Pintadas (8).
Pan por Pan xoves 29 novembro. Imaxe: Larry Semon.
Vai hoxe a penúltima entrega sobre as pintadas nas rúas: mañá remato con esta xeira, para que ninguén se aburra. As pintadas deben ter algo que ver co instinto dos animais para marcar o territorio: os humanos fano con sprays, eles con urina. Nesa liña están campañas nos muros como “O Bierzo galego” ou outras contra algún xentilicio: vostedes coñecen o slogan “Orensanos fuera de Samil”. Por Auria estivo en tempos aquela de “Dios ha muerto, Niezstche ha muerto. Y yo no me encuentro nada bien”, variante doutra que xa citei. Ácratas eran tamén as de “Sin libertad, el voto es una ilusión. Y con libertad es innencesario” e, pintada nun cimiterio, a de “Muertos, ¡moveos!, la tierra para el que la trabaja”. E un ben cachondo foi o que pintou en Compostela “Sito Miñanco, patriota galego. Liberdade!”.
8 comentarios:
Isto non é unha pintada, pero está recollido nunha sentencia xudicial:
Pregunta del Fiscal: - ¿Es cierto que usted el día de los hechos se cagó en los muertos del denunciante, en toda su puta familia, en la perra de su madre y en el hijo de puta de su padre, al igual que en toda la corte celestial?
Respuesta del Acusado: - No, es falso... Yo estaba tranquilamente trabajando en la fundición y entonces le dije: "Antonio, por Dios, ¿no te das cuenta de que me has hechado todo el acero fundido por la espalda y que es una sensación muy desagradable?
Unha captura deste diálogo apampanante:
http://marcolos.files.wordpress.com/2007/07/veridico.jpg
Amigo Marcos:
Por se che interesa para a túa serie sobre pintadas:
lembrarás que o eslogan oficial do plebiscito do Estatuto galego en 1981 foi: "anque chova, vota", plebiscito no que logo participaría pouca xente. O caso é que uns 20 minutos despois de pecharen aquel día os colexios electoriais, apareceu fronte á catedral de Ourense (entrada do Santo Cristo) unha pintada que dicía "seica non choveu, eh!".
Outra que lembro con simpatía, e que coido que tampouco incluíches na serie, é da madrugada do 22 de novembro de 1975:
lembrarás que ao comezo do Paseo (entre 'Hermanos Barros' e o desaparecido 'Tobaris'), a raíz da morte de Franco, apareceu unha gran pintada que puña "Viva El Rey", feita na madrugada do día 21. Mans anínimas pintaron debaixo dela, e aínda quedou un tempo: "(En El Exilio, Coño!)".
Por se che valen, aí as tes.
Unha aperta
Xosé Lois Carrión
BENITO LOSADA, que seguiu atento esta serie sobre as pintadas, lembroume hoxe outra "xoia" que todos vimos en Ourense, pero que tiña esquecida. Aquela marabilla (o autor/es coincidirán con outras xa citadas) que dicía:
AI, TEMIÑO, POR DIOS NON TE VAIAS!!!
Con razón din que Aurens' é a terra da chispa!
Abuña Fatis?
É barallete.A língua dos afiadores (de aí o da "chispa").Imaxino que saben qué siñifica.
SIgnifica "abondan maleantes",
pero eu manexo polo barallete dos músicos.
Eu xa me erguín do Kelo e agardo pingar un pouco de baio.
O barallete dos xingros!
Hai aiquí unha páxina sobre o barallete dos músicos,en pdf:
pinchar
Unhos músicos,amigos meus,foron tocar fai a nos a non séi qué sitio.O xantar que lles deron no bar non lles gostaba e puxéronse a criticar en barallete á comida ó cociñeiro,ó camarero...pero resultóu que o camareiro era orixinario de Luintra.Non dixo nada,pero cando xa se marchaban,púxoos finos chamándolle señoritos,maleducados,e non séi qué máis...en barallete.
No dicionario do enlace anterior voto en falla o verbo "grilar",que significa,vóume poñer fino,"practicar o acto mediante o cal Deus quixo que enxendrásemos a nosa descendenza".
Publicar un comentario