1 dic. 2007


ENTRE HORTAS E PORTAS
21. Vostedes son formidables.
Para o Xohán da Coba, que tan ben recorda.
Moito terá el, tamén, oído.
(A foto procede da web de euskalnet)


... Chegaba un da escola, dáballe volta á chave de ferro, adquiría nitidez un disco dedicado, intensidade o magnífico aroma a caldo de nabizas. Pousada a carteira, bico á mamá, ola a todos, un sentaba e aquel fondo sonoro viña logo con palabras necrolóxicas. O Parte que xa non describía guerra propia dicía U Thant, Kennedy, a guerra allea contrapunteaba alegado progreso, Castiella, López Bravo; e o caldo xa feito sabor, prometendo enerxía.

... Fai de neno Matilde Vilariño ou certa melodía con Cola-Cao precede a Juana Ginzo. Mamá pasou o ferro, vai no corredor e un ten que lles ir dando cabo aos deberes. Baixa da repisa voz grave, masculina -o rei da casa- pero ao final persiste a delas; non sendo que o nobre e saudoso Guzmán poña silencio terminante co revólver. Parte nocturno acabado non pode collernos en pé, veña logo, bule; hoxe é novembro, hai de cea castañas e leite.

... A estreada vacación detenta case fragancia matutina, calidez aínda que neve; un par de entoacións alternan sincopadamente, alpeira, que hoxe hai lotaría. Gran fortuna ser neno que fala pola radio, algún premiado seica lles dá cartos aos dese colexio; en Lugo, boh, nunca toca, pero sempre xogas. Tampouco non se atina coas quinielas, e o domingo quen lle saca orella ao Carrusel Deportivo; ora que algunha voz ben o vale, fai que oídos se volvan ollos.

A radio permite conversa, pero seguramente lles quitou saúde a certos contos que aínda algún pai ou avó quere contar. É moito mundo, porén, o que mete na casa, empezando pola restra de nomes rexistrada na pantalla transparente, por riba da agulla buscadora; algúns poñen París, Nueva York, outros serán cidades, pero abofé non os entendo. A radio premia nenos con viaxes en avión; senten os maiores que son algo, poden moito cando un cartiño, con outro cartiño, reduce traxedia, fornece alegría. Aínda que todo pase ben lonxe, en lugar nunca antes coñecido, improbable visita.

Determinado intríngulis formal parece xogo: ¿como se chama o Papa, Paulo ou Pablo?; a prensa aquel, a radio este. Cousa de xerarcas e eruditos. Palabra máis cercana chega ao mediodía: -Dios día boas tardes a todos. “La Provincia. Relato de tipos, costumbres e historias de la provincia”. A inflexión chairega de José Trapero Pardo mete o país pola antena, o vello e rural país definido en castelán que salfire constante expresión galega, aforismo ou costume; nomes e argalladas, pretérito imperfecto suxiren que o 1960 xa non é o 30, moitos dos que foron aldea paran na Milagrosa, Domingo Tallo, San Roque. “Bon proveito... amiguiños!”, marcha Trapero; do lado de aquí, o pai contesta a miúdo “Gracias, ho!”, e mesmo o rapaciño, algo aldea tamén malia nacer no barrio.

Un significábase cando á cidade era anunciado o seu aniversario e onomástica, aínda sen apelido; tamén no deceso ou cabodano, con referencia a fórmula completa. A cidade recreábase no “Micrófono de Oro”, onde veciños adultos expoñían talento ou afección musical e xente miúda competía ás adiviñas; no Gran Teatro hai piano, canta Marisa Pelarigos e é feito visual que Carlos Losada Aizpitarte, alén de voz, posúe volume e prestancia. EAJ-68, Radio Lugo.

En pouco tempo haberá tamén Radio Popular. Pero no 65 ou 66 entra o televisor pola porta, fúrase un tabique para ben acomodalo e fica no alto, como nova referencia. Un mira a outra caixa de madeira, con tea, agulla e altavoz, o voltímetro accesorio; agoira saudade e abandono, presente un aquel de ingratitude.

