1 nov 2007

Torquemada novato


É certo ou non que existe un documento interno do BNG de Ourense con orientacións para dirixir a política cultural do Concello?
É certo que en tal documento se quere condicionar a política de subvencións culturais a afinidades políticas?
É certo que o Torquemada novato que redactou estes papeis mesmo acode ás maiúsculas para sentar cátedra do seu dogmatismo e sectarismo?
É certo que neses papeis hai ademais expresións desprezativas cara o PSOE, o Liceo e a Fundación Carlos Casares?
É certo que nunha asemblea do BNG alguén dixo, ante a proposta de formar o Consello de Cultura Municipal, que “diso nada, a política cultural xa a dirixe o partido”?

89 comentarios:

Anónimo dijo...

Tamén a min me gustaría obter respostas a tales preguntas. Con permiso do dono, engado outras dúas: de existir tal documento, ¿é iniciativa ou proposta particular? Non estará a ser guía para a xestión da organización e a concellaría, ¿ou?

De todas as interrogantes teren resposta en positivo, resultaría excesivamente chocalleiro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Suponse que é unha guía de xestión para a concellería: por iso é máis grave a cousa. E o documento existe que o viron estes meus olliños.

Anónimo dijo...

Parécem que no ámbito da concellería de cultura están forzando moito a máquina pra "queimar" á concelleira.Dame esa impresión.

Anónimo dijo...

Teréi que indagar quén é ese Torquemada.Non séi se o apelido rimará en consonante con verbas rematadas en "-ón".

Un amigo profesor de Historia (mesmo instituto que o anterior) di que eu teño o perfil do Torquemada.Vendo agora o retrato do post,non anda descamiñado.

Anónimo dijo...

¿Vírono os seus olliños?
Dou logo por certo o rumor,que xa oíra eu de varias fontes.
E logo decían do PP.No ámbito da cultura municipal,dábanlle xogo a tódalas ideoloxías,anque fora coma quen regala "caramelos".

Anónimo dijo...

Eu tamén oíra ese rumor que agora se confirma. E se Marcos di que hai documento escrito é que o hai.

Sospeito que o apelido do Torquemada en cuestión remata en "ña". Damo o corpo.

.... Seguiremos falando do tema.

Anónimo dijo...

O "suponse" dá pé para manter algunha dúbida sobre o carácter oficial (léase "orgánico") de tal documento. Con todo, algún comentario.

O sectarismo dos grupos políticos (e a variante manipulación ou aproveitamento indebido do poder institucional) é lacra que non admite, polo visto, ámbito de excepción. Dáse no ámbito cultural (favorecendo afíns), no ambiental (ralentizando xestións que poderían favorecer ao contrario ou concorrente) e en moitos outros. Debe ser denunciado, a iso andamos, e procurada a súa erradicación.

No caso particular do Bloque, a historia e práctica de certas instancias é tamén dabondo coñecida. No caso da presente -de non ser apócrifo o documento- ao sectarismo débeselle angadir o agravamente de notoria torpeza: quen fai estas cousas non ten costume de poñelas por escrito, nin menos dar saída a fobias persoais ou partidarias.

Hai esperanza? A propia difusión do tal documento, de ser auténtico, só pode vir en última instancia do propio ámbito nacionalista. Se tal, igual se difunde só por interese tendencial; pero igual tamén por afán renovador.

Sexa como for, chama a atención que algúns aínda non se desen conta de que a Internet existe. Se cadra non hai que estrañarse: cando o liderado da organización fala de apertura, algúns circulan na dirección contraria. Téñenche ben futuro, si, hom.

Anónimo dijo...

Así é, Saavedra.

O BNG de Ourense debería, se non quere ser cómplice de semellante animalada sectaria, dar a cara e desautorizar publicamente o(s) autor(es) dese documento, ademais de demostrar con feitos concretos que esa non é a súa liña de actuación.

Veremos se o fai...

Anónimo dijo...

Querido Marcos:
a min tampouco me estraña. Estes paxaros conservan os modos predemocráticos e as peores teimas dos anos 70.
Mais non conservan a ideoloxía: carecen dela. Non actúan por ideas nen ideais. Van ao seu.
O malo é que haxa outros que non poñan as cousas no seu sitio.
Se o seu capital é o noso voto, podemos investir noutro proxecto
Vai haber que aclarárllelo.
Unha aperta, P.

Anónimo dijo...

Tén razón,Saavedra.Esas cousas nunca se poñen por escrito.É unha proba máis da condición de meros burócratas que nos tocaron ós ourensáns nese ámbito.

Anónimo dijo...

A noticia é grave, moi grave, porque xa non se trata dunha sospeita. Esas formas de actuación son completamente recriminabeis e descalifican ética e políticamente aos seus autores. É unha ameaza a cultura.

Anónimo dijo...

Concordo, pero, desde a distancia, déixenme puntualizar unha cousa: con ou sen "decumento" (o papel terma de calquera cousa), agardemos a ver que fan. Unha cousa é predicar e outra dar trigo. A ver que trigo van dando e se é certo que lle van pasando a fouce a determinadas propostas dependendo de onde veñen.

Anónimo dijo...

Creo que non é suficiente con agardar a ver que fan ou deixan de facer nos vindeiros meses.

O BNG debería desautorizar inmediatamente os malfeitores e pedir desculpas públicas polo escrito. O simple feito da existencia dese documento é, certamente, un asunto moi grave.

Anónimo dijo...

Non é por nada, pero a min paréceme ben que se prioricen outras cousas antes que a Fundación Casares. Hai moito que facer en Galicia antes de financiar as actividades dun grupo que imita os acenos do totem: señoritos cosmopolitas con humildade por fóra e aires de grandeza por dentro, culturetas descomprometidos que non cren nada máis que na súa propia vanidade.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o anónimo anterior, eu mesmo pertenzo á Fundación Casares (se non vou a máis actividades, é por falta de tempo) e non me sinto en absoluto retratado no espello caricaturesco que vostede debuxou.

Anónimo dijo...

Pois eu teño que responder a unha afirmación de "anónimo" que podería parecer que afecta a Marcos Valcárcel.
Este blog que "anónimo" le é froito do traballo humilde e xeneroso dun tipo que DIVULGA cultura e pensamento nos anacos de tempo libres que lle restan das clases no instituto. E o mesmo poderiamos dicir dos outros labores que exerce na Fundación Casares e no Liceo.
Os froitos dos blog aquí os pode ler vosted, e mesmo criticar desde o anonimato. Se o sr Valcárcel fose un tipo "encumbrado" (desde a universidade, ou desde un cargo político) e que mirase polos seus intereses, créame se lle digo que outros quefaceres lle roubarían o tempo sen ter que aguantarnos a nós (e mesmo a vostede).
En todo caso, ensínenos vostede o seu traballo pola cultura galega, que xa me encargarei eu de lle dar a miña opinión.

Anónimo dijo...

