28 nov 2007


Pintadas (7).
Entrada 1300. Pan por Pan 28 nov. Imaxe: Buster Keaton.

Na pintada política os que mandan levan todos os paos, como é lóxico. Por iso hai tantas contra os Estados Unidos, velaí algunhas: “Europa es de los EE.UU.ropeos”, “España, hay quien te quiere y quien te U.S.A.” ou “Non á guerra. Destruír EEU e Israel”, Xa en plena democracia alguén pintou en maiúsculas: “¡Franco vive!”. E outro alguén puxo debaixo, con rotulador: “Pues se estará dando con la tapa”. Tamén era simpática aquela de “No se os puede dejar solos. Franco”. E lembran a campaña do Estatuto de Galicia, 1980? O lema oficial (quen foi o xenio?) era “Vota aínda que chova”. Despois das eleccións, cunha abafante abstención, pouco tardou algún gracioso en engadir: “Que, seica non choveu?”, aquí en Ourense. Fraga usou nunha campaña o lema “Es la hora de Fraga”. Pois en Compostela, na rúa do Villar, alguén puxo: “Vota en Canarias, é unha hora menos".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non só as pintadas aparecen correxidas.Tamén os pósters electoráis.Nunha campaña de municipales apareciá fai anos aparecía a foto do candidato decindo "Vótame".Alguén escribíu por debaixo:"...outro vaso".

Anónimo dijo...

Eu emro unha que lle vín facer a un avión no ceo,có fumo,fai anos.Era propaganda.Decía "Hertie".
Vaia idea prás eleciós.