E é felizmente desmentido. O vello receptor acabou morrendo, viñeron os transistores, radio casete; a FM, radio fórmula, tertulia e debate. Corenta anos despois, con lugar para todos, moito nome permanece onda unha nostalxia desactivada: Losada, Daniel Hortas, Amalia Paredes, a florida verba do Titín, Tonina Gai... Lombao, Paco Rivera, Xulio Xiz, veludo vocal e Teresa Castro, Paco Arrizado. Eles si que eran, son formidables.

21 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Magnífico artigo, como sempre, amigo Xosé Manuel. Agora non teño tempo, pero quizais á tarde poida engadir algo sobre a radio en Ourense, notas locais breves. Por certo, Daniel Hortas tamén estivo na radio ourensá e foi un dos que empezou coa edición local da VOZ en Ourense a finais dos 60.

arume dos piñeiros dijo...

Poden imaxinarse que para os de Ponferrada a radio é Luis del Olmo, en Radio Juventud de Ponferrada, la voz del Bierzo. Pero eso importa pouco diante desta evocación fantástica do amigo Saavedra.

Anónimo dijo...

Daquela os hinchas do Madrid ou Barcelona,mesmo a Selección,estaban no Bar, oindo a Matias Prat.
Pola noite,despois da cea Noticias Radio Pirinaica.
Daquela a Radio,penso era o que hoxe a TV

Xohan da Coba dijo...

Manda nabo,XMGlz.Quedéi de pedra coa sú dedicatoria.

Moitas Grazas.Obrigado.Thanks.Grazie mile.Merci beaucoup.Jerejef.

Viel Danke,Danke schön

Xohan da Coba dijo...

Aínda lembro á miña abóa pegada á radio,chorando,escoitando a novela.Tamén viñan as veciñas oir pra oir : "Lucecitaaaa! Lucecitaaaaa!"
Pero,asómbrense,moitas daquelas "novelas" radiofónicas eran adapataciós de William Shakespeare.

Xohan da Coba dijo...

Eu bén lembro a radio,na aldea.Mercada con cartos mandados polos pais emigrados.A luceciña verde de encendido brilando na escuridade das noites de inverno (Oíao coa luz apagada pra aforrar corriente).E un cantante,cantando:

Donde vas,carpintero,con tu bufanda
Voy al monte a por leña,mi padre aguarda.


Ou aquela:

Pero yo sí que lo sé
yo sé donde está esa barca
medio enterrada en la arena
en una playa olvidada...

E todo parecía sonar tan lonxe, tan lonxe, aínda que subiras o volume. Cuestión de ecualización. Faríano adrede, pra dotar de máis maxia ó aparello. Xa o decían os clásicos (non lembro a frase latina) : "O lonxano parece sempre fascinante".

Xohan da Coba dijo...

Esta canción pra amenizar un post sobre a radio:

O ARRADIO

Anónimo dijo...

Sección de anuncios:

"Pastillas Koki, de mentol-penicilina".

Con música: "Corbis, corbis, trincheras Corbis.

" Chaval, toma Vitacal".

",,,y si su hijo no le estudia, mándelo a Alvarellos".

Xohan da Coba dijo...

Ese Alvarellos,refírese á capitalidade do concello de Monterrei?
Saúdos pra xente de Alvarellos! Saúdos prá xente de Vilaza!

Xohan da Coba dijo...

Saúdos pró alcalde,o Chelís,repartidor de gaseosas!! Saúdos pró Paulino,secretario do concello!!

Viva o val de Monterrei!!

Anónimo dijo...

Non lle sei, se sería :Unha Academia de Lugo?

Xosé M. González dijo...

Era unha academia que estaba nas estremas do meu barrio. Nun momento dado anunciara un sistema novidoso para aprender mecanografía, e tiña moitos alumnos. Despois fundouse esta editorial que o Marcos ben coñece.

Enrique Alvarellos pai tería que aparecer nesta serie, dunha maneira ou doutra; supoño que calquera día asomará.

Xohan da Coba dijo...

terá algo que ver cún Alvarellos que ten un grupo galego de jazz?

Xosé M. González dijo...

Pois non llo sei. Enrique Alvarellos pai fundara e dirixira o Orfeón "Xoán Montes"; é posible que Henrique fillo sexa jazzista.

Falando de música, non sei se o sabían: o cantante do primeiro enlace nesta entrega chamábase, de nome propio, Antonio Lugo Machín; o pai debía vir sendo de aquí, se non ando moi confundido.