Para xulgar o documento e falarmos sen risco de equivocación en canto ao seu contido e intencions, pido que quen o teña, dea luz o mesmo.

Gustaríame que desde o BNG se existe o tal documento se sinale a autora ou autor para catarmos as cousas que saen da viña nacionalista na súa xusta medida e vermos se é cousa dun vendimador de mala coitela, dun que leva ás costas culeiros ou dalgún patrón.

E pido que desde o BNG se encarguene este tipo de informes a xente máis competente e menos atafegada por problemas de incompatiblidades persoais.

Anónimo dijo...

Se unha conselleira de cultura ten como proxecto estrela unha axencia industrial da cultura e esta é rexeitada, con contundentes argumentos xurídicos de administración pública, polo CES, por UNANIMIDADE, debería pensar moi seriamente en demitir. Digo eu.

Anónimo dijo...

Señor anónimo nos actos que orgaiza a Fundación Carlos Casares teño coincidido con persoas de todo o espectro político, porque esta fundación ten moi claro o que é a cultura.Eu son amigo da fundación e podo asegurarlle feacientemente que non son ningún señorito cultureta descomprometido e vaidoso, que me tomo a cultura en serio.

Anónimo dijo...

Gústame a expresión "os acenos do totem", moi literaria. moito máis que "os orneos da burra", aplicable ás súas palabras.
Mágoa non lle caese enriba o totem do coñecemento, señor
do cu pequeno(ano-nimio)... Hai xente a que para lle meter algo na cabeza cumpria unha picaraña ou, no seu defecto,un pau ferro.
Non insulte, que a tradición de maldicer, como ve, é dominada por todos, mesmo de sal gordo. E polos meus ovarios que non me lle vou calar.

Anónimo dijo...

Eu tamén quero ver o documento, pero non dubido de qeu será un fitiño máis nunha historia local, mediocre, sen máis importancia que a perda de esforzos e a sensación de que a nada nos domina.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non se deixen levar polo sal groso. A nosa cultura ten unha vizosa tradición de maldizer, pero mellor reservala para cousas máis importantes...

Anónimo dijo...

En todo caso, señor Anónimo, o texto non fala simplemente de subvencións, senón que establece criterios sectarios de como repartir tales subvencións. E isto faise con cartos públicos, que son de todos, e non de libre disposición ao capricho dunha concelleira ou dun asesor dunha concelleira.

Vostede mesmo se retrata -e non precisamentee guapo- con esa inquina, ignorante e pueril, contra dos membros da Fundación Carlos Casares.

Eu non pertenzo á mesma, pero teño acodido a varios dos seus múltìples actos culturais. Por certo que teño visto, entre os presentes, á Conselleira de Cultura, dona Ánxela Bugallo, e ao Vicepresidente da Xunta, don Anxo Quintana, entre outros membros do BNG. E tamén teño visto neles a persoas do PSOE, da CIG, de CC.OO., de UXT, do PP, etcétera, etcétera.

Viñalle ben que, no canto de relamerse tontamente nos seus prexuízos, acodise a algún dos actos que a Fundación organiza ao longo do ano. E de paso que tirase para sempre esas asneiras que leva cunha dignidade impostada.

Anónimo dijo...

Eu son un señorito cultureta e vaidos,con aires de grandeza,e mesmo así non me admiten en ningunha Fundación.:((

Anónimo dijo...

Moi ben dito, don Xoán.

Anónimo dijo...

Don Xoan, podemos montar unha...
E Don Xohan da Cova non sería mal nome nin mal padroeiro

Anónimo dijo...

Xusto agora que andan en Compostela desacreditando a figura das fundaciós...

Anónimo dijo...

Vostede verá. Pero estaba chamado a ser o Presidente de honra do cumio executivo do plenario colexiado...

Anónimo dijo...

para avaliar como corresponde a gravidade do asunto, cumpriría saber o que di ese tal documento interno antes de nada, ou non?

as preguntas xa mas podo facer eu, pero o que quero saber é o que di exactamente ese tal documento...

Anónimo dijo...

Pois vou facer de convidado roñán. O anónimo devandito ten todo o seu dereito a avaliar como fixo a Fundación Carlos Casares; teno en tanto que o dono da casa non llo retire, o mesmo ca varios dos que me preceden no uso da palabra -e algún sen privarse de nada, madia leva- usan de valoracións semellantes no continente e mesmo pouca variación cualitativa de contidos, referente a outras institucións e grupos políticos cuxo carácter e orientación non precisarei agora, pot innecesario; non se me pique, Apicultor, desta tampouco non vai particularmente por vde.

Ora ben, en calquera caso vexa o anónimo tan posfazado que o mencionado Apicultor utiliza argumento bastante incontestable: son cartos públicos, e a concellaría de Cultura ourensá servidora pública. Obviamente, quen chega a un goberno -pola forza dos votos- ten conferida a lexitimidade de orientar o uso dos recursos públicos: suponse que os votos, dalgún modo, o avalan. Ora ben, a subvención ou axuda a institucións debe seguir, de maneira particular, un criterio obxectivo de mérito e actividade obxectivamente verificable. Téñena a Fundación Carlos Casares e mailo Liceo de Ourense? Dispoñen doutras fontes de financiamento, que as sitúen nunha posición de superioridade con respecto a outras entidades subvencionables? Responda para si e, consonte o meu criterio, ei-la súa referencia.

Por outra banda: teño curiosidade por saber quen é a tal concelleira (entendan QUEN É en sentido nominal e tamén con outra semántica). Crin entender que Xoán da Coba insinuaba a posibilidade de que alguén lle puxese unha trapela ou campo de minas.

Anónimo dijo...

Así é como se lle fan as cousas, sr. Anónimo (acábanmo de mandar):



O NOVO GOBERNO APLICARÁ “BAREMOS E CRITERIOS OBXECTIVOS”
PARA A CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS AOS CLUBES DEPORTIVOS

Terase en conta a atención ao deporte base, contar con equipos de deporte feminino, o número de competicións nas que participe cada clube ou os desprazamentos as realizar

O vicepresidente, o nacionalista Antón Bao, explicou que se pretende acabar coa “discrecionalidade e arbitrariedade” coa que Cacharro outorgaba as axudas, “sen data fixa de presentación nin execución e manexadas en función das citas electorais de cada ano”

LUGO, 2 DE NOVEMBRO. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, explicou hoxe logo da habitual Xunta de Goberno dos venres que o novo Goberno ven de establecer uns “baremos claros” e uns “criterios obxectivos” para a concesión das subvencións deportivas desta ano, que serán aprobadas nas vindeiras semanas. Preténdese deste xeito acabar coa “discrecionalidade e a arbitrariedade” coa que eran repartidas ata o de agora as axudas aos clubes deportivos da provincia por parte do Goberno do Partido Popular en mans de Francisco Cacharro.

