SIMPOSIO INTERNACIONAL CARLOS CASARES
Fundación Carlos Casares. Cátedra Carlos Casares. Universidade de Vigo - Campus de Ourense
Liceo de Ourense
Xoves, 13 decembro (Dependencias da Universidade de Vigo-Campus de Ourense)
10.00: Recepción dos asistentes e entrega de credenciais e documentación
10.30: Inauguración
11.00: Conferencia: Un mundo de palabras: vida e literatura na obra de Carlos Casares, Marcos Valcárcel Profesor, escritor e historiador
12.30: Panel de Narrativa: Claves para unha lectura de “Xoguetes para un tempo prohibido”. Xavier Carro Universidade de Alicante. Carlos Casares: imaxinación e memoria, Carmen Mejía Universidade Complutense de Madrid. Modera: Camiño Noia Universidade de Vigo
16.30: Comunicacións: “Os mortos daquel verán”, de Carlos Casares. Novo informe sobre esta novela, vinte anos despois da súa publicación. Xosé Luís Ferraces
Carlos Casares, tradutor de si mesmo. Xosé Manuel Dasilva
Dependencias do Liceo de Ourense
19.30: Conferencia: Tempo de procura (Casares en Compostela). Arcadio López-Casanova Universidade de Valencia
20.30: Presentación de novos libros de Carlos Casares: Marxe, 1996. Obra xornalística V
Á Marxe, 1997. Obra xornalística VI.
Venres, 14 (Dependencias da Universidade de Vigo-Campus de Ourense)
10.30: Conferencia: A achega decisiva de Carlos Casares á Literatura Infantil e Xuvenil. Blanca-Ana Roig Rechou Universidade de Santiago de Compostela
12.00: Panel “O xornalismo de Carlos Casares”: Carlos Casares e a crítica literaria: “A ledicia de ler” na construción do sistema cultural galego na Transición. Iago Martínez Durán Xornalista
Nas canles dunha nova forma de facer xornalismo. Xosé Antonio Neira Cruz, Universidade de Santiago de Compostela. Modera: Dolores Vilavedra, USC.
16.30: Comunicacións: Ecos e lecturas da narrativa europea contemporánea en Carlos Casares. Teresa Bermúdez. Casares como editor e descubridor da Literatura galega infantil e xuvenil. Montse Pena. Teoría e técnica nos relatos de “Vento ferido”. Eva Ocampo Vigo
Dependencias do Liceo de Ourense
19.30: Conferencia: Novela e política en Galicia de 1968 á fin de século: ficción e ideoloxía en Carlos Casares. Manuel Forcadela Profesor e escritor
20.30: Velada artística no Liceo: Lectura dramatizada da novela “O sol do verán”,
de Carlos Casares. Mabel Rivera Actriz
Sábado, 15
Dependencias da Universidade de Vigo-Campus de Ourense
10.30: Conferencia: Carlos Casares e a Xeración Nós, Olivia Rodríguez González Universidade da Coruña.
Dependencias do Liceo de Ourense
12.00: Comunicacións: "Ilustrísima” e a novela española da Xeración do 98. Ana I. Carballal
Contra a traxedia da esencia humana: a lectura de Cunqueiro por Carlos Casares. Mª Xesús Nogueira
13.00: Roteiro Literario “Carlos Casares e a Cidade de Ourense”, guiado por Marcos Valcárcel, con saída e regreso no Liceo de Ourense onde se descubrirá unha placa á memoria de Carlos Casares
17.00: Tertulia Literaria “As viaxes de Carlos Casares”. Modera: Luís González Tosar
19.00: Visita comentada por Kristina Berg, viúva do autor, á e exposición ”Os mundos de Carlos Casares”.
20.00 Acto de clausura do Simposio Internacional Carlos Casares.
(Máis datos en Comentarios)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
39 comentarios:
Comité Científico
Ramón Villares Paz (USC). Presidente do Consello da Cultura Galega. Membro numerario da Real Academia Galega
Xosé Ramón Barreiro Fernández (USC). Presidente da Real Academia Galega
Darío Villanueva Prieto (USC). Membro numerario da Real Academia Española
Víctor Fernández Freixanes (USC).
Membro numerario da Real Academia Galega
Basilio Losada Castro. Universidade de Barcelona
John Rutherford, Universidade de Oxford.
Xosé María Dobarro Paz, UC.
Anxo Tarrío Varela, USC.
