27 nov 2007


Migallas

O modelo sueco do Estado de benestar


Nestes momentos temos un problema: a utilización indebida dos subsidios. Fíxese que en tres países europeos que alardean de ofrecer unha excelente cobertura sanitaria aos seus cidadáns, Holanda, Noruega e Suecia, danse os índices máis elevados de baixas por enfermidade. A xente está sa, pero pide a baixa médica. Hai unha picaresca tremenda. En Suecia, a xente falta ao traballo unha media de 22 días ao ano, cando en Xapón a media é só de tres. Ambos casos son extremos. Pero non é só a baixa por enfermidade. No meu país, os pais poden faltar ao traballo cando os fillos están enfermos. O cal está moi ben. Pero na práctica, a xente queda en casa aínda que o neno se recupere completamente. Toda esta picaresca está destruíndo o Estado de benestar. A xente xubílase moi pronto en moitos países europeos, vanse a casa con 55 anos, ou menos; outros acóllense ao paro aínda que poidan obter un traballo. E a xente o ve tan normal. Fixemos unha enquisa non hai moito para saber se aos cidadáns parecíalles ben coller a baixa por enfermidade sen estar enfermos, e o 60% dos enquisados dixo que si.

(...) Por que cre vostede que ocorre? Ten algo que ver nisto a inmigración?
R. Non ten nada que ver, en absoluto. O que ocorre é que os subsidios son moi altos en relación cos salarios. En moitos casos, a diferenza entre cobrar o desemprego e cobrar o soldo é só do 10%. Ás veces, non hai diferenza algunha. P. Entón, que se pode facer?
R. Hai solucións. Unha é reducir os subsidios; outra, aumentar os controis. Pero iso é bastante difícil, porque a maioría dos enfermos teñen síntomas que ningún médico pode comprobar. O 60% das baixas son por dores de costas e por depresión. Unha solución que están utilizando británicos e estadounidenses é pagar subsidios ao que traballa, é dicir, incentivar ao que traballa.


Fados (escoitado na radio)

Entrevista a Mísia en Radio 3. Bota pestes contra o "purista" Carlos do Carmo. Acúsao de vetala de xeito explícito na película sobre os fados de Carlos Saura. E de dar unha imaxe falsa e depauperada de Amalia Rodrigues (Do Carmo é director artístico do filme). Que opinan os nosos expertos no xénero?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

É mágoa non poder escoitar a entrevista. Eu non vin a película, así é que non podo opinar en tal sentido.

Carlos do Carmo e Mísia son de xeracións diferentes; e ás veces dáse incomprensión e grande distanciamento en tales casos.

A min gústanme os dous. Pero, hoxe por hoxe, Carlos do Carmo é un clásico que seguramente xa tivo máis forza e empuxe da que ten (podo, perfectamente, a estar sendo inxusto sen pretendelo, tampouco non o sigo tanto). E a Mísia é unha forza potente. Escoiten, se poden, "Verdes anos", "Presságios da Alfama" ou "Tia minha"; non as encontro no Youtube.

Anónimo dijo...

Coido que o de "experto" queda, no meu caso, un pouco grande.

Comparto o que di Saavedra. Tampouco vin a película aínda, pero si escoitei o CD da banda sonora. Á espera de vela e partir da avaliación deste, dame a sensación de que sobran varias actuacións e faltan outras, entre elas a de Misia, Mafalda Arnauth, Katia Guerreiro ou Joana Amendoeira.

Verbo do de Carlos do Carmo e a súa censura, non teño datos, pero dame a sensación que se limitou a cumprir as instrucións de Carlos Saura. De feito, na actuación de Santiago fixo unha mención irónica ao rexeitamento por parte dos puristas á película, pola súa suposta heterodoxia. Unha heterodoxia que sospeito feita a propósito dunha modernidade mal entendida. Haberá que agardar, en todo caso, a vela, pero a min non me pinta moi alá, a pesar das grandes voces que sen dúbida contén.

Anónimo dijo...

Eu o que non tolero é que non me colleran a mín prá película.Sendo como son unha referencia do fado no meu edificio,os sábados á tarde...

Olla señooooreeesss...