Antón Bao explicou que o apoio ao deporte ten que estar “libre de sospeita” e non depender de “apetencias persoais”. O anterior Goberno deixou pendente a aprobación do plan anual de subvencións a clubes deportivos polo que todas as subvencións deportivas solicitadas no ano 2007 están pendentes de ser outorgadas. O novo Goberno, explicou o vicepresidente nacionalista, aproveitou os meses de agosto e setembro para estudar, unha a unha, as solicitudes presentadas e establecer uns baremos e uns criterios claros de outorgamento para que a concesión destas axudas se faga “con obxectividade e transparencia”. Bao indicou que “ata agora estes mínimos non se daban” porque “o sistema era por designio directo do presidente da Deputación”.

Entre outras cuestións, teráse en conta de xeito positivo á hora de outorgar as axudas a atención que o clube en cuestión preste ao deporte base, que conte con equipos femininos, o número de competicións nas que está inscrito ou os desprazamentos que ten que realizar.

UN CALENDARIO PREFIXADO

De cara á convocatoria do vindeiro ano, o vicepresidente nacionalista avanzou que contará cun calendario prefixado para a convocatoria das axudas, a presentación das solicitudes, o seu estudo por parte da Deputación e o seu outorgamento e abonamento para que os distintos clubes deportivos poidan planificar as súas tempadas sabendo cales son os criterios que se valoran, os cartos cos que van contar e as datas nas que lles van ser abonados. Ata o de agora, explicou Antón Bao, as subvencións deportivas “non tiñan data fixa de presentación nin de execución senón que Cacharro as manexaba en función das citas electorais de cada ano”.

Anónimo dijo...

A concelleira chámase Isabel Pérez,e faría boas migas con vostede,pois é profesora de línguas clásicas.Perfil típico de bloqueira nas ideas e na conversación,pero non en aspectos externos (xuicio persoal).Cáeme mellor que outra xente do BNG ourensán.Caéulle o morto do Auditorio e outras áreas problemáticas de Cultura por riba.I está a facer as cousas tan ó revés (seguramente mal aconsellada,porque tonta non é) que algús sospeitamos en conversaciós privadas que alguén a quere ver fóra.Nalgún momento,no pasado,evidencióuse cara a opinión pública un desencontro có actual tenente de alcalde.

Marcos Valcárcel López dijo...

Un matiz quizais importante neste tema: o Concello de Ourense, xunto co de Vigo e algún máis (e a Deputación ourensá), está entre os Patróns da Fundación Casares (creo que non estou errado). Aínda máis o anterior alcalde estivo no acto de presentación da FC na cidade. Por lóxica debería pois contribuír ós seus labores, na medida das súas posibilidades. Todo hai que dicilo: se non estou errado, na etapa anterior, co goberno Cabezas, esa colaboración económica debeu ser moi escasa ou mesmo nula (?).
Pero, por suposto, non se trata da FC. Se a afectada fose calquera outra asociación cultural, o tema sería igual de rexeitable.

Anónimo dijo...

Pasoulle desapercibida unha cousa fundamental, amigo Saavedra.

E esa cousa é o "argumento" (chamémoslle así) que o Anónimo utiliza en exclusiva para negar que a mentada fundación teña dereito a recibir subvención. E ese "argumento" non se refería a nada do que vostede menciona.

Ese "argumento" único é do seguinte teor: porque son un "grupo que imita os acenos do totem: señoritos cosmopolitas con humildade por fóra e aires de grandeza por dentro, culturetas descomprometidos que non cren nada máis que na súa propia vanidade".

Nada que ver, pois, co "seu dereito [o do Anónimo] a avaliar como fixo a Fundación Carlos Casares", e si con prexuízo netamente sectario e de infantario. Ou non?

P.S.: Polo demais, o documento non se refire só á Fundación, senón tamén ao Liceo, institución ben diferente, como é público e notorio.

Anónimo dijo...

Ese documento do que se fala está en papel oficial, e polo tanto timbrado, do BNG?

Anónimo dijo...

Todos temos vaidade; o caso é controlala, como facía Casares. Para vaidoso incontrolado e pueril (se non tivera 72 anos), X.M. Beiras.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non, non está en papel timbrado do BNG, pero si se entregou a outros militantes. Por outra parte, polo menos ata hai pouco, o BNG non usaba papel "oficial, timbrado" para estas cousas. Pero ninguén dixo que fora tal.

Anónimo dijo...

Non dixen que o dixera, pero pareceme importante esta cuestión. O BNG hoxe usa papel timbrado para moitas cousas, en concreto toda a política nacional chega aos militantes en papel timbrado e as decisións de política local tamén. Non é que non crea no que vostede dí, pero en cousas tan graves hai que fiar fino.

Anónimo dijo...

Mellor non caermos nas descualificacións. O anónimo en cuestión que tan mal quere á Fundación Casares ten todo o dereito do mundo a malquerela. Pero os argumentos utilizados son reveladores. Un: só eles son vaidosos, os demais "comprometidos" non: estes últimos son auténticos proletarios da cultura, servedores do batallón nacionalpopular anónimo fidel ás consignas. Como intelectual é sinónimo de pensamento crítico e independente, e contrario a seguir orientacións e instrucións dos auténticos guieiros (sen que ninguén saiba quen investiu a estes de tal dignidade), pois haino que laminar. Viva a igualación pola base! Dous: a crítica implícita ao cosmopolitismo. Vaites, vaites: o Casares era perigoso porque sabía sueco, gostaba da socialdemocracia escandinava e esas cousas. E os que se achegan á FC deben pecar do mesmo, culturetas que na vez de iren pegar carteis se adican a pensar e reflexionar, cometido este último de pacos, digo de sabios. Iso de Galicia, célula de universalidade, estaba ben para os petrucios, pero o que cómpre agora é ser canto máis burramplo mellor. Por certo, quen tal din son os máis provincianos culturalmente falando, pois, por moito que o neguen, a maioría do que len e receben é cultura en castelán.

En todo caso, o cheiro neoestalinista de palleiro que esa denigración agacha (crítica ao cosmopolitismo e mais ao individualismo crítico do intelectual: lean a Fadeev e outros escritores da era estalinista e atoparán esas expresións tal cal) é reveladora dunha mentalidade bastante estendida. O que pasa é que o Laurenti Beria da Chispa que redactou o escrito ese é tan parvo que, aínda por riba, o deixa para a posteridade e o pón en maiúsculas.

Se o noso Beria da Chispa é, por certo, quen o Apicultor insinúa, sería unha mostra máis de que as mellores liñaxes dexeneran... E de que moi boa vista non ten, xa que nos actos da FC de todo vin e hai.

Anónimo dijo...

Teñamos, todos, un pouquiño de xeito, e desculpen que sexa eu -aínda que incluíndome- quen o diga.

Primeiro, a rea de despropósitos que o documento parece conter (a teor do que nos contan aquí) non se pón baixo timbre partidario de ningunha maneira: non chegará ata aí a insania ou o despiste. Supoño que o Anónimo pretende discutirlle autenticidade -asunto que a min tamén me gustaría poder deslindar- pero sería ben achegar outros indicios.