Comité Organizador
Dolores Vilavedra, USC
Camiño Noia, Univ. Vigo
Olivia Rodríguez González, UC
Håkan Casares Berg, Secretario da Fundación Carlos Casares
Secretaría
Fundación Carlos Casares:
Pedro X. Blanco Llano
Miguelanxo Murado Lorenzo
EXPOSICIÓN
“Os mundos de Carlos Casares”
Liceo de Ourense
Durante o simposio estará instalada nas dependencias do Liceo de Ourense unha exposición sobre a vida e a obra de Carlos Casares
Inscrición Gratuíta
do 15 de Outubro ao 30 de Novembro de 2007
Número de prazas: 100
Criterio de admisión: Ata completar o número de prazas
A inscrición no simposio pode facerse en:
FUNDACIÓN CARLOS CASARES
Rúa Elduayen, 36-2º
36202-Vigo
Telef.: 986225785 / 986229834
Fax: 986.226.312
Correo-e: simposio@fundacioncarloscasares.org
Bolsas de Viaxe
A Fundación Carlos Casares establece bolsas de viaxe para estudantes de posgrao que o soliciten e cuxa petición veña avalada por un profesor universitario.
Validación: Un crédito de libre configuración outorgado pola Universidade da Coruña
Solicitado un crédito de libre configuración á Universidade de Vigo
Solicitado á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o recoñecemento como actividade de formación permanente do profesorado.
Interesante simposio sobre Casares, sobre o que sempre é agradabel vover.
Noutra orde de cousas, estou de cumpleanos, non me pregunten cantos, así que vou facer algunhas adicatorias aos que vimos coincidindo por esta Solaina.
A primeira é para o anfitrión, este tres por catro nunha maña que por terras se compostela preséntase gris e humida
adicatoria
¿Sabe se se van publicar os traballos do simposio? Graciñas.
E como non acostum a tarde o amigo Xan da Coba, que sei que é guitarreiro vaille esta peza, e a ver cando nos marcamos un blues
cold, cold pra a Coba
Esta outra adicatoria vai para o Apicultor.
un un longo e... camiño
Grazas, Jimmy. Fermosa canción, que curiosamente xa tiña pensado que dese título a unha cousiña.
Parabéns pra voçé no día do seu cumpreanos. E non se preocupe, que trinta e dous é aínda unha idade moi nova.
Avante a toda máquina!
Nunha entrevista que lle fixeron a en 1980, John Lennon di que esa ("The Long and Winding Road") foi a última grande canción composta por McCarthey. Pero iso non é certo. E se non, escoiten isto de 1971 à la Beach Boys
The back car seat of my car
Ou estoutra cousa folkie e campestre:
Heart of the country
Marcel Swann
Para o amigo leituga vai esta posta en escena
To be or Not to be
Graciñas polo video de Bill Evans. Unha peza serena, pero chea de vida. E feliz cumpreanos, aínda que, moito me temo, serán máis dos 32 que Apicultor lle adxudica.
Para o ANÓNIMO que preguntou antes: supoño que a Fundación editará logo as ponencias e comunicacións do Coloquio, porque así o fai tamén cos Encontros de Mondariz e con outras iniciativas da súa man.
E para Jim Morrison, non algo de seu tocaio, senón este elegante
SO What
A este tipo de concertos de Maceo Parker eu apúntome. E aos parabéns que lle remiten tamén por eses 32 tan ben levados, don Jimy Verxidum.
Gracias Arume para vostede este dúo
para o dos piñeiros
Inclino a miña caluga con toda reverencia por este agasallo que me merezo, que carallo, que hoxe tamén eu celebro outra cousa (de feito xa o estou a celebrar) que non penso contar. Moitas gracias por este
If you're trav'lin' to the North Country Fair
When the wind hits heavy on the borderline
Remember me to the one who lives there;
she once was a true love of mine.
As bágoas non me deixan rematar.
So what! Vaia nivel se marca, Jimmy.
Guau! Blues,Blues!!
Déme armonía,Jimmy.Tono de La,please,twelve.Déixeme desbarrar e cargar o ambiente de "blue-notes"
e esto para XMG
para Xosé Manuel GOnzalez, lugués
Eu,ao lugués XMGlz,dedícolle ésta(o video é un pouco raro):
Esa triste guitarra
Es parte da terceira sinfonia de Gorecky para aquel Levita.
gorecky
Para Marcel Swan
pernonaxes
impresionante, de verdade, o video, tanto a música como as imaxes de ELEM KLIMOV: non vin a película, pero, visto isto, debe pagar a pena, non?
