19 nov 2007

Seis anos da Sección de Literatura do Liceo
(Imaxe “La Gallega”, iustración de Labarta e Fusté)

O 26 de novembro do ano 2001 púñase en marcha a Sección de Literatura do Liceo. Fixémolo cunha ampla convocatoria a socios/as e amigos do Liceo e cunha conferencia miña titulada “Eduardo Blanco Amor: claves dun universo literario”, que incidía especialmente na pegada doutros escritores do mundo na obra do ourensán (por certo, aínda teño esta conferencia inédita en papel). Foron centos os actos celebrados dende aquela, algúns con máis entidade, outros con menos ambición, pero todos co mesmo entusiasmo.
Aquel novembro foi para min inaugural en moitos sentidos, só dous meses despois da gran traxedia do 11-S en Nova York. O 1 de novembro empezaba eu co “Pan por Pan” en La Región, que manteño puntualmente todos os días dende aquela (agás os luns, que publico un artigo longo en Opinión).
Volvendo á Sección de Literatura: o amigo José Carlos Martínez Pedrayo convidoume a dirixila. Uns meses antes puxérase en marcha a Sección de Arte e Historia dirixida por Miguel Anxo González García. Eu aceptei pero coa condición de formar un pequeno equipo para que a cousa fose máis creativa. Falei cunha serie de persoas (algunha dixo que non por motivos razoables) e aceptaron Delfin Caseiro, Teresa Devesa e Isabel García. Por motivos de traballo Delfín e Isabel tiveron que deixalo despois, andando o tempo. Na sección tamén colaboran a cotío José Luís Troitiña (peza clave na súa argamasa), Segis Bobillo, Xoán Fonseca e Loli Conde, unha das nosas recitadoras. Moitas outras persoas colaboran sempre que son requiridas e non podo aquí citalas a todas, pero entre elas están amigos como Afonso Monxardín ou Xosé C. Caneiro, entre moitas outras. Hai unhas 200 persoas apuntadas (socios e non socios do Liceo, a sección está totalmente aberta), que non teñen máis compromiso que deixar o seu enderezo para logo mandarlles un convite de cada acto.

O próximo luns, 26 de novembro, celebraremos cun acto estes primeiros seis anos. Acto ó que están convidados todos os ourensáns e no que haberá un pequeno recital de poesía popular galega. Eu darei unha pequena conferencia, agardo que amena, titulada “O pobo galego nunca parou de cantar: reviravoltas sobre a nosa literatura popular”. Ó remate haberá un pequeno agasallo, simbólico, para os asistentes. Están todos vostedes tamén convidados, por suposto.

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Iso de -textualmente- "pequeno agasallo, simbólico, para os asistentes", que raios virá sendo?

Anónimo dijo...

Ah, e parabéns polo sexto cumpreanos. Aínda non se "porá de largo" como dixera aquel portavoz do goberno do PP de infausta memoria (o portavoz e o goberno), pero vai camiño de se poñer.

Anónimo dijo...

Pra vostede non haberá nada,Apicultor,vostede non é ourensán.XD

Anónimo dijo...

O comentario de Xoan da Coba lévame á pregunta esencial: que ven sendo un ourensan? Máis que nada para colarme na festa.

Anónimo dijo...

Eu séi cómo diferenciar un estadounidense dun canadiense:"Vostede tén que decirlle que son indistinguibles entre eles.Se se enfada,é canadiense.Non séi onde o lín.

Pra facer saltar a un coruñés,fálelle bén de Vigo (ou de Santiago).A viceversa tamén funciona.

Non séi tampouco cál pode ser a "pregunta-clave" que terá que facerlle o Manolo,porteiro do Liceo,á xente que entra pra saber se é de Ourense ou non.

Anónimo dijo...

Ese Sr,Troitiña é o que toca percusión na banda municipal?

Anónimo dijo...

Eu .? de onde son Eu?
Boa pregunta,teñoma feito

Anónimo dijo...

Supoño, Valcárcel, que ilustrará a conferencia con exemplos de cantigas populares cantadas por vostede mesmo a capella.

Anónimo dijo...

Eu? de Eurense!

En Peliquín fun solteiro
e na Lonia namoréi (Bis)

Paséi polo Portobello
paséi polo Portoblello
e fun casar a Gustei

(M.de Dios)

Anónimo dijo...

Para Xohan da Coba:

E certo que o Sr. Troitiña toca a percusión na Banda de Música de Ourense, pero do que fala Marcos, e outro, que tamén lle gusta a música.

Marcos Valcárcel López dijo...

Sr.Apicultor, o do pequeno agasallo só se saberá no transcurso do acto, non antes. E o das cantigas "a capella" é pedir demasiado: vinllo facer, moi ben, a Amancio Prada en Celanova e Alonso Montero seguíndolle nos ritmos. Pero eu nunca tería tal ousadía.

Marcos Valcárcel López dijo...

Quen faría un bo papel cantando as cantigas sería o amigo Xoán Fonseca: se se animase. E supoño que podería facer un dúo con Xohán de Coba: sería maxistral...

Anónimo dijo...

Parabens polo cumpleanos, que serán moitos mais e de influencia crecente no mundo cultural do pais.