Por outra banda, Apicultor, non vexo que deixase eu fóra aspecto esencial na anterior mensaxe: menciono tamén o Liceo e penso ter cuestionado os argumentos do Anónimo; que, por outra banda, non fala de negar subvención, senón de "priorizar": matiz máis discutible que tamén lle propoño contrastar, se quere facer caso do meu convite. Porque eu sigo pensando que ten dereito a expor o seu punto de vista sobre a FC, se o dono -insisto- non ten nada en contra.

Non entendo moi ben, porén, o do tótem; aquí, en Lugo, é o nome dunha boa tenda de cómic, non sei en Ourense se o dos acenos ten alcance local de relevo. Enténdase tamén, en todo caso, que a cultura subvencionable desde o concello non ten por que ser, exactamente, comprometida, sexa o que sexa o que queira dicir a palabra; e conste que eu entendería que durante un tempo houbese unha certa discriminación positiva para cos do "compromiso", pola pila de anos de marxinación ou esquezo, se o houbo.

Anónimo dijo...

Eu vivo en zona de botellón xuvenil.Moitas veces téñenme espertado dun plácido sono con berros .Algunhas veces téñome levantado a rifarlles,levantando a persiana e abrindo a fiestra prá reprendelos.Constatéi algo curioso: Se lles rifo en galego,fanme caso e siguen a conversa en voz baixa.¿Por qué será? ¿Asociarán o galego a un fulano bruto que pode baixar a darlle unhos paus?
Nalgún caso incluso escomencéi falando castelán pra pasar ó galego na metade da amonestación.O efecto en expresiós faciáis e actitudes é curiosísimo...fagan a proba se queren.(Ou ó mellor é que as expresiós que uso en galego son algo máis "fortes").

Anónimo dijo...

Trabuquéime de post.Era pró do botellón.

Anónimo dijo...

"Do compromiso", como escribe ladinamente González, será Casares, que foi desterrado ao País Vasco por comprometerse coa lingua e cultura do seu país. Non creo que se refira a toda esa grea de mixiricas que eran tan revolucionarios pero tan clandestinos que nin se lles notaba. Nin tampouco creo que se refira a toda esa xente que, na dictadura, non se lles notaba, e que agora son os máis revolucionarios e "radicais". Eu creo que González, que é unha pesoa moi xusta e ponderada, cando fala de compromiso, se refíre a Casares.

Anónimo dijo...

Fálase de sectarismo do BNG e logo, no fondo, o que hai é un medo a que a Fundación Casares perda parte dos fondos públicos que recibe.

É eviudente que se unha Concellería de Cultura está dirixida por nacionalistas se prime aos colectivos de orientación nacionalista. Que ten de estrano? O negativo é que se queira facer revanchismo a organizacións culturais cun vagaxe anterior. Se a Fundación Casares inviste correctamente os seus fondos para o ben da cultura ourensá, non estaría ben reducir as axudas que percibe habitualmente.

Lín nalgún comentario que se falaba de traballo cultural logo do traballo no Instituto. Todos sabemos que hai que ser funcionario para poder adicar algo de tempo á cultura ou mesmo á política. Os autónomos que temos un pequeno negocio o primeiro que temos que atopar é tempo e cartos para vivir, para logo adicarlle tempo á cultura e á política. Concretamente no meu caso, levo desde os 17 anos na política, sen unha soa retribución pública e sen subvencións, para que logo catro culturetas veñan a espetarme na cara que se o meu partido é sectario e tal que sei eu.
Se pode criticar o que se queira, faltaría máis, pero sabedes perfectamente que o BNG é o único con tal capacidade crítica que este tipo de cuestións polémicas se corrixen. Un erro no BNG págase con anos de oposición, namentres que nos outros partidos se consinte e se reafirman no poder.

Remato. Non me creo que co goberno do PP anterior en Ourense o reparto de subvencións fose equitativa e non houbese amiguismo. Tamén os calaban a boca con cartos ou que?

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA XOSÉ:
Que vostede sexa autónomo, se mo permite "amigo Xosé", non significa que estea carente de espírito crítico: de feito vexo que milita nunha organización que se define como transformadora da sociedade. Pero transformar a sociedade non é facer sectarismo, senón gobernar para todos con criterios baseados na democracia e non en dogmatismos ideolóxicos. Por iso é estraño un intento de veto "a priori" como era este, que só ten explicación dende algún tipo de fanatismo partidario. A expresión "catro culturetas" deixa ben definida a idea que da cultura teñen algunhas persoas na súa casa (non é vostede só): a cultura como un elemento perigoso, que hai que vixiar, controlar e mesmo perseguir. Xa sabe que en Camboia mandaron ós culturetas ós montes, a arar os campos, cando non foron fusilados directamente. E todos os fascismos empezaron a erguer o seu edificio ideolóxico co desprezo ós intelectuais.
Polo demais, quizais non me coñece ben, na miña liña xornalística e civil: as mesmas críticas que hoxe podo facer a certos erros do BNG, xa as facía cando gobernaba o PP. E, por certo, a Fundación Casares, que eu saiba, non chegou a recibir cartos do anterior goberno municipal. Non é ese o problema.

Anónimo dijo...

Interesante debate. Xose: tranqui, colega: aquí tamén mencionamos as cafradas que fai o PSOE. Por exemplo ese repartimento de axudas á prensa que fixo o sr Fernando Salgado (home de confianza de Touriño): xa sabe, a uns si e a outros non.

Dous temas sobre as asociacións culturais:

1.- É bo que con cartos públicos se estean a sufragar parte dos gastos das asociacións culturais?

2.- Se a resposta é afirmativa, cal(es) deberían ser os criterios OBXECTIVOS para determinar que asociación vai levar cartos públicos (e cal non) así como a cantidade?

Marcos Valcárcel López dijo...

Marcel Swan reconduce o debate a propostas interesantes. Den as súas, se lles parece. Que criterios establecer para apoiar con subvencións ou doutro xeito o labor cultural? Dende logo non dende os propios prexuízos ideolóxicos das persoas que teñan esa potestade. Sería bo, p.ex., favorecer o labor das asociacións de base, de entidades creativas e participativas... aínda que xa sei que isto non é doado de medir.

Marcos Valcárcel López dijo...

Nese hipotético abano de criterios, eu poñería, de xeito destacado, a colaboración entre diversas entidades e a elaboración de programas conxuntos: na liña do que leva facendo hai décadas a Casa da Xuventude. Canta máis colaboración, máis apoio!!

Anónimo dijo...

"É eviudente que se unha Concellería de Cultura está dirixida por nacionalistas se prime aos colectivos de orientación nacionalista."
Hai que agradecer a sinceridade. Sen dúbida. Pero que o digan nas vindeiras eleccións, ben claro e alto. Así evitamos criterios falsamente obxectivos: o que gaña reparte. E punto, como dicía PM (Presidente Manolo).

Anónimo dijo...

