6 nov. 2007


Rebeca.
Pan por Pan martes 6 novembro

Celébrase este ano o centenario da escritora Daphne du Maurier: eu entereime polo suplemento cultural do ABC. Moitos lectores quizais non identifiquen o nome inicialmente, pero si o farán se pensan en Manderley, aquela casa de campo misteriosa da película “Rebeca” de Hitchcock, cunha lóbrega ama de chaves, a señora Danvers, onde hai un algo inefable que segue dominando todas as condutas: quizais o espírito de Rebeca, a primeira muller que mandou naquela casa. É doado empatizar coa heroína anónima, nova esposa de Maxim, engaiolada nesa treboada de misterio e fascinación. Un mundo nacido dunha novela de Daphne du Maurier. Onde importan por igual os ambientes e os personaxes: todo perfectamente encrucillado. A novelista é tamén a autora das historias de “Os paxaros”, “A posada de Jamaica” e “O ancián”: con ese currículo, merece todos os respectos.

9 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Qué inquedante era aquela serpe de ama de chaves. Algúns falaron de certo lesbianismo agochado baixo aquela morbosa adoración por Rebeca. Agora xa non fan pelis así, con eses principios tan efectistas e poéticos. Máis biquiños.

marcel swann dijo...

Todas estas historias (a de "Rebeca" e a de "Luz que agoniza") están contadas desde a perspectiva de mulleres acosadas sutilmente.
Agora imaxinen unha película parecida na que a Rebeca de turno empeza a sospeitar do marido, das criadas, das amizades que a visitan, do pai, da nai, da bebida que lle ofrecen...
Seguramente non sairía un guión tan cinematográfico tan "interesante", pero os resultados non son menos inquietantes (para os que os teñen que padecer)

Leituga 1 dijo...

"Sombra de Rebeca,
sombra de misterio:
eres la cadena
de mi cautiverio.
¡Oh, Rebeca,
eterna obsesión!"

Non sei se alguén recordará esta canción, que cantaba Jorge Sepúlveda e que se compuxo despois do gran éxito da película de Hitchcock.

Xohan da Coba dijo...

Efectivamente,leituga1.Jorge Sepúlveda cantóu esa canción.Boa memoria.
Lástima que non esté e youtube.

Podemos lembralo con esta outra.Se son da miña quinta,lembrarána como banda sonora dunha serie televisiva dos 60:"Caballeros del cielo".Era de aviadores.

Xohan da Coba dijo...

Esquecín pegala:
Mirando ó mar

Xohan da Coba dijo...

Pode que lembren o nome daqueles pilotos: Tanguy e Laverdure.

Xohan da Coba dijo...

Tampouco está en youtube ésta do Sepúlveda:

Paisaje lindoooooos
tiene Mallorrrrrcaa
y hermosas playyyyasss
para escuchaaarrr
a los acorrrrrdees
de mi guitarraa
canciones lindaaaas
de recordaaarr

Ay Aaaayy
Ay Ay Aaaaayyyy
que bonita y hermosa es mi tierra
cual divino tesoooroo
yo a ella la añññññorooo
dejándole mi corazóóóónn

arume dos piñeiros dijo...

Xa non se agarra o micro co garbo co que o facía o grande Sepúlveda. E iso que na de iutuf está xa menos requintado.
Era de Sepúlveda aquela outra de "Santander qué bello es: en invierno y en verano nunca deja de llover"?

Leituga 1 dijo...

"Santander, eres novia del mar", iso cantaba Sepúlveda.