27 dic. 2007

25 anos da estrea de E.T.
Andoliña xoves 27 dec.

Nunha reportaxe de Salvador Llompart en La Vanguardia, encontro a nova de que se cumpren 25 anos da estrea de E.T., a popular película de Steven Spielberg. Unha película cativadora, chea de tenrura e bo saber narrativo. Dos alieníxenas sabemos dende vello, primeiro polos autores de ciencia-ficción de H.G. Wells en diante. O cine durante moitos anos, cando menos ata finais dos 60, presentounos sempre como horribles monstros: o medo ó descoñecido.

O cambio de imaxe veu con Stanley Kubrick en 2001: unha odisea no espazo e logo con Spielberg en Encontros na terceira fase. Con todo, a versión terrorífica non desapareceu: lembren, entre as máis noxentas, aquela primeira entrega de Alien, o oitavo pasaxeiro (1978).

Foi o propio Spielberg quen se atreveu a ir máis aló na imaxe do alieníxena cando imaxinou ese bechiño feo e de ollos xigantescos, unha criatura entre as formas temperás dun bebé e as engurras dunha velliña: a beleza do ser feble, perdido nun mundo alleo, que depende da empatía dos demais para reencontrar o seu destino. E vaia se acertou: despois de tantos anos, E.T. segue a funcionar e pode facelo aínda para varias xeracións. Agardemos que chegase xa de volta á súa casa.

10 comentarios:

Lobo neghrinho dijo...

Depídome camaradas.
O lobo neghro vaise a floresta neghra.
Que facer?. Non turismo. Non son burgués, son de aldea. Vou estudar a antiga e noble arte da respiración...e do silencio...con un maestro ioguí indio. Vamos a volta de unhes 3oo internacionais.

Markus, lembra que te coñecin grazas ó cine. En Santiajo, non sei quen me mandara a túa casa en stjo de chile, ano 79, ( o das caceroladas). Ti xa non o acordas..

No silencio probablemente me lembre se san xoan da cruz, levo o seu cántico espiritual para "mamorizalo"....música callada, soledad sonora....así estarei ate o 3 de xaneiro.
E como acredito alén de nas ánimas, na teoría dos campos mórficos, pensarei en todos vos e algho vos ha de cheghar ,polos carreiros que vos hai no aire. Salude.

Força malta!

marcos valcarcel dijo...

Lembro só en parte esa visita, pero si moito as sesións de cine en Compostela. Boa viaxe pola floresta neghra. Seguro que ten tamén tempo para agasallar os ouvidos con algo de poesía francesa na súa lingua orixinal.

Emilio dijo...

Hai que dicir que Spielberg non imaxinou a ET, viuno! Non quero dicir que tivera unha visita dende o espazo duns alieníxenas, senon que veu un comic de Joaquín Blázquez, Marvin. Pódese ver máis información en La carcel de papel, Marvin contra ET ou vendo o video Teaser Documental Marvin contra ET.

Xohan da Coba dijo...

Boa viaxe, Loboneghro. Coinicido con Marcos no da lingua francesa, dame a impresión de que a fala bastante bén desde neno. E, non se esqueza de informarnos do que vexa nesa floresta, que tamén me da a impresión de que é un entendido nese tema.

Xohan da Coba dijo...

O extraterrestre eran según algús un xeito simbólico de representar ó inimigo nunha época dominada pola guerra fría. Posiblemente esa visión empática do "outro " iniciada con E.T. axudóu ó cambio de mentalidade colectiva que propicióu a desaparición do "Telón de Aceiro".

Tamén coñeceramos outros extraterrestres, non porque viñeran aiquí, senón porque nós fomos alá, representados pola Júpiter II . Era o E.T. ó revés. Eran...PERDIDOS NO ESPAZO

marcos valcarcel dijo...

Lembro vagamente esa serie.
E creo que houbo antes algunha película de ciencia-ficción, quizais de serie B, co mesmo argumento: habería que consultalo.

marcos valcarcel dijo...

Por certo, para alieníxenas malvados, lembran vostedes aquelas "vampiresas" en traxe vermello da serie "V": que lagartos tan ben presentados, non?

Xaime dijo...

Lembro a serie, as vampiresas, como se lles deformaba a gorxa cada vez que tragaban un rato, os bos e os malos, como se foi tecendo a resistencia, os impresionantes efectos especiais para ser una serie para T.V. e a descabelada dependencia da auga para a súa pervivencia.
Se fora albariño ou cabernet sauvignon o entendería pero ¡auga !.

arume dos piñeiros dijo...

O fascinante era o erotismo derivado daqueles traxes enteirizos (tipo estartrek, pero máis apretados) e da forma de engulir o rato (con perdón). Ou eran as hormonas do espectador ou sexa eu?

Xohan da Coba dijo...

-Cal é a diferenza entre E.T. e un "home humano"?
-E.T. telefona á casa.


-Cómo morréu E.T. ?
-DUnha indixestión de Donuts.

-Cómo se chama o pai de E.T.
-Donete


E fixáivos neste que copio:

Dicen que cuando Gepeto hizó a Pinocho, se le olvidó de hacerle el pene, entonces Gepeto muy preocupado por el error, se le apareció ET el extraterrestre, y le dijo no te aflijas lo único que podemos hacer es compensar este problema y darle algo a cambio.

A la semana se le apareció de nuevo ET y le dijo a Gepeto ya tengo la solución, algún día le haremos presidente de un país largo aunque sus penes sean pequeños y en honor a mi ya no será Pinocho sino PINOCH-ET (Pinochet), le dijo además que en su gobierno habría marchas y contramarchas pero la marcha que más daría risa sería la marcha de los calatos.

Para que se acuerden de él (ET) le dijo “y a falta de pene, ustedes tendrán que usar el trasero, por eso todos los países lo reconocerán como los ROTOS y para que se acuerden que lo que digo es verdad en el futuro haré un hoyo en la capa de ozono por el lado de ustedes.