Eu sigo a propor un gran pacto galeguista pola cultura, no que participen todas as forzas políticas, dende Ferrín até Baltar, que xa os tiño visto xuntos e en afabel cordaliedade.

Anónimo dijo...

Despois de discrepar completamente con Arume dos piñeiros no seu, pra min, moi desafortunado comentario anterior (debería ler atentamente o informe do CES antes), nesta segunda intervención dá no cravo: "É eviudente que se unha Concellería de Cultura está dirixida por nacionalistas se prime aos colectivos de orientación nacionalista." Iso é o que entendemos por democracia? Loado sexa o señor.

Con respecto aos criterios de subvencións, eu sonlles moi liberal, o que supoño que é algo mal visto neste foro: subvencionaría aquelas actividades que teñen unha vontade de sobrevivencia económica: o estado debe dar un empurrón, non acompañar sempre.

Anónimo dijo...

O normal é que a ideoloxía se note,cómo non vai ser normal.Se a cultura está en máns nacionalistas,terá que notarse.Non vai ser o mesmo que si está en más da dereita.O que non pode ser é o reduccionismo absoluto,a cerrazón e a intransigencia con outras sensibilidades.

Anónimo dijo...

Cando goberna o PP,nótase.Cando goberna o PSOE,nótase.Agora ben,non se nota tanto coma que me afecte á vida persoal da xente máis alá dun pequeno marxe.Se ne nota algo máis,malo.Eso é o que ten que percibir tamén a xente da cultura.

Anónimo dijo...

Que sería de nós ás veces, Xoán, se non viñese vde. puntualizando cousas bastante evidentes, aínda que por veces ben deficientemente explicadas. Amarrarse á letra ten sido causa de ben cachaporrazos, igual o dos de Goya empezou tamén por algunha cousa mal dita; aínda ben que hai mediadores, se queremos darlles tino.

Anónimo dijo...

Que se considere "normal" o reparto privatístico de fondos públicos é un claro síntoma da pervivencia entre nós dunha concepción clientelar da política. Polo tanto, é un enequívoco déficit democrático da nosa sociedade.

Anónimo dijo...

... inequívoco, tiña que dicir.

Anónimo dijo...

Ten toda a razón Swann cando denuncia o reparto de fondos públicos por parte de Salgado (PSOE) aos medios de comunicación.

Pero moito me temo que non é só cousa do PSOE. Tamén o BNG, na medida das súas posibilidades, fai o mesmo. Véxase esta información ao respecto:

"Axudas" de consellerías aos medios

Para sermos xustos, hai que dicir que os dous partidos da Xunta andan pringados no mesmo asunto.

Anónimo dijo...

Se algo é gobernar,é adiministrar cartos públicos.O que se administra é,por propia definición do verbo,escaso.Polo que entra en xogo a asignación de prioridades de tipo cualitativo e cuantitativo.Desde logo,sempre discutidas e fiscalizadas por outros (oposición,cidadáns).Pero quen goberna,goberna.Hasta que remate o plazo dado.

Anónimo dijo...

Na comarca de Ferrolterra xa estamos afeitos ás prácticas antidemocráticas, ás purgas e as expulsións de militantes . Son prácticas habituais de Paco Rodriguez e Manolo Doval. Por eso na comarca de Ferrolterra se perderon dúas alcaldías, ducias de concelleiros/as e máis de 10000 votos. Estamos afeitos a que por parte da UPG non se respecten os acordos orgánicos. Como por exemplo coa Planta de Gas que se contrue, co apoio da UPG, dentro da Ría de Ferrol e que o TSXG considera ilegal

Marcos Valcárcel López dijo...

AXUDAS Á PRENSA: sorprendeume sobre todo o caudal de Industria a El Progreso, onde escribe o noso amigo XMG con tanto tino. Supoño que o xornal lugués nunca levou tantos cartos xuntos, non? O conselleiro de Industria é de Lugo, non? Non se queixen os amigos lugueses, pois.

Anónimo dijo...

As axudas � prensa son sobornos encubertos a meirande parte das veces.
(Abro paraguas,preparado pr� chaparr�n).

Xosé Manuel Carreira dijo...

A min xa nada me sorprende: vin desde pequenos favorciños de membros dun partido aos do partido diametralmente oposto (hoxe por ti, mañá por min, xa sabes), paralisar obras públicas nuns concellos utilizando criterios puramente políticos mentres noutros afíns facían a vista moi gorda, e mesmo nacionalistas que non falan galego off the record e que gostan de levar caras gafas de sol. Certo é que non teño documentos timbrados que o demostren, sr. anónimo, pero isto vino cos meus ollos decepcionados.

Estou co que diga Marcos Valcárcel, paréceme un fulano honesto.

Anónimo dijo...

Amigo Cesare: admito que só lin o informe do CES a través da crónica de EL PAÍS. En efecto, vouno buscar rápidamente. Ten vostede toda a razón.
Pero a tenor do que alí se comenta, non me parece nada desafortunada a miña petición de demisión. Pero, repito, vouna ler e farei a miña conclusión.
O que xa me resulta máis penoso é ter que decir que obviamente se a frase anterior sobre favorecer aos membros do partido gobernante a formula calquera dos que militan noutro partido eu afirmaría o mesmo. A dúbida ofende.

Anónimo dijo...

Esta é a noticia de EL PAIS:

El Consello Económico e Social (CES) de Galicia aprobó ayer, por unanimidad, un informe contrario a la creación de la denominada Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), propuesta por la Consellería de Cultura. El dictamen, que será enviado a la Presidencia de la Xunta, advierte que la nueva Agadic "supone, más un paso en el fenómeno de huida del derecho administrativo, en aras de una pretendida eficiencia".

El Consello Económico e Social aprobó el informe por unanimidad

El CES insta a la Xunta a que no cree más organismos, entes y fundaciones
El CES subraya que la nueva agencia cultural "no es más que una excusa para evitar los controles propios del derecho público" e indica que en el caso de la Agadic "esta huida es más rápida y controvertida, si cabe, ya que el ente aquí propuesto profundiza más en el panorama muy fragmentado de entes, organismos y fundaciones que incrementan la confusión institucional".

El Consello Económico e Social es un órgano independiente, presidido por el ex parlamentario del PP Pablo Egerique e integrado por otros 34 representantes de los sindicatos, los empresarios, universidades, pescadores, agricultores y consumidores. El dictamen del CES es preceptivo al anteproyecto de ley de la creación de la agencia cultural, pero sus recomendaciones no son vinculantes ni para la Xunta ni para el Parlamento.

La Axencia Galega das Industrias Culturais es un proyecto de la Consellería de Cultura para sustituir al actual Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e impulsar el tejido empresarial del negocio cultural. La previsión es que la nueva Agadic comenzase a funcionar en 2009.

El IGAEM tiene para el año próximo un presupuesto de gastos de 9,3 millones de euros, de los que 2,3 millones son nóminas del personal. Fuentes del CES explicaron que el dictamen emitido ayer es el más duro contra una ley autonómica de los realizados en la historia de este organismo.

