Non vira esta película (en Uruguay chamáronlle O señor dos cabalos: velaí o cartel) cando a súa estrea e recupereina esoutro día dende a TV. Emotiva, sen dúbida (aínda que o pase por TV, con centos de anuncios, estraga calquera cousa). Tampouco sabía que era unha das primeiras películas (non a primeira) de Scarlett Johansson, cando só tiña 14 anos, case unha musa deste blog (falamos aquí dela por Match Point e por A moza da perla). Xa amosaba, tan nova, o que se podía agardar: unha futura excelente actriz.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
15 comentarios:
Traduzo "susurraba", castelanismo que non admite o Xerais, por "murmuraba", que é a opción que alí dá: pero non me gusta moito, creo que non acerta no sentido. Se alguén ten algunha forma mellor, que a achegue. Grazas.
"Falar baixiño" ? :P
Eu,coma sempre,non vin o filme,pro lín o libro .(A verdade é que non son nada cinéfilo).
Xa somos dous, este ano voume meter un atracón con Cineeuropa.
Fungar, moumear, rosmar, marmexar. Non vin a película, pero, como supoño que o moumeo debe ter algún efecto sobre os cuadrúpedos e este debe ser transcendente no sentido do título, igual ningún dos sinónimos é satisfactorio. "O home que moumeaba para os cabalos"?
Bisbar. "The horse whisperer": "O que bisbaba aos cabalos". Mellor que veña a Lourixe e diga ela.
Un dos meus autores favoritos,Desmond Morris,tén un delicioso libro sobre o cabalo.Línno dun tirón fai anos,na praia fluvial do Corgo de Muiños,á beira do río Limia.Sen ser eu afecionado ós cabalos,encantóume.Unha das moitas cousas que dí é que prós cabalos nós estamos permanentemente cabreados,porque temos as orellas pegadas á cabeza,cousa que eles só fan cando se enfadan.
Non séi o filme,pero ,na novela, o tal "home que lles falaba baixiño ós cabalos" era fascinante.
Hai xente que parece ter un dón especial prós animáis,pra coñecelos i entendelos.Por certo,case sempre é xente solitaria,que non se relaciona moito cós demáis.Eu coñecín varios casos.Seguro que vostedes tamén.
Eu vin a peli hai bastantes anos. pero non lembraba que a rapaza era Scarlett Johansson.
O cine reduce a literatura ao esencial, mais, paréceme que o esencial no pertece exclusivamente a ningún xenero literario, tampouco a poesia.
Non sempre. Ás veces o cine reduce a literatura ao máis banal.
Como diría don Vicente, "asegún"... a capacidade e calidade do director, do guionista, dos actores, etcétera.
Bob Dylan e Scarlett Johansson
arume, o moi pillabán, leva a auga ao seu muíño erótico-festivo-musical...
Vin un trailer o outro día dunha película infumable na que traballa a amiga Escarlata e case dou por empregada a entrada e marcho do cinema máis ca satisfeito. E iso que despois ía o Jesse James poético de Brad Pitt.
Gran agasallo, Arume. Moitas zenquius. De paso, e por iso de que a curiosidade non ten límites, aproveitei para ollar outros clips colaterais ao seu, de gran valor documental (sic.).
As cadeiras de Escarlet non menten!
Publicar un comentario