Moi bo tamén o de SISA e Guillermina Mota.
Outro dos meus preferidos é ALBERT PLA e un disco que escoito a cotío é ¿ANEM AL LLIT? Na miña casa, cando o escoitan, dinme que estou tolo ???
A a terceira sinfonia de Gorecky é moi forte, e extremadamente lírica.
Alixeirando deixo esta adicatoria a miña noiva que anda hoxe pola cidade eterna
Io che amo solo te
Un simposio interesante, si señor. Parabéns aos organizadores.
Só boto de menos algunhas facetas do labor intelectual de Casares, que talvez fican para un simposio posterior. Unha, a de Casares como historiador e intérprete do pasado de Galiza e do galeguismo (no que axiu, de maneira ben consciente, como unha sorte de albacea do seu admirado Ramón Piñeiro). Dúas, a do Casares político, os seus posicionamentos diante da Transición, da autonomía, a súa etapa como parlamentario, as súas opinións, etc. Serían facetas máis polémicas e polas que Casares foi ás veces vilipendiado en vida, mesmo polos que despois publicaron algunha das súas obras ou colaboraron coa súa Fundación. Pero que tamén pertencen ao que foi o persoaxe, non si?
Moitas gracias, Jimmy. Botámolo de menos. Pero non se preocupe que, na próxima cita, seguiremos pelando a cebola. Un saúdo e moitas felicidades.
Gracias Jim, a cebola pelouna un pouco seca, polo que inevitabelmente hai mais de ficción autobiográfica que de confrontación biográgica, ainda que aparezca para a venta como esto último.
para ir relaxandose deixolles este poema lírico dun grande músico contemporaneo, Arvo Part.
Arvo Part lyric Poem
...e que soñen con desplazamento metonímicos similares a este
e se despertan do soño coa moza ao lado mellor
e para maña pola maña, para cender o día...
leda mañá
Moito me gostan eses bailes sincronizados. E a natación sincronizada: dunha vez, afogóu unha e afogaron todas, obrigadas.
Joer,qu� sorprendente esta �ltima,Jimmy. Mira que pode soar bluseiro un modo maior.
Temos que probar un día Da cova, o blues é o que me sae coa guitarra.
Prós Jimmies:
Jimmy Jazz
Escolla métrica de compás e tonalidade.Eu dóulle os acordes.Poden ser os doce clásicos ou algunhas variacións interesates.Ó seu acomodo.
un dous tres...G(M), vai Dacova
Marcel moitas gracias sempre gostei dese grupo, ainda que dende que desapareceron os que lle vou por agora, eu o seu valeiro non o dou enchido
postpunk
Vaia,Jimmy,cheira a esprito adolescente.Boeno.Xa non tan adolescente.XDDD.
"Morre novo e deixarás un cadaver ben bonito".
Oukéi,Jimmy.Vai en G.Pero si quere soar ó estilo de Robben Ford,que enlazóu máis arrriba,non esqueza usar a sexta engadida (E).Xdd.
Non sei se eran punk ou que, pero The Clash sonaban kitikagas.
Pra Da Coba, unha música que sempre me sonou a matemáticas, e "cool, cool, cool" (morna, morna, morna"). Non lle vou poñer o clásico "Take Five" senón esta outra intitulada
Blue Rondo A La Turk
A mín o compás de (5/4)("Take five" chámase así precismente por eso) ténme moi frustrado porque sempre me perdo.Por eso odio que alguén me pida "Mediterráneo" de Serrat.
Onte foi día tremendo, dentro do atafego xeral das últimas semanas; daquela, non tiven coñecemento dos e cos seus agasallos ata case agora mesmo. Por orde:
Moito lle agradezo, Jimmy, que me faga escoitar -despois de anos- un solo de contrabaixo; e este grupo seica jazzístico para min novo. Que faga vde. outros tantos, polo menos.
O vídeo, da Coba, raro raro non será, o que pasa é que se ve mal; peza lixeira, de boa dixestión empezando o día.
Coincidencia totalmente casual: hoxe empeza EHP unha dinámica nova que durará ata o final da serie. Lamentablemente, non haberá para todas cantas sinaturas -con ou sen nome- levan aparecido nos comentarios; aproveito e fágoo agora:
Grazas. Para todos.
Pensaba que aquí se falaba do tema do simposio Carlos Casares. En fin, a outra cousa.
Publicar un comentario