Además de criticar su carácter de administración paralela, el Consello Económico e Social llama la atención de que la nueva Axencia de Industrias Culturais colisiona con las competencias de otras consellerías y organismos públicos. En concreto, el CES advierte que la Agadic invade competencias del Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), de la Consellería de Economía, así como de la Consellería de Industria.

El dictamen del CES también se opone a los criterios de selección y remuneración del personal que sea contratado por la futura agencia proyectada por la consellería de Ánxela Bugallo; solicita la presencia de sindicatos y patronales en el consejo rector del nuevo ente público; y critica la existencia de complementos de productividad para pagar a directivos y empleados.

El CES advierte que la agencia "parece excluir la promoción de las actividades culturales no vehiculadas por empresas y profesionales, especialmente las emanadas del movimiento asociativo y cultural de base" por lo que pide que la ley de la Agadic indique expresamente quién se encargará de apoyar la cultura popular.

Anónimo dijo...

Estiven a buscalo na páxina web do CES: alguén pode colgar ou poñer o enlace para saber dise informe.

Anónimo dijo...

Sobre o da dúbida ofende non ía por vostede, amigo Cesare. Por suposto.

Anónimo dijo...

Home, amigo Carreira, creo que os nacionalistas tamén teñen dereito a "levar caras gafas de sol", como calquera fillo de veciño. Non me parece para nada criticable. En ningún lugar está escrito, supoño, que existan unhas estritas normas sobre a vestimenta e os ornamentos.

Anónimo dijo...

Eu tamén estou interesado nese infome do CES, pero non aparece por ningures. Agradeciase o enlace pertinente.

Anónimo dijo...

Volvendo ao asunto do post, sabe alguén se a dirección local do BNG vai dar explicacións públicas ou se vai dar a calada por resposta?

Anónimo dijo...

En efecto, o conselleiro de Industria é de Lugo, e é bastante posible que a especial relación da Consellaría co grupo El Progreso sexa explicable por esa vía. O que tamén lles digo é que non aprecio, de momento, que iso lle trouxese ao BNG un tratamento precisamente de favor no noso xornal local. Publican moitas noticias con Fernando Blanco de protagonista ou destacado, penso porén que non máis ca do outro conselleiro de aquí, o de Traballo, Ricardo Varela. Aparece menos, pero non está ausente, a conselleira de Educación, que non é nativa pero si veciña da cidade; posiblemente unha razón sexa o especial protagonismo político dos outros dous, que foron respectivos cabeza de lista nas eleccións.

Aínda temos outro ilustre local que manexa bastante orzamento: o xerente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar.

En tal sentido, e ampliando a referencia a algo que foi dito aquí: se se entendeu que eu consideraba normal o uso particular de fondos públicos, vese que moi mal me expreso; da cantidade de veces que tal cousa me acontece, e o fondamente cansino que me resulta puntualizar, desde hai algún tempo moi a miúdo -cada vez máis se cadra- vénme á cabeza a mesma idea: "Manel, e non estarás calado?". Explícome, así e todo, unha vez máis.

Recibir unha porcentaxe relevante de votos supón que a forza receptora adquire unha certa lexitimidade -se goberna- para proxectar o seu ideario na acción de goberno; se esta se realiza con base nun pacto que ten puntos específicos, tales puntos -que se supoñen resultado dunha concertación, na que as diferentes partes verían reflectidas as respectivas posicións- deben guiar a acción gobernativa. O nacionalismo, xa que logo, desempeña un papel relevante na gobernación do país e debe ter lugar relevante da filosofía, programa e acción de goberno; aquel ao que lle caia mal, direille -e desculpe o perentorio- que a min se cadra aínda me caen peor outras cousas e atúroas, madia a levo a aturalas.

Iso non confire, obviamente, patente de corso para gobernar coma se todo o mundo pensase coma ti, nin moito menos carta de moralidade para repartir subvencións ou convenios ad libitum nin amicitiae causa. Ben lembro cando o mencionado Eguíbar -sendo concelleiro nacionalista de Cultura en Lugo- deulle para adiante a unhas Xornadas de Teatro Clásico onde -loxicamente- as pezas galegas eran as menos; Siglo de Oro ou Molière, para gozo de moitos -inclúome gozosamente- e gran éxito de público anualmente renovado. Tocante ao de Ourense, penso terme expresado en forma suficientemente clara coma para que calquera eventual sospeita de avalar abuso ou prevaricación quede maiormente desbotada.

Noutro sentido: por veces, acadar unha subvención é cuestión de oportunidade, estar no lugar xusto no momento axeitado. A miúdo, o trato persoal fai que algunha xente chegue antes. O de Innovación e o Grupo El Progreso pode ter esa explicación; comprendo, así e todo, outro tipo de sospeitas.

Anónimo dijo...

Estou con varias das afirmacións aquí reproducidas: que haxa quen considere que é normal favorecer dende o poder aos da corda de un, e que por tanto non ha escandalizar, é mostra dun grave déficit democrático. Outrosí: ollemos non só aos políticos, senón a todos os ámbitos nos que se reparte e xoga con fondos públicos. Grandes adaís da democracia e da fin do caciquism son os primeiros caciques -é dicir, favorecedores dos seus amigos e das súas redes clientelares á escala que sexa- á que poden. Iso inclúe grandes teóricos da análise do clientelismo político sen saírmos de Galiza, por certo, e máis de un e de dous opinantes asíduos nos xornais. E permítaseme dicir que esa convición está talvez máis arraizada en Ourense que noutras partes de Galiza. É un estereotipo, pero en parte é así. Talvez pola dependencia excesiva dos cartos públicos da economía local.
E si: mandemos os intelectuais a arar montes. Por certo, quen mandaron aos intelectuais a arar montes eran quen se crían a si mesmos máis intelectuais que os demais, e por tanto máis sabelotodos que os demais, infalíbeis. "cultureta" non quere dicir vivir da cultura. En fin.

Anónimo dijo...

Home, amigo Saavedra, coido que ninguén se refería a vostede. A súa posición quedou bastante clara.

Anónimo dijo...

Descúlpeseme logo o exceso susceptible; con todo, deu lugar a explicación que non me arrepinto de ter feita.

Anónimo dijo...

É curioso o amor que teñen pola cultura (polo que eles entenden
por cultura -e se digo "eles" non falo somentes do BNG-) cando chegan ó poder.A cultura é sempre secundaria, algo ó que non se lle da moita importancia pero, ó final, cando se acada o estatus, saben que aí, na cultura, na educación, pode residir o "adestramento". É igoal que o franquismo con Sánchez Silva e Pemán, o PSOE coa fábrica Alfaguara, ou o PP con César Vidal, Dragó, Losantos, Racionero e compañía. Hai que marcar o territorio. Sen embargo, fan cultura de "mínimos": non hai case diferenbcia cultural entre úns e outros. É dicir, Piñeiro sempre será Piñeiro: con Fraga ou con Quintana. En fin, a cousa daría para moito máis pero, en resumo, existe algo evidente: parece que entenden, non só eles, que a cultura é importante. O problema reside en saber que collóns entenden por cultura. ¿Festa Dionisiaca en Ourense, pelexa de Irmandiños en A Limia, vikingos en Catoira ou escritores a soldo en postos da Xunta? Están tolos: Aínda que tenten facer correr a idea de que os tolos somos (sempre) outros. Quintana: falas ben: Torquemada. Deus, estamos perdidos.