Anónimo dijo...

Enrique Alvarellos,era un home campechano e inquieto,ademais do metodo de escribir,tamen ya editara algunha cousa, foi director de Coral tamen.O X.M.Gonzáles porá en calquero de seus escritos algo recordando o persoaxe

Xohan da Coba dijo...

Según pón aiquí,o pai de Machín era ourensán
(...Antonio Machín era el noveno hijo de los dieciséis que tuvo el orensano José Lugo Padrón con su esposa, Leoncia Machín...)

Pinchar aiquí

marcos valcarcel dijo...

Esa nova do pai de Machín saira tamén nuha contraportada de A NOSA TERRA hai moitos anos. Supoño que será certa.

Xaime dijo...

Noraboa, pola nova entrega. Está claro que logras sacar a un do alzheimer

Xohan da Coba dijo...

Exercicio pra evitar o Alzheimer,Xaime: diga,o máis rápido que pódia,o abecedario ó revés.Eu,cronometro: xa!.

marcel swann dijo...

Lugo dice adiós al barrio chino de A Tinería (ECG)
04.12.2007
En la zona ya sólo sobreviven dos bares de farolillo rojo, con los días contados ·· La prostitución retrocede a medida que avanza la rehabilitación de casas promovida por Vivenda ·· Personajes como La Merche o Maruja de Mondoñedo son leyenda

ÁNGEL ARNÁIZ • LUGO

A Tinería, el barrio chino de Lugo, que figuró en la nómina de los más conocidos de Galicia, llega al final de su legendaria historia, que tuvo su época dorada allá por los años 70.

Este icono de la ciudad de la muralla, escenario de amores urgentes, copas al calor de la discreta luz roja, sonadas trifulcas y antihigiénicas meadas callejeras, vive sus últimos coletazos

A medida que avanza la rehabilitación de casas en esta zona del casco histórico, promovida por la Consellería de Vivenda e Solo con el objetivo de recuperar este degradado barrio para la vida de la ciudad, los locales en los que se ejercía la prostitución van disminuyendo, al igual que el número de las mujeres que hacen la calle.

De hecho, en la actualidad, ya sólo sobreviven dos locales de los denominados de farolillo rojo a la marea renovadora que invade A Tinería. Son de los más veteranos del barrio, pero la presión inmobiliaria del plan rehabilitador de la Xunta les dará muy pronto la puntilla.

Locales como El Amor, Azul, El Ferrol, Camelia, O Galo de Ouro, La Tacita, Mini, Orange, El Palacio, Unión o Yedra forman parte ya de esa pequeña gran historia del barrio chino lucense, una historia repleta de amores y desamores, dramas, alegrías, encuentros y desencuentros y, sobre todo, de alivios rápidos para el cuerpo.

Ligados a esos locales figuran nombres de mujeres que dejaron huella en A Tinería y cuyas vidas darían para escribir varias novelas de éxito. En esa nómina de personajes del barrio figuran, entre otras, La Merche, Maruja de Mondoñedo, La Fabiola o La Fe, féminas de armas tomar que no se dejaban intimidar fácilmente. Como diría Joaquín Sabina tenían "un par".

La prostitución de calle, de escarceos y tratos a la luz del día, con la mercancía a la vista, al natural, como la que se ejercía en A Tinería, se acaba. Ahora se desplaza, en su mayor parte, a las decenas de pisos que funcionan en la ciudad. El móvil es, en esta nueva modalidad de hacer la calle, el medio de contacto para esos encuentros amorosos, discretos, con tarifa de taxi.

El remozado de A Tinería, su nueva estética que se impone imparable y que se hacía necesaria, supone el adiós a ese mundo marginal y de personajes freakis que pululaban por este singular e histórico barrio.

Xosé M. González dijo...

Un columnista d'El Progreso botou de falta aí atrás que certa mostra sobre a reforma urbana da Tinería -da Consellaría promotora, seica, eu non a vin- non contivese referencia á historia do tal e esmorecido ambiente. Eu non fun, e sen comentarios.

Ultimamente, tamén andan a escribir que é máis a traca -carteis en casas para reformar- que a chicha. Entendo que a recuperación da Tinería leva boa traza, e o anfitrión algo contou aquí, con ocasión da súa viaxe a Lugo, hai dez días.