Un Ourensan percíbese polo ton acre da súa aura. Veráns longuísimos, marzos de barro, primaveras que coroan a cidade de amarelo, o Miño precipitando a súa potente masa de boi manso baixo os piares das pontes, sorpresivos remuiños violentos. O ourensan ten un ar íntimo de camiñar por Santo Domingo, un recollimento vital, activo,adequirido no perimetro metarmorfósico da catedral, ten un acento tórrido de verán de bairro, e un calar humido de neboa entre os contos que se diluen pola rúa da Paz, Lepanto, praza da Magdalena, sube e baixa rua no lombo dunha cidade mansa, que se presta ao diálogo infinito cos ceos da primavera, do inverno, verán e que se definen no outono, o noso signo zodiacal.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o amigo XdCoba: os non ourensáns tamén están convidados a asistir. Só lles poñemos unha condición: que non digan (cando menos en público) aquilo de "Ourense, Atenas de Galicia".

Anónimo dijo...

Creo que na publicidade helénica pón: "Atenas,a Ourense grega".

Anónimo dijo...

Eu fago o dúo con Xoan Fonseca.Pero fago os "sótanos",como decía Suso Vaamonde.(No canto dos "baixos")

Anónimo dijo...

Ilustre D. Xoán Da Coba vai vostede moi atinado. O Sr. Troitiña, Xoán Carlos, é percusionista na magnífica Banda Municipal de Ourense. Por outra Banda o Sr. Troitiña, José Luis, xerente do Liceo de Ourense é un su irmán maior que o primeiro citado. Cadanseu no seu estilo pero moi bos rapaces os dous. Un Saúdo a tódolos que participan ou len, como é meu caso, neste foro excelso.
Xoán Fonseca

Anónimo dijo...

Estaría encantado de facer un dúo ou un trío co Ilustre Sr. Da Coba. Eu teño un bo rexistro de tenor pero tamén acomodo un bó barítono e mesmo un baixo, que é o que máis me gusta. E logo de ver que coñece as músicas do mestre Manuel de Dios, un dos mellores músicos do país, ó que eu lle gardo unha especial admiración e respecto, estarei encantado de entonar A Virxe do Portovello co M.I.S. da Coba. Teño que engadir, que para min, logo do post anterior, é a segunda vez que ouso escribir neste parnaso da palabra, pero é para puntualizar unha dúbida do Sr. da Coba.

Xoán Fonseca.

Anónimo dijo...

Xa me están a mín entrando gañas de cantar con vostedes: a miña especialidade é o falsete, canto máis falsete mellor, pero sen riscos de hernias, prego.
Como non coñezo á ilustre sociedade ourensana atrévome a preguntar se vostede ten que ver, amigo Fonseca, con Xosé María Fonseca (imaxino que si, pero non o sei), con quen departimos hai tempo nun congreso literario patrocinado (e regado)xenerosamente con Terras Gauda.

Anónimo dijo...

O gran Xoán Fonseca é, en efecto, irmán do non menos grande Xosé María Fonseca, ambos os dous afeccionados á música, ao canto e ao viño bo. Un saúdo dende aquí para un e outro.

Anónimo dijo...

É un pecado que o amigo Xoán Fonseca -unha das persoas máis amables e boas das que haxa noticia- non "ouse" moitas, moitísimas máis veces a agasallarnos coa súa palabra escrita, que está excelentemente escrita, como ben se pode apreciar. Así, con el, o foro achegaríase verdadeiramente ao excelso.

Anónimo dijo...

Onde podemos ensaiar,Fonseca.No "Tía Matilde" do Olegario,na Lonia?
Non séi qué viños terá...

Anónimo dijo...

Ese outro Troitiña que dín é un señor có pelo blanco que anda moito có periodista Víctor,do Faro?

Anónimo dijo...

Se me admitisen, cantaría con vdes. de gana, o que vdes. quixesen. Se hai Terras Gauda (etiqueta negra, preferiblemente; se hai que estirarse, un día, estírase un), mel nas filloas; esta última é de Alonso Montero. Un saúdo para todos, estes días non hai tempo que chegue.

Anónimo dijo...

Vostede cante e tóquenos a guitarra X.M.Glz...

Polo río abaixo vai o meu amor
polo río abaixo vai o meu bén
polo río abaixo vai a lanchiña
pola beiriña da vía do tren.

(M.de Dios)

torredebabel dijo...

Noraboa Marcos!
Ben quixera estar alí, pero diante dos moitos quilómetros que temos polo medio de agua e terra, que estean os meus recordos e parabens.

Anónimo dijo...

A virxe da Portovello
cariña de caravel (Bis)

lévanlle as pombas no pico
lévanlle as pombas no pico
un ramiño de laurel

(M.de Dios)


Estóu poético estes días.Estaréime enamorando? Levántome ás sete da mañá pra escreber poesía...Teréi que ir ó médico?

Anónimo dijo...

Xohán da coba: non lle pasa nada.

Simplesmente, ten vostede o seu lado friki poético como os bos escritores (os malos escritores temos as ideas estreñidas). Non deixe de ser o que é, lírico e apaixonado, tenro e ghrasioso.

Que o sr Marcos vaia facendo unha escolma das historias ourensás que por aquí conta o da coba, pois aí xa hai un libro. Mamoria prodixiosa e imaxinación (canto hai de inventado?) non lle faltan, abofé.

Anónimo dijo...

O outro día escoite:
"Ourense acrópolis de Galicia"

Anónimo dijo...

O que conto como certo,foi certo.En serio.Non teño tanta imaxinación.

Anónimo dijo...

Qué susto,Jimy.Entendín "ácratopolis".

Anónimo dijo...

Peor sería: "Ourense, necrópolis de Galicia".