Anónimo dijo...

Sen ser un experto nestes temas, dáme a impresión de que en Galicia temos demasiadas asociacións culturais, de defensa da lingua ou mesmo organismos públicos de investigación sobre Galicia e o galego (RAG, Centro Ramón Piñeiro, ILGA, Consello da Cultura Galega...) todos facendo cousas moi parecidas, pisándose o traballo uns a outros, SEN UNIR ESFORZOS E SEN FACER UN TRABALLO DE DIVULGACIÓN PARA O PÚBLICO EN XERAL.
Moitas veces coas mesmas persoas ocupando varios destes negociados.
Até cando todo este dispendio de cartos, tempo e esforzo malgastados????
Vou poñer un exemplo desta ineficacia. No campo da informática, boto de menos poder usar o Gmail (Google Mail) e outros programas de código libre en galego. Debe de haber en Galicia coma unha ducia de asociacións de amigos dos programas de código libre, linuxeiros de Tui, maqueiros de Ribadeo, ciberirmandades da fala (non se sabe de que normativa), etc, etc. Por que toda esta xente non se une dunha puñeteira vez e conseguen que teñamos ferramentas informáticas en galego? Pois non: cada un cultiva a súa leiriña e ao final, fame para todos.
O mesmo podemos falar co cento e unha asociacións de defensa da lingua, etc, etc.

Anónimo dijo...

¿Os do BNG van correr o risco de calar neste caso do affaire documento sectario?

Anónimo dijo...

Vigo: ¿abandono cultural?
SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
El Correo Gallego

Chamoume a atención, hai uns dous meses, un artigo de Manuel Bragado titulado Museos sen marco. Nel reflectíase a preocupante situación pola que está a atravesar, na Cidade Olívica, unha estimábel serie de institucións de significado raizame cultural: determinados museos (como o de Castrelos, no que respecta á súa famosa pinacoteca) e, tamén, magníficas bibliotecas orixinariamente xurdidas e formadas polo entusiasmo privado e que, por doazóns ou algún convenio específico, foron pasando a manterse nun status de dependencia de carácter público municipal, que, se ben un tempo veu funcionando, máis ou menos satisfactoriamente, nos días que andamos -quen o había esperar- se está a facer sinónimo de vocábulos tales como incuria, neglixencia, irresolución, ou equivalente a expresións como falta de iniciativa ou descoido nos negocios públicos. Tamén é certo que non parecen terse reducido, no ámbito autonómico, as marcadas cotas de ineficacia e desleixo que viñeron caracterizando aos anteriores gobernos de Galicia no que atinxe á xestión do Patrimonio Histórico Cultural.

Dóeme que a miña ben querida cidade de orixe estea a padecer tan grave crise de abandono e de confusión no que afecta a museos -con excepción do interese exclusivista dedicado ao Marco- e valiosas bibliotecas, por causa de toda unha falta de plans de reactivación e promoción do sistema museístico e bibliotecario que o fagan atractivo e útil, de xeito que estas institucións se convertan en algo próximo á sociedade e se poña en valor e desfrute o herdo cultural que gardan. A lectura daquel artigo enchérame de preocupación acerca do inmediato futuro desas institucións. Non podía crer que os xestores da cidade máis grande e desenvolvida desta nosa patria atlántica puidesen estar a amosar semellante grao de insensibilidade intelectual e, aínda máis, de ingratitude cara ao legado dos xenerosos doadores, porque no fondo a cidadanía viguesa sabe querer aos fillos e ás fillas que lle son fieis e a cantas persoas contribúen ao seu engrandecemento cultural e económico.

Nestes pasados días, sen embargo, un amigo remitiume un correo electrónico que reavivou aquelas preocupacións. Procedía da Casa Galega da Cultura viguesa coa nota "Sentimos os prexuízos que este peche poida ocasionar. Biblioteca Penzol, Biblioteca Francisco Fernández del Riego". En grandes caracteres, dicía laconicamente "Aviso: As bibliotecas Penzol e F. Fernández del Riego pecharán na quenda de tarde a partir do vindeiro luns 29 de outubro por falta de persoal. Vigo, 24 de outubro de 2007". Xusto cando se está a dilapidar tanto diñeiro en pseudoasesores de nada.

Marquei o número da casa de Francisco Fernández del Riego. Había algún tempo que non falaba con el. Chameino sentindo máis que nunca ese profundo afecto que lle tiven sempre. "¿Como estás Paquiño?" E respondeume coma cando un fillo pequeno se queixa : "Maaal... Case non podo ir dun sitio para outro, teño mal as pernas. Agora operáronme dunha cousa que tiña na cara. Dun ollo case non podo ver. O único que me funciona ben é a cabeza". Don Paco del Riego -como case que todo o mundo o chama- ten cumpridos os noventa e catro anos. "Claro que che funciona prodixiosamente ben, léoche o teu artigo domingueiro". "Oe, ¿que está a pasar coa túa biblioteca da Casa Galega da Cultura, acabo de saber que se vai pechar polas tardes, e a Penzol tamén? ¿É certo?". E preguntoume intrigado "¿Como o sabes? Si, é certo". Volverei sobre deste tema. A pena con que mo dixo non se me vai do pensamento.
Chuza esta noticia Añadir a Menéame la noticia Vigo: ¿abandono cultural? Añadir a Del.icio.us la noticia Vigo: ¿abandono cultural?

Marcos Valcárcel López dijo...

Ten toda a razón SALVADOR: superasesores con soldos astronómicos e logo non hai cartos para arquivos e bibliotecas que son símbolo do país (leo este comentario cando redacto un artigo, segunda parte, sobre Nacionalismo e Cultura: xa o teño rematado, pero danme gañas de cargar máis as tintas aínda...).

Anónimo dijo...

É penoso, pero así é.

Inmersos na apoteose da cultura do espectáculo, para que demos queren ter abertos unhas horas máis uns arquivos (Fundación Penzol: un luxo!) ou unhas bibliotecas se iso non lles dá votos nin tampouco lles permite saír na foto do día seguinte?

Así se fai País...

Anónimo dijo...

Pecharon hai pouco a biblioteca da Casa das Artes por non contar coas naturais medidas de seguridade e por falta de persoal axeitado. O lóxico, por outra parte, pero por que a abriron antes das eleccións co atril correspondiente para dar ben na foto, alcaldesa e concelleiro de turno?
As distintas administraciòns ou institucións que levan o peso das bibliotecas (Estado, Xunta de Galicia, deputacións, concellos, universidades, fundacións privadas, museus, arquivos catedralicios ou parroquiais) non poderían artellar un magno catálogo dos libros que hai en Galicia. O proxecto da CdC levaba case explícito o depósito de boa parte de todos eses libros. Hoxe non fai falta: co catálogo e un servicio de reprografía ou de empréstimo sería suficiente, pero hai outra prioridades. Polo que se ve.

Anónimo dijo...

Si, e mentres nós discutimos sobre a "Cidade" do Cachondeo da Diva, na Biblioteca Nacional (sen perdón para a nosa que non existe) de Cataluña están a facer cousas: por exemplo, negociando con Google para poñer na rede todos os libros en catalán que estean fóra de catálogo...

Anónimo dijo...

Como o fío foi evoluíndo doutra maneira, e xa vai ben abaixo, estiven tentado de non volver atrás. Con todo, estimo preferible facelo, ou sexa, volver ao tema do comezo.

O caso é que, por medios que non revelarei diante de avogado exercente, souben algúns datos e anoei outros; cóntolles logo unha historia que admite e agradecería corrección no caso de ser necesaria.

Resulta que en certa cidade galega, miñota e do sur, un asesor municipal en materia de cultura elabora certo escrito suponse que no exercicio da súa función asesora. O devandito, que leva apelido ben ilustre -non precisamente asociado aos "do compromiso"- circunstancia que en todo caso nin agrava nin exculpa, despacharía a gusto no documento en relación con opoñentes, propoñendo a un tempo que, no exercicio institucional, se favoreza algunha institución afín en menoscabo doutras; o asunto colle tinte chocalleiro sabendo que o aludido, el mesmo, estaría presuntamente vinculado a determinada institución de carácter notoriamente cultureta (con perdón, é para alleos) e en consecuencia concorrente doutras nalgún momento posfazadas co mesmo cualificativo.

En vista de que o devandito persiste na súa funcion asesora, corre a dúbida de se a administración seguiu a recomendación ou, simplemente, considerou o documento, sen máis, coma unha proposta en todo caso un tanto pintoresca no seu presumible teor como escrito.

Exposto o cal, e ao arbitrio de corrección, presumo

que da organización política BNG de Ourense -como tal, nos seus órganos de dirección ou regulares- non se emitiu proposta prevaricadora, ou cando menos que non hai evidencia para tal aserto;

que do contorno do BNG de Ourense, alguén -de personalidade e con motivo que ignoro, pero que desde aquí declaro benemérito- filtrou o documento;

que da organización BNG de Ourense non se recibirá explicación pública ao respecto (porque non é costume nesa casa nin noutras, porque documentos privados non se comentan en público, porque non hai prevaricación comprobada);

que, de terse experimentado a tentación de implementar tal desaguisado, de alguén terse disposto a perpetralo, a cousa non pasará de aí nin moito menos chegará a maiores;

que, non sei se a todas pero si a bastantes luces, se cadra algún debería reflectir sobre como, con quen e con base en que intereses se dispón a xogar cartos e votos.


Quede dito por alguén que sen dúbida pode estar confundido en todos e cada un dos extremos; tanto máis en canto que o olfato non sempre atina.

Anónimo dijo...

Atinar atina bastante, Saavedra. O seu olfato é xa algo provervial neste blog.

Aínda que eu sego opinando que quen cala é que, dalgún xeito, outorga.

Dito en prata: a dirección local do BNG debería desmentir canto antes que non comparte o contido dese documento. E se non o fai é que algo ten que ocultar.

Non se decatan de que, se por un casual, o documento chegase a facerse público nalgún medio xornalístico, quedaría o BNG de Ourense coas partes pudibundas ao aire. E xa se sabe que cando corre aire fresco se pode pillar un arrefriado.

Marcos Valcárcel López dijo...

DO TORQUEMADA NOVATO:
(1) aTINA moito o sr. Saavedra e o caso queda pechado cos datos que el achega. En certo sentido, eu véxoo así, confirma o que viron os meus olliños e o BNG ourensán ratifica que existe tal documento: outra cousa é que se lle faga caso ou non, agardemos que vaia ó cubo do lixo.
(2) Quero tamén que conste que o pensei moito antes de darlle luz, da forma que o fixen: alguén podía acusarme de querer danar ó BNG e non era iso. De feito, fíxeno só cando recibín un correo dunha persoa á que lle teño o máximo respecto (un dos grandes historiadores e intelectuais deste país, non residente en Ourense e non direi máis), que me insistiu en dalo a coñecer, entre outras cousas para obrigar ó BNG local a dicir que non ratificaban tal disparate.

Marcos Valcárcel López dijo...

"Disparate", xa saben, era a palabra preferida por Carlos Casares para estes casos. Estou seguro que si vivise para sufrir el este caso (a el lle afectaba e Casares ademais coñecía a quen neste documento sentenciaba á Fund. Casares), o amigo Carlos só diría, mentres encendía un puro, isto: "Qué disparate!!"

Anónimo dijo...

Aclaro, por se acaso e sen que sirva de precedente, que a miña información non procede do BNG de Ourense. Espero que a práctica demostre a desautorización. Entendo, por último, que a publicidade xa está realizada: o papel, cuxa existencia só me consta directamente polo que din vdes., debe estar máis corrido ca,se cadra, o seu presunto executor (tendo o verbo, no segundo contexto, semántica clásica e española).

Anónimo dijo...

Chego tarde a este fío, pero non podo deixar de expresar a miña vergonza polo aquí contado por Marcos. Tamén eu "ampliei información" sobre este penoso asunto e a vergonza faise aínda maior ao saber quen é e que apelidos leva o coitado que elaborou a nota da polémica.
Pareceríame inxusto acusar ao BNG por este asunto, pois ningún partido político está libre de memos e de pringaos. Eu tamén asistín a varias actividades da Fundación Carlos Casares e teño coincidido alí con non poucos militantes do BNG que apoian á FCC, entre eles o vicepresidente Quintana.

Anónimo dijo...

Leituga 1 falou ben. En todo partido hai algún parvallán. Pero honra a un partido serio e con responsabilidades de goberno o descualificar, ou cando menos desautorizar, determinadas actitudes. Máis aínda se o propio Quintana apoia á FCC.

Anónimo dijo...

Xa deixando a un lado a anécdota que dá lugar a este fío, debo dicirlles que me pareceu preocupante o aquí expresado por "Xosé", quen textualmente di: "É evidente que se unha Concellería de Cultura está dirixida por nacionalistas se prime aos colectivos de orientación nacionalista". Paréceme preocupante a "evidencia" deste aserto, que implica unha concepción da actividade cultural tan dirixista e ideoloxista que inevitablemente conduce ao clientelismo, á patrimonialización e á consideración da cultura como un simple vehículo de propaganda ao servizo de finalidades supostamente máis elevadas e consistentes.