia encarregando ese selo:Pode levar incorporada a sua caricatura do bloge decir: Con aprecio,Marcos Valcárcel.


Cando eu tiña 17 anos lín un libro que me gostóu moito:"Homes,prantas e saúde".Gostóume tanto,que lle escribín unha carta ó autor ,en francés de instituto,na que lle pedía un autógrafo.Como non sabía a dirección puxen sinxelamente:París,France.
Ó cabo dun tempo,recibín un paquete certificado.Era o mesmo libro,pero en francés.A
primeira páxina, escrita con rotulador:
"Pour...(Xohan da Coba)...,l´hommage respectueux de ...(firma) Maurice Méssegé".

Anónimo dijo...

Vaia,menudo problema que o "b" esté á beira do "n" no teclado.Puxen "cona" en vez de "coba"

Anónimo dijo...

HA HA HA HA HA!!!!!!

De aí vímoslle todos, da coba!!!

Vaia! Debín de ser máis prudente no que escribín... :-)

Anónimo dijo...

Que bonita historia de adolescencia, amigo Da Coba. Oxalá que haxa hoxe moitos mozos que fixeran o mesmo.

Como bonita e significativa é a anécdota ferroviaria de Valcárcel.

Como é evidente, non todo é botellón. Ergo, non todo está perdido, meus caros amigos.

Quixera, aproveitando a ocasión, contar outra simpática anécdota relativa a Marcos.

Hai xa ben anos, un día recibiu o agasallo dun libro, obra doutro historiador, que dicía algo así na súa dedicatoria:

"Para Marcos Valcárcel, infatigable estudoso -coma min- da historia e da cultura de Galicia".

Observen o que o dedicador advertía de si mesmo entre liñas, e non me digan que non é unha das dedicatorias máis graciosas que teñan lido.

Por certo, e xa que Da Coba comezou e eu proseguín, poderían tamén todos vostedes poñer aquí outros casos de dedicatorias chocalleiras, orixinais ou estrambóticas, que vostedes seguro que terán recibido.

Veña, anímense.

Anónimo dijo...

Pois a min -que queren que lles diga- non me sorprende nadiña que ao Marcos lle pidan autógrafos na estación do tren, nos aeroportos, nas zonas portuarias ou nas rúas todas do país. Tanto polo seu rigoroso labor intelectual como pola súa admirábel calidade humana, o lóxico é que, ao igual que Rubén e Daniel, todos suspiremos por posuir un autógrafo de seu. Afortunadamente, tamén a xenerosidade é unha virtude na que se move, con frecuencia, o amigo Marcos. Porén estou completamente seguro de que, aínda que o peso das maletas de Eire consigan baixarlle en ocasións o bo humor, nunca lle negará unha firma a quen lla solicite. Iso seguro.
Un amigo fisterrán

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa non lembro quen era (nin o quero buscar) o autor desa dedicatoria que cita Apicultor, pero a anécdota é certa.
Como será que nunca ninguén publicou unha antoloxía de dedicatorias, cando debe haber bastantes xoias por aí?

Marcos Valcárcel López dijo...

Corrixo o meu último comentario: acabo de lembrar que hai anos a Deputación de Pontevedra publicou un libro con dedicatorias de CASTELAO en libros de amigos.
En Ourense hai moitos coleccionistas de libros dedicados, sobre todo por escritores: se se fixese un museo dos mesmos, habían ter un espazo destacado os moitos libros asinados que gardan os amigos PEPE TREBOLLE e JAVIER CASARES. A miña colección é máis cativa porque moitas veces non me atrevía a pedirlles a asinatura ós autores, mesmo que fosen amigos: a maioría dos que teño asinados é porque así mos enviaron.

Marcos Valcárcel López dijo...

MÁIS DE DEDICATORIAS. Tirando do fío, van saíndo cousas. Hai anos comprei nunha feira de libros de ocasión un libro de GONZALO NAVAZA, A torre de derrota, cos seus famosos palíndromos. Moi barato. A miña sorpresa foi abrilo e encontrar unha dedicatoria do autor a.... e a....
Por suposto, conteillo ó autor dos poemas, tamén amigo, en canto o vin: xa se poden imaxinar a solución do enredo. Un matrimonio de amigos que se separaran, a muller quedou coa librería, e seica non lle interesaba conservala...

Anónimo dijo...

A ver,Marcos,colgue a súa firma no post,pra poder facerlle o análisis grafolóxico.Acompañada de algo de texto excrito,pra que sexa máis fiable.(Teña coidado có "g" que é a letra da sexualidade).
E,de paso,pinte unha árbore,pra lle facer o "test da árbore"

Xaime dijo...

Foi curiosa a dedicatoria que me puxo o co-autor dun traballo en forma de libro sobor dunhas eleccións municipais en Galicia, no século pasado " Para o amigo Xaime da Pena, outeirán de pro e que me perdoe o que digo de él".
Perdoeille

Anónimo dijo...

A mín puxéronme unha fai pouco,nun libro de poemas.O autor,amigo,escribíu:"Para (Xohan da Coba) pra que él tamén escriba un libro dunha vez".

Anónimo dijo...

Capítulo aparte nas dedicatorias son aquelas que, sen vir moi a conto, falan da amada Galicia e de como o dedicador e o dedicado pertencen ao bando dos "bos e xenerosos".

Eu teño uns cantos libros dese subxénero patriótico que gardo con moito cariño.

Anónimo dijo...

Non sei se non lle dedicaría eu un onte a Apicultor. Agardo que non poña aquí a miña envurullada dedicatoria.
Marcos, efectivamente é unha boa nova que haxa rapaces interesados polas persoas coma vostede e non polos chamados "famosos". Parabéns polas uvas, son boas e maduras e por iso fan un bo viño. Con el brindo por vostedes e os habituais do foro.

Anónimo dijo...

Outra , lembroa pola cita de Marcos, No "Rastrillo" de Baiona encontro un libro SARRIA,xa o tiña ,pero petame a curiosidade e abro o libro:Ten dedicatoria :"Para Cas...y A....,un matrimonio muy sarriano con afecto(F /do autor)Junio 1984.
Todos amigos e paisanos meus, o ano foi a miña llegada a Ourense.
Teño pendiente levalo a o autor ahora que mo firme.Terei dous firmados

Anónimo dijo...

Revolvendo: Sorpresa........Atopo "Ramóm Otero Pedrayo" vida, obra e pensamento de: Xosé Ramón Quintana/Marcos Valcárcel
¡Prepárenme a sua dedicatoria!
Nas tapas teño o recorte: GENTES DE OURENSE. Do finado amigo Luis Rivas (reseña da presentación do libro)18-5-88

Anónimo dijo...

Velaiquí un artigo sobor de

DEDICATORIAS DE LIBROS

Anónimo dijo...

Amigo Trebi, como gran bibliófilo que é, séganos deleitando con dedicatorias de escritores famosos e menos famosos. Empece, se quere, polos máis antigos que teña.

Anónimo dijo...

En efecto, non todo está perdido. Se hai rapaces novos que saben recoñecer o labor de Marcos na prensa, iso indica que tamén hai xente que lé La Región para algo máis que para ver as esquelas. E que hai un público aí fóra.
Por certo, a ledicia que levaría a filla de Marcos ao saber que o seu pai era recoñecido... Non o dirá, talvez, pero estará orgullosa. Como calquera que lea este blog estará orgulloso de o ler e de colaborar nel. O talante dos bos e xenerosos das adicatorias patrióticas de que falaba o amigo apicultor sobrevive en xentes coma el. E iso é o mellor, se cadra, da tradición galeguista.

Anónimo dijo...

Veña, menos autobomobo e a traballar. Ergue Galiza ceibe e psicalíptica.

[Isildur: dicir que o "talante" (argh!) é o mellor, se cadra, da tradición galeguista... non sei, non sei]

Anónimo dijo...

Ou como poñía unha pintada (que se cadra aínda non borraron) en certa cidade: "Agoraa xa non emigramos. Qué temos que facer? Pois ergamos Galiza"

bouzafria dijo...

Bonita anécdota. E certamente aumenta a responsabilidade.
Veño de chegar de Ourense. Efectivamente, como xa puña El País do pasado venres, a saída centro é un desastre, ademáis de destrozar Ervedelo.
Eu non volvín alí dende o once de setembro do 2001; cando lle preste e se lle apetece, convídolle a facer xuntos unha rápida visita ao lugar, e xa postos, para que me asine tamén a min un autógrafo.

Anónimo dijo...

E falando de Outeiro e de traballar. Para cando, señor Valcárcel, as obras completas (incluídos algúns contos en galego inéditos) de Outeiro Pedrallo? Para cando unha biografía actualizada? Tómese un sabático, e se ten que pechar o blog, pois pécheo. Aquí o único que facemos é enredar e enredalo a vostede.

Anónimo dijo...

Preguemos a Deus ,Isildur , que a mocidade ourensá teña a ben ler algún xornal máis ca "La Región",caracterizado pola súa obxectividade no tratamento da información ,pero sobre todo pola defensa da lingua.Sirva coma mostra un pequeno e significativo exemplo:traducen ó castelán entrevistas contestadas en galego ,facendo ouvidos xordos das recomendacións do entrevistado/a para que se respecte a lingua orixinal.

Anónimo dijo...

O porcentaxe de galego da ¨Región¨ xa vós está cuberto co Carrabouxo e co artigo do Marcos Valcarcel, algún outro de Antonio Piñeiro e pouco máis... Ó das entrevistas traducidas, é pra chorar, se non fora que eiqui xa estamos acostumados a este ¨xornalismo¨ paizoco e pailán.

Anónimo dijo...

Esquece roi queimado os artigos sistemáticamente en galego do Prof.Pepe Paz.

Anónimo dijo...

Eu propoño outro fío,que seguro que daría moito de sí: Cousas dignas de ser contadas que vos pasaran nas estaciós do tren.Ou no propio tren.

Vaia,qué pouco orixinal son

Anónimo dijo...

Apicultor,quizá Vd poderá poñerlle nome a o ourensan ? /Dedicatoria de Xabier Alcalá: Ao Xosé Trebolle que por estas páxinas vai atopar un dos maiores ourensáns da historia.
Ourense,17-10-90/No libro Tertúlia

Anónimo dijo...

Interesante libro "Tertúlia" (con til no "u"). Creo que pisou algúns calos (non confundir cos "callos" que nos prestan a moitos).
Non estaría mal unha segunda parte adaptada ás presentes circunstancias... Non estaría mal seguir esa liña Curros-Celso Emilio-Blanco Amor, unha miga petardista.

Anónimo dijo...

Carlos Mella tamén o intentou naquela novela intitulada "Luces de Fisterra", nunha liña esperpéntica da éra macabeo-xacobeo-fraguiana.

O que pasa é que nin el sospeitaba que a realidade (o peido-mausoleo do Gaiás e os chancullos) ía impoñerse á ficción!

SurOeste dijo...

Pois eu aínda diría máis: non só o que escribamos, senón o que deixemos de escribir vai colocando a cada un no seu sitio.

Marcos Valcárcel López dijo...

En resposta a M.SWAN,pero para todos/as:
O tema das Obras completas de Otero Pedrayo xa é vello e difícil de resover. Nos anos 70 Galaxia publicou dous tomos,moi ben editados, das súas Obras Selectas: un cunha serie de ensaios e outro con Os Camiños da Vida. O seguinte era un de xornalismo, da serie O Parladoiro, que preparou Carlos Baliñas, creo, e nunca saiu (Baliñas sempre se amosou molesto por isto). Logo Galaxia púxose a reeditar a maior parte da súa narrativa en tomos independentes, tamén os libros de relatos.
O problema sería:
- só a narrativa en galego podería ocupar uns 10-12 tomos e queda aínda a obra en castelán
- os ensaios, libros de viaxes, etc., incalculable: no noso traballo (Quintana-Valcárcel), creo que citabamos 60 títulos (algúns breves, pero agrupados non menos doutros 10-12 tomos)
- a poesía de Otero: anda Alonso Montero tras dela hai moitos anos e supoño que terá xa un par de posibles tomos
- o xornalismo: o mesmo, só en La Región e en La Noche hai outros 4-5 tomos de Otero, máis unha chea de xornais republicanos (só cos de Vida Gallega acabamos de sacar, en Alvarellos, outro tomo)
En conclusión, estamos a falar dun corpus que, sendo minimamente rigorosos, nunca baixaría dos 30 tomos (Obras Completas en Galego). Eu creo que o país merece unha obra desa entidade, pero, quen está polo labor? Supoño que, se Galaxia non pode facelo, habería que ir a un modelo tipo esa Editora Nacional que non existe, de acordo con Galaxia, claro, que ten os dereitos.
O macrotexto oteriano enchería media parede de estanterías. Cando o teñamos editado como tal, será un bo sinal: algo estará a cambiar na cultura galega.
((Engado: tal traballo tería que ser enfocado por un equipo de especialistas en Otero e nesta temática que controle o conxunto dos seus textos. Nomes posibles: Xosé M. Salgado, Xosé R. Quintana, Camilo Valdeorras (teatro), Alonso Montero (Poesía), Afonso Monxardín, eu mesmo nas miñas modestas posibilidades, etc.) Ramón Villares sería a persoa perfecta para dirixir ese equipo)

Marcos Valcárcel López dijo...

Se podo, esta tarde colgarei no blog algunhas dedicatorias de libros: se coñecen algún grafólogo, avíseno e que nos veña ilustrar a todos.

Anónimo dijo...

Mire,eiquí falan do que decía eu máis arriba,de que o "g"(minúsculo) é a letra da sexualidade:

O "g" e a sexualidade

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois o G é unha letra fundamental na nosa cultura. Mesmo levámola como símbolo do país en autocolantes e abreviatura de Galicia, e como remate da sigla engadido a todas as institucións e partidos. Podemos tirar conclusións diso, en clave grafolóxica?

Anónimo dijo...

Marcos o sucedido na estación e unha proba feaciente de que é vostede xa unha celebridade.

Apenas teño adicatorias nos libros, algunhas si, algunha ven graciosa, colgarei algunha mais adiante.

A mais curiosa foi de Joan Brossa, na súa casa, en vez de escribirme fíxome un dibuxo cun punzón e guash, pero non secou e polo camiño pegaronse as follas, anos mais tarde abrinna, nada recoñecibel, pero o efecto moi impresionista, e con certo aire de sortilexio, Brossa era moi supersticioso, e morreu un martes trece, ao esbarar no baño.

Anónimo dijo...

Amigo Da Coba: hai que buscar a alguén que se chame Gustavo Gutiérrez Garrido e comprobar empiricamente na súa sinatura o asunto ese do "g" grafolóxico.

Anónimo dijo...

Mire o que dí a páxina antes enlazada de Saramago e de A.Gala.

Anónimo dijo...

Xa, xa o lin. Moi curioso.

Xaime dijo...

Non é por desairalos pero coñezo a un Gutiérrez Garrido que é a miña dona e non se chama precisamente Gustavo.
Coméntenme si lles vale e lles farei chegar unha firma

Anónimo dijo...

Vaia casualidade, don Xaime. Preséntelle a súa dona as miñas desculpas.