24 nov 2007




Pintadas (4).
Pan por Pan sábado 24 novembro

Os amigos seguen a mandarme auténticas xoias nisto das pintadas ourensás e doutras cidades galegas. Non son cousa de agora, aínda que antes non había tantas comodidades nin sprays, había que usar a brocha gorda. En Celanova aínda queda indemne na parede do mosteiro o anuncio do “Adiante”, o voceiro das Mocidades Galeguistas, e en Auria non hai moitos anos quedaban restos dun “Abajo el clero”, seguro que de preguerra, na rúa Bispo Carrascosa, á beira do Museo Arqueolóxico. Moito máis recentes son estas xa da época democrática: o “Galicia, colonia o champú?” coa que os ácratas fustrigaban ós nacionalistas da UPG; “Algún día España amanecerá republicana” (nas Lagoas, no paso da ponte do tren); “Escoita, o foder tamén é loita” (Monforte) ou estoutra que moito lle gusta ó Monxardín: “Vótame a min, a ti que máis che dá e a min arréglasme a vida”.

(A foto prestada de EP3 da sección Talentos -"No hay noche tan larga que no acabe en día")

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguindo co fio das pintadas:
Todo o que queiran meus, pero o espiritu da Solaina é Ourensán.

Anónimo dijo...

Xa estamos a varrer para casa. Pero se o espíritu ha ser ourensán, a carne (débil) debe de ser foránea e ben heteroxénea, aínda que boto de menos por eiquí visitas de coruñeses e ferrolterráns. Pero todo se andará e a acrópole cabe o Miño (por non irritar ao noso anfitrión co da Atenas) será terra de promisión.

Anónimo dijo...

Unha pintada chegando a cidade das Burgas:

"OURENSE ACROPOLIS DE GALICIA"

Anónimo dijo...

A carne debil vaise Arume para o caribe no cocido de Lalín.
Coruñeses e Ferrolterráns, sempre escasos de sol ansían torrarse na solaina, pero non se atreven porque Ourense foi é e está sendo o luminoso lugar de irradiación intelectual para todo o pais, e esto impón. Moito conto pero as cousas de verdade sabense en Ourense, mesmo Vigo se chega a ser algo é porque algún Ourensán pon a súa ollada ne. Vostede memso Arume, ten algo (moito) de Ourensan como Platón, Aristótles,Aristófanes...Horderlin...
..Joyce...Otero...

Anónimo dijo...

Quen sabe, arume, se non haberá por aquí coruñeses vergonzantes que postean de incógnito...

Anónimo dijo...

Non hai noite tan larga...?

Presinto que hai unha noite
que é tan larga,tan larga,
(non é pra que me abandones)
que penso que non ten "alba".

Anónimo dijo...

Pois onda as Lagoas había tamén outra pintada simpática pero que a borraron antes de que lle puidese facer unha foto. Dicía: "Non á guerra. Destruír EEUU e Israel".

Anónimo dijo...

E fai anos,creo que na Praza Paz Nóvoa:"Europa es de los EE.UU.ropeos"
E outra,non lembro ónde:"España,hay quien te quiere y quien te U.S.A."

Anónimo dijo...

Colección de pintadas ácratas:

Nun cemiterio: "Muertos, ¡moveos!, la tierra para el que la trabaja".

Preto duns xulgados en Coslada (Madrid): "Franco, resucita, necesitamos fusilarte!"

“Sin libertad el voto es una ilusión. Y con libertad es innecesario”.

Anónimo dijo...

Unha derivación do tema, o borrado de rótulos ou partes: durante unha temporada andivo por Coruña (¿vedes como algún mediocoruñento anónimo si que hai?) algún ou algúns coches da Policía Local ó que lle quitaran o último "L". Vese que nesa cidade o borrado da tal letra xa é tradición (e lembren aquilo do home ó que detiveron quitando a L vexetal da entrada, en Matogrande, e se excusou dicindo que é que a levaba para o seu horto)

Anónimo dijo...

Unha vez, hai anos, algúns muchachos do bloque, con noturnidade e alevosía, arricnaron o "ele" do nome da cidade, feito con prantas á entrada da Coruña, xusto debaixo dunha ponte na avenida de Lavedra. Ao día seguinte levárono á oficina de obxectos perdidos. Alí debe de seguir...

R.R. dijo...

Certo é, si señor. Pero non vaia pensar, aí siguen, replantando de vez de replantexando.

Anónimo dijo...

Cómo deberon sofrir eses que arrancaron o "L" levando esa letra colgada no coche durante o primeiro ano de carné.

L=learning,aprendendo.O bipartito de Compostela xa perdéu o "L".EN Ourense aínda non.Anda o Alex con él colgado por detrás,